Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
A lista de títulos con versión en galego que foron estreados nas plataformas de streaming inclúe os filmes, series e miniseries das que hai versión en galego, ben sexa orixinal, dobrada ou subtitulada.
A alquimia é unha antiga práctica protocientífica e filosófica que combina elementos da química, a metalurxia, a física, a medicina, a astroloxía, a semiótica, o misticismo, o espiritualismo e a arte. Practicouse no Antigo Exipto, na India, na China, na Grecia Antiga e no Imperio Romano, no Imperio Islámico, e despois en Europa ata o século XIX, nunha complexa rede de escolas e sistemas filosóficos que abrangue polo menos 2.500 anos.
Dina Ercilia Boluarte Zegarra, nada en Chalhuanca (Perú) o 31 de maio de 1962, é unha avogada e política peruana e presidenta da República dende o 7 de decembro de 2022. Vicepresidenta entre 2021 e 2022, foi proclamada xefa do Estado peruano logo de que o Congreso do Perú destituíse a Pedro Castillo. É a primeira muller en exercer a presidencia da República do Perú.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Facultade de Fisioterapia de Pontevedra
A Facultade de Fisioterapia de Pontevedra é un centro educativo universitario de Pontevedra, situado no campus da Xunqueira.
Alaksandu foi un rei de Wilusa, unha cidade-estado de Anatolia (Asia Menor), activo cara ao 1280 a.C., data na que asina un tratado polo que se converte en vasalo do emperador hitita Muwatalli II, tratado que constitúe a única fonte sobre a súa vida. Presumiblemente de orixe non hitita, posiblemente grega, ao parecer subiu ao poder por medios pouco convencionais e en condicións difíciles: o territorio de Wilusa foi invadido e posiblemente ocupado por un inimigo do imperio hitita, Piyama -Radu. Alaksandu puido inspirar o personaxe mitolóxico de París Alexandre: ademais da semellanza do primeiro nome, é un dos tres reis identificados do equivalente histórico de Troia, Wilusa.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra é un centro educativo universitario situado no campus de Pontevedra.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 191.917 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra
A Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra é un centro educativo universitario situado no campus de Pontevedra.
Marcos Evangelista de Morais, coñecido como Cafu, nado en Itaquaquecetuba o 7 de xuño de 1970, é un exfutbolista brasileiro. Foi 142 veces internacional coa selección brasileira, sendo o futbolista brasileiro con máis partidos como internacional. Coñecido pola súa velocidade e as súas enérxicas internadas pola banda dereita, está considerado un dos mellores laterais de todos os tempos, así como un dos mellores xogadores brasileiros e suramericanos da súa xeración.A nivel de clubs, gañou varios títulos nacionais e internacionais mentres xogaba no Brasil, en España e en Italia, e é coñecido sobre todo polos seus pasos polo São Paulo, Roma e Milan, equipos cos que fixo historia, aínda que tamén xogou no Zaragoza, Juventude e Palmeiras ao longo da súa carreira.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Filgueira, Castro, Cerdedo-Cotobade
Filgueira é un lugar da parroquia de Castro no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 33 habitantes (15 homes e 18 mulleres).
Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras. Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
The Book Thief é un filme xermano-estadounidense de 2013 dirixido por Brian Percival e protagonizado por Geoffrey Rush, Emily Watson e Sophie Nélisse. O filme está baseado na novela homónima de 2005 escrita por Markus Zusak, e foi adaptada por Michael Petroni. Conta a historia dunha nena que vive coa súa familia adoptiva durante a Alemaña nazi.
O Perú (en quechua e Arequipa Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado ao norte por Ecuador e por Colombia; ao leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e ao sur e oeste polo océano Pacífico.Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variadas como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica. No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O dogma da Inmaculada Concepción é un artigo de fe do Catolicismo que sostén a crenza en que María, nai de Xesús, a diferenza de todos os demais seres humanos, non foi alcanzada polo pecado orixinal senón que, desde o primeiro instante da creación da súa alma, estivo libre de todo pecado. Non debe confundirse esta doutrina coa da maternidade virxinal de María, que sostén que Xesús foi concibido sen intervención de home e que María permaneceu virxe antes, durante e despois do parto. Ao desenvolver a doutrina da Inmaculada Concepción, a Igrexa católica contempla a posición especial de María por ser nai de Xesús de Nazaret e sostén que Deus preservou a María libre de todo pecado e, aínda máis, libre de toda mancha ou efecto do pecado orixinal, que había de transmitirse a todos os homes e mulleres por ser descendentes de Adán e Eva, en atención a que ía ser a nai de Xesús, que é tamén Deus.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra
A Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra é un centro educativo universitario de Pontevedra, situado no campus da Xunqueira.
O Exilio galego de 1936 está formado polo conxunto de cidadáns galegos que tiveron que abandonar o país no período comprendido entre o inicio da guerra civil española (1936-1939) e a inmediata posguerra, ante o perigo de represalias pola súa significación política na II República, especialmente en movementos de esquerdas ou galeguista. Ata o 2001 había censados 2.141 exiliados galegos.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
"Half an Octopuss" é o nome dun EP da banda inglesa The Cure, lanzado nunha edición limitada exclusivamente no Reino Unido en 1985. "Quadpus" foi a alternativa estadounidense e canadense, aparecida no ano seguinte cunha listaxe distinta de cancións, onde destaca o tema "A Night Like This" do cal se fixo un vídeo en 1986.
O Milagre de Empel ou a Batalla de Empel foi un suceso acaecido os días 7 e 8 de decembro de 1585 durante a Guerra dos Oitenta Anos, na que se enfrontaron un Terzo do exército español, comandado polo mestre de campo Francisco Arias de Bobadilla, a unha frota de dez navíos dos rebeldes dos Estados Xerais dos Países Baixos, baixo mando do almirante Filips van Hohenlohe-Neuenstein, a raíz do cal a Inmaculada Concepción foi proclamada patroa dos Terzos españois, actual Infantaría española.
Coro Universitario Galego de Barcelona
O Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB) foi un coro e asociación coral que desenvolveu a súa actividade dende 1992 até 2004, na Universidade de Barcelona (UB). Fundárono o músico, e quen foi primeiro director do coro (1992-2001), César del Caño e mais Camilo Fernández, profesor da Área de Filoloxías Galega e Portuguesa, entidade esta que, xunto co Vicerrectorat d'Activitats Culturals da mesma Universidade, lle proporcionou apoio institucional entre 1992 e 2001.
Lista de gañadores de grandes premios de Fórmula 1
A Fórmula Un, abreviado F1, é a clase máis alta do automobilismo de rodas abertas definido pola Federación Internacional do Automóbil (FIA), órgano de goberno o mundo dos deportes de motor. O termo "fórmula" no nome refírese a un conxunto de normas ás que todos os participantes e os vehículos deben axustarse. A tempada do campionato do mundo de F1 consiste nunha serie de carreiras, coñecidos como Grandes Premios, disputados polo xeral en circuítos construídos a propósito, e nuns poucos casos en rúas pechadas nas cidades.
Na política, o independentismo é a opción política que defende a liberación dun pobo ou nación mediante a creación dun estado propio que salvagarde a súa identidade, cultura, sociedade e intereses económicos. A ONU recoñece o dereito a independizarse a partir do principio de autodeterminación. Segundo algunhas interpretacións da Carta das Nacións Unidas, só os pobos internacionalmente considerados como colonizados poden acollerse a tal dereito, aínda que a propia carta recoñece o carácter universal dese dereito.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei".A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible. Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas, entre outros.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Lucio Urtubia Jiménez, nado en Cascante (Navarra) o 18 de febreiro de 1931 e finado en París o 18 de xullo de 2020, foi un albanel e militante anarquista. Considerado como o último dos "bandidos bos", foi definido como un "Robin Hood", como un Quixote; aínda que en palabras de Albert Boadella "Lucio es un Quijote que no luchó contra molinos de viento, sino contra gigantes de verdad".
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Manuel Vicente Rufino Mayer von Furtwängler (ou Furtwänglarina), nado en Ferrol o 18 de novembro de 1802 e finado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1889, foi un militar de ideoloxía liberal, tenente da Primeira Compañía do Batallón n°2 da Milicia Nacional de Santiago, e comandante da Patrulla para a seguridade e a orde da cidade.
A miticultura ou mitilicultura (de Mytilus, nome científico do mexillón) é o cultivo industrial do mexillón, unha actividade marisqueira dirixida e controlada polo ser humano sobre artefactos flotantes, denominados bateas, fondeados nas augas costeiras. Na actualidade é unha das principais actividades económicas de numerosas poboacións da costa galega, especialmente nas rías Baixas, e xera unha importante economía indirecta.
Mareas vivas foi unha serie da Televisión de Galicia, creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote, emitida entre 1999 e 2003. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectalmente propia do galego da Costa da Morte.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Netflix, Inc. é unha empresa comercial estadounidense de contidos multimedia que proporciona mediante unha tarifa plana mensual, series e filmes en streaming, baixo demanda por internet e DVD-por-correo, onde os DVD se envían mediante Permit Reply Mail. A compañía foi fundada en 1997 e ten a súa sede en Los Gatos, California.
Un encoro, presa, represa, vaira ou encalco é unha barreira fabricada con pedra, formigón ou outros materiais, que se constrúe nun río coa finalidade de depositar parte da auga para un posterior aproveitamento en abastecemento ou regadío, para elevar o seu nivel co obxectivo de derivala a canalizacions de rego, ou para a produción de enerxía mecánica ao transformar a enerxía potencial do almacenamento en enerxía cinética, e esta novamente en mecánica ao accionar a forza da agua un elemento móbil. A enerxía mecánica pode aproveitarse directamente, como nos antigos muíños, ou de forma indirecta para producir enerxía eléctrica, como se fai nas centrais hidroeléctricas.