Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Un espazo natural protexido, área protexida ou espazo de conservación, é unha paraxe terrestre ou mariña definida xeograficamente e que se protexe coa finalidade de conservar a súa biodiversidade e os seus hábitats. Préstaselles atención pola súa importancia no ecosistema ou o seu valor engadido de importancia cultural. Nestes espazos, ben por interese gobernamental ben asociativo, aplícanse accións de preservación do ecosistema para manter os seus servizos ou melloralos, se é que teñen zonas degradadas por actividade humana.
O anime (アニメ, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión. Entre a manga e anime adoita haber moita interacción, posto que os mangas que teñen éxito son posteriormente adaptados ó anime.
O espazo exterior ou espazo baleiro, tamén simplemente chamado espazo, refírese ás rexións relativamente baleiras do universo fóra das atmosferas dos corpos celestes. Úsase espazo exterior para distinguilo do espazo aéreo (e as zonas terrestres). O espazo exterior non está completamente baleiro de materia (é dicir, non é un baleiro perfecto) senón que contén unha baixa densidade de partículas, predominantemente gas hidróxeno, así como radiación electromagnética.
Peter Wilton Cushing, nado en Kenley, Surrey, Inglaterra o 26 de maio de 1913 e finado en Whitstable, Kent, Inglaterra o 11 de agosto de 1994, foi un actor británico recoñecido polas súas interpretacións nas películas de terror da compañía cinematográfica Hammer e por interpretar o Gran Moff Tarkin en A guerra das galaxias (1977). Estendeuse a súa carreira cinematográfica seis décadas, onde apareceu en máis dun cento de películas ademais de moitos outros papeis en teatro, televisión e radio.
Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal. Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.
Un xogo é unha actividade recreativa que envolve un ou máis xogadores. Caracterízase por ter un obxectivo que os xogadores tratan de acadar e por un conxunto de regras que din o que os xogadores poden ou non poden facer. A función principal dun xogo é a de entreter e divertir, pero pode tamén representar un papel educativo.
O metal progresivo é un xénero musical que fusiona o heavy metal e o rock progresivo, xurdido a finais da década dos 80 con grupos como Watchtower, Queensrÿche ou Fates Warning. Queensrÿche foi o primeiro grupo en situar o metal progresivo no panorama musical mundial grazas a popularidade da canción "Silent Lucidity", pero foi Dream Theater a banda que revolucionou o xénero en 1992 coa publicación de Images and Words. Desde entón xurdiron moitas fusións entre o metal progresivo e outros subxéneros do heavy metal, como o death metal progresivo (grazas a Opeth, Death ou Cynic), o black metal progresivo (con grupos como Enslaved), o thrash metal progresivo (cuxo máximo expoñente foi Voivod, ademais dos mencionados Watchtower) ou o power metal progresivo (Symphony X ou Kamelot).
As Asturias de Oviedo fan referencia a unha comarca histórica, que se estendía desde o río Eo na parte occidental e ata a conca do río Deva na oriental, comprendendo todos os vales entre estes dous ríos desde a costa ata a cordilleira Cantábrica no sur. A capital estaba en Oviedo. Xunto ás de Oviedo existían tamén as Asturias de Santillana.
O Museo da Orangerie (en francés Musée de l'Orangerie) é unha galería de arte impresionista e postimpresionista localizada na Place de la Concorde en París. Contén traballos de Paul Cézanne, Henri Matisse, Amedeo Modigliani, Claude Monet, Pablo Picasso, Pierre-Auguste Renoir, Henri Rousseau, Chaim Soutine, Alfred Sisley e Maurice Utrillo entre outros. A galería está á beira do Sena, no antigo invernadoiro do Palacio das Tullerias nos Xardíns das Tullerias.
O adenosín monofosfato cíclico, AMP cíclico ou AMPc (cAMP en inglés) é un nucleótido que funciona como segundo mensaxeiro en varios procesos biolóxicos. É un derivado do ATP, xa que se orixina a partir deste por acción do encima adenilato ciclase. No AMPc o seu fosfato non establece só un enlace fosfodiéster co OH en posición 5' da ribosa, senón tamén outro co OH en posición 3', creando un ciclo na molécula entre o fosfato e a ribosa, polo que o AMPc tamén se chama adenosín monofosfato-3',5' cíclico.
Margaret Thatcher, Baronesa Thatcher (de solteira Margaret Hilda Roberts), nada en Grantham o 13 de outubro de 1925 e finada o 8 de abril de 2013, foi unha política británica que chegou a ser Primeira Ministra do Reino Unido entre 1979 e 1990. Thatcher foi a Primeira Ministra británica cun mandato máis longo desde William Gladstone, e ten o período continuo máis longo no ministerio desde Lord Liverpool a principios do século XIX. Tamén é a única muller, xunto con Theresa May, que serviu como Primeira Ministra, unha das dúas únicas en liderar un partido político importante no Reino Unido ou ter unha das catro Great Offices of State (postos principais dun goberno). Margaret Thatcher foi unha das políticas británicas máis significativas na historia política recente do Reino Unido e globalmente.
América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
macOS, anteriormente denominado OS X e inicialmente Mac OS X, é un contorno operativo baseado en Unix, desenvolvido, comercializado e vendido por Apple Inc. É o actual sistema operativo da familia de computadores Macintosh e o sucesor da familia Mac OS. No ano 1997 nomeouse a Steve Jobs CEO de Apple, e este decidiu terminar co sistema operativo Mac OS clásico (as primeiras versións do sistema ata o Mac OS 9), que carecía de características modernas presentes dende había moito tempo nos sistemas coetáneos, e crear un novo sistema operativo tomando como punto de partida o NEXTSTEP, o sistema operativo que Steve Jobs estivera desenvolvendo coa súa empresa NeXT, adquirida por Apple. OS X é un sistema operativo baseado en UNIX, máis no cal o sistema de fiestras X11, característico da meirande parte destes sistemas, foi substituído por outro denominado Aqua, desenvolvido integramente por Apple.
Constitución dos Estados Unidos de América
A Constitución dos Estados Unidos é a lei suprema dos Estados Unidos de América. Foi adoptada na súa forma orixinal o 17 de setembro de 1787 pola Convención Constitucional de Filadelfia, Pensilvania e logo ratificada polo pobo en convencións en cada estado no nome de "Nós o Pobo" (We the People) A Constitución ten un lugar central no Dereito e a cultura política estadounidense. É a segunda constitución máis antiga do mundo que se atopa en vixencia (logo da de San Marino).
A herba do coitelo (Carpobrotus edulis) é unha planta da familia Aizoaceae, de orixe surafricana, de porte rastreiro e suculento; ten tendencia a se espallar vexetativamente por grandes superficies. Atura moi ben os solos pobres e con características limitantes para outras plantas, como a salinidade. Noutroura encadrábase no xénero Mesembryanthemum (como M. edulis), mais unha análise máis detallada da especie a clasificou no xénero Carpobrotus.
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola. Recibiu o premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Jean-Paul Sartre, nado en París o 21 de xuño de 1905 e finado na mesma cidade o 15 de abril de 1980, foi un escritor e filósofo francés, representante da corrente existencialista, cuxa obra e personalidade marcaron a vida intelectual e política de Francia desde 1945. ata finais da década de 1970. Escritor prolífico, fundador e editor da revista Les temps modernes (Tempos modernos, en galego) (1945), foi coñecido tanto pola súa obra filosófica e literaria como polos seus compromisos políticos, primeiro en relación co Partido Comunista, despois, na década de 1970, coas correntes de esquerda lenista máis concretamente maoístas.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 191.095 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Edificio do Banco de España (Pontevedra)
O edificio do Banco de España é un edificio ecléctico de principios do século XX na cidade de Pontevedra. Trátase da antiga sucursal da sede desta entidade na cidade, que pechou en 2004 e que actualmente alberga as oficinas provinciais da administración estatal periférica en Pontevedra.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas ,,,. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peatón é rei".,,,A cidade é coñecida polo seu urbanismo,,,, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.,,,,,, Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai,, ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas,, entre outros. Tamén é coñecida como a cidade dos nenos, sendo unha das cidades do mundo onde os nenos viven mellor.,,O camiño Portugués, do que é capital en España,,, atravesa a cidade de sur a norte.
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Non confundir con feixónA feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste do Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Acerbaixán, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
Aerococcus é un xénero de bacterias do filo Bacillota (Firmicutes). O xénero foi inicialmente identificado en 1953 en mostras de aire e po como un coco catalase negativo, grampositivo que crecía formando pequenos grupos. Foron despois atopados en ambientes hospitalarios e en salmoiras para a curación de carne.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un ex futbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
Os vellos non deben de namorarse
Os vellos non deben de namorarse é unha obra de teatro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerada unha das pezas máis populares do teatro galego. A obra foi escrita "para regalía do pobo galego" na cidade de Nova York, como remedio para "matar as horas de morriña" e rematouna no inverno de 1939. En palabras do autor esta obra foi froito da combinación de dúas sensibilidades: a literaria e, tamén, a imaxinación plástica do pintor.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos. Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Helen Newington Wills, nada en Centerville (California) o 6 de outubro de 1905 e finada en Carmel o 1 de xaneiro de 1998, tamén coñecida como Helen Wills Moody e Helen Wills Roark, foi unha xogadora de tenis estadounidense. Fíxose célebre no mundo por liderar a clasificación feminina durante un total de nove anos: 1927–33, 1935 e 1938. Gañou 31 torneos de Grand Slam (individuais, dobres femininos e dobres mixtos) durante a súa carreira.
Visumaro, Visimar, Wisimar, Wisumath ou Raegaise, foi un rei vándalo do século IV, da tribo dos Asdingos. Aínda que esta figura histórica está moi ensombrecida pola falta de datos históricos, é sinalado como un dos primeiros monarcas dos vándalos. A súa extensión territorial ocupaba partes da entón provincia romana de Dacia (rexións da actual Transilvania en Romanía, Hungría oriental polas ribeiras do Tisza até Ucraína).
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como mais o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.
Para ver o artigo sobre a Banda de Gaitas, véxase Buxaina (banda). Unha buxaina ou un peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase como xoguete, aínda que tamén para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.
Millán Picouto Igrexas, nado en Ourense en 1949, é un poeta, dramaturgo e músico galego. A súa obra literaria completa, «O macrocosmos», consta de 33 dramas e 6 poemarios distribuídos organicamente en ciclos astrais, do Sol e da Lúa e de Mercurio a Urano, que configuran unha obra poética unitaria de arredor de 75.000 versos. A súa versión española dos dramas encóntrase en «El macrocosmos», e a súa música, no volume «Música coral», que inclúe cantigas, sonetos, madrigais, pezas didácticas e a música vocal e instrumental de varios dramas.
A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires (provincia de Barcelona) o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española.En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura
100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura foi unha exposición temporal itinerante do Consello da Cultura Galega. Inaugurada en maio de 2016 en Santiago de Compostela, en outubro pasou á Coruña e en xaneiro de 2017 a Vigo, onde rematou no mes de abril.
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso.
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra
O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, coñecido polo acrónimo CHOP é unha institución sanitaria pública creada no ano 2012 que dá atención sanitaria especializada á poboación das comarcas de Pontevedra, Caldas, Salnés e mais Marín e Bueu no Morrazo, Soutomaior na comarca de Vigo e Cerdedo-Cotobade e Forcarei na comarca de Tabeirós-Terra de Montes. Depende do Servizo Galego de Saúde e está composto por tres hospitais e un centro de especialidades. O hospital de maior nivel asistencial, o Hospital Montecelo, foi inaugurado en 1973, mais será substituído polo novo complexo denominado Gran Montecelo cuxa construción iniciouse o 3 de maio de 2021 e cuxa finalización está prevista para finais de 2023 ou principios de 2024.Ademais da asistencia sanitaria, do CHOP depende a formación sanitaria de médicos internos residentes do último ano de Medicina da Universidade de Santiago e a formación sanitaria da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra do Campus Universitario de Pontevedra.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.