Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O World Wide Web Consortium (W3C, "Consorcio da Rede Mundial") é unha organización creada por Tim Berners-Lee que agrupa a organizacións, actualmente unhas 500, interesadas en dar soporte e definición aos estándares en Internet. O consorcio adminístrano conxuntamente o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) o European Research Consortium for Informatics and Mathematics, con sede en Francia, e a Universidade de Keio no Xapón. O consorcio é a principal organización en relación cos padróns para a World Wide Web.
O Atomium é un monumento construído en aceiro inoxidable que se atopa en Bruxelas, Bélxica, construído con motivo da Exposición Universal de 1958 (Expo 58), e que representa a malla convencional do cristal de ferro ampliada 165.000 millóns de veces.O monumento está situado en Laeken (unha zona do concello de Bruxelas que anos atrás constituía unha municipalidade propia dentro da rexión de Bruxelas), no parque feiral da chaira de Heysel, onde tivo lugar a exposición. Ao seu pé sitúase o parque temático Mini-Europe, con repreducións a escala dos monumentos máis representativos da Unión Europea. Xunto co Manneken Pis e a Grand Place, constitúen os tres símbolos e referencias turísticas da capital de Bélxica.
A natación é a actividade física do home e doutros animais que consiste en se desprazar na auga ou outro líquido, xeralmente con fins recreativos, deportivos, de exercicio ou de supervivencia, por medio de movementos dos brazos e pernas, polo xeral sen ningún instrumento artificial. É un deporte aeróbico, xa que nel se moven de forma coordinada tódolos grupos musculares e está comprobado que serve para mellora-la resistencia física.[Cómpre referencia]Actualmente a natación é sobre todo unha práctica recreativa e un deporte, e nalgúns países as leccións de natación son unha parte obrigatoria do currículo educativo. Como un deporte formal, a natación ten competencias locais, nacionais e internacionais.
O ollo dos humanos, como o doutros vertebrados, e un órgano que detecta a luz e é a base do sentido da vista. A súa función consiste basicamente en transformar a enerxía lumínica en sinais eléctricos que son enviadas ao cerebro a través do nervio óptico. O ollo humano funciona de forma moi similar ao da maioría dos vertebrados e dalgúns moluscos.
O árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi), tamén chamado arábigo ou arábico, é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do islam.
Unha convención constitucional é un encontro político, que ten como obxectivo redactar unha constitución nova ou revisar unha xa existente. Realízase unha convención constitucional xeneral para crear a primeira constitución dunha entidade política ou para substituír unha preexistente, mentres que unha convención constitucional limitada realízase para revisar unha constitución xa existente.
A Academia Francesa (en francés: Académie française) é unha institución encargada de regular e perfeccionar a lingua francesa. Foi fundada en 1635 polo cardeal Richelieu, durante o reinado de Luís XIII de Francia, feito que a converte nunha das máis antigas institucións do país galo. Está composta por un total de corenta membros, que son elixidos polos seus iguais.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán menor, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
Wikivoyage é unha guía turística libre en Internet baseada na tecnoloxía wiki. Foi fundada en setembro do ano 2006 por autores alemáns de Wikitravel desconformes coas políticas dos donos do devandito sitio. Converteuse no wiki co tema viaxes máis popular en Alemaña, con máis de 8000 artigos, e en decembro do 2007 lanzouse a versión en italiano, que actualmente rolda os 1600 artigos.
Gran Selo dos Estados Unidos de América
O Gran Selo dos Estados Unidos é un signo para a certificación de documentos utilizado nos Estados Unidos de América, país que non conta cun escudo heráldico propiamente dito. Na composición figura o lema nacional: E Pluribus Unum, que significa en latín "de varios, un" ou "de moitos, un". O selo aparece no reverso dos billetes dun dólar.
O cirílico é un alfabeto creado en Bulgaria no século IX, derivado da grafía uncial do grego aumentada con letras do alfabeto glagolítico, incluíndo algunhas ligaduras. Estas letras adicionais usáronse no antigo eslavo eclesiástico para sons que non existían no grego. O nome do alfabeto fai referencia aos irmáns bizantinos Cirilo e Metodio, quen crearon o máis antigo alfabeto glagolítico.
Un libro branco (do inglés, white paper) é un documento oficial publicado por un goberno ou unha organización internacional, a fin de servir de informe ou guía sobre algún problema e como afrontalo. Os libros brancos son utilizados para educar aos lectores e axudar ás persoas a tomar decisións. Son usados na política e nos negocios.
O verme da seda é a larva ou eiruga da avelaíña (ou bolboreta) da seda doméstica, tamén chamada bómbice, de nome científico Bombyx mori. Este lepidóptero é máis coñecido pola súa eiruga, que é a que produce os casulos de seda, que polo adulto. É un insecto economicamente importante, xa que é o principal produtor de seda natural.
Indíxena é un termo que, en sentido amplo, aplícase a todo aquilo que é relativo a unha poboación orixinaria do territorio que habita, cuxo establecemento no mesmo precede ao doutros pobos ou cuxa presenza é o suficientemente prolongada e estable como para tela por oriúnda (é dicir, orixinario dun lugar).. Co mesmo sentido utilízase, con maior frecuencia, o termo equivalente nativo, presente en expresións como "idioma nativo". Tamén é habitual utilizar termos como pobos orixinarios, nacións nativas ou aborixes.En sentido estrito e máis habitualmente, aplícase a denominación indíxenas ás etnias que preservan as culturas tradicionais non europeas.
Conxunto arqueolóxico de Tarraco
Tarraco é o nome antigo da actual cidade de Tarragona (Cataluña, España). Foi o asentamento romano máis antigo da Península Ibérica, fundada durante a segunda guerra púnica por Escipión Calvo, e converteuse en capital da provincia romana de Hispania Citerior, e da Tarraconense durante o Imperio romano.
O nominativo é o nome dun caso que nas linguas flexivas de raíz indoeuropea é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de suxeito, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de Atributo. Proceden dun nominativo latino os vocábulos DĚUS > Deus, RES > res, magĬster> mestre, IESUS > Xesús, SARTOR > prov. sastre> xastre, CURCŬLIO> gorgollo, CAROLUS > Carlos, JUDEX> xuíz, e voces cultas como cráter, prefacio, crise, tórax,...
Alasca (en inglés: Alaska, [əˈlæskə] (AFI), escoitar) é o Estado con máis superficie dos Estados Unidos de América situado na parte noroccidental do continente, limitando por terra só co Canadá (ó leste), e por mar co océano Pacífico (sur), océano Glacial Ártico (norte) e a confluencia de ambos os dous no estreito de Bering (oeste). A súa capital é Anchorage. Comprado ó imperio ruso en 1867 por 7 millóns de dólares, é o territorio estadounidense con menor densidade de poboación de 0,42 hab/km², sendo o cuarto con menor poboación, tras Wyoming, Dakota do Norte e Vermont.
Un mapamundi (do latín mappa mundi, «mapa do mundo») é unha representación cartográfica, é dicir, un mapa de toda a superficie da Terra. O material sobre o que se representa adoita ser papel ou pel. Dependendo da súa forma, un mapamundi pode ser un globo terráqueo, que reproduce a escala a forma practicamente esférica; ou un planisferio terrestre, que reproduce a escala o resultado teórico dalgún tipo de proxección xeográfica da esfera terrestre nun plano.
Tianjin (pronunciado:Tián-Chín, en chinés: 天津, en pinyin: Tiānjìn, transcrición antiga: Tientsin), é un municipio da República Popular da China con rango equivalente ao dunha provincia. Está situado no nordés do país, preto da capital, Pequín (Beijing), á beira do río Hai, a 40 km da súa desembocadura no golfo de Bohai, no mar Amarelo. É a cuarta cidade máis poboada da China, tras Shanghai, Beijing e Guangzhou.
Privatdozent é, desde o século XIX, un título universitario de tradición alemá en Europa. Designa aos ensinantes que recibiron unha habilitación, pero que non obtiveron (aínda) unha cátedra de ensinanza ou de investigación. Por iso, o Privatdozent non recibía remuneración ningunha por parte do goberno; porén, era un paso obrigado para obter unha cátedra.
Lei, no sentido xurídico, é unha regra da conduta humana que é imposta e administrada ós cidadáns polo Estado. En sentido estrito, é unha norma escrita que obriga a todos indistintamente, e a súa aplicación é tarefa do Estado, que a realiza mediante os seus diversos representantes, a comezar polo goberno, cos seus varios axentes. Nun Estado democrático de dereito, as leis son a base do Dereito.
Pieter Cornelis Mondriaan (nado en Amersfoort, Utrecht, 1872 e finado en Nova York, 1944), máis coñocido como Piet Mondrian, foi un pintor vangardista neerlandés. Membro de De Stijl e fundador do neoplasticismo xunto con Theo van Doesburg. Evolucionou dende o naturalismo e o simbolismo ata a abstracción, do cal foi un dos maiores representantes xunto os rusos Wassily Kandinsky e Kasimir Malevitch.
Istituto Centrale per il Catalogo Unico
O Instituto central polo catálogo único das bibliotecas italianas e pola información bibliográfica ou ICCU (en italiano: Istituto centrale per il catalogo unico delle biblioteche italiane e per le informazioni bibliografiche) é un organismo público de Italia que ten o obxectivo principal de coordinar, promover e xestionar o catálogo e a rede do Servizo Bibliotecario Nacional (SBN). Tamén é o responsábel técnico e científico en temas de dereitos de autor do Ministerio de Cultura de Italia. O ICCU foi creado en 1975 para substituír o anterior Centro nazionale per il catalogo unico, que fora creado no ano 1951 para catalogar o patrimonio bibliográfico do país.
Columbia Records é un selo discográfico estadounidense, pertencente a Sony Music Entertainment, e operado como parte do Columbia/Epic Label Group. Fundouse en 1888, evolucionando dunha empresa anterior, a American Graphophone Company (sucesora da Volta Graphophone Company). Columbia é a marca máis antiga de son pre-gravado, sendo a primeira compañía discográfica en producir discos pre-gravados en oposición aos cilindros.
Ghalib (en urdú: غاؔلب; hindi: ग़ालिब) nado como Mirza Asadullah Beg Khan (en urdú: مرزا اسد اللہ بیگ خان; hindi: मिर्ज़ा असदुल्लाह् बेग़ ख़ान) en Agra o 27 de decembro de 1797 e finado en Delhi o 15 de febreiro de 1869, foi un destacado poeta en lingua urdú e persa dos últimos tempos do Imperio Mongol. Os seus pseudónimos eran Ghalib (en urdú, غالب, ġhālib, "dominante") e Asad (en urdú, اسد, Asad, "león"). O seu nome honorífico era Dabir-ul-Mulk, Najm-ud-Daula.
Chámase lingua morta ou lingua extinta a unha lingua que non é a lingua materna de ningún individuo, e polo tanto tampouco se usa en ningunha comunidade natural de falantes. Algunhas linguas mortas continúan en certos usos, como segunda lingua, lingua clásica ou lingua litúrxica, aínda que a lingua xa non sexa adquirida por ninguén como lingua materna. Aínda neses casos a lingua non segue o camiño normal de evolución e desenvolvemento que ocorren ó longo do tempo nas linguas vivas.
O neerlandés flamengo (vlaams-nederlands), ou simplemente flamengo (vlaams), é o dialecto ou variedade rexional da lingua neerlandesa falada en Flandres polo pobo flamengo, e polo tanto unha das linguas de Bélxica. O neerlandés era falado orixinalmente na zona da desembocadura dos ríos Rin, Escalda e Mosa que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Norte de Bélxica, Norte de Francia (Dunkerque, Calais) e unha pequena parte do noroeste de Alemaña. A guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) provocou a división das Dezasete Provincias nas Provincias Unidas ó norte e os Países Baixos do Sur ó sur.
O xénero gramatical é un trazo gramatical que fai referencia a cada unha das categorías en que se poden clasificar certas clases lexicais dunha lingua. Nalgunhas linguas coma a galega o xénero adoita vincularse vagamente co sexo (cando esas clases refiren seres vivos sexuados, aínda que non sempre).
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
O acusativo é o nome dun caso que nas linguas flexivas de raíz indoeuropea é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento directo, aínda que pode aparecer tamén noutras como na expresión da dirección etc. O caso acusativo provén do chamado polos primeiros gregos causal. Apolonio Díscolo viu que o acusativo non era o caso da causa, senón o caso do efecto.
O quagga (Equus quagga quagga) é unha subespecie de cebra de planicie (Equus quagga) extinta. Ó contrario que as subespecies hoxe existentes, o quagga era unha cebra de peluxe pardo-avermellado non raiado no lombo e cuartos traseiros, e salpicado de raias negras na cara, pescozo, costados e crinas. O bandullo e as patas eran enteiramente brancas.
Unha abadía (do latín tardío abbatia, derivado do arameo abba, "pai") é un mosteiro ou convento cristián, baixo o goberno dun abade ou abadesa, independente da xurisdición ordinaria dos bispos, que serve de pai ou nai espiritual da comunidade. Un priorado só se diferenza dunha abadía en que o superior leva o título de prior ou prioresa: os priorados foron en orixe dependencias das grandes abadías, pero hoxe a distinción entre abadías e priorados perdeuse.
O rand (código ISO 4217: ZAR) é a moeda de curso legal de Suráfrica. Toma o seu nome dos Witwatersrand (Cerros de Augas Brancas en afrikaans), unha elevación sobre a que está asentada a cidade de Johannesburgo, e onde se acharon os maiores xacementos de ouro en Suráfrica. O rand tamén circula nos países veciños de Namibia, Eswatini e Lesoto, integrantes da Área Monetaria Común.
Tarragona é unha cidade localizada ao sur de Cataluña, España, na costa mediterránea, na Costa Daurada. É capital da provincia de Tarragona e da comarca do Tarragonès. Na época romana, foi capital da provincia Tarraconense, motivo polo que aínda conserva notables restos arqueolóxicos da época, como o anfiteatro ou as murallas.
A Universidade de Toquio (en xaponés: 東京大学, Tōkyō daigaku), abreviado como Todai (東大, Tōdai) ou UTokyo, é unha universidade pública situada en Bunkyō, Toquio, no Xapón. Establecida en 1877, a universidade foi a primeira Universidade Imperial e está recoñecida polo goberno xaponés como Universidade de Tipo Superior do Proxecto Universitario Top Global.UTokyo ten dez facultades, quince escolas de posgrao e matricula uns 30 000 estudantes, uns 4200 dos cales son estudantes internacionais. En particular, o número de estudantes internacionais financiados con fondos privados, que representan máis do 80%, aumentou 1,75 veces entre 2010 e 2020, e a universidade céntrase en apoiar os estudantes internacionais.
O dólar da Liberdade sentada (en inglés: Seated Liberty dollar) foi unha moeda dun dólar de prata cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1840 e 1873, deseñada polo seu gravador xefe, Christian Gobrecht. Foi a derradeira moeda de prata deste valor cuñada antes da aprobación da Lei da Moeda de 1873, que supuxo unha interrupción temporal da emisión do dólar de prata. O anverso desta moeda baséase no do anterior "dólar Gobrecht", ao que substitúe, cuñado de xeito experimental entre 1836 e 1839.
A transliteración é o cambio de sistema de escrita e mesmo só ortográfico nun texto, aplicado tanto ó léxico común coma para nomes propios (principalmente topónimos e antropónimos). Para ter en conta a complexidade deste cambio débese comprender a fondo as regras que utilizan os sistemas de escrita orixinario e final. Tendo en conta que os sistemas de escrita poden ser alfabetos, abxades, sistemas rasgais ou pictográficos, os cambios poden ser dende moi lenes a moi importantes segundo a combinación.
Ver tamén pigmento. Os pigmentos biolóxicos ou biocromos son substancias producidas por organismos vivos que teñen unha cor que se orixina por unha absorción de cor selectiva, é dicir, o pigmento cambia a cor da luz que reflicte como resultado da absorción selectiva de certas lonxitudes de onda da luz. Entre os pigmentos biolóxicos están os pigmentos de plantas e pigmentos de flores, e os de moitas estruturas biolóxicas de animais, como a pel, ollos, pelaxe e pelos, que conteñen pigmentos como a melanina en células especializadas chamadas cromatóforos, e outras como as plumas.
Emilia-Romaña ou Emilia-Romana (en italiano: Emilia-Romagna, en emiliano-romañolo: Emégglia-Rumâgna) é unha rexión da Italia setentrional de 4,2 millóns de habitantes, con capital en Boloña. Limita ao leste co mar Adriático, ao norte co Véneto e a Lombardía, ao oeste co Piemonte e a Liguria, ao sur coa Toscana, as Marcas e a República de San Marino. A rexión está composta por dúas rexións históricas: a Emilia, que comprende as provincias de Piacenza, Parma, Reggio, Módena, Ferrara e boa parte da provincia de Bologna, coa súa capital, e a Romaña (Romagna), coas provincias de Rávena, Rimini e Forlì, así como Cesena e a parte oriental da provincia de Bologna (Imola e zonas limítrofes).
Haile Gebrselassie, nado en Asella o 18 de abril de 1973, é un atleta etíope especialista en carreiras de fondo. Gebrselassie acadou as súas grandes vitorias nas distancias comprendidas entre os 1500 metros e o maratón. Rompeu 25 récords mundiais e gañou numerosos títulos olímpicos e mundiais, e está amplamente considerado coma un dos mellores corredores de longa distancia de toda a historia.
Guía do autostopista galáctico
Guía do autostopista galáctico, no orixinal en lingua inglesa The Hitchhiker's Guide to the Galaxy, é a primeira novela da serie homónima de ciencia ficción e comedia escrita por Douglas Adams (o sexto título da serie foi escrito por Eoin Colfer). A novela é unha adaptación das primeiras catro partes do programa de radio homónimo. A novela foi orixinalmente publicada en Londres o 12 de outubro de 1979.
Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real. O real (plural: reais, que máis tarde se popularizou en portugués como réis) foi a unidade de moeda de Portugal desde preto de 1430 ata 1911. Substituíu o diñeiro coa taxa de 1 real = 840 diñeiros e foi substituído despois polo escudo, como resultado da implantación da República en 1910, cunha taxa de 1000 reais (réis) = 1 escudo.
A lingua santali (en ol chiki: ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ; en nagari: সাঁওতালি) é unha lingua da subfamilia munda das linguas austroasiáticas. Está relacionada coas linguas ho e mundari, e fálase nos estados indios de Jharkhand, Bengala Occidental e Chhattisgarh. É unha lingua rexional recoñecida na India na súa constitución.
O zloty ou złoty [pronunciado 'zwɔtɨ] (en plural złote ['zwɔtɛ] para os números rematados en 2, 3 ou 4 -agás 12, 13 e 14- e złotych ['zwɔtɨx] para os demais) é a moeda de curso legal de Polonia. A palabra significa literalmente dourado en polaco e fai referencia ás antigas moedas de ouro chamadas así. Grosz vén da palabra alemá Groschen.
Harry Potter e as reliquias da morte
Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre os filmes e mais os videoxogos.Harry Potter e as reliquias da morte é o nome do sétimo e derradeiro libro da saga de Harry Potter escritos pola británica J. K. Rowling. O título en inglés foi revelado na páxina web oficial da súa autora o 21 de decembro de 2006. Máis tarde, o 1 de febreiro de 2007 anunciouse oficialmente que a data da publicación da edición en inglés do libro será o 21 de xullo de 2007.
A esperanza de vida é a media da cantidade de anos que vive unha certa poboación nun certo período de tempo. Adóitase dividir en masculina e feminina, e vese influenciada por factores coma a calidade da medicina, a hixiene, as guerras etc, se ben actualmente adóitase referir unicamente ás persoas que teñen unha morte non violenta.
En gramática, o caso gramatical é a forma que adquire unha palabra (substantivos, adxectivos, pronomes ou determinantes) dependendo da función sintáctica que desempeñe. Este concepto é aplicábel en principio ás linguas flexivas e ás linguas aglutinantes. Ao conxunto de casos que ten unha palabra dada chámaselle declinación.
Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda). A coroa austrohúngara (alemán: Krone; húngaro: korona) foi a moeda oficial do Imperio Austrohúngaro desde 1892 (cando substituíu o florín ao se adoptar o padrón ouro) ata a disolución do imperio en 1918. A moeda divisionaria era o heller na parte austríaca e fillér na parte húngara do imperio (ademais de halier en Eslovaquia e haléř en Chequia), todas elas equivalentes á centésima parte da coroa.
Adobe Photoshop é un Programa informático editor de imaxes bidimensionais do tipo bitmap (posuíndo aínda algunhas capacidades de edición típicas dos editores vectoriais) desenvolvido pola empresa Adobe. É considerado o líder no mercado dos editores de imaxe profesionais, así como o programa de facto para edición profesional de imaxes dixitais e traballos de preimpresión. A súa máis recente versión é identifidada como Adobe Photoshop CS6 (sigla cuxo significado é Creative Suite 6, correspondente á décimo terceira edición desde o seu lanzamento), dispoñible para os sistemas operativos Microsoft Windows e Mac OS X. As versións anteriores ata a 7.0 poden ser usadas noutros sistemas operativos, como o Linux, por medio de programas como o Crossover Office.
A alquimia é unha antiga práctica protocientífica e filosófica que combina elementos da química, a metalurxia, a física, a medicina, a astroloxía, a semiótica, o misticismo, o espiritualismo e a arte. Practicouse no Antigo Exipto, na India, na China, na Grecia Antiga e no Imperio Romano, no Imperio Islámico, e despois en Europa ata o século XIX, nunha complexa rede de escolas e sistemas filosóficos que abrangue polo menos 2.500 anos.
O aspecto gramatical, en lingüística, é unha propiedade que posúen os verbos e as perífrases verbais para sinalar o tempo interior da acción ou resaltar unha fase do seu desenvolvemento interior por enriba das demais, caracterizando así o transcurso do tempo dos acontecementos descritos. Cabo resaltar que o aspecto lingüístico diferénciase do tempo, en que mentres o tempo sinala o momento en que algo ocorre respecto de todo o demais, o aspecto especifica o tempo interior da acción ou a fase de desenvolvemento ou modificación da mesma que destaca sobre todas as demais, tanto na conxugación regular en que se reflicte o 'grao de terminación' do acontecemento, isto é, se posúe un aspecto perfectivo ou perfecto, que sinala a acción acabada no tempo de que se trate, como o aspecto imperfectivo ou imperfecto, que sinala acción inacabada no tempo exterior de que se trate. A chamada conxugación perifrástica ou por perífrase expresa os outros matices de aspecto, menos importantes ca estes .
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
O estrabismo ou heterotropía é a desviación do aliñamento dun ollo en relación ao outro. Isto impide fixar a mirada de ambos ollos no mesmo punto do espazo, o que ocasiona unha visión binocular incorrecta que pode afectar adversamente a percepción da profundidade. Cando o estrabismo é conxénito ou se desenvolve durante a infancia, pode causar ambliopía, patoloxía na cal non existe un correcto desenvolvemento das estruturas neurolóxicas responsábeis da visión, motivo polo cal, cando se chega á idade adulta e pese corrixirse a patoloxía que deu orixe á ambliopía (estrabismo, vicio de refracción, etc.) a visión co ollo ambliope é insuficiente, e non pudendo ser corrixida con tratamento ningún.
A poboación humana mundial é o número total de persoas que viven en todo o mundo nun momento específico. Está determinada polos nacementos e os falecementos dos individuos, así como pola súa esperanza de vida.A poboación mundial pasou dos case 1000 millóns no ano 1800 a máis de 6000 millóns no ano 2000, e o 30 de outubro de 2011 acadáronse os 7000 millóns.As estimacións da ONU (baseadas en estatísticas) calcularon aproximadamente que o 30 de outubro de 2011, o planeta alcanzaría a cifra de 7000 millóns de habitantes. Segundo estimacións da ONU no ano 2008, cada minuto nacen entre 323 e 358 bebés en todo o mundo.É usual que en artigos científicos, ensaios, e outro tipo de escritos, sexa tomada a expresión en toda a humanidade como equivalente a en toda a poboación mundial.
Na acepción máis común a palabra vangarda (do francés avant-garde, "garda avante") procede do léxico militar e fai referencia á forza ofensiva máis adiantada dun exército durante a contenda. Deste significado derivará a acepción xenérica de vangarda como conxunto de individuos, de ideas ou de prácticas que se anticipan ao tempo futuro. Fálase así, en sentido lato, de tecnoloxía de vangarda, de música con vocación de vangarda ou de vangarda arquitectónica.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Croacia ( pronunciación ) (en croata: Hrvatska [xř̩ʋaːtskaː] ), oficialmente República de Croacia ( pronunciación ) (en croata: Republika Hrvatska ( pronunciación )), é un país de Europa central, rodeado pola chaira Panónica, os Balcáns e o mar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande é Zagreb. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, Bosnia e Hercegovina ao sueste e Serbia e Montenegro ao leste.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Denomínase efecto invernadoiro á absorción por parte da atmosfera das radiacións térmicas (emisións infravermellas) que desprende a Terra, impedindo que escapen ao espazo exterior, aumentando polo tanto as temperaturas medias do planeta. Unha vez que a Terra foi quentada polo Sol, arrefría posteriomente pola noite emitindo radiación calorífica. O efecto invernadoiro evita que a calor que emite a Terra ao arrefriar deixe a atmosfera e volva ao espazo.
Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
ABBA foi un grupo sueco de música pop, integrado por Benny Andersson, Anni-Frid «Frida» Lyngstad, Björn Ulvaeus e Agnetha Fältskog. O nome «ABBA» é un acrónimo formado polas primeiras letras do nome de cada membro (Agnetha, Björn, Benny, Anni-Frid). O cuarteto formouse en Estocolmo en 1972, pero só lograron fama internacional ao triunfar no Festival de Eurovisión 1974.