Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
A droga é o termo xeral polo que se designa así calquera substancia con capacidade de alterar un proceso biolóxico ou químico nun organismo vivo, cun propósito determinado, como por exemplo combater unha enfermidade, aumentar a resistencia física, ou modificar a resposta inmunolóxica. O cerebro é a zona máis sensíbel aos efectos das drogas. Xeralmente o termo droga utilízase para se referir ás de uso ilegal, en cambio para as de uso médico acostúmase preferir o termo fármaco.
Imprimatur ("Que se imprima", en latín) é unha aprobación por parte da xerarquía da Igrexa católica segundo a cal unha obra literaria ou semellante está libre de erros en materia de doutrina e moral e é polo tanto aceptábel para ser impresa e lida polos católicos. O imprimatur é de maior importancia nas obras que tratan da teoloxía e doutrina católicas e introduciuse como medida para reducir a exposición, especialmente dos leigos, á herexía. A presenza do imprimatur foi en tempos un asunto da maior preocupación para moitos católicos.
Raif Badawi (en árabe: رائف بدوي, nome tamén transcrito como Raef Badawi), nado o 13 de xaneiro de 1984, é un escritor e activista saudita, e co creador da páxina web Free Saudi Liberals. Foi arrestado no 2012 baixo os cargos de insultar o islam a través de canles electrónicas e foi levado a xuízo acusado de apostasía. Foi sentenciado a sete anos de cárcere e a 600 lategazos no 2013, pena que máis tarde aumentaría até 1000 lategazos e 10 anos de cadea.
Arlette Pinheiro Esteves da Silva, nada no Río de Xaneiro o 16 de outubro de 1929 é unha actriz brasileira de cinema, teatro e televisión, coñecida como Fernanda Montenegro. Chamada "a Primeira Dama do Teatro do Brasil", foi a primeira actriz latinoamericana que recibiu unha candidatura ao Óscar como mellor actriz protagonista, polo filme Central do Brasil de Walter Salles.En 2013, converteuse tamén na primeira brasileira en gañar un premio Emmy internacional.En 2013, foi votada como a 15.ª celebridade máis influente do Brasil pola revista Forbes. Durante a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2016, leu o poema "A Flor e a Náusea", de Carlos Drummond de Andrade, dobrado en inglés por Judi Dench.
Cartel é un soporte, normalmente en papel, fixado de forma que sexa visible en locais públicos. A súa función principal é a de divulgar información visualmente, pero tamén é apreciada como unha peza de valor estético. Alén da súa importancia como medio de publicidade e de información visual, o cartel posúe un valor histórico como medio de divulgación en importantes movementos de carácter político ou artístico.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Alfred Werner, nado en Mulhouse, Alsacia, antes en Alemaña, actualmente en Francia, o 12 de decembro de 1866 e finado en Zúric o 15 de novembro de 1919, foi un químico suízo, profesor da Universidade de Zúric e gañador do Premio Nobel de Química en 1913 por propor a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica. Werner desenvolveu as bases do complexo metálico moderno. Foi o primeiro químico inorgánico en gañar o Premio Nobel, de feito o único antes de 1973.
Samuel de Luque Batuecas, nado en Madrid, España, o 12 de abril de 1989, coñecido na internet coma Vegetta777 ou Samuel, é un youtubeiro e streamer español que sobe vídeos de gameplays principalmente, aínda que a súa canle conta con contido variado.A súa canle de YouTube ten máis de 33 millóns de subscritores e 15 mil millóns de visualizacións, sendo o segundo youtubeiro con máis subscritores e o primeiro con máis visualizacións de España.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Seúl (서울; hangul, 서울특별시; hanja, 서울特別市; romanización revisada, Seoul Teukbyeolsi; McCune–Reischauer, Sŏul T'ŭkpyŏlsi) é a capital e meirande metrópole de Corea do Sur. É unha megacidade cunha poboación de máis de 10 millóns de habitantes. A Área da Capital de Seúl, que inclúe á metrópole de Incheon na provincia de Gyeonggi, é unha das áreas metropolitanas máis poboadas do mundo, con arredor de 25,6 millóns de persoas, sendo o fogar da metade dos surcoreanos e 632.000 residentes internacionais.Situada á beira do río Han, a historia da cidade abrangue máis de 2.000, dende a súa fundación no ano 18 a.
Ana María Penas Balchada, nada en Pontevedra o 21 de decembro de 1971, é unha deportista galega que competiu en piragüismo na modalidade de augas tranquilas, gañadora de catro medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 1997 e 2001 e sete medallas no Campionato Europeo de piragüismo entre os anos 1997 e 2001.Participou en tres Xogos Olímpicos de Verán, entre 1992 e 2000, a súa mellor actuación foi un sexto posto logrado en Atlanta 1996, na proba de K4 500 m.
Elon Reeve Musk, nado en Pretoria o 28 de xuño de 1971, é un empresario, enxeñeiro e inventor surafricano de nacionalidade estadounidense-canadense. É o CEO e o CTO de SpaceX. É un dos primeiros investidores e CEO de Tesla, Inc.; fundador de The Boring Company; cofundador de Neuralink e cofundador e xefe inicial de OpenAI. Musk é unha das persoas máis adiñeiradas do mundo.
Felipe González Márquez, nado en Sevilla o 5 de marzo de 1942, é un avogado, profesor universitario e político andaluz, secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) dende 1974 até 1997 e terceiro presidente do Goberno de España dende a reinstauración da democracia, entre 1982 e 1996.
Viggo Peter Mortensen, Jr., nado en Manhattan (Nova York) o 20 de outubro de 1958, é un actor estadounidense. É fillo de nai estadounidense e pai danés. Viviu a súa infancia coa súa familia en diversos países iberoamericanos, entre eles Arxentina e Venezuela, polo que entende e fala español á perfección, o que lle permitiu rodar en España varias películas, como Gimlet de José Luis Acosta ou La pistola de mi hermano de Ray Loriga, ou o filme baseado na novela homónima de Arturo Pérez Reverte, Alatriste polo que mesmo foi candidato aos premios Goya de 2006 como mellor actor.
Alfred Molina, nado o 24 de maio de 1953 en Paddington, Londres, é un actor inglés. Coñecido polos seus papeis nos filmes Na busca da arca perdida, Prick Up Your Ears, The Man Who Knew Too Little, Spider-Man 2, Maverick, Species, Not Without My Daughter, Chocolat, Frida, Steamboy, The Hoax, Prince of Persia: The Sands of Time, The Da Vinci Code, A Panther in the Basement, An Education e The Sorcerer's Apprentice.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, o canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
Estación de autobuses de Pontevedra
A Estación de Autobuses de Pontevedra é unha estación de autobuses na cidade de Pontevedra que permite o tráfico de autobuses interurbanos, con destinos nacionais ou internacionais.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Orator F. Cook, nado o 28 de maio de 1867 en Clyde, Nova York, e finado o 23 de abril de 1949 en Lanham, Maryland, foi un botánico, entomólogo e agrónomo estadounidense, coñecido polo seu traballo sobre o cultivo de algodón e da obtención do caucho, e por acuñar o termo "especiación" para describir o proceso polo cal xorden novas especies a partir das existentes.Publicou preto de 400 artigos sobre temas como a xenética, a evolución, a socioloxía, a xeografía e a antropoloxía.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Pacto Sucesorio é o nome con que a historiografía moderna coñece un documento subscrito por Raimundo de Borgoña, conde de Galicia, e Henrique de Borgoña, conde de Portugal. Nese documento, Raimundo comprométese a recoñecer a Henrique unha serie de posesións feudais no reino de León. A cambio Henrique apoiaba a proclamación de Raimundo como rei cando morrese Afonso VI. Existen moitas dúbidas acerca da autenticidade do documento.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Un striptease, do inglés strip (espir) e tease (tentar), é un baile sensual, é dicir, un espectáculo no que a persoa que baila vai quitando a roupa gradualmente, xa sexa parcialmente ou completamente, de forma sedutora e de xeito sexualmente suxestivo diante dos espectadores. Realizado xeralmente sobre dunha tarima, en cabarés ou clubs nocturnos, o striptease adoita facerse devagar para provocar no público o desexo dunha maior exhibición. Con ese obxectivo, o executante leva un maior número de pezas de roupa por baixo das primeiras pezas que quita, ou ben xoga a manter a roupa que vai quitando, deixando soamente entrever as partes do corpo que vai espindo.
A Pedra do Sal, Noicela, Carballo
A Pedra do Sal é un lugar da parroquia de Noicela no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 190.784 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas ,,,. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peatón é rei".,,,A cidade é coñecida polo seu urbanismo,,,, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.,,,,,, Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai,, ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas,, entre outros. Tamén é coñecida como a cidade dos nenos, sendo unha das cidades do mundo onde os nenos viven mellor.,,O camiño Portugués, do que é capital en España,,, atravesa a cidade de sur a norte.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Os vellos non deben de namorarse
Os vellos non deben de namorarse é unha obra de teatro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerada unha das pezas máis populares do teatro galego. A obra foi escrita "para regalía do pobo galego" na cidade de Nova York, como remedio para "matar as horas de morriña" e rematouna no inverno de 1939. En palabras do autor esta obra foi froito da combinación de dúas sensibilidades: a literaria e, tamén, a imaxinación plástica do pintor.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Fuxan os ventos é un grupo musical inserido no movemento folk da canción galega, formado en 1972 en Lugo no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.
Non confundir con feixónA feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste do Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Acerbaixán, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
The Florida Project é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Sean Baker e escrito por Baker e Chris Bergoch. Está protagonizado por Willem Dafoe, Brooklynn Prince, Bria Vinaite, Valeria Cotto, Christopher Rivera e Caleb Landry Jones. Para gran parte do elenco foi o primeiro filme no que apareceron.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
A Espada de Goujian (chinés tradicional: 越王勾踐劍, chinés simplificado: 越王勾践剑) é un artefacto arqueolóxico do período das Primaveras e Outonos (-771 a -403) atopado en 1965 en Hubei, China. Forxada en cobre e estaño, pertencía ó Rei Goujian de Yue, e é famosa polo seu infrecuente afiado e pola súa resistencia á corrosión raramente vista en artefactos tan antigos. Este artefacto histórico da China antiga está en posesión do Museo Provincial de Hubei.
Estadio Monumental Isidro Romero Carbo
O Estadio Monumental Isidro Romero Carbo, actualmente chamado Estadio Monumental Banco Pichincha por razóns de patrocinio, é un estadio de fútbol situado no norte da cidade de Guayaquil, en Ecuador, propiedade do Barcelona Sporting Club. O estadio foi construído entre 1985 e 1987, e inaugurado o 29 de maio de 1988, con capacidade para acoller 55.000 seareiros. A capacidade do recinto foi ampliada nos anos 90 até os 90.283, facendo del o meirande da historia de Ecuador.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Cuartos de dólar dos 50 estados
Os cuartos de dólar dos 50 estados son unha serie de moedas dun cuarto de dólar postas en circulación pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración de cada un dos estados constituíntes dos Estados Unidos. Este programa foi creado pola Lei 105-124, do 1 de decembro de 1997, e as moedas foron cuñadas e postas en circulación entre 1999 e 2008 en bloques de cinco estados cada ano.O deseño común do anverso correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada estado.O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados púxose en marcha para promover unha nova xeración de coleccionistas de moedas, e converteuse no programa numismático máis existoso da historia dos EEUU, xa que aproximadamente a metade da poboación coleccionou as moedas desta serie. Isto provocou, ademais, un beneficio de arredor de 3.000 millóns de dólares para o Goberno federal, motivado da retirada da circulación das moedas por parte dos coleccionistas.En 2009, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a complementar esta serie cun novo programa de moedas dun cuarto de dólar dedicadas ao Distrito de Columbia e outros territorios dos EEUU, nos que se inclúen Porto Rico, Samoa Americana, Guam, as illas Virxes Estadounidenses e as illas Marianas do Norte.