Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Este artigo refírese á illa no Océano Atlántico. Para a provincia canadense antigamente (e aínda coloquialmente) coñecida como Terra Nova, vexa Terra Nova e Labrador.Terra Nova (Inglés: Newfoundland; Francés: Terre-Neuve; Irlandés: Talamh an Éisc; Latín: Terra Nova) é unha grande illa situada na costa nororiental de Norteamérica, e a parte máis poboada da provincia Canadense de Terra Nova e Labrador. A illa de Newfoundland (orixinalmente chamada Terra Nova) foi máis probablemente nomeada por primeira vez polo italiano John Cabot (Giovanni Caboto) en 1497, o que o convertería no máis antigo nome de orixe europea en Norteamérica.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional. Con todo, tratan de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
O utilitarismo é a teoría ética que defende que a mellor acción é aquela que ten a maior utilidade. A "utilidade" defínese de varias maneiras, baseándose por regra xeral en termos de benestar de entidades con capacidade de sentir. A primeira persoa en plantear esta teoría foi o inglés, Jeremy Bentham.
Paixón de gabiáns, orixinalmente en castelán Pasión de gavilanes, é unha telenovela colombiana escrita por Julio Jiménez. Saíu ó ar en Colombia o 16 de outubro do 2003 na canle Telemundo, mais en Galiza a súa emisión non foi ata o ano 2005, o 11 de abril,, aínda que houbo de reemitirse a partir do 18 de xullo na mesma canle: TVG. Conta cun total de 188 episodios de 45 minutos aproximadamente. A telenovela combina o drama, a comedia e mailo romance.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
O Gran Sol (escrito ás veces como Grand Sol ou Gran Sole) é un caladoiro situado no Atlántico norte, entre os paralelos 48º e 60º, ao oeste das illas Británicas. Destaca pola súa riqueza pesqueira sendo as principais especies obxectivo das frotas comunitarias: pescada, rapante, peixe sapo, bacallau, foguerio, bacalada, solla de altura, linguado... A frota galega, por limitación e cotas, céntrase na pescada (destacando os portos de Celeiro, Burela e A Coruña), o rapante (Vigo), o peixe sapo e o lagostino (este último na Coruña, principalemente).
A paragoxe é un fenómeno fonolóxico consistente na adición dun fonema ou son na posición final dunha palabra ou secuencia fónica. Este fenómeno, tamén chamado epítese, pode darse ó longo da historia dunha lingua ou sincronicamente en diferentes variedades diatópicas. Nalgunhas linguas é un recurso habitual na adaptación de estranxeirismos, así o inglés cement adaptouse en ganda como sementi.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Carla Antonelli, nome artístico de Carla Delgado Gómez, nada en Güímar (Tenerife) o 13 de xullo de 1959, é unha actriz, política e recoñecida activista dos dereitos LGBT. Desde 2011 é deputada da Asemblea de Madrid polo Partido Socialista Obrero Español, converténdose na primeira muller transexual de España en acceder a este cargo. En 2019 era a Vicepresidenta da Comisión de Cultura e Turismo e Deportes e responsable de familias, menores e temas LGTBI na Comisión de Políticas Sociais e Familia na Asemblea de Madrid.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Os carbohidratos, tamén denominados glícidos, sacáridos ou, antes, hidratos de carbono, son compostos químicos orgánicos que conteñen xeralmente osíxeno, hidróxeno e carbono. A súa función é nutritiva e fundamentalmente enerxética, pero tamén estrutural. A súa fórmula química é Cn(H2O)n ou derivadas dela, variando o valor de n desde 3 ata miles de átomos de carbono.
A P-selectina (selectina plaquetaria) é un tipo de proteína transmembrana de tipo 1 pertencente á familia das selectinas, que nos humanos está codificada no xene SELP do cromosoma 1.A P-selectina funciona como unha molécula de adhesión celular (CAM) na superficie das células endoteliais activadas, que tapizan a superfice interna dos vasos sanguíneos, e nas plaquetas activadas. Nas células endoteliais non activadas almacénase en gránulos chamados corpos de Weibel-Palade. Nas plaquetas inactivadas a P-selectina almacénase en gránulos-α.
Naufraxios de pesqueiros galegos
Ao longo do tempo producíronse numerosos naufraxios de pesqueiros onde se viron implicados buques e tripulacións galegas. Nesta lista aparecen algúns dos acontecidos desde mediados do século XX, dos que existe maior documentación.
O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.
Un aborto (do latín abortus) é a expulsión prematura do útero do embrión ou do feto, antes de que o feto sexa viable ou que a xestación haxa chegado entre as vinte e as vinte-e-oito semanas.A interrupción pode ser provocada con asistencia médica ou sen ela, e en calquera circunstancia social ou legal. A verba provén do verbo latino aborto, que significa rematar, apagarse, deixar de vivir. Diferénciase do aborto espontáneo ou a perda non intencionada da xestación antes das 26 semanas.
Vitoria do Reino Unido, nada en Londres, Reino Unido o 24 de maio de 1819 e finada na Illa de Wight, Reino Unido o 22 de xaneiro de 1901, foi raíña do Reino Unido desde a morte do seu tío paterno, Guillerme IV do Reino Unido, o 20 de xuño de 1837, ata o seu falecemento o 22 de xaneiro de 1901, mentres que como emperatriz da India foi a primeira en ostentar o título desde o 1 de xaneiro de 1877 ata o seu deceso. Vitoria era filla do príncipe Eduardo, duque de Kent e Strathearn, cuarto fillo do rei Xurxo III. Tanto o duque como o rei morreron en 1820, o que provocou que Vitoria fose criada baixo a supervisión da súa nai, a princesa alemá Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld. Herdou o trono aos dezaoito anos, trala morte sen descendencia lexítima de tres tíos paternos.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Aceredo é un lugar da parroquia de Manín no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 24 habitantes no ano 2019 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 12 eran homes e 9 mulleres. Aceredo está desde o 2009 dentro da Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Hippoglossus hippoglossus (Linnaeus, 1758) é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos ou dos hipoglosinos, segundo os autores, unha das dúas que integran o xénero Hippoglossus.É un peixe plano moi grande, o maior de todos eles, chegando a medir 3 ou 4 m de lonxitude e pesar até os 300 kg, aínda os que se ven nas lonxas adoitan seren bastante menores. Habita no océano Atlántico norte, desde o golfo de Biscaia até o sur de Groenlandia, Terra Nova (Canadá) e o norte dos Estados Unidos (a outra especie do xénero, H. stenolepis, é propia do Pacífico). O seu crecemento é moi lento e, xunto á elevada idade á que alcanza a madurez sexual, a súa pesca excesiva está poñéndoo en perigo de extinción.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.861 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
A normalización lingüística, obxectivo do ecoloxismo lingüístico, é o proceso tendente a converter unha lingua no vehículo normal de comunicación dunha comunidade. Supón a recuperación dun status de normalidade dunha determinada lingua, é dicir, conseguir que o seu uso oral e escrito sexa natural en calquera das situacións da vida cotiá dos falantes. Aínda que ambos os dous conceptos van intimamente ligados,non debe confundirse con normativización, que é o proceso de estandarización ou fixación formal de todo o corpus da lingua.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
A bandeira de Galicia actual foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e consolidada pola Xeración Nós como insignia nacional, a actual bandeira civil. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira.
Olafur Eliasson, nado en Copenhague en 1967, é un artista danés coñecido polas súas esculturas e instalacións a gran escala, realizadas con materiais como a luz e a auga, e polos seus xogos con elementos como a temperatura do aire. En 1995 estableceu Studio Olafur Eliasson en Berlín, un laboratorio para a investigación do espazo. En 2003 Olafur representou a Dinamarca na edición número 50 da Bienal de Venecia; ese mesmo ano instalou The Weather Project na Turbine Hall do Tate Modern en Londres.
Agatha Mary Clarissa Miller Christie, OIB nada en Torquay, Devon, o 15 de setembro de 1890 e finada en Cholsey, Oxfordshire, o 12 de xaneiro de 1976, foi unha escritora inglesa de novelas de misterio, coñecida polas súas sesenta e seis novelas policíacas e catorce coleccións de relatos curtos, especialmente as que xiran ao redor de detectives ficticios Hércules Poirot e Miss Marple. Tamén escribiu seis novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. Así como a obra de teatro máis lonxeva do mundo, A rateira que se representou no West End de 1952 a 2020.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Margaret Eleanor Atwood, nada en Otava o 18 de novembro de 1939, é unha poeta, escritora, crítica literaria, mestra, activista ambiental e inventora canadense. Dende 1961, publicou dezaoito libros de poesía, dezaoito novelas, once libros de non ficción, nove coleccións de historias curtas de ficción, oito libros infantís e dúas novelas gráficas, así como unha serie de publicación en prensa tanto de poesía como ficción. Atwood gañou numerosos premios e honras pola súa escritura, incluíndo dous Premios Booker, o Premio Arthur C. Clarke, o Premio do Gobernador Xeral, o Premio Franz Kafka, o Premio Princesa de Asturias das Letras e o Premio PEN Center USA Lifetime Achievement do Círculo de Críticos Nacional do Libro.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Fuerzas Eléctricas del Noroeste, S.A., (en galego Forzas Eléctricas do Noroeste), máis coñecida polas súas siglas en español Fenosa, foi fundada na Coruña en 1943 polo empresario Pedro Barrié de la Maza, co obxectivo de reunir as compañías do sector que posuía a través de varias sociedades: algunhas xestionadas polo Banco Pastor (que era da súa propiedade), como Sociedad General Gallega de Electricidad (que xestionaba a expropiada Electra Popular Coruñesa); e outras baixo o seu mando directo, como Fábrica de Gas y Electricidad.A intervención da ditadura foi decisiva no nacemento e expansión de Fenosa, creada en 1943. A orixe de Fenosa procede dun suceso relacionado co golpe de Estado. A compañía Electra Popular Coruñesa era a máis implantada en Galicia e propiedade de José Miñones Bernárdez, empresario e deputado republicano.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Dinotopia: The Timestone Pirates
Dinotopia: The Timestone Pirates é un videoxogo de plataformas de 2002 para a consola Game Boy Advance, desenvolvido por RFX Interactive e publicado por TDK Mediactive. Está ambientado no universo Dinotopia de James Gurney.
Antón Villar Ponte (tamén coñecido como Antón Vilar Ponte), nado en Viveiro o 2 de outubro de 1881 e finado na Coruña o 4 de marzo de 1936, foi un dos fundadores dunha das primeiras Irmandades da Fala e un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra. Estudou farmacia, aínda que exerceu tamén o xornalismo. A súa obra abrangueu varios eidos (novela, ensaio, conferencias, discursos etc) e especialmente a produción dramática, transmisora do ideario galeguista.
Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que supera os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica. Os xogos defínense como a actividade física ou mental que ten a finalidade de divertirse e entreterse.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O pastafarismo ou relixión do Monstro de Espaguete Voador (do idioma inglés: Flying Spaghetti Monster (FSM), neoloxismo derivado de pasta e rastafarismo), é unha parodia de relixión, que xurdiu a xeito de campaña de protesta social nos Estados Unidos de América para denunciar e opoñerse á difusión da hipótese do deseño intelixente, impulsada por sectores políticos e relixiosos conservadores durante os mandatos do Presidente George W. Bush, e ás correntes de opinión que pretendían a súa equiparación con teorías aceptadas pola comunidade científica, como a da evolución. Os principios do pastafarismo ideounos Bobby Henderson, licenciado en física pola Universidade estatal de Oregón, para protestar mediante a sátira pola decisión do Consello de Educación do estado de Kansas (Kansas State Board of Education) adoptada a finais de 2005, de permitir a ensinanza do deseño intelixente nas escolas públicas como alternativa da teoría da evolución. Decisión que foi revogada de contado, en agosto de 2006.Ao igual que o movemento a favor do deseño intelixente, o ideario de Henderson emprega referencias ambiguas a un denominado Deseñador Intelixente non especificado, co fin de evitar os mandatos xudiciais que prohiben o ensino da relixión e o creacionismo nas clases de ciencias dos centros educativos públicos estadounidenses.
Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.
O mar na cultura popular galega
A seguir recóllese a presenza do mar na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Inclúense tamén conceptos directamente relacionados como barcos, pesca e mariñeiros.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Festival de Mozos Músicos de Eurovisión 2022
O Festival de Mozos Músicos de Eurovisión 2022 (Eurovision Young Musicians 2022, en inglés e en francés: Concours Eurovision des jeunes musiciens 2022) é a vixésima edición do festival despois da cancelación da edición de 2020 pola pandemia do Covid-19 que se tería celebrado en Zagreb Crocia por primeira vez na Praza Rei Tomislav e coincidindo co día da música. Onde só tería 11 países participantes (Alemaña, Croatia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Malta, Noruega, Polonia, Suecia e Ucraína).
A Escravitude é un lugar da parroquia de Cruces, do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 89 habitantes (47 homes e 42 mulleres), o que supón unha diminución respecto a 2006, cando tiña 101 habitantes. Polo lugar pasa a vía portuguesa do Camiño Xacobeo e mais a liña de ferrocarril que une A Coruña e Vigo, existindo a estación da Escravitude.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Val de Xálima, coñecido tamén como Val do río Ellas ou Val dos Tres Lugares (na fala Vali de Xálima, Vali do riu Ellas ou Os Tres Lugaris e en español e oficialmente Valle de Jálama), é unha rexión da provincia de Cáceres en Estremadura, situada na fronteira con Portugal e Salamanca. Nela consérvase e utilízase a Fala de Estremadura, considerada unha variante do galego, se ben non ten calidade de lingua oficial. Comprende os concellos de San Martiño de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno.