Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Star Trek é unha franquía de entretemento multimedia ambientada no universo de ciencia ficción creado por Gene Roddenberry en 1966 para a serie de televisión homónima. A franquía inclúe series de televisión, películas, obras de banda deseñada, novelas, xogos e videoxogos, mesmo revistas, atraccións, e exposicións itinerantes.
Darktable é unha aplicación libre e de código aberto para a edición de imaxes en formato raw (negativo dixital, imaxe dixital sen pretratar polo software da cámara). É un programa de revelado dixital, que permite a edición non destrutiva e o retoque de imaxes. Unha mesa de luz e un cuarto escuro virtual para os fotógrafos, onde xestionar os negativos dixitais nunha base de datos.
O termo foro pode referirse a: Foro, contrato esencialmente agrario e de longa duración, mesmo perpetuo, polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas. Tamén se denomina foro o canon ou mercadoría con que se pagaba anualmente ese arrendamento, e a propiedade cedida a cambio do pagamento do canon foral. Foro, privilexio ou exención que unha autoridade concedía a un determinado territorio, rexión, vila ou a unha familia ou persoa.
Cookie Monster (coñecido en Galicia coma Monstro das Galletas ou Triki a partir da versión en castelá do programa Sesame Street (Barrio Sésamo) emitido nos anos oitenta do século XX) é un monicreque do programa infantil Sesame Street. O Cookie Monster é unha criatura azul, peluda e moi famenta. Come calquera cousa que atopa, mais o seu alimento preferido son as súas amadas galletas.
Unión Astronómica Internacional
A Unión Astronómica Internacional (siglas en inglés: IAU, International Astronomical Union) é o organismo internacional que se encarga de promocionar e coordina-la investigación astronómica a nivel global. Está organizada en 12 divisións científicas, e dentro 37 comisións máis especializadas, ademais de 90 grupos de traballo. O seu nacemento tivo lugar no 1919.
O termo clúster aplícase aos conxuntos ou agrupacións de computadoras construídas por medio da utilización de compoñentes hardware comúns e compórtanse como se fosen unha única computadora. Hoxe en día xogan un papel moi importante coa finalidade de solucionar problemas científicos, de enxeñaría, biomédico etc.
Angata, cuxo nome completo era María Angata Veri Tahi ʻa Pengo Hare Koho, nada c. 1853 e finada en Hanga Roa en decembro de 1914, foi unha líder relixiosa católica rapanui da Illa de Pascua dende finais do século XIX até comezos do XX. Despois de experimentar unha visión profética na que Deus lle ordenou que recuperase as terras e o gando da illa, liderou unha rebelión infrutuousa contra a empresa Williamson-Balfour Company, no seu intento por crear unha teocracia baseada no catolicismo e nos valores espirituais rapanui.
O 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, máis coñecidos como os Mártires de Sobredo, foron asasinados a tiros por defender un veciño contra o pago dos foros segundo acordo do Congreso Agrario.
Unha planta rubideira ou planta gateadora é aquela que medra suxeitándose nun soporte, ben enrolándose, ben a través de órganos fixadores especiais. As rubideiras non se manteñen erguidas por si mesmas, necesitando doutra planta, un muro, un penedo, unha parra, un espaller, unha pérgola, unha rede etc. Para iso poden utilizar órganos como gabiáns, raíces adventicias etc.
O País de Gales (Galés: Cymru; IPA pronunciado: /ˈkəmrɨ/, “Camri aproximadamente”) é unha das catro nacións constitutivas do Reino Unido, situada nunha península ao suroeste da illa de Gran Bretaña e limitada polos condados ingleses de Cheshire, Shropshire, Herefordshire e de Gloucestershire ao leste, a canle de Bristol (Môr Hafren) ao sur, o canal de San Xurxo (Sianel San Siôr) ao suroeste, e o mar irlandés (Môr Iwerddon) ao oeste e ao norte, e tamén polo esteiro do río Dee (Afon Dyfrdwy) no nordeste. En total cobre unha área de 20 720 km de norte a sur e duns 96 km de leste a oeste. Na actualidade (2005) conta cunha poboación de case tres millóns de habitantes e as cidades máis poboadas son Cardiff, capital de Gales con 300 000 habitantes, e Swansea con 190 000.
O Día do Mestre é unha festividade na que se rende homenaxe ás persoas que fan do ensino o seu traballo habitual, como mestres e profesores. A data desta celebración varía entre os diferentes países, aínda que a UNESCO suxire facelo o 5 de outubro, declarado Día Mundial dos Docentes, práctica que foi seguida por numerosas nacións. En 1943, a Primeira Conferencia de Ministros e Directores de Educación das Repúblicas Americanas, celebrada en Panamá, propuxo tamén unha data unificada para todo o continente; elixiuse o 11 de setembro, aniversario do falecemento do estadista e educador arxentino Domingo Faustino Sarmiento.
O Imperio Británico estaba composto polos dominios, colonias, protectorados, mandatos e outros territorios gobernados ou administrados polo Reino Unido e os seus estados predecesores. Comezou coas posesións e postos comerciais de ultramar establecidos por Inglaterra entre finais do século XVI e principios do XVIII. No seu apoxeo foi o maior imperio da historia e, durante máis dun século, foi a principal potencia mundial. En 1913, o Imperio Británico dominaba a 412 millóns de persoas, o 23% da poboación mundial da época, e en 1920 abarcaba 35,5 millóns de km2 (13,7 millóns de millas cadradas), o 24% da superficie total do planeta.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 191.545 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Santa María do Mundil é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 608 habitantes, dos cales 310 eran homes e 298 mulleres. A finais do século XX experimentou un envellecemento demográfico e un profundo cambio nas actividades socioeconómicas.
Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).
O burro ( pronunciación ) ou asno (Equus asinus) é un mamífero doméstico da familia dos équidos, de ata metro e medio aproximadamente de altura á cruz, caracterizado polas longas orellas e a cabeza proporcionalmente grande. O pelo das crinas é curto, polo que estas son erectas. Emprégase, ou mellor empregábase, como animal de carga.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
O Auditorio e Pazo de Congresos de Pontevedra ou Pazo da Cultura é un edificio que acolle congresos, exposicións, concertos, obras de teatro e espectáculos de ballet e danza en Pontevedra. Está situado na zona norte da cidade, á beira do río Lérez e á altura da ponte dos Tirantes e foi deseñado polo arquitecto Manuel de las Casas.
O búlgaro (Български език, Bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das linguas eslavas meridionais das linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas. A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Un bosque primario, primixenio ou virxe é unha extensión considerábel de masa forestal que permaneceu intacta: case nunca foi explotada (ou foi moi pouco explotada), fragmentada ou influída polo ser humano e as súas actividades, polo tanto, ningún outro tipo de bosque ou plantación posúe a riqueza biolóxica ou a importancia ecolóxica dos bosques primarios. Este tipo de bosques representan un 65 % da diversidade terrestre, a pesar dos danos prexudiciais que sufriron. Actualmente os bosques primarios están desaparecendo de forma rápida e irreversíbel.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Rodrigo Rato Figaredo, nado en Madrid o 18 de marzo de 1949, é un político conservador e economista español. Foi vicepresidente do Goberno de España e ministro de Economía durante o oito anos de goberno do Partido Popular. Foi o noveno director xerente do Fondo Monetario Internacional até a súa dimisión o 19 de xuño de 2007.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
Regulamento xeral de protección de datos
O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión. Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas.
A Copa Mundial da FIFA Qatar 2022 (en árabe: 2022 بطولة كأس العالم لكرة القدم) será a edición número vinte e dous da Copa do Mundo de Fútbol, a competición máis importante deste deporte a nivel mundial, disputada polas seleccións nacionais dos países membros da FIFA. O torneo celebrarase en Qatar durante o ano 2022 (do 20 de novembro ao 18 de decembro). Esta edición será a primeira que se xogará nun país árabe e a segunda que se disputará enteiramente en Asia, despois da edición de 2002.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela (Redondela), e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou filosofía e letras en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial.
Mohabbatein (en hindi: मोहब्बतें) é un filme indio de 2000 escrito e dirixido por Aditya Chopra e producido por Yash Chopra de Yash Raj Films. Está protagonizado por Amitabh Bachchan, Shah Rukh Khan e Aishwarya Rai, xunto con Uday Chopra, Shamita Shetty, Jugal Hansraj, Kim Sharma, Jimmy Sheirgill e Preeti Jhangiani. Narra a historia de Narayan, o estrito director da facultade Gurukul, cuxa filla Megha se suicida despois de que se opoña á súa relación con Raj, un profesor de música da facultade.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Eleccións municipais en Arteixo
Corporacións democráticas en Arteixo desde a aprobación da Constitución de 1978. 1979 Alcalde: Ernesto Pampín Gontán — UCD. Forzado a dimitir en setembro de 1982, foi substituído por Manuel Platas Varela (UCD). 1983 Alcalde: Eulogio Gestal Varela — CP 1987 Alcalde: Frutos Xesús Martínez Saavedra — PSdeG-PSOE 1991 Alcalde: Frutos Xesús Martínez Saavedra — PSdeG-PSOE 1995 Alcalde: Manuel Pose Miñones — PPdeG 1999 Alcalde: Manuel Pose Miñones — PPdeG 2003 Alcalde: Manuel Pose Miñones — PPdeG 2007 Alcalde: Pilar Souto Iglesias — PSdeG-PSOE 2011 Alcalde: José Carlos Calvelo Martínez — PPdeGCandidaturas: José Carlos Calvelo Martínez (PP), Pilar Souto Iglesias (PSdeG-PSOE), Silvia Seixas Naia (BNG) e Xosé Márquez Fraiz (Terra Galega).
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O bancor foi unha proposta de unidade monetaria internacional ideada polo economista John Maynard Keynes nas negociacións que chegaron ao establecemento dos Acordos de Bretton Woods, na súa condición de líder da delegación británica. O nome estaba inspirado no francés banque or ("banco ouro"). Porén, o bancor non chegou a ser instrumentado como moeda global, xa que se empregou no canto del o dólar estadounidense.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
Cantiga de escarnio e maldicir
A cantiga de escarnio e maldicir (cantiga de escarnho e maldizer en galego-portugués), subxénero da lírica galego-portuguesa, inclúe tanto sirventeses morais e políticos, sátiras literarias e maledicencias persoais, como tenzóns, prantos e parodias; en resumo, os textos que non encaixan como cantiga de amigo e de amor. O trobadorismo galego-portugués perfeccionou unha canción satírica procedente da Provenza, á que lle daban o nome de sirventés, que, chegada ás nosas terras, influíu nos nosos trobadores para que estes, apoiándose quizais nunha tradición satírica autóctona transmitida oralmente e anterior á convivencia coas formas occitanas, creasen un novo xeito de trobar: a cantiga de escarnho e maldizer. Dentro dos tres grandes xéneros do lirismo trobadoresco é o menos homoxéneo pola presenza dunha gran diversidade temática e tonal.
O galego antigo, galego medieval ou galego-portugués (tamén chamado galaico-portugués) é a lingua medieval que se falou no noroeste da Península Ibérica que deu lugar ó galego e portugués actuais. Procedía do latín falado na Gallaecia e foi introducido polos colonizadores romanos. É polo tanto unha lingua romance.
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como mais o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
Os GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre) son unha organización terrorista española de extrema esquerda, cunha forte inspiración maoísta creada en 1975. Tras múltiples anuncios do seu desartellamento por parte dos corpos de seguridade, a organización, ou pequenos grupos que así se reivindican, seguen funcionando cunha mínima intensidade. É o brazo armado do PCE(r).