Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Joaquín Ramón Martínez Sabina, nado en Úbeda (Xaén) o 12 de febreiro de 1949, coñecido artisticamente como Joaquín Sabina, é un cantautor e poeta español. Publicou catorce discos de estudio, catro en directo e tres recompilatorios, ademais, ten colaborado con distintos artistas cantando dúos e realizando outras colaboracións. Tamén compón para outros artistas como Ana Belén ou Miguel Ríos.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
O Primeiro Imperio Francés (Premier Empire en francés) é o réxime instaurado en Francia por Napoléon Bonaparte para substituír o Consulado. Comeza o 18 de maio de 1804 cun decreto do senado (senadoconsulto) que proclama a Napoléon Bonaparte "emperador dos franceses", e remata en abril de 1814 coa abdicación de Napoléon e o seu desterro á illa de Elba). Tras este período instaurouse decontado a Primeira Restauración, interrompida polo episodio dos Cen Días do 20 de marzo ao 22 de xuño de 1815.
Geraldo Rivera, nado como Gerald Michael Riviera en Nova York o 4 de xullo de 1943, é un presentador estadounidense de talk shows, xornalista e escritor. Foi o presentador do programa Geraldo entre 1987 e 1998. Rivera presentou os programa Geraldo at Large e Geraldo Rivera Reports e aparece regularmente en programas de Fox News como The Five.
O taxi é un automóbil privado, conducido por un chofer e destinado ao transporte de pasaxeiros e mais das equipaxes destes. O transbordo faise de porta a porta, á elección do pasaxeiro, contrariamente aos transportes en común que circulan entre puntos predeterminados (paradas de autobús, estacións ferroviarias). A palabra taxi provén de taxímetro, aparato destinado a medir o tempo e a distancia dun traxecto para estabelecer o montante a pagar polo pasaxeiro.
Barlovento é a aba dun relevo ou rexión orientada cara ao lugar de onde procede o vento. Barlovento, a zona dun relevo; Barlovento, en meteoroloxía;Amais, como topónimo pode referirse a: Barlovento, un concello da illa de La Palma, nas Illas Canarias; Illas de Barlovento, un grupo de illas das Pequenas Antillas; Illas de Barlovento, un grupo de illas do arquipélago de Cabo Verde.Na cultura popular: Barlovento, álbum musical da orquestra folk galega SonDeSeu.
O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
O lago Vitoria (Nam Lolwe en luo; "Nalubaale" en Luganda e Nyanza en ruanda e bantú) é un dos Grandes lagos africanos, localizado nun planalto elevado na parte occidental do Gran Val do Rift, na África oriental. O nome foille dado en honor da raíña Vitoria polo explorador John Hanning Speke, o primeiro británico en documentar a súa existencia en 1858, no transcurso dunha expedición con Richard Francis Burton para localizar as Fontes do Nilo.En termos de superfice, con 68.870 km² (aproximadamente o mesmo que a Irlanda), é o maior lago do continente africano, o maior lago tropical no mundo e o segundo maior lago de auga doce do mundo, só superado pola superficie do lago Superior de América do Norte. En termos de volume, é o sétimo maior lago de auga doce do mundo con 2.750 km³ de auga.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.A cidade é o centro da área estatística metropolitana dos Ánxeles-Long Beach-Santa Ana e do Grande os Ánxeles que, segundo o censo de 2010, sumaban unha poboación de 13 e 18 millóns de persoas, respectivamente.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega contemporánea. Renovador da poesía desde os anos 70, destaca tamén como intérprete, produtor e artista audiovisual. Desde os anos 90 Reixa converteuse en presenza habitual en medios televisivos e radiofónicos.
Harvey Bernard Milk, nado en Nova York o 22 de maio de 1930 e finado en San Francisco o 27 de novembro de 1978, foi un político e activista norteamericano, o primeiro político abertamente gai elixido para un cargo público en California. Milk trasladouse dende Nova York ata San Francisco no ano 1972, coincidindo cun aumento do colectivo gai no Distrito Castro. Axudouse do crecemento político e do poder adquisitivo deste distrito para promocionar os seus intereses, presentandose a un cargo público en tres ocasións.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
El Niño é un fenómeno climático relacionado co quentamento do Pacífico oriental ecuatorial, o cal maniféstase erráticamente cíclico -Arthur Strahler fala de ciclos de entre tres e oito anos-, que consiste en realidade na fase cálida do patrón climático do Pacífico ecuatorial denominado El Niño-Oscilación do Sur (El Niño-Southern Oscillation, ENSO polas súas siglas en inglés), onde a fase de enfriamento recibe o nome de La Niña. Este fenómeno, nas súas manifestacións máis intensas, provoca estragos na zona intertropical e ecuatorial debido ás intensas choivas, afectando principalmente á rexión costeira do Pacífico de América do Sur. Günther D. Roth defíneo como unha irrupción ocasional de augas superficiais cálidas, situadas no océano Pacífico xunto á costa dos territorios do Perú e Ecuador, debido a inestabilidades na presión atmosférica localizada entre as seccións Oriental e Occidental do océano Pacífico próximas á liña do Ecuador.
O edificio Castromil, coñecido previamente como café Quiqui-Bar, en Santiago de Compostela, foi un edificio de estilo modernista derrubado no ano 1975 que estaba situado na antiga praza de García Prieto, hoxe praza de Galicia. Foi o arquitecto coruñés Rafael González Villar quen o proxectou en 1922 e Antonio Alfonso Viana quen coordinou a obra en 1926. Os seus promotores foron os socios composteláns Manuel Ramallo Gómez e Ángel Gontán Sánchez, co propósito de destinalo a café-bar e restaurante.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O sylheti (en Sylheti Nāgarī: ꠍꠤꠟꠐꠤ; en bengalí: সিলেটি; sileʈi|) é unha lingua indoaria falada por arredor de 11 millóns de persoas, principalmente na división de Sylhet de Bangladesh, no val do Barak e no distrito de Hojai de Assam, e nos distritos de Tripura Setentrional e Unakroti de Tripura, na India. Ademais, hai un número substancial de falantes de sylheti nos estados indios de Meghalaya, Manipur e Nagaland, así como polas comunidades da diáspora no Reino Unido, os Estados Unidos, o Canadá e Oriente Medio. É percibida de varias maneiras, tanto como un dialecto do bengalí ou como unha lingua por dereito propio.
O Club Deportivo Arenteiro é un equipo de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Segunda División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, que figura na Primeira de Galicia (grupo 4º).
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
José Miguel Conejo Torres, nado en Madrid, o 30 de abril de 1980, máis coñecido como Leiva, é un músico e cantautor español de pop rock. Entre 2001 e 2011 formou parte xunto a Rubén Pozo da banda de pop rock Pereza, coa que gravou 6 discos. Tras a disolución do grupo, iniciou unha carreira en solitario na que leva 4 discos gravados.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Icaria, tamén chamada Ikaria (grego: Ικαρία), a nivel local Nikaria ou Nicaria (Νικαριά), a antigo nome:Doliche (Δολίχη), é unha illa grega localizada no mar Exeo a 10 millas náuticas (19 km) ao suroeste de Samos. Deriva o seu nome de Ícaro, o fillo de Dédalo na mitoloxía grega, que caeu ao mar cerca da illa.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 191.189 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Dinís de Portugal, nado o 9 de outubro de 1261 en Lisboa e finado o 7 de xaneiro de 1325 en Santarém, foi rei de Portugal, fillo de Afonso III e da súa segunda esposa, Beatriz de Castela, sendo, por tanto, neto de Afonso X o Sabio. Sucedeu o seu pai no trono de Portugal en 1279. Intitulábase nos diplomas que outorgou durante o seu reinado como Dom Denis, pella graça de Deus, Rei de Purtugal e do Algarue, e así consta no foro (carta de poboamento) concedido a Rebordãos o 18 de maio de 1285, así como noutros documentos.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego antigo, galego medieval ou galego-portugués (tamén chamado galaico-portugués) é a lingua medieval que se falou no noroeste da Península Ibérica que deu lugar ó galego e portugués actuais. Procedía do latín falado na Gallaecia e foi introducido polos colonizadores romanos. É polo tanto unha lingua romance.
Unha vila é un núcleo de poboación dun tamaño intermedio entre a aldea, ou poboación, e a cidade, trátase dunha poboación que recibiu ao longo da historia certos recoñecementos explícitos, como determinados privilexios (por exemplo, o de celebrar feiras) da autoridade recoñecida, pero que, por razóns diversas, tampouco lle foi concedida a categoría superior, a de cidade. Nalgúns casos existen documentos antigos, sobre todo medievais e da Idade Moderna, que a categorizan como vila; noutros casos é o mesmo uso, derivado do costume popular, que a denomina sempre como vila pola súa importancia dentro da súa contorna. Dotada dunha economía na que o sector terciario (comercio e servizos) ten unha importancia como mínimo razoábel.
Hildegart Rodríguez Carballeira
Hildegart Rodríguez Carballeira, nada en Madrid o 9 de decembro de 1914 e finada o 9 de xuño de 1933, foi unha nena prodixio, concibida pola súa nai como o modelo de muller do futuro. Con tres anos escribía e con oito falaba seis idiomas. Acabou a carreira de dereito con 17 anos e foi membro activa do PSOE e despois do Partido Republicano Democrático Federal.
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola. Recibiu o premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
A píntega común ou salamántiga (Salamandra salamandra) é un anfibio urodelo común en Europa con preferencia por hábitats acuáticos de media e alta montaña, ecoloxicamente pouco alterados. Ao longo do territorio galego recibe tamén os nomes vulgares de salamanca, pinchorra, sacabeira, sapagueira, sacarrancha ou saramaganta.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Roberto Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 8 de maio de 1997, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no Deportivo Liceo, da OK Liga. É irmán xemelgo bivitelino de Bruno Di Benedetto e irmán menor de Carlo Di Benedetto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Elon Reeve Musk, nado en Pretoria o 28 de xuño de 1971, é un empresario, enxeñeiro e inventor surafricano de nacionalidade estadounidense-canadense. É o CEO e o CTO de SpaceX. É un dos primeiros investidores e CEO de Tesla, Inc.; fundador de The Boring Company; cofundador de Neuralink e cofundador e xefe inicial de OpenAI. Musk é unha das persoas máis adiñeiradas do mundo.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A miristoilación é unha modificación irreversible das proteínas por lipidación consistente na adición por enlace amida covalente dun grupo miristoíl, derivado do ácido mirístico, ao grupo alfa-amino dun residuo de glicina xeralmente do extremo N-terminal da proteína. O ácido mirístico é un ácido graxo saturado de 14 carbonos (14:0). Esta modificación pode realizarse cotraducionalmente (no momento de tradución) ou postraducionalmente (unha vez acabada a tradución).
Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (a península de Anatolia atópase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.O seu territorio foi o fogar de varias grandes civilizacións: hititas, urartu, cimerios, asirios, persas, grecos, romanos, bizantinos, selxúcidas, otománs e lugar de moitas batallas entre esas civilizacións ao longo da historia.
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Nunca Máis é unha plataforma creada en 2002 poucos días despois de se afundir o petroleiro Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou dende entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables. Con múltiplas manifestacións de variado carácter esixiu a declaración de Galiza como zona catastrófica e a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e para a saúde provocadas polo sinistro.
O Plan Galicia foi un conxunto de medidas económicas aprobadas polo Consello de Ministros o 23 de xaneiro de 2003, co obxectivo de paliar as consecuencias da catástrofe provocada polo naufraxio do Prestige o 19 de novembro de 2002. A cantidade orzada, 12.459 millóns de euros, representaba case o dobre do orzamento anual da Xunta de Galicia (tamén o dobre do investimento estatal na Expo'92 en Sevilla e dez veces máis có da Olimpíada de Barcelona ). O Plan Galicia presentouse como complementario do aprobado días antes pola Xunta, por un valor de 1.663 millóns de euros.
A membrana de Reissner ou membrana vestibular é unha membrana situada dentro da cóclea, no oído interno. Separa a scala media da scala vestibuli e xunto coa membrana basilar crea un compartimento dentro da cóclea que contén endolinfa, a cal é importante para o órgano de Corti funcionar. A súa función principal é separar a perilinfa e a endolinfa pero permitindo que os nutrientes pasen da perilinfa á endolinfa do labirinto membranoso.
Celeirón é un lugar do concello ourensán de Maceda, na parroquia de Asadur, integrado na comarca de Allariz - Maceda e depende do partido xudicial de Ourense. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2021 tiña 15 habitantes, dos cales 7 eran homes e 8 eran mulleres, o cal supón unha diminución respecto do ano 2012, cando tiña 21 habitantes.
Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento eval(), o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera navegador web. Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de eval() e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.