Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Sailor Moon Eternal (en xaponés: 劇場版「美少女戦士セーラームーン Eternal エターナル」 é un filme xaponés de 2021 dirixido por Chiaki Kon. É unha longametraxe de animación en dúas partes baseado na trama Dream do manga Sailor Moon de Naoko Takeuchi, o cal serve como unha continuación e unha "cuarta tempada" de Sailor Moon Crystal. Foi escrito por Kazuyuki Fudeyasu, supervisado por Naoko Takeuchi, e foi producido por Toei Animation e Studio Deen.
O Partido Antirrevolucionario (Anti-Revolutionaire Partij ARP) foi un partido político dos Países Baixos de ideoloxía democristiá e confesión protestante. Malia que o partido nunca superou o dez por cento dos votos desde a Segunda Guerra Mundial a súa influencia foi grande na política holandesa, o ARP foi un dos partidos que formaron a actual Apelación Demócrata Cristiá en 1980 o cal supuxo a disolución da propia ARP. En 1976 tiña 59.495 militantes Aínda que desde a década de 1840 existía unha fracción antirrevolucionaria no parlamento holandés, o partido como tal formouse como reacción á lexislación escolar de 1878 e foi o primeiro grupo en dotarse dun programa e dunha organización nacional nos Países Baixos. O ARP era un partido protestante ortodoxo oposto ás ideas da Revolución Francesa.
Os santos (do latín sanctus, -i, de sanctus, -a, -um, 'sagrado', 'venerado'; en grego αγίος (hagíos); en hebreo qâdosh, 'elixido por Deus') son homes ou mulleres distinguidos nas diversas tradicións relixiosas polas súas atribuídas relacións especiais coas divindades. Estas relacións conducen a unha especial distinción dos suxeitos polas súas calidades en especial morais, e este sentido presérvase en tradicións espirituais no necesariamente teístas. A influencia dun santo supera o ámbito da súa relixión cando a aceptación da súa moralidade adquire compoñentes universais: por exemplo, é o caso de Tareixa de Calcuta e, en xeral, polo menos até certo punto, de todos os fundadores das grandes relixións.
Filmes de Siria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Siria presentou un filme para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 2017. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Edvard Munch, nado en Løten o 12 de decembro de 1863 e finado en Ekely o 23 de xaneiro de 1944, foi un pintor e gravador noruegués expresionista. As súas evocativas obras sobre a angustia influenciaron profundamente o expresionismo alemán aos comezos do século XX. O berro (1893; orixinalmente titulado Desesperación), é a súa obra máis coñecida e considerada coma unha icona da angustia existencial. Como en moitas das súas obras realizou numerosas versións.
A Wikipedia en serbio (en serbio: Википедија на српском језику; Vikipedija na srpskom jeziku) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua serbia. Creada o 16 de febreiro de 2003, alcanzou os 100 000 artigos o 20 de novembro de 2009, os 200 000 artigos o 6 de xullo de 2013 e os 500 000 o 13 de xaneiro de 2018. Esta versión da enciclopedia contén 664.343 artigos e 314.180 usuarios, dos cales 783 son activos.
A Santa Trindade é un concepto relixioso cristián que se refire á crenza de que Deus é un e tres ó mesmo tempo. Así, o Deus dos cristiáns é Pai (Deus mesmo), Fillo (Xesucristo) e Espírito Santo (representado como unha pomba, ou como linguas de lume e incorpóreo e que lles dá poderes ós apóstolos en Feitos dos Apóstolos como curación, poliglotismo...).
Rembrandt Harmenszoon van Rijn, nado en Leiden o 15 de xullo de 1606 e finado en Ámsterdam o 4 de outubro de 1669, foi un pintor e gravador neerlandés, considerado un dos grandes pintores europeos da historia da arte e o máis importante do seu país. As súas contribucións á arte producíronse nun período que os historiadores denominaron século de ouro holandés no cal a influencia política, a ciencia, o comercio e a cultura holandesas chegaron ó seu cumio. Habendo alcanzado o éxito na mocidade, os seus últimos anos estiveron marcados pola traxedia persoal e a ruína económica.
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional. Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano.
A eurozona ou zona euro é unha rexión europea que agrupa os países da Unión Europea que teñen como moeda oficial o euro (€). O Banco Central Europeo é o responsábel da política monetaria na zona euro, e o eurogrupo é o órgano político que reúne os representantes dos países que utilizan esta moeda. Os 19 países membros da zona euro son, dende 2015, Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia,Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal.
O aeroporto é unha área cunha infraestrutura e os servizos necesarios para a aterraxe e a engalaxe de aeronaves. Os máis sinxelos son pistas de terra, para pequenas avionetas, mentres os máis grandes teñen varias pistas dun ou máis quilómetros para permitir a aterraxe e a engalaxe de avións de gran tamaño e cunha frecuencia de poucos minutos de diferenza. Aeroportos sobranceiros, entre outros, son: Barajas (Barajas, Madrid), Sant Cugat (Barcelona) e Son San Joan (Baleares).
Para ver o artigo sobre o concello da provincia de Pontevedra, véxase A Estrada Unha estrada é unha vía de dominio e uso público, proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles. Existen diversos tipos de estradas, aínda que coloquialmente úsase o termo estrada para definir á estrada convencional que pode estar conectada, a través de accesos, ás propiedades lindeiras, diferenciándoas doutro tipo de estradas, as autovías e autoestradas, que non poden ter pasos e cruces ao mesmo nivel. Distínguese dun simple camiño porque está especialmente concibida para a circulación de vehículos de transporte.
Museo Louisiana de arte moderna
O museo Louisiana de arte moderna é un museo localizado na costa norte da illa de Selandia, en Humlebæk, preto de Copenhaguen, en Dinamarca.
A comida rápida (calco lingüístico do inglés fast food) é o nome xenérico dado ao consumo de alimentos que poden ser preparados e servidos nun intervalo pequeno de tempo. Aplícase comunmente á comida vendida en estabelecementos asociados ás grandes redes de alimentación. O mesmo alimento, que por veces é vendido como comida rápida, pode ser consumido en restaurantes.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Co nome de danza do abellón denomínase un antigo rito funerario no que tódolos familiares e asistentes ó velorio dun cadáver, formando roda collidos da man, daban voltas ó redor do corpo imitando o zunido dun abellón. Este ritual foi recollido por Alfredo Brañas a raíz dun velorio no que el mesmo participou en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e constitúe un dos casos máis particulares das prácticas tradicionais galegas relacionados coa morte. Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.
Jair Messias Bolsonaro, nado en Glicério (São Paulo) o 21 de marzo de 1955, é un militar de reserva e político brasileiro. Deputado federal entre 1991 e 2019, as súas posicións políticas identifícanse coa extrema dereita e o populismo. É o presidente do Brasil, cargo que asumiu o 1 de xaneiro de 2019 e cuxo mandato rematará o 31 de decembro de 2022.
Os māhū na cultura tradicional hawaiana e Kanaka Maoli son as persoas pertencentes a un terceiro xénero e que soportan roles dentro da sociedade similares aos fakaleiti de Tonga e aos fa'afafine de Samoa. Na actualidade a palabra māhū emprégase en argot para designar aos travestidos e ás persoas transxénero. En particular, chámase aikane aos homes que teñen como amante a outro home.
Luiz Inácio Lula da Silva, nado en Caetés (daquela Vargem Grande, en Pernambuco) o 27 de outubro de 1945, é un político brasileiro. Asumiu a Presidencia da República Federativa do Brasil en 2003 coa maior votación da historia do país (52,4 millóns de votos), quebrando cifras de votación de todos os expresidentes brasileiros. El só perde, no mundo, co xeneral indonesio Susilo Yudhoyono (69,27 millóns de votos), George W. Bush (58,4 millóns de votos), John Kerry (54,8 millóns de votos), os tres en eleccións realizadas en 2004, e o expresidente estadounidense Ronald Reagan, que tivo, en 1984, 54,4 millóns de votos.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento eval(), o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera navegador web. Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de eval() e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas ,,,. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peatón é rei".,,,A cidade é coñecida polo seu urbanismo,,,, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.,,,,,, Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai,, ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas,, entre outros. Tamén é coñecida como a cidade dos nenos, sendo unha das cidades do mundo onde os nenos viven mellor.,,O camiño Portugués, do que é capital en España,,, atravesa a cidade de sur a norte.
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, o canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 191.011 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
macOS, anteriormente denominado OS X e inicialmente Mac OS X, é un contorno operativo baseado en Unix, desenvolvido, comercializado e vendido por Apple Inc. É o actual sistema operativo da familia de computadores Macintosh e o sucesor da familia Mac OS. No ano 1997 nomeouse a Steve Jobs CEO de Apple, e este decidiu terminar co sistema operativo Mac OS clásico (as primeiras versións do sistema ata o Mac OS 9), que carecía de características modernas presentes dende había moito tempo nos sistemas coetáneos, e crear un novo sistema operativo tomando como punto de partida o NEXTSTEP, o sistema operativo que Steve Jobs estivera desenvolvendo coa súa empresa NeXT, adquirida por Apple. OS X é un sistema operativo baseado en UNIX, máis no cal o sistema de fiestras X11, característico da meirande parte destes sistemas, foi substituído por outro denominado Aqua, desenvolvido integramente por Apple.
Ilves Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo fundado en 1971 na cidade de Tampere, Finlandia. Inicialmente tivo que xogar contra equipos masculinos de categoría júnior ao ser o único equipo feminino da cidade, e debutou contra un equipo feminino o 5 de marzo de 1978 en Espoo. Xoga na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, a Naisten Liiga, dende a súa tempada inaugural en 1982, e conquistaron o seu primeiro campionato finlandés en 1985.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Elon Reeve Musk, nado en Pretoria o 28 de xuño de 1971, é un empresario, enxeñeiro e inventor surafricano de nacionalidade estadounidense-canadense. É o CEO e o CTO de SpaceX. É un dos primeiros investidores e CEO de Tesla, Inc.; fundador de The Boring Company; cofundador de Neuralink e cofundador e xefe inicial de OpenAI. Musk é unha das persoas máis adiñeiradas do mundo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O período Iamato (大和時代 ,, yamato-jidai) ocorre durante o Xapón antigo, onde a corte imperial residía na actual prefectura de Nara, entón coñecida coma provincia de Iamato. Os xaponeses estipularon que a súa cronoloxía se situaba entre o 250 e 710 d.C. onde se dividían en dous períodos: 1. Período Kofun (250-538 d.C.).
Mercado de Abastos de Pontevedra
O Mercado de Abastos de Pontevedra (ou Mercado Municipal de Pontevedra) é un mercado cuberto en Pontevedra. Está situado no extremo norte do centro histórico, preto da ponte do Burgo. Ten vistas á ribeira do Lérez e foi inaugurado en 1948.
Este artigo trata sobre a actividade psíquica, para a planta de flor ver o artigo pensamento. O pensamento é a actividade e a creación da mente, o que permite ao individuo modelar o mundo en relación coas súas metas, plans, fins e desexos. É o produto das construcións mentais elaboradas froito da actividade do cerebro.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
A Ponte dos Carros, Leborei, Monterroso
A Ponte dos Carros é un lugar da parroquia de Leborei no concello lucense de Monterroso, na comarca da Ulloa. Segundo o padrón municipal (IGE 2019) tiña 16 habitantes, dos que 9 eran homes e 7 eran mulleres.
A App Store (tamén coñecida como Mac App Store) é unha plataforma de distribución dixital de aplicaciones para macOS, desenvolvida por Apple Inc. Foi anunciada o 20 de octubro do 2010 no evento Back to Mac e se lanzó oficialmente o 6 de xaneiro do 2011. Apple empezó a recibir solicitudes de aplicacións de desenvolvedores rexistrados o 3 de novembro do 2010.
Non confundir con feixónA feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste do Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Acerbaixán, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
O Santuario das Aparicións ou Santuario do Inmaculado Corazón de María é un santuario mariano en Pontevedra. Segundo Sor Lucía, foi aquí onde o Neno Xesús e a Virxe María aparecéronselle en 1925 e 1926 e, co corazón rodeado de espiñas, reveláronlle a devoción dos cinco primeiros sábados.É o terceiro destino de peregrinación mariana máis visitado do mundo, con máis de 12 millóns de visitas rexistradas ata 2022.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Un signo (do latín "signum", á súa vez do grego "σημειόν") é unha entidade que ten o significado doutra entidade, sendo a partícula máis pequerrecha no ámbito da expresión. Deste xeito, non obstante, trátase dun elemento complexo que leva consigo unha información significativa, así como da parte máis importante dunha mensaxe que chega aos nosos sentidos a través do sentido da vista ou o oído. Un signo natural é unha entidade que posúe unha relación casual coa entidade significante, como un relampo como signo de tormenta.
O Día dos Fieis Defuntos ou Día de defuntos é o día escollido pola Igrexa Católica para orar polos finados, celébrase o día 2 de novembro. A data escollida relaciónase con festividades pagás europeas coma o Samaín ou o magosto. Dende o século II, algúns cristiáns pregaban polos falecidos, visitando os túmulos dos mártires para rezar polos que morreran.
Non confundir cos sinusoides dalgunhas funcións matemáticas ou de ondas Un sinusoide é un tipo de vaso sanguíneo capilar especial. Trátase de canais vasculares revestidos de endotelio de perfil transversal irregular, xeralmente de diámetro relativamente grande . Os sinusoides son similares a capilares fenestrados, pero non iguais, e clasifícanse como capilares descontinuos ou de poro aberto para distinguilos dos fenestrados.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Galicola foi o nome dun refresco de cola feito e distribuído en Galiza pola Asociación Cultural Fontaira dende novembro de 2009, e que destina o 5% das vendas para a promoción e normalización da lingua galega. Por outra banda, segundo os impulsores da iniciativa, tamén se busca: Destacar que a asociación organiza un premio, o premio Angelo Casal, dotado co devantido 5% das vendas e que en 2010 foi concendido á agrupación Mocidade pola Língua para sufragar a súa iniciactiva a prol do galego.
O Porto é unha cidade portuguesa, a segunda cidade e o terceiro concello máis poboado do país, capital do Distrito do Porto, situado na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto, e tamén á Área Metropolitana do Porto. A cidade é considerada unha cidade global gama. O concello, con 41,42 km² de área, ten unha poboación de 237 591 habitantes (2011) dentro dos seus límites administrativos, sendo subdividido en sete freguesías.É a cidade que deu o nome a Portugal – dende moi cedo (c.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A fala de Estremadura, tamén coñecida como fala de Xálima, fala dos tres lugares ou valego, galego estremeño ou galego do Val do Ellas polos partidarios da teoría sobre a relación entre a fala e a lingua galega, é unha variedade lingüística galego-portuguesa falada nos concellos de San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e As Ellas, no Val de Xálima, no noroeste da provincia de Cáceres, en Estremadura. Aínda que non se pode considerar galego en sentido estrito , a maior parte dos lingüistas galegos trátana como unha variedade histórica do galego por consideraren que ten moito máis que ver coas falas galegas que co portugués estándar e pola súa orixe, pero non todos pensan da mesma forma, algúns pensan que é unha lingua diferenciada do galego pero o galego é a máis próxima. O Ethnologue recólleo como unha lingua e dálle o seu propio código ISO 639-3, fax, non obstante a maioría dos investigadores evitaron darlle a denominación de lingua.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.