Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
José Sacristán, nado en Chinchón (Madrid) o 27 de setembro de 1937 é un actor español de cinema, teatro e televisión. Integrante do grupo de actores do chamado “landismo”, a súa carreira e orientación deu un xiro importante a partir da Transición Española, con filmes tan relevantes como Un hombre llamado Flor de Otoño ou Asignatura pendiente, que lle permitiron enriquecer o seu rexistro interpretativo.
Catherine Élise "Cate" Blanchett, nada o 14 de maio de 1969 en Melbourne, é unha actriz australiana. Acadou a fama internacional polo seu papel de Sabela I de Inglaterra no filme de 1998 Elizabeth. Blanchett interpreta a raíña elfa Galadriel na triloxía de Peter Jackson The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring, The Lord of the Rings: The Two Towers e The Lord of the Rings: The Return of the King dende o 2001 ata o 2003, e retomará o mesmo papel en Hobbit.
Javier Ángel Encinas Bardem, Javier Bardem, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 1 de marzo de 1969, é un dos actores españois de cinema máis internacionais. No ano 2000 converteuse no primeiro actor español nomeado a un Oscar polo seu papel en Antes que anochezca e en 2008 no primeiro en gañalo na categoría de mellor actor secundario por Non é un país para vellos.
Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actriz española. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.
Joaquín Ramón Martínez Sabina, nado en Úbeda (Xaén) o 12 de febreiro de 1949, coñecido artisticamente como Joaquín Sabina, é un cantautor e poeta español. Publicou catorce discos de estudio, catro en directo e tres recompilatorios, ademais, ten colaborado con distintos artistas cantando dúos e realizando outras colaboracións. Tamén compón para outros artistas como Ana Belén ou Miguel Ríos.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional. Con todo, tratan de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop.
Nora Navas Garcia, nada en Barcelona o 24 de abril de 1975, é unha actriz catalá de teatro, televisión e cinema. En 2010 recibiu a Cuncha de Prata no Festival de Cinema de Donostia e o Goya á mellor actriz polo seu papel no filme Pa negre, de Agustí Villaronga.En outubro de 2016 foi elixida vicepresidenta segunda da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, baixo as presidencias de Yvonne Blake e Mariano Barroso.
A pintura grega antiga abrangue todo o período da Grecia antiga, desde a Idade do Bronce até os períodos arcaico, clásico e helenístico. Durante este longo período, desde o século X ao I antes da Era Común, transformouse en todas as formas que adoptou, tanto se pintaba sobre cerámica — que segue sendo a parte mellor conservada desta práctica artística - en paneis ou mural e ás veces en estelas. A pintura grega non se circunscribe, polo tanto, ao soporte bidimensional, xa que o esencial atópase na cerámica, nun volume particular no que está inscrita a pintura e con pequenos relevos que, ás veces, son completos (vulto redondo).
Las leyes de la frontera (filme)
Las leyes de la frontera é un filme español de 2021 dirixido por Daniel Monzón adaptando a novela homónima de Javier Cercas. Está protagonizado por Marcos Ruiz, Begoña Vargas e Chechu Salgado.
Aceredo é un lugar da parroquia de Manín no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 24 habitantes no ano 2019 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 12 eran homes e 9 mulleres. Aceredo está desde o 2009 dentro da Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A diapédese, tamén chamada extravasación dos leucocitos ou cadoiro de adhesión dos leucocitos, é o movemento dos leucocitos (glóbulos brancos) saíndo fóra do sistema circulatorio, atravesando a parede dos vasos sanguíneos máis finos e dirixíndose a un sitio nos tecidos onde hai un dano ou infección. Este proceso forma parte da resposta inmunitaria innata e implica o recrutamento de leucocitos non específicos. Os monocitos, un tipo de glóbulo branco, tamén usan este proceso en ausencia de infección ou dano nos tecidos durante a súa conversión en macrófagos.
El Hormiguero é un programa de televisión español con espectadores en directo que se centra na comedia, a ciencia e a actualidade. Comezouse a emitir en setembro do 2006 nas tardes do domingo; na actualidade emítese de luns a xoves á noite e os sábados (programa resumo dos mellores momentos). Está presentado e dirixido por Pablo Motos e emítese en Antena 3 (anteriormente en Cuatro), unha canle de televisión española.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Nani García, nado na Coruña o 25 de abril de 1955, é un compositor, arranxador, produtor e pianista galego. Autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes, programas de televisión, conta con máis de 100 publicacións entre obras de jazz, producións audiovisuais e producións para outros artistas.
Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 83.260 habitantes en 2020, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 296.692 habitantes (2020).
Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar.Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás, concello de Cospeito o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol. É o cantante da banda Di Elas.
Ucraína (en ucraíno: Україна, tr. "Ukraina", [ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son, e sempre foron, os límites xeográficos centrais de Ucraína.
Sofía Guadalupe Pérez Eguía y Casanova de Lutoslawski, máis coñecida como Sofía Casanova, nada na Coruña o 30 de setembro de 1861 e finada en Poznan (Polonia) o 16 de xaneiro de 1958, foi unha actriz de teatro, poeta, novelista e xornalista galega moi prolífica. Durante a súa mocidade dedicouse á interpretación. Formou parte do Teatro Español e do Teatro da Zarzuela como actriz profesional.
Lista de episodios de Doraemon
Esta é unha lista de episodios de Doraemon, un exitoso anime xaponés que se vén emitindo pola TVG desde os anos 90 ata a actualidade. No Xapón, existen tres series de Doraemon: unha do 1973, outra de 1979 e unha derradeira do 2005. A primeira constou de 26 episodios pero, co paso do tempo, estes perdéronse.
Farhan Rana Rajpoot (en urdú: فرحان رانا راجپوت), nado en Okara (Punjab) o 20 de abril de 2000, é un director de cine e artista paquistaní, actual director da película paquistaní The Land Of Skulls 2021. Esta foi publicitada en Internet o 29 de outubro de 2021. Antes de estrear o filme, Farhan Rana Rajpoot era editor de cine e filántropo.
María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao, Boimorto o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock. Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.731 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
María del Carmen Rosario Soledad Cervera, coñecida popularmente como Tita Cervera ou Tita Thyssen, nada en Sitges o 23 de abril de 1943, é unha coleccionista e marchante de arte de orixe catalá. Foi Miss España en 1961 e esposa de Lex Barker, Espartaco Santoni e Hans Heinrich von Thyssen-Bornemisza, II barón Thyssen-Bornemisza.
TikTok, tamén coñecida como Douyin (en chinés: 抖音短视频; pinyin: Dǒuyīn duǎnshìpín; literalmente "vibrato vídeo curto") na China, é unha aplicación de medios sociais para crear e compartir vídeos, así como para retransmitir en vivo. Lanzada en setembro de 2016 por ByteDance, é unha plataforma líder de vídeos curtos en Asia e que se estendeu a outras partes do mundo, converténdose nunha das aplicacións de máis rápido crecemento cunha gran comunidade en varios países. A aplicación permite crear vídeos de baile, música, beleza, tendencias, comida, mascotas e sincronización, que poden durar até 3 segundos.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Parque Nacional da Reunión (francés: Parc national de La Reunion) é un Parque Nacional de Francia situado na illa de Reunión, un departamento de ultramar no oeste do Océano Índico. Establecido o 5 de marzo de 2007, o parque protexe os ecosistemas endémicos de Les Hauts, o interior montañoso da Reunión, e cobre ao redor do 42% da illa. As especies endémicas notables inclúen o Cuco da Reunión e o Gueco do día da Illa da Reunión.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Revolución galega de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe a revolta iniciada co pronunciamento do comandante Miguel Solís, o 2 de abril de 1846 en Lugo, contra o goberno conservador do xeneral Narváez. O alzamento aspiraba a obter un rápido triunfo en Galicia que se estendese a seguir polo resto do estado. Porén, nin conseguiu sumar todas as cidades galegas nin foi imitado noutras partes de España.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Leyla Hussein (en somalí: Leyla Xuseen), nada en Somalia en 1980, é unha psicóloga, psicoterapeuta e activista social británica. É a fundadora do proxecto Dahlia, unha das cofundadoras da organización sen fins de lucro Daughters of Eve e directora executiva de Hawa's Haven. En 2020, Hussein foi elixida reitora da Universidade de St Andrews, sendo a primeira muller en ocupar ese posto nesta universidade en 600 anos.
Pilar Bardem, nada o 14 de marzo de 1939 en Sevilla e finada en Madrid o 17 de xullo de 2021, foi unha actriz española cunha grande experiencia interpretativa en tódolos medios. Pertenceu a unha importante saga de actores de España, foi nai do actor Javier Bardem e irmá do desaparecido director Juan Antonio Bardem. Destacou por ser unha muller comprometida que participou activamente en protestas contra a guerra de Iraq en 2003 entre outras.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Naylamp, Naymlap ou Ñañlap é un personaxe mitolóxico do Antigo Perú. De acordo a relatos recolleitos por cronistas españois, proviña do mar, traendo a civilización ás terras lambayecanas (norte do actual Perú), onde fundou un reino ou señorío no que se sucederon varios reis (cultura lambayeque), antes de ser conquistado polos chimús. Na arte precolombina represéntaselle con trazos antropomorfos e zoomorfos combinados (preferentemente de ave).
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Os Premios Goya ou Premios Anuais da Academia son os galardóns outorgados anualmente pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España para recoñecer os mellores profesionais e producións do sector do cine español. O premio que se entrega ós vencedores consiste nun busto do célebre pintor Francisco de Goya realizado en bronce polo escultor José Luis Fernández. Nos seus comezos, a figura que se entregaba era obra do tamén escultor Miguel Ortiz Berrocal.
San Pedro de Vilalonga é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.261 habitantes (1.140 mulleres e 1.121 homes), o que representa un leve descenso respecto ó ano 2011, cando tiña 2.312 habitantes, e ó ano 2000, cando tiña 2.287. Na división territorial eclesiástica, a parroquia de San Pedro de Vilalonga comprende tamén a extinguida parroquia de San Tomé de Gondar.
Ganes é un grupo musical feminino orixinario de La Val, en Italia, fundado en 2009 e que canta en lingua ladina. A banda está composta polas irmás Elisabeth Schuen, Marlene Schuen e a súa curmá Maria Moling. O 14 de agosto de 2015, actuaron xunto con Corin Curschellas, así como Patricia Draeger e Barbara Gisler.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.
Cristina Castaño Gómez, nada en Vilalba o 30 de novembro de 1978, é unha actriz galega. Fíxose coñecida en Galicia polo seu papel de Paula Barreiro na serie de éxito Pratos combinados e no resto de España polos seus traballos en Al salir de clase e La que se avecina. É irmá do tamén actor Nacho Castaño e sobriña do xornalista deportivo Pepe Domingo Castaño.
Ola! Sodes benvidas/os a miña páxina de usuaria Estou motivada para aprender a editar contidos, colaborar e compartir e intercambiar saberes e erros que nos axuden a mellorar a comunidade e o coñecemento libre e accesble para todas as persoas O meu interese principal é acurtar a fenda de xénero na Wikipedia e na Galipedia, facendo entradas de mulleres e as súas aportacións á sociedade.