Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.
Este artigo trata sobre a Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo, para a arte de pesca véxase nasa. A National Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dos Estados Unidos de América e a súa investigación aeroespacial xeral a longo termo. Establecida no 1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aeroespaciais.
"Lemon of Troy" (en galego, "O limoeiro de Troia") é o vixésimo cuarto episodio da sexta tempada da serie de animación The Simpsons. A súa primeira emisión foi o 14 de maio de 1995. Neste episodio, os cativos de Springfield declaran a guerra aos de Shelbyville despois de que estes últimos roubasen o limoeiro da cidade.
Juan Fernández Pacheco y Téllez Girón, nado en Belmonte en 1419 e finado en Santa Cruz, preto de Trujillo o 4 de outubro de 1474), foi o fillo primoxénito de Alfonso Téllez Girón y Vázquez de Acuña e de María Pacheco, e irmán de Pedro Girón, foi un nobre e ricohome de Castela. Dominou a política do reino desde os últimos anos do reinado de Xoán II ata case o reinado de Isabel a Católica. Converteuse en home de confianza de Henrique IV de Castela, de quen foi compañeiro de xogos durante a súa infancia despois que o condestable Álvaro de Luna interviñese para que el e o seu irmán Pedro entrasen na corte, onde xa se documenta a súa presenza en 1436 –como doncel ou paxe do infante– segundo menciónase nun manuscrito gardado na biblioteca do Mosteiro do Escorial, que di que «sendo mozo veu vivir co príncipe Henrique (...) na idade de mozo tivo seso e autoridade de vello.»Foi o III señor de Belmonte, distinción que herdou da súa nai.
Conforme a Unión Astronómica Internacional (IAU) un planeta ( pronunciación , do grego planḗtai, 'errantes') é un corpo celeste que orbita ao redor do Sol, que ademais ten masa abonda como para que a súa gravidade supere as forzas do corpo ríxido e asuma unha forma en equilibrio hidrostático (practicamente esférica) e que ademais limpara a órbita de corpos veciños. Un planeta é un corpo celeste de grandes dimensións, sen luz propia, senón que a recibe dunha estrela, e que xira arredor dunha estrela cunha órbita elíptica. Da estrela recibe unha importante radiación electromagnética.
Marilyn Monroe, de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962, foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960, chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950).
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Amancio Amaro Varela, coñecido simplemente como Amancio, nado na Coruña o 16 de outubro de 1939, é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Centrocampista histórico do Deportivo da Coruña e do Real Madrid, xogou 579 partidos entre os dous conxuntos e marcou 223 goles, 21 deles na Copa de Europa. Ocupa na actualidade o 10º posto na táboa de máximos goleadores da historia do Deportivo, e o 11º do Real Madrid.
O reino suevo, reino suevo de Galiza ou reino de Galiza configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal. despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania.
Singapur, oficialmente República de Singapur (en chinés: 新加坡共和国, Xīnjīapō Gònghéguó; en inglés: Republic of Singapore; en malaio: Republik Singapura; en támil: சிங்கப்பூர் குடியரசு, Siṅkappūr Kuṭiyarasu), é unha cidade-estado insular situada na Península Malaia no Sueste asiático, a 137 km ao norte do ecuador terrestre. O país está composto por 63 illas, separadas de Malaisia polo estreito de Johor no norte e das illas indonesias de Riau polo estreito de Singapur no sur. A República está altamente urbanizada, con moi poucas zonas boscosas restantes, aínda que se está gañando terra ao mar.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
En bioquímica, dous biopolímeros presentan antiparalelismo ou son antiparalelos se discorren paralelamente un con respecto ao outro pero en direccións opostas. Un exemplo son as dúas cadeas complementarias que forman a dobre hélice do ADN, que discorren en direccións opostas (por onde empeza unha acaba a outra).
Sylvia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos sílvidos ou silvíidos (Sylviidae). O xénero comprende 29 especies de pequenos paxaros coñecidos popularmente como papuxas ou papudas, propias de Europa, o sur e o sueste de Asia, África e Arabia.
Os suevos foron un grupo de pobos xermánicos mencionados por vez primeira por Xulio César en relación coa campaña de Ariovisto na Galia, c. 58 a. C. Mentres que César os considerou como unha única tribo xermánica, numerosa e belicosa, autores posteriores como Tácito, Plinio e Estrabón especifican que os suevos "non constitúen, como os Chatti ou Tencteri, unha soa nación.
A batalla de Órbigo foi un conflito bélico que tivo lugar na Gallaecia no ano 456 entre os exércitos do rei suevo Requiario e unha coalición de tropas imperiais romanas e visigodas, que tiña como obxectivo acabar co reino que os suevos mantiñan na Gallaecia. Con todo, e a pesar da vitoria da coalición, estes non lograron destruír o reino, e a independencia dos reis suevos manteríase durante máis de 120 anos. Debe o seu nome ao río Órbigo, que foi onde tivo o enfrontamento, preto de Astorga.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
San Martiño de Dumio, nado en Panonia (actual Hungría) contra 510 ou 520 e finado en Braga no 579 ou 580, tamén chamado san Martiño Dumiense, san Martiño de Dume ou san Martiño de Braga, foi un relixioso cristián do século VI. Está considerado como o apóstolo dos suevos, responsable maior da súa conversión do arianismo ao catolicismo. A súa obra eclesiástica e literaria, presentando un cristianismo adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da Antigüidade clásica; a predicación dun crisitianismo ortodoxo nos tempos de herexía e as súa relacións cos reis suevos, anuncian o ideal episcopal de Leandro e Isidoro de Sevilla.Foi bispo de Dumio e de Braga.
Joseph Paul DiMaggio (Giuseppe Paolo DiMaggio), nado en Martinez, California, o 25 de novembro de 1914 e finado en Hollywood, Florida o 8 de marzo de 1999, alcumado "Joltin' Joe" e "The Yankee Clipper", foi un xogador de béisbol estadounidense da Major League Baseball que xogou profesionalmente nos New York Yankees ao longo da súa carreira.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 190.130 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2022 será a 73ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Francisco Xosé I de Habsburgo-Lorena (en alemán: Franz Josef Karl von Habsburg), nado no Palacio de Schönbrunn (Viena) o 18 de agosto de 1830 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 1916, foi un emperador austríaco, rei apostólico de Hungría e rei de Bohemia, entre outros títulos (2 de decembro de 1848- 21 de novembro de 1916). O seu reinado de 68 anos foi o terceiro máis prolongado da historia europea, despois de Luís XIV de Francia e Xoán II de Liechtenstein. O seu lema persoal era Viribus Unitis (Coa unión de forzas).
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
Vivian Frederick Maynard FitzSimons
Vivian Frederick Maynard FitzSimons, nado o 7 de febreiro de 1901 en Pietermaritzburg, KwaZulu-Natal, Suráfrica, e finado o 1 de agosto de 1975 en Pretoria foi un herpetólogo suraficano de familia irlandesa.
Luiz Inácio Lula da Silva, nado en Caetés (daquela Vargem Grande, en Pernambuco) o 27 de outubro de 1945, é un político brasileiro. Asumiu a Presidencia da República Federativa do Brasil en 2003 coa maior votación da historia do país (52,4 millóns de votos), quebrando cifras de votación de todos os expresidentes brasileiros. El só perde, no mundo, co xeneral indonesio Susilo Yudhoyono (69,27 millóns de votos), George W. Bush (58,4 millóns de votos), John Kerry (54,8 millóns de votos), os tres en eleccións realizadas en 2004, e o expresidente estadounidense Ronald Reagan, que tivo, en 1984, 54,4 millóns de votos.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Jair Messias Bolsonaro, nado en Glicério (São Paulo) o 21 de marzo de 1955, é un militar de reserva e político brasileiro. É o presidente do Brasil, cargo que asumiu o 1 de xaneiro de 2019. Anteriormente cumpría o seu sétimo mandato na Cámara de Deputados do Brasil, elixido polo Partido Progresista (PP).
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Bloque Nacional Popular Galego
O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización coalición electoral constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Opúxose ao proceso autonómico e tiña como obxectivos a obtención da soberanía para Galiza.
Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.
Gran Premio de Singapur de 2022
O Gran Premio de Singapur 2022 (coñecido oficialmente como Fórmula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2022), foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 2 de outubro de 2022 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur. Foi a décimo sétima carreira da tempada de Fórmula Un de 2022 e foi o vixésimo primeiro Gran Premio de Singapur e a duodécima primeira vez que se disputou a carreira en Marina Bay.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Breixo mártir ou San Breixo de Lisboa é un santo do século III da Igrexa Católica cuxa festividade litúrxica se celebra o 1 de outubro. Foi especialmente venerado na Gallaecia e na Lusitania e máis tarde no Reino de Galicia e no Reino de Portugal. Nos territorios da actual Galicia e Portugal existen aínda un número considerable de parroquias e lugares baixo súa a advocación.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O burro ( pronunciación ) ou asno (Equus asinus) é un mamífero doméstico da familia dos équidos, de ata metro e medio aproximadamente de altura á cruz, caracterizado polas longas orellas e a cabeza proporcionalmente grande. O pelo das crinas é curto, polo que estas son erectas. Emprégase, ou mellor empregábase, como animal de carga.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Peliceira, Rao, Navia de Suarna
Peliceira é un lugar da parroquia de Rao no concello lugués de Navia de Suarna na comarca dos Ancares. O lugar esténdese, con igual topónimo, pola parroquia tamén homónima do concello de Ibias (Asturias), onde se acha a igrexa parroquial. Isto débese a que a freguesía eclesiástica, pertencente á diocese de Oviedo, está dividida en dous concellos de dúas autonomías.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a segunda cidade maior de España. Situada á beira do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
Estatuto de autonomía de Galicia de 1936
O Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 foi un estatuto de autonomía, apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño, pero que non chegou a ser aprobado en Cortes, e tan só foi admitido a trámite, por mor da guerra civil española e tamén debido a que Galicia foi territorio en poder dos sublevados dende o inicio da contenda. O proceso autonómico galego foi protagonizado nun primeiro momento polos republicanos da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), entre eles os nacionalistas Villar Ponte e Lois Peña Novo . A ORGA foi sempre maioritaria nas comisións redactoras, nas Asembleas etc.
Sri Lanka (támil: இலங்கை , cingalés: ශ්රී ලංකා ), antigamente Ceilán, é un país insular asiático, localizado ao largo da extremidade sur do subcontinente indio. Ten costas no golfo de Bengala ao leste, océano Índico ao sur e oeste e estreito de Palk ao noroeste, que o separa da India. A capital é Colombo.
O Evanxeo de Marcos é o segundo libro do Novo Testamento dentro da Biblia cristiá; céntrase na actividade pública de Xesús de Nazaret e apenas recolle os seus ditos e predicacións. Depende de tradicións anteriores, unidades de predicación sobre os feitos de Xesús que procura ensamblar a través de suturas redaccionales e sumarios para construír un relato (diégesis).
Calcolítico na Península Ibérica
O Calcolítico na Península Ibérica singulariza esta fase da Prehistoria (tamén denominada Idade do Cobre ou Eneolítico) nun ámbito xeográfico concreto, o peninsular. Este momento correspóndese cun claro incremento na complexidade social que mostraba o período precedente, o Neolítico, anunciando os posteriores cambios que se produciron durante a Idade de Bronce e de Ferro. Hai investigadores que o subdividen en Calcolítico Inicial, Pleno e Final.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.