Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.
O hiragana (ひらがな, 平仮名, literalmente "kana liso") é un silabario xaponés, un dos catro sistemas de escrita xaponesa (os outros son katakana, kanji e rōmaji).Utilízase para: Palabras xaponesas para as que non hai signos kanji, por exemplo partículas como kara から e sufixos como ~san さん. Cando o que escribe non coñece o kanji dunha palabra, ou a maioría dos lectores non o coñece, ou a palabra en kanji queda moi formal. Verbos e inflexións do adxectivo, por exemplo: tabemashita, 食べました (neste uso, o hiragana denomínase okurigana 送り仮名).
Adriano Celentano, nado en Milán o 6 de xaneiro de 1938, é un cantante, actor e cineasta italiano. Grazas á súa traxectoria de cincuenta anos e os seus grandes éxitos está considerado un dos piares da música italiana. O Seu carácter fixo que Celentano se convertese nun personaxe símbolo e icona da sociedade do seu país despois da Segunda Guerra Mundial.
Final Fantasy XV é un videoxogo de rol de acción desenvolvido e publicado por Square Enix como parte da serie de Final Fantasy. Foi estreado para a PlayStation 4 e a Xbox One no 2016, e para Microsoft Windows no 2018. O xogo desenvólvese nun mundo aberto cun sistema de batalla orientado cara á acción en tempo real, incorporando un sistema de cambio de armas rápido, así como maxias elementais e outras características como a utilización de vehículos para o transporte e acampada.
A lingua chuvaxa (Чӑвашла, Căvašla; tɕəʋaʂˈla) é unha lingua turca falada polo pobo chuvaxo no centro de Rusia, concretamente na República dos Chuvaxos e nas áreas adxacentes. É o único membro supervivente da póla oghur da familia turca. Mentres que as linguas turcas teñen diferentes graos de intelixibilidade, o chuvaxo é considerablemente diferente das outras linguas da familia.
O porto de Tarifa é un porto comercial, pesqueiro e de pasaxeiros situado na cidade española de Tarifa, na provincia de Cádiz. É xestionado pola Autoridade Portuaria da Baía de Alxeciras xunto ao porto da Baía de Alxeciras. É o porto europeo máis próximo ao norte de África e principal vía de embarque cara a Tánxer, en Marrocos.
Alfred Molina, nado o 24 de maio de 1953 en Paddington, Londres, é un actor inglés. Coñecido polos seus papeis nos filmes Na busca da arca perdida, Prick Up Your Ears, The Man Who Knew Too Little, Spider-Man 2, Maverick, Species, Not Without My Daughter, Chocolat, Frida, Steamboy, The Hoax, Prince of Persia: The Sands of Time, The Da Vinci Code, A Panther in the Basement, An Education e The Sorcerer's Apprentice.
O Fondo Mundial para a Natureza (en inglés: World Wide Fund for Nature, WWF) é un organización non gobernamental de ámbito internacional fundada o 29 de abril de 1961. Os seus obxectivos son a conservación, investigación e restauración dos ecosistemas. Anteriormente chamouse World Wildlife Fund, nome que aínda é o oficial no Canadá e nos Estados Unidos.
O metro por segundo ao cadrado ou m/s2 é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades (SI) para medir a aceleración dun corpo. Mide o incremento da velocidade (en metros por segundos) conseguido en cada segundo. O símbolo desta unidade tamén pode verse escrito como m·s−2, ou simplemente m s−2.
Terras Austrais e Antárticas Francesas
Os Territorios Austrais Franceses (francés: Terres australes et antarctiques françaises, TAAF) son un conxunto de dependencias de ultramar pertencentes a Francia. A denominación francesa oficial (Terres austrais et antarctiques françaises) implica a reivindicación de territorios antárticos, non recoñecida internacionalmente. Consisten en: Illas Kerguelen ( Archipel des Kerguelen), un grupo de illas volcánicas no sur do Océano Índico, ao sueste de África, aproximadamente equidistante entre África, Antártida e Australia; Saint-Paul e as illas Amsterdam, un grupo ao norte das Kerguelen; Illas Crozet ( Îles Crozet), un grupo no sur do Océano Índico, ao sur de Madagascar; Terra Adelia ( Terre Adélie), a demanda francesa no continente da Antártida; As Illas dispersas do Océano Índico (Îles Éparses), un grupo disperso de illas ao redor da costa de Madagascar.Ás veces o territorio denomínase Territorios Austrais Franceses (francés: Terres australes françaises) ou territorios meridionais franceses, normalmente para resaltar o non recoñecemento da soberanía francesa sobre a Terra Adelia como parte do sistema do Tratado Antártico.
Unha bicicleta ( pronunciación ) (do francés bicyclette, e este do latín bis, "dúas veces", e do grego κύκλος, kúklos, "círculo") é un vehículo sen motor de dúas rodas dispostas en liña e fixadas a un cadro. Serve para o transporte de persoas e mercancías. Móvese grazas á forza que o ciclista exerce sobre os pedais, que é transmitida ás rodas.
Breaking Bad é unha serie de televisión estadounidense de crime e drama creada e producida por Vince Gilligan. Emitiuse orixinalmente pola AMC durante cinco tempadas, dende o 20 de xaneiro de 2008, até o 29 de setembro de 2013. Conta a historia de Walter White (Bryan Cranston), un mestre de instituto de química a quen lle diagnostican un cancro de pulmón.
En matemática pura, a hipótese de Riemann, formulada por primeira vez por Bernhard Riemann en 1859, é unha conxectura sobre a distribución dos ceros da función zeta de Riemann ζ(s).A hipótese de Riemann, pola súa relación coa distribución dos números primos no conxunto dos naturais, é un dos problemas abertos máis importantes na matemática contemporánea. O Instituto Clay de Matemáticas ofreceu un premio dun millón de dólares á primeira persoa que desenvolva unha demostración correcta da conxectura. A maior parte da comunidade matemática pensa que a conxectura é correcta, aínda que outros grandes matemáticos como J. E. Littlewood e Atle Selberg se mostraron escépticos, aínda que o escepticismo de Selberg foi diminuíndo dende os seus días de mocidade.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Alfred Werner, nado en Mulhouse, Alsacia, antes en Alemaña, actualmente en Francia, o 12 de decembro de 1866 e finado en Zúric o 15 de novembro de 1919, foi un químico suízo, profesor da Universidade de Zúric e gañador do Premio Nobel de Química en 1913 por propor a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica. Werner desenvolveu as bases do complexo metálico moderno. Foi o primeiro químico inorgánico en gañar o Premio Nobel, de feito o único antes de 1973.
O Reino de Nápoles foi un reino que ocupou os territorios da Italia meridional (Nápoles) e durante algúns períodos tamén a illa de Sicilia. En 1442 Afonso V, rei de Aragón, conquistou Nápoles que foi un dominio da dinastía Anxevina dende o ano 1266. Dende o século XV, Nápoles estivo en poder tanto de Aragón, Francia (durante un curto prazo), España e Austria e finalmente independente dende 1734 ata 1860, ano no que quedou incorporado ao proceso de unificación de Italia.
World Music (en galego, Música do Mundo) refírese á música tradicional ou música folclórica dunha cultura creada e tocada por músicos relacionados con esa cultura.O concepto de World Music é moi amplo e non está pechado, polo que os límites entre o que é e non é World Music non son claros. Inclúe música tradicional o folclórica, música popular, música étnica e outros xéneros locais ou característicos dalgunhas zonas ou culturas do mundo, difíciles de clasificar. Está relacionado coa globalización e a diversidade cultural.O termo foi concibido por Robert E. Brown no inicio da década de 1960, como unha amálgama de artes escénicas para promover a harmonía e o entendemento entre culturas.
A Copa Mundial da FIFA Suráfrica 2010™ (en inglés: FIFA World Cup South Africa 2010™) foi a edición número dezanove do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo comezou o 11 de xuño no Estadio Soccer City de Xohanesburgo, rematando un mes despois, o 11 de xullo, no mesmo recinto. O Mundial de Fútbol 2010 foi a culminación dunha fase de clasificación que comezou en agosto de 2007 involucrando a 204 dos 208 equipos nacionais rexistrados pola FIFA. Como tal coincide cos Xogos Olímpicos de 2008 como a competición deportiva con máis estados participantes.
A guerra dos mundos (na versión orixinal The War of the Worlds) é unha novela de ciencia ficción do autor H. G. Wells. É a historia en primeira persoa das aventuras dun protagonista sen nome (e do seu irmán) en Surrey, Londres, cando o planeta Terra é invadido por marciáns. Escrito en 1895–97, é unha das primeiras historias que contan un conflito entre a humanidade e unha raza extraterrestre.
Exeria, coñecida tamén como Egeria, Echeria e Eteria, foi unha muller da Idade Antiga coñecida pola súa obra Itinerarium Egeriae, na que narra unha viaxe a Terra Santa. Todo parece indicar que naceu na Gallaecia, «nas ribeiras máis afastadas do océano occidental», segundo documentos do século IV, aínda que como se perdeu a primeira parte da súa obra non son poucos os autores que sitúan a súa terra de orixe na Aquitania francesa. Non obstante, estudos actuais sitúana como orixinaria do Bierzo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Hoxe sabemos que o interior do noso planeta, como o doutros planetas terrestres (planetas cuxo volume está ocupado principalmente de materiais rochosos), está dividido en capas. A Terra ten unha codia externa de silicatos solidificados, un manto viscoso e un núcleo con outras dúas capas, unha externa semisólida, moito máis fluída do que o manto, e unha interna sólida. Moitas das rochas que hoxe forman parte da codia formáronse hai menos de 100 millóns de anos.
O catarismo é un movemento relixioso de tipo dualista que arraigou especialmente en Languedoc (Occitania) durante a Baixa Idade Media. Cátaro significa puro e os seus seguidores practicaban un gran rigorismo moral renunciando ás riquezas materiais, á sexualidade e afastándose da sociedade xerárquica eclesial co apoio da nobreza local, que vía neles un factor de deslexitimación do poder dos bispos da Igrexa Católica e do rei de Francia, que se disputaban o poder na nación occitana. Tamén son coñecidos como albixenses pola centralidade que para eles tivo a cidade de Albi nese país, hoxe parte da Francia actual.
O Mar Arábigo tamén chamado Mar de Arabia forma parte do Océano Índico, entre a Península Arábiga e a India. A máxima anchura do Mar Arábigo é de aproximadamente 2.400 km, e a súa máxima profundidade é de 4652 metros, preto da Península Arábiga, aproximadamente á mesma latitude que o extremo sur da India. O río Indo é o único río de grande envergadura que flúe cara a este mar.
Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
A lista de títulos con versión en galego que foron estreados nas plataformas de streaming inclúe os filmes, series e miniseries das que hai versión en galego, ben sexa dobrada ou subtitulada.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas ,,,. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peatón é rei".,,,A cidade é coñecida polo seu urbanismo,,,, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.,,,,,, Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai,, ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas,, entre outros. Tamén é coñecida como a cidade dos nenos, sendo unha das cidades do mundo onde os nenos viven mellor.,,O camiño Portugués, do que é capital en España,,, atravesa a cidade de sur a norte.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Unha distribución de GNU/Linux, chamada tamén distribución Linux por abreviar ou distro de xeito coloquial, é un sistema operativo que pon en funcionamento GNU/Linux dun xeito concreto. As distribucións están compostas por un kernel de Linux cunha colección de múltiples utilidades, como o software do proxecto GNU, e aplicacións.As distribucións diferéncianse polas aplicacións que inclúen, a práctica de empaquetado e a instalación e xestión de aplicacións. Tamén polas súas ferramentas para a instalación do sistema operativo e o seu mantemento.
O sasafrán ou azafrán é unha especia en po de cor amarelada ou avermellada, que se extrae dos estigmas de flores dunha variedade de Crocus sativus (flor do sasafrán), unha planta da familia das Iridáceas, utilizado desde a antigüidade como especia, principalmente na culinaria mediterránea. A variedade de Crocus sativus que se usa para extraer o sasafrán é orixinaria da rexión do mar Mediterráneo e consumido na culinaria da rexión, normalmente en risotos, caldos e masas. Na España, é esencial na paella.
A cruzada albixense —denominación derivada de Albi, cidade situada no suroeste de Francia—, tamén coñecida como cruzada cátara ou cruzada contra os cátaros, foi un conflito armado que tivo lugar entre 1209 e 1244, por iniciativa do papa Inocencio III co apoio da dinastía dos Capetos (reis de Francia na época), co fin de reducir pola forza o catarismo, un movemento relixioso cualificado como herexía pola Igrexa católica e asentado desde o século XII nos territorios feudais do Languedoc, favorecendo a expansión cara ao sur das posesións da monarquía capetana e os seus vasalos. A guerra, que se desenvolveu en varias fases, iniciouse co enfrontamento entre os exércitos de cruzados súbditos do rei Filipe Augusto de Francia coas forzas dos condes de Tolosa e vasalos, provocando a intervención da Coroa de Aragón que culminou na batalla de Muret. Nunha segunda etapa, na que inicialmente os tolosanos alcanzaron certos éxitos, a intervención de Luís VIII decidiu a submisión do condado certificada polo Tratado de París (1229).
Estatua de Valle-Inclán (Pontevedra)
A estatua de Valle-Inclán, é unha escultura creada polo escultor César Lombera, situada en Pontevedra. Atópase na Praza de Méndez Núñez, no casco antigo da cidade, e foi inaugurada o 26 de xuño de 2003.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Mustafa Kemal Atatürk (pronunciado: [musˈtäfä ceˈmäl ätäˈtyɾc]), nado en Tesalónica c. o 19 de maio de 1881 e finado en Istambul o 10 de novembro de 1938, foi un mariscal de campo turco, revolucionario, estadista, autor e pai fundador da República de Turquía, sendo o seu primeiro presidente desde 1923 ata a súa morte en 1938. Emprendeu profundas reformas progresistas , que modernizaron a Turquía nunha nación secular e industrializada.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 190.651 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
A Alameda do arquitecto Sesmero, coñecida popularmente como a Alameda polos pontevedreses, é un parque urbano situado no centro da cidade de Pontevedra. Creado en 1879, é o maior espazo verde do centro da cidade, xunto co Parque das Palmeiras. A Alameda está situada ao oeste do casco antigo, preto do antigo barrio de pescadores da Moureira.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, o canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
Ramiro Figueiras Amarelle, nado en Ponteceso o 17 de decembro de 1977, é un adestrador e ex xogador de fútbol praia galego, actual adestrador da selección de fútbol praia de Trinidad e Tobago. Considerado un dos mellores xogadores de fútbol praia da historia, comezou xogando ao fútbol no Ural, pasando logo ao equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, co que gañou a única Copa de Campións da historia do club na tempada 1995/96. Xogou a continuación no Cerceda e no Imperátor en Terceira División e en 1997, con 19 anos, entrou na selección española de fútbol praia, sendo con moita diferenza o integrante máis novo do equipo, que ata entón estaba formado na súa totalidade por futbolistas retirados como Quique Setién, Rafa Gordillo ou Abel Resino.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Derry Girls é unha serie de televisión británica, creada e escrita por Lisa McGee e estreada o 4 de xaneiro de 2018 a través de Channel 4. É a comedia máis exitosa da canle dende Father Ted, e está inspirada nas propias experiencias de McGee crecendo en Derry na década de 1990, durante os anos finais do conflito de Irlanda do Norte. Está protagonizada por Saoirse-Monica Jackson, Louisa Harland, Nicola Coughlan, Jamie-Lee O'Donnell e Dylan Llewellyn, no papel de cinco adolescentes que viven no Derry de mediados de 1990 e asisten ao Instituto Our Lady Immaculate, un instituto de secundaria ficticio baseado no real Thornhill College, onde estudou McGee.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O Sacaúntos é un personaxe "asustanenos", igual có home do saco, un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama o papón, en alusión a que pode papar a alguén, especialmente os nenos. O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos.
Non confundir con feixónA feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste do Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Acerbaixán, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A lingua de vaca avermellada, (Hydnum rufescens) é un basidiomiceto comestible da familia Hydnaceae. Pertence ao pequeno grupo de cogomelos de fungos hidnoides que producen corpos frutíferos onde a parte inferior do sombreiro está cuberta dun himenóforo con forma de espiñas ou dentes, e non de poros nin lamelas. É moi similar á lingua de vaca (Hydnum repandum), e foi anteriormente ás veces considerada variedade desta especie.
O porco (tamén coñecido como cocho, marrán, chino ou quino) é un mamífero tipicamente doméstico, de nome científico Sus scrofa, aínda que algúns autores danlle o nome de Sus domesticus (ou Sus scrofa domesticus) para o diferenciar do porco bravo ou xabarín, ao cal se lle atribúe o nome de Sus scrofa.