Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán menor, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
A democracia (do grego demos, "pobo", e kratos, "goberno", é dicir, "goberno do pobo") é un réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de maneira directa ou indirecta. Máis concretamente, a democracia é unha forma de goberno na que, en teoría, o poder para cambiar as leis e as estruturas de goberno, así como o poder de tomar todas as decisións de goberno reside na cidadanía. Nun sistema así, as decisións tanto lexislativas coma executivas son tomadas polos propios cidadáns (democracia directa) ou por representantes escollidos mediante eleccións libres, que actúan representando os intereses dos cidadáns (democracia representativa).
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Santuario de Nosa Señora da Peneda
O Santuario de Nosa Señora da Peneda (en portugués: Santuário de Nossa Senhora da Peneda) é un santuario católico que se localiza na freguesía da Gavieira, concello de Arcos de Valdevez, distrito de Viana do Castelo, en Portugal, a camiño da vila de Melgaço, moi preto da raia con Galiza. Atópase mesmo no Parque Nacional da Peneda-Gerês. A Festa da Señora da Peneda é anual, dura unha semana, entre o día 31 de agosto e o oito de setembro; realízase no santuario unha gran romaría popular.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
Miguel Ángel González Suárez, nado en Ourense o 24 de decembro de 1947, é un exfutbolista galego que xogaba de porteiro. Militou durante case dúas décadas no Real Madrid, club co que gañou numerosos títulos de equipo e o Trofeo Zamora na tempada 1975/76. Foi 18 veces internacional coa selección española, coa que disputou os Mundiais de 1978 e 1982.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Ana Orantes Ruiz, nada en Granada o 6 de febreiro de 1937 e finada en Cúllar Vega o 17 de decembro de 1997, foi unha muller española vítima de violencia de xénero, que explicou nunha entrevista na televisión a violencia á que fora sometida por parte do seu ex-marido. Poucos días despois do testemuño na televisión, foi asasinada pola súa ex-parella, feito que xerou un grande impacto e visibilidade da violencia de xénero na sociedade española, e como resultado, a remodelación do Código Penal.Ana foi a vítima mortal de violencia de xénero número 59 de 1997 en España.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
Patrimonio da Humanidade por país
En agosto de 2022, hai un total de 1.154 sitios do Patrimonio Mundial situados en 167 Estados Parte (países adheridos á Convención do Patrimonio Mundial, incluído o estado non membro da Santa Sé), dos cales 897 son culturais, 218 son naturais e 39 son propiedades mixtas. Os países foron divididos polo Comité do Patrimonio Mundial en cinco zonas xeográficas: África, Estados árabes, Asia e o Pacífico, Europa e América do Norte, e América Latina e o Caribe. Italia, con 58 entradas, ten o maior número de sitios Patrimonio da Humanidade.27 estados partes non teñen propiedades inscritas na Lista do Patrimonio Mundial: Bahamas, Bután, Brunei, Burundi, Comores, Illas Cook, Djibuti, Guinea Ecuatorial, Eswatini, Granada, Guinea-Bissau, Güiana, Kuwait, Liberia, Maldivas, Mónaco, Niue, Ruanda, San Vicente e as Granadinas, Samoa, São Tomé e Príncipe, Serra Leoa, Somalia, Sudán do Sur, Timor Leste, Tonga, e Trinidad e Tobago.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
The Greatest Showman é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Michael Gracey, no seu debut como director, e escrito por Jenny Bicks e Bill Condon. Está protagonizado por Hugh Jackman, Zac Efron, Michelle Williams, Rebecca Ferguson e Zendaya. É un filme dramático e musical que conta con nove cancións orixinais de Benj Pasek e Justin Paul, e está inspirado na historia real de P. T. Barnum e o seu Barnum's American Museum.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A guerra das galaxias (en inglés Star Wars, aínda que traducido literalmente significa «guerras estelares» ou «guerras das estrelas») é unha serie de oito filmes de ciencia ficción creada polo produtor, director e guionista norteamericano George Lucas, tralo éxito de American Graffiti. A serie comezou en 1977 con Star Wars Episodio IV: Unha Nova Esperanza, e dende entón converteuse nun fenómeno social e cultural, do que se crearon novelas, historias en banda deseñada, videoxogos... Isto permitiu a Lucas ampliar a historia con dous episodios máis: O Imperio Contraataca e O Retorno do Jedi, que continuarían o grande éxito da primeira.
En química, unha mestura racémica, ou racemato é unha mestura que ten igual cantidade dos isómeros D e L (enantiómeros) dunha determinada substancia quiral. A primeira mestura racémica que se coñeceu foi o "ácido racémico", que, como Louis Pasteur descubriu, era unha mestura dos dous enantiómeros do ácido tartárico. A racemización é a conversión dunha solución enantiomericamente pura (cun só enantiómero) nunha mestura na que están presentes os dous enantiómeros.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
San Vicente de Meá é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mugardos. Segundo o IGE en 2018 tiña 573 habitantes (297 mulleres e 276 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 767 habitantes. Ten unha extensión de 2,07 km² e unha densidade de poboación de 294,69 hab./km².
Eucalipto é a denominación dada ás especies vexetais do xénero Eucalyptus (do grego eu (εὖ), ben, e kalyptos (καλυπτός), cuberto; en alusión ás súas flores: ben cubertas, ben protexidas polo opérculo). O xénero inclúe máis de 600 especies autóctonas de Australia que forman parte da flora característica do continente australiano, existindo apenas un pequeno número de especies propias dos territorios veciños da Nova Guinea e Indonesia. De feito, ningún continente está tan marcadamente caracterizado por un só xénero de árbore como acontece en Oceanía cos eucaliptos.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Invasión rusa de Ucraína de 2022
O 24 de febreiro de 2022, Rusia comezou unha invasión militar en Ucraína, un dos seus países veciños do suroeste. Os primeiros informes declararon esta invasión como a maior operación militar de guerra convencional en Europa dende a segunda guerra mundial. Este suceso marcou un aumento na escalada da violencia na actual guerra ruso-ucraína, a cal comezou en febreiro de 2014.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Os carpos (en latín: carpi) ou carpianos (en latín: carpiani; en grego: Καρπιανοί; romanizado: karpianoí) foron un pobo antigo que residiu nas partes orientais da actual Romanía na rexión histórica de Moldavia non máis tarde do ano 140 ata polo menos o 318. A filiación étnica dos carpi segue a ser discutida, xa que non hai evidencia directa que sobreviva nas fontes literarias antigas. Un gran número de estudosos considéranos como unha tribo dacia.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
En informática, a palabra inglesa software utilízase para describir a parte non física ("lóxica") do ordenador, tamén chamada programa ou aplicación informática. Chámase así en contrapartida á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións utilizables, que poden ser ofimáticas, de deseño, multimedia etc.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Mercedes Núñez Targa, nada en Barcelona o 16 de xaneiro de 1911 e finada en Vigo o 4 de agosto de 1986, foi unha militante antifascista, loitadora polas liberdades civís contra os réximes de Franco e Hitler. Sufriu a guerra, o cárcere, o exilio e a deportación e sobreviviu aos campos de concentración nazis de Saarbrücken, Ravensbrück e Leipzig-Schönefeld. Loitou na guerra xunto ao PSUC e en 1939 foi detida e trasladada á prisión de mulleres de Ventas.
Croacia ( pronunciación ) (en croata: Hrvatska [xř̩ʋaːtskaː] ), oficialmente República de Croacia ( pronunciación ) (en croata: Republika Hrvatska ( pronunciación )), é un país de Europa central, rodeado pola chaira Panónica, os Balcáns e o mar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande é Zagreb. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, Bosnia e Hercegovina ao sueste e Serbia e Montenegro ao leste.
Unha grampadora é un instrumento mecánico que serve para xuntar follas de papel, ou dun material semellante, furando as follas cunha delgada grampa de metal e unindo os extremos. As grampadoras son empregadas de xeito habitual en despachos, oficinas, fogares e escolas.A verba "grampadora" pode referirse a diferentes intrumentos con diversos usos. Ademais de manter xuntas as follas de papel, as grampadoras poden empregarse en cirurxía para unir tecidos e para pechar feridas.
A flor ( pronunciación ) (tamén chor en uso literario) é a estrutura reprodutiva característica das plantas chamadas espermatófitas ou fanerógamas. A función dunha flor é producir sementes a través da reprodución sexual. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración e serven como o principal medio a través do cal as especies se perpetúan e propáganse esparexendose ó longo da paisaxe.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Un glifo (do grego glýfō, esculpir ou tallar) é un signo gravado ou, por extensión, pintado. Por exemplo, os glifos da escrita maia ou da exipcia, tradicionalmente máis coñecidos neste último caso como xeroglífico (do grego talles sacros ou sacerdotais). En tipografía, un glifo é unha representación gráfica dun carácter, de varios caracteres ou de parte dun carácter e é o equivalente actual do tipo de imprenta (a peza que tiña gravada a letra).
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 192.157 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Darth Vader é un personaxe de ficción e o antagonista principal da triloxía orixinal d'A guerra das galaxias (Star Wars). Anteriormente, Vader foi Anakin Skywalker, un lendario Cabaleiro Jedi. A primeira triloxía segue a Anakin no seu xurdimento heroico e a súa tráxica caída ao lado escuro da Forza, converténdoo en Vader.
Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.