Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.
A inmunización é o proceso polo cal o sistema inmunitario dun individuo se fortalece contra un axente infeccioso (coñecido como inmunóxeno). Cando este sistema se expón a moléculas estrañas ao noso corpo, denominadas non propias, orquestra unha resposta inmune e desenvolve a capacidade de responder rapidamente a un posterior encontro con ditas moléculas debido á memoria inmunolóxica. Isto é unha función realizada pola sistema inmunitario adaptativo.
A Copa Mundial da FIFA Qatar 2022 (en árabe: 2022 بطولة كأس العالم لكرة القدم) é a edición número vinte e dous da Copa do Mundo de Fútbol, a competición masculina máis importante deste deporte a nivel mundial, disputada polas seleccións nacionais dos países membros da FIFA. O torneo estase a celebrar en Qatar entre o 20 de novembro e o 18 de decembro de 2022. Esta edición foi a primeira que se xogou nun país árabe e a segunda que se disputou enteiramente en Asia, despois da edición de 2002.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
Que fermoso é vivir (en inglés: It's a Wonderful Life) é un filme estadounidense producido e dirixido por Frank Capra que foi estreado en 1946. Está baseado no conto «The Greatest Gift», que Philip Van Doren Stern escribiu en 1939 e publicou de forma privada en 1945. Está considerado como un dos filme máis populares do cinema americano e por mor das continuas emisións a través da televisión, está considerado un filme tradicional do Nadal.
O citotrofoblasto é a capa interna do trofoblasto (tamén chamada capa de Langhans) e tamén reciben ese nome as células que a constitúen. Está en posición interior respecto ao sincitiotrofoblasto e externa respecto á parede do blastocisto nun embrión en desenvolvemento. O citotrofoblasto considérase que é unha capa de células nai trofoblásticas porque a capa que rodea o blastocisto permanece mentres que as células fillas se diferencian e proliferan para realizaren diferentes funcións.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Accidente da ponte nova de Pedre
O accidente da ponte nova de Pedre foi un accidente de autobús que se produciu entre os lugares de Vichocuntín e Pedre, no concello de Cerdedo-Cotobade, na Noiteboa de 2022. Nel pereceron seis persoas e unha quedaba desaparecida.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O sincitiotrofoblasto (do grego 'syn'- "xuntos"; 'cytio'- "das células"; 'tropho'- "nutrición"; 'blast'- "xema") é o recubrimento epitelial das moi vascularizadas vilosidades da placenta embrionaria, que durante a implantación invaden a parede do útero para establecer a circulación de nutrientes entre o embrión e a nai. Trátase dun sincitio multinucleado diferenciado terminalmente, que abrangue uns 13 cm.
Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela (Redondela), e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario.
Invasión rusa de Ucraína de 2022
O 24 de febreiro de 2022, Rusia comezou unha invasión militar en Ucraína, un dos seus países veciños do suroeste. Os primeiros informes declararon esta invasión como a maior operación militar de guerra convencional en Europa dende a segunda guerra mundial. Este suceso marcou un aumento na escalada da violencia na actual guerra ruso-ucraína, a cal comezou en febreiro de 2014.
Dinastia filipina é a grafía en portugués (sen acento gráfico) para se referir á dinastía monárquica que reinou en Portugal durante o período de unión persoal entre as coroas da Península Ibérica, entre 1580 e 1640. Sucedeu á dinastía de Alvis, após a moi probábel morte en combate do rei D. Sebastián de Portugal na batalla de Alcazarquivir, que deu lugar á lenda do sebastianismo de que un día chegaría da néboa para salvar o reino de Portugal.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
O termo carallo na lingua galega, ao igual que nalgunhas outras linguas romances (o portugués caralho, o italiano cazzo ou o castelán carajo), é o termo popular para designar o pene, mais tamén é empregado a modo de interxección, denotando abraio, sorpresa ou anoxo. Na lingua galega cobra especial relevancia, de maneira que decote o carallo é desposuído do seu significado orixinal chegando a desvirtuarse até o punto de crear novas acepcións.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Stefan Bengt Edberg, nado en Västervik o 19 de xaneiro de 1966, é un extenista sueco. Un dos principais defensores do coñecido como servizo volea do tenis, gañou seis títulos do Grand Slam individuais e tres títulos de dobres masculinos entre 1985 e 1996. Foi número 1 do mundo tanto en individuais como en dobres, fito único con John McEnroe.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Miguel Rafael Martos Sánchez, nado en Linares (Xaén) o 5 de maio de 1943, coñecido internacionalmente como Raphael, é un dos cantantes máis relevantes do tardofranquismo e dos comezos democráticos do Estado Español. Malia que cun ritmo menor, a día de hoxe segue en activo e ten grande aceptación nos países de fala hispana.
El desorden que dejas (serie de televisión)
El desorden que dejas é unha serie de televisión española orixinal de Netflix que se estreou o 11 de decembro de 2020. É unha adaptación da novela homónima de Carlos Montero publicada en 2016 e está protagonizada por Inma Cuesta e Bárbara Lennie, xunto con Tamar Novas, Arón Piper e Roberto Enríquez.A comezos de 2019, a plataforma de streaming anunciou a adaptación da novela e que a súa estrea sería ao longo do ano 2020. A rodaxe comezou o 21 de outubro do mesmo ano en Galicia.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Unha flatulencia, vulgarmente denominada peido, é o residuo gasoso da dixestión que sae polo ano. Os gases orixinados pola fermentación bacteriana (principalmente hidróxeno e metano) supoñen aproximadamente as ¾ partes do total da flatulencia. En persoas sas, a frecuencia de evacuación de gases a través do recto é variábel.
Portugal baixo a casa de Austria —denominado pola historiografía portuguesa como dinastía filipina (en grafía portuguesa dinastia filipina ou dinastia dos Habsburgo), ou terceira dinastía— é o período histórico comprendido entre 1580 e 1640 no que Portugal constituíu unha unión dinástica aeque principaliter xunto cos demais dominios que compuñan a Monarquía Hispánica baixo o mesmo soberano de casa de Austria, que foron: Filipe II de España (como Filipe I en Portugal) (r. 1580-1598) Filipe III de España (como Filipe II en Portugal) (r. 1598-1621) Filipe IV de España (como Filipe III en Portugal) (r.
O latín (autoglotónimo: Lingua Latina ou Latina; en grego clásico: Λατινικὴ ɣλῶττα; en neogrego: Λατινική γλώσσα ou Λατινικά) é unha lingua itálica pertencente ao subgrupo das linguas latino-faliscas, e á súa vez á familia das linguas indoeuropeas que foi falada na Roma antiga e posteriormente durante a Idade Media e a Idade Moderna, chegando ata a Idade Contemporánea, pois se mantivo como lingua científica ata o século XIX. O seu nome deriva dunha zona xeográfica da península itálica onde se desenvolveu Roma, o Lacio (en latín, Latium). Adquiriu gran importancia coa expansión de Roma, e foi lingua oficial do Imperio romano en gran parte de Europa, África setentrional e Oriente Próximo, xunto co grego. Como as demais linguas indoeuropeas en xeral, o latín era unha lingua flexiva de tipo fusional cun maior grao de síntese nominal que as actuais linguas romances, na cal dominaba a flexión mediante sufixos, combinada en determinadas veces co uso das preposicións, mentres que nas linguas modernas derivadas dominan as construcións analíticas con preposicións, mentres que se reduciu a flexión nominal a marcar só o xénero e o número, conservando os casos de declinación só nos pronomes persoais (estes teñen, ademais, unha orde fixa nos sintagmas verbais).O latín orixinou un gran número de linguas europeas, denominadas linguas romances, como o español, francés, franco-provenzal, friulano, galego, istriano, istrorromano, italiano, ladino, ligur, lombardo, meglenorrumano, napolitano, occitano, piemontés, portugués, romanche, romanés, sardo, siciliano, valón, véneto, aragonés, arrumano, asturleonés, catalán, corso, emiliano-romañol, e outros xa extintos, como o dalmático, panonio e o mozárabe.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
A lingua buriata (en cirílico буряад хэлэн buryaad khelen) é unha variedade do mongólico falado polo pobo buriato que é clasificado como lingua ou dialecto do mongol. A maioría dos falantes de buriato viven en Rusia, na fronteira norte de Mongolia, onde é lingua oficial da República dos Buriatos. Segundo o censo ruso de 2002, 353.113 persoas, dunha poboación de 445.175, podía falar buriato (72.3%).
As feces, caca, excrementos ou materia fecal son o conxunto de produtos de refugallo da dixestión, que se expulsan polo ano (ou a cloaca, no caso das aves) en forma xeralmente sólida ou, en caso de enfermidade, en forma máis ou menos líquida. Están formadas polos restos dos alimentos non absorbidos polo aparato dixestivo, como a fibra alimentaria e outros compoñentes, células do epitelio intestinal que se descaman, microorganismos e outras substancias que non logran atravesar a mucosa intestinal.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Joan Manuel Serrat i Teresa, nado no barrio de El Poble-sec (Barcelona) o 27 de decembro de 1943, é un cantautor catalán. Trátase dunha das figuras máis destacadas da canción moderna tanto en lingua catalá como en castelán. A súa obra contén influencias doutros poetas como Mario Benedetti, Antonio Machado, Miguel Hernández, Rafael Alberti, Federico García Lorca, Pablo Neruda ou León Felipe; así como de xéneros diversos como o folclore catalán, a copla andaluza, o tango, o bolero e do cancioneiro popular da América Latina, con versións de cancións de Violeta Parra e Víctor Jara.
Pedre, Pedre, Cerdedo-Cotobade
Pedre é un lugar da parroquia de Pedre no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2012 tiña 161 habitantes (82 mulleres e 69 homes) o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 183 habitantes.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Artai, segundo a mitoloxía galega, é o fillo maior de Brigo, o primeiro poboador de Galicia. As lendas din que el foi o fundador do pobo dos ártabros, que se espallaron polas mariñas betanceiras cara ao Cabo Fisterra, e que lle deu nome á vila de Arteixo. Tivo unha filla chamada Celt, proxenitora da raza celta.
Batalla de Alcazarquivir, tamén transcrito Alcácer-Quibir, Alcácer-Quivir, al Quasr al-kibr, Alcassar, Kasar al Kebir ou Ksar el-Kebir, en árabe: معركة وادي المخازن , ou a Batalla dos Tres Reis (en portugués A Batalha dos Três Reis, en castelán Batalla de los Tres Reyes, en árabe: معركة الملوك الثلاثة ), que tivo lugar no norte de Marrocos, preto de Ksar el-Kebir e Larache, foi unha batalla librada o 4 de agosto de 1578.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Rally de Terra Concello de Chantada de 1990
O Rally de Terra Concello de Chantada de 1990 foi a primeira edición de dito rally. Disputouse o 12 de agosto de 1990 e foi puntuable para a tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra, resultando vencedor o portugués João Enes a bordo dun Renault 11 Turbo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.