Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Día dos Mortos é unha celebración mexicana de orixe hispánica que honra os defuntos o 2 de novembro, malia que comeza o 1 de novembro (Día de Defuntos), seguindo as celebracións católicas do Día de Todos os Santos. É unha festividade mexicana e estendida tamén por parte de Centroamérica, amais de en moitas comunidades dos Estados Unidos, onde existe unha gran poboación mexicana e centroamericana. A Unesco declarou esta festividade como Patrimonio da Humanidade.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Co nome de danza do abellón denomínase un antigo rito funerario no que tódolos familiares e asistentes ó velorio dun cadáver, formando roda collidos da man, daban voltas ó redor do corpo imitando o zunido dun abellón. Este ritual foi recollido por Alfredo Brañas a raíz dun velorio no que el mesmo participou en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e constitúe un dos casos máis particulares das prácticas tradicionais galegas relacionados coa morte. Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.
Un pantano é unha zona húmida plana e pouco profunda co fondo xeralmente cuberto de lodo, onde vive vexetación herbácea adaptada, arbustiva e arbórea, que pode ter augas permanentes ou non, doces, salobres ou salgadas. Moitos pantanos orixínanse ao longo dos ríos, en vales e zonas baixas, e zonas abandonadas polos ríos como meandros e leitos fluviais abandonados, pero tamén en zonas costeiras e ribeiras de lagos. As augas dos pantanos flúen lentamente ou están encoradas, polo que neles se acumula materia orgánica e poden crecer bacterias que orixinan o "gas dos pantanos" (metano).
Charleroi (en Valón: Tchålerwè) é unha cidade e un municipio da Bélxica localizado no distrito de Charleroi, provincia de Hainaut, rexión da Valonia. En 1 de xaneiro de 2004, Charleroi tiña un total de 200.608 habitantes (97.034 homes e 103.574 mulleres). A rexión metropolitana ten unha poboación de preto de 500.000.
A Wikipedia en catalán (en catalán: Viquipèdia en català) ou Viquipèdia, é a edición en catalán da Wikipedia, historicamente é a segunda despois da versión en inglés, xa que comezou o 16 de marzo do 2001, poucos minutos despois da alemá, agora ben durante dous meses foi a única con artigos en lingua non inglesa xa que a alemá permanecía latente. En marzo de 2014 contaba con máis de 424.000 artigos. Esta versión da enciclopedia contén 713.345 artigos e 432.006 usuarios, dos cales 1.391 son activos.
MobyGames é un sitio web dedicado a catalogar videoxogos, tanto do pasado como do presente. O sitio contén unha extensa base de datos de información de videoxogos. O obxectivo do sitio web defínese así na propia páxina: "Catalogar polo miúdo toda a información relevante acerca de xogos electrónicos (computadora, consola, e arcade) nunha maneira de xogo-por-xogo, e logo ofrecer esa información a través de preguntas flexibles e minaría de datos.
A PlayStation 2 (PS2) é a segunda videoconsola producida por Sony, despois da PlayStation 1 e antes da PlayStation 3 (que foi lanzada en novembro 2006). Lanzouse primeiro no Xapón no 4 de marzo, 2000, segundo en América do NorteF no 26 de outubro, 2000, e en Europa o 24 de novembro, 2000. A PS2 é parte da sexta xeración de videoxogos.
Un río é un accidente xeográfico consistente nun curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago, noutro río, neste caso denomínase afluente. Algunhas veces terminan en zonas desérticas onde as súas augas pérdense por infiltración e evaporación. Cando o río é de pouco caudal recibe o nome de regato.
Os fakaleiti (tamén chamados leiti, fakafefine ou lady) son homes tonganos que se comportan de xeito efeminado ao contrario co resto dos homes do arquipélago, que tenden a comportarse dunha maneira moi masculina. O termo fakaleiti (cun longo i no final) está formado polo prefixo faka- (na maneira de) e o empréstamo anglosaxón lady (dama). Os fakaleiti prefiren autonominarse como leiti ou ladies.
O presidente da República Eslovaca (en eslovaco: Prezident Slovenskej republiky) é o xefe de Estado de Eslovaquia e o comandante en xefe das Forzas Armadas Eslovacas. O presidente é elixido directamente polo pobo cada cinco anos e pode ser elixido un máximo de dous mandatos consecutivos. A presidencia é en gran parte un cargo cerimonial, pero exerce certos poderes limitados.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) son un grupo de obxectivos relativos ó desenvolvemento internacional futuro. Foron creados polas Nacións Unidas e promovidos coma Obxectivos Globais para o Desenvolvemento Sostíbel. Substituíron ós Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que caducaron na fin de 2015.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Vietnam participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, baixo o nome de Estado de Vietnam. Despois da partición de Vietnam en 1954, só a República de Vietnam competiu nos Xogos, enviando atletas a cada Olimpíada de Verán entre 1956 e 1972. Dende a reunificación de Vietnam en 1976, os deportistas competiron como a República Socialista de Vietnam, asistindo a cada Olimpíada dende 1980 coa excepción da edición de 1984.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas ,,,. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peatón é rei".,,,A cidade é coñecida polo seu urbanismo,,,, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.,,,,,, Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai,, ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas,, entre outros. Tamén é coñecida como a cidade dos nenos, sendo unha das cidades do mundo onde os nenos viven mellor.,,O camiño Portugués, do que é capital en España,,, atravesa a cidade de sur a norte.
O Santuario da Virxe da Barca é un templo católico situado no concello de Muxía. A súa situación na punta da península onde se asenta Muxía, fronte do mar, os ritos relixiosos asociados ao mesmo e a súa arquitectura e imaxinería fan del un dos máis singulares de Galicia. O primeiro domingo despois do 8 de setembro celébrase a romaría da Nosa Señora da Barca, declarada Festa de interese turístico nacional de España.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Bahrain competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1984, e dende entón participou en tódalas edicións dos Xogos de Verán. O país nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno. Conseguiu a súa primeira medalla nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, onde Maryam Yusuf Jamal obtivo o bronce nos 1500 metros.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).
Arizona Coyotes é un equipo profesional estadounidense de hóckey sobre xeo da cidade de Glendale (Arizona), que compite na NHL. Foi fundado en 1972, e ata 1979 competiu na WHA baixo o nome de Winnipeg Jets, en 1979 foi aceptado na NHL e en 1996 mudouse á súa casa actual, trocando o seu nome polo actual.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Santa Lucía nos Xogos Olímpicos
Santa Lucía participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1996, e dende entón enviou deportistas para cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán. O país nunca participou nos Xogos Olímpicos de Inverno e ningún deportista consegiu unha medalla olímpica. O Comité Olímpico Nacional de Santa Lucía foi creado en 1987 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1993.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
As relacións de Austria e Bután refírense ás relacións internacionais que existen entre Austria e Bután. Austria mantén unha relación formal co Reino de Bután cunha embaixada de non residentes situada en Nova Deli. Bután está representado en Austria pola súa misión permanente das Nacións Unidas en Xenebra.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Convento de Santa Clara de Pontevedra
O Convento de Santa Clara é un antigo convento da Orde das Clarisas, situado no centro da cidade de Pontevedra, na rúa Santa Clara, xunto á antiga Porta de Santa Clara da antiga muralla.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O Club Deportivo Arenteiro é un equipo de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Segunda División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, que figura na Primeira de Galicia (grupo 4º).
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Calendario republicano francés
O calendario republicano francés (en francés: Calendrier républicain) é un calendario proposto durante a Revolución francesa e adoptado pola Convención Nacional, que o empregou entre 1792 e 1806. O deseño intentaba adaptar o calendario ao sistema decimal e eliminar as referencias relixiosas; o ano comezaba o 22 de setembro, coincidindo co equinoccio de outono no Hemisferio Norte.O calendario republicano foi deseñado polo matemático Charles-Gilbert Romme, membro da Convención, coa axuda dos astrónomos Joseph Jerôme de Lalande, Jean-Baptiste Joseph Delambre e Pierre-Simon Laplace, aínda que se lle adoita atribuír notable participación ao actor e dramaturgo Fabre d'Églantine, quen lles deu os nomes aos meses e aos días.Naceu así por decreto da Convención Nacional Francesa do 5 de outubro de 1793, e o calendario foi adoptado pola Convención Nacional controlada polos xacobinos o 24 de outubro de 1793. Fixouse o seu inicio o 22 de setembro de 1792, coincidindo coa proclamación da República no Jeu de Paume.
Antillas Neerlandesas nos Xogos Olímpicos
As Antillas Neerlandesas participaron por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, competindo na maioría das edicións dos Xogos de Verán até 2008. Como país constituínte do Reino dos Países Baixos, uniuse ao boicot neerlandés aos 1956 e tamén aos de 1980. As Antillas Neerlandesas participaron en dúas ocasións nos Xogos Olímpicos de Inverno.
O Xapón participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1912 e competiu en case cada edición dende entón. A nación non estivo convidada nos Xogos de 1948 despois da segunda guerra mundial e tampouco participou nos Xogos de 1980 de Moscova como parte do boicot liderado polos Estados Unidos. O Xapón gañou as súas primeiras medallas en 1920, e as súas primeiras medallas de ouro en 1928.
Os camiños da vida é unha novela de Ramón Otero Pedrayo publicada en 1928 pola Editorial Nós en tres volumes independentes. A editorial Galaxia editouna xa nun único tomo no ano 1978 como terceiro volume da súa Obra Selecta e en 1990 na colección Narrativa, cun estudo introdutorio de Ramón Mariño Paz, que vai pola 15ª edición.
O Día dos Fieis Defuntos ou Día de defuntos é o día escollido pola Igrexa Católica para orar polos finados, celébrase o día 2 de novembro. A data escollida relaciónase con festividades pagás europeas coma o Samaín ou o magosto. Dende o século II, algúns cristiáns pregaban polos falecidos, visitando os túmulos dos mártires para rezar polos que morreran.
Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Esta é unha lista dos filmes propostos na 95ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.
Organización das Nacións Unidas
A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a segunda guerra mundial. A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres).
Copa Real Federación Española de Fútbol
A Copa Real Federación Española de Fútbol, tamén coñecida como Copa Federación, é unha competición de fútbol disputada anualmente polos clubs de Segunda B e Terceira división de España, que non accedan pola súa posición a disputar a Copa do Rei ou que queden eliminados na primeira rolda. Xógase mediante eliminatorias a dobre partido, incluíndo a final. Dispútase en dúas fases: unha primeira de carácter autonómico, e unha segunda, a nivel estatal, na que participan os vencedores de cada comunidade autónoma máis o vencedor da tempada anterior.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
The Beatles foi unha banda de rock formada en Liverpool (Inglaterra) en 1960, activa durante a década dos 60, e recoñecida como unha das máis comercialmente exitosas e criticamente aclamadas na historia da música popular. Formada en Liverpool, estivo constituída desde 1962 por John Lennon (guitarra rítmica, vocalista), Paul McCartney (baixo, vocalista), George Harrison (guitarra solista, vocalista) e Ringo Starr (batería, vocalista). Enraizada no skiffle e no rock and roll dos anos cincuenta, a banda traballou máis tarde con distintos xéneros musicais, que ían desde a balada pop ata o rock psicodélico, incorporando a miúdo elementos clásicos, entre outros, de forma innovadora nas súas cancións.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 191.059 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, o canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
O voo 191 de American Airlines era un voo regular de pasaxeiros operado por American Airlines dende o Aeroporto Internacional O'Hare de Chicago ata o Aeroporto Internacional dos Ánxeles. O McDonnell Douglas DC-10-10 usado para esa ruta o día 25 de maio de 1979 esnafrouse momentos despois de engalar en Chicago. Os seus 258 pasaxeiros e 13 tripulantes morreron, xunto con dúas persoas en terra.
San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.
Un lobishome, tamén coñecido como licántropo (do grego: λύκος, «lobo», e άνθρωπος, «humano»), é, nas mitoloxías, lendas e folclores, principalmente da civilización europea, un humano que posúe a capacidade de transformarse, parcial ou totalmente, nun lobo ou nunha criatura antropomorfa próxima a este. Esta transformación pode deberse a varias causas, coma unha imprecación ou ritual voluntario, ou, máis recentemente, pola mordedela ou rabuñada dun lobo ou licántropo. Adoita activarse durante as noites de lúa chea, condenando ao lobishome a vagar coma un lobo ata a mañá.
Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.
Non confundir con feixónA feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste do Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Acerbaixán, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
San Xoán da Cruz, de nome secular Juan de Yepes Álvarez e coñecido primeiramente como frei Juan de San Matías, nado en Fontiveros (Ávila) o 24 de xuño de 1542 e finado en Úbeda (Xaén) o 14 de decembro de 1591, foi un relixioso e poeta místico do renacemento español. Foi reformador da Orde da nosa Señora do Monte Carmelo e cofundador da Orde dos Carmelitas Descalzos con santa Tareixa de Xesús. Xunto con Tareixa de Xesús, considérase a Xoán da Cruz o cume da mística experimental cristiá.
O Reino de Bután e a República Popular da China non manteñen relacións diplomáticas oficiais, e as relacións son historicamente tensas. A República Popular da China comparte unha fronteira contigua de 470 quilómetros con Bután e as disputas territorias con Bután foron unha fonte de conflito potencial. Dende a década de 1980, os dous gobernos mantiveron conversas periódicas sobre cuestións fronteirizas e de seguridade destinadas a reducir as tensións.