Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional. Con todo, tratan de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actriz española. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.679 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Javier Ángel Encinas Bardem, Javier Bardem, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 1 de marzo de 1969, é un dos actores españois de cinema máis internacionais. No ano 2000 converteuse no primeiro actor español nomeado a un Oscar polo seu papel en Antes que anochezca e en 2008 no primeiro en gañalo na categoría de mellor actor secundario por Non é un país para vellos.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A batalla de Poitiers tivo lugar no 10 de outubro de 732 entre as forzas lideradas polo franco Carlos Martel e un exército musulmán dirixido polas ordes do valí (gobernador) de Al-Andalus Abad ar-Rahman ibn Abd Allah al-Gafiqi, cerca da cidade de Tours, na actual Francia. Durante a batalla, os francos (cristiáns) derrotaron o exército musulmán e al-Gafiqi resultou morto. Esta batalla freou a expansión musulmá cara ao norte dende a península Ibérica e é considerada por moitos historiadores coma un acontecimiento de grande importancia histórica, ao impedir a invasión de Europa por parte dos musulmáns e preservar o cristianismo como a fe dominante durante un período en que o islam estaba sometendo gran parte dos territorios do Imperio Romano do Oriente e acabara por conquistar o Imperio persa sasánida, expansión que comezou en 632 tras a morte de Mahoma.
A bandeira dos ainus é unha bandeira étnica que representa ao pobo ainu do Xapón que foi deseñada por Bikki Sunazawa, un escultor xaponés de ascendencia ainu, no ano 1973. O fillo de Bikki, Jin Sunazawa reclama a propiedade dos dereitos de autor e solicita o desuso da bandeira.Tras repetidas peticións dun amigo seu, Bikki Sunazawa deseñou a bandeira en 1973, aínda que se distanciou do activismo político que buscaba apoio do goberno. Porén, un grupo ainu mostrou a bandeira cando marcharon nunha celebración dos maios en Sapporo ese mesmo ano.
Descenso a nado da ría de Navia
O Descenso a nado da ría de Navia celébrase dende 1958 na fin de semana de agosto que a marea o permitir na ría que forma o río Navia ao seu paso pola localidade de igual nome. A proba organízaa a Asociación de Amigos da Ría de Navia e está declarada de Interese Turístico Nacional.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Calouste Sarkis Gulbenkian, en armenio: Գալուստ Սարգիս Կիւլպէնկեան, nado en Üsküdar (antiga Scutari), distrito de Istambul, o 23 de marzo de 1869, e finado en Lisboa o 20 de xullo de 1955, foi un enxeñeiro e empresario armenio otomán, naturalizado británico no 1902. Foi moi activo no sector do petróleo e un dos pioneiros no desenvolvemento dese sector no Medio Oriente. Foi tamén un mecenas, contribuíndo de xeito importante ao fomento da cultura en Portugal.
Vincent Willem van Gogh (en neerlandés Vincent van Gogh [ˈvɪnsɛnt fɑn'xɔx]), nado en Zundert o 30 de marzo de 1853 e finado en Auvers-sur-Oise o 29 de xullo de 1890, foi un pintor neerlandés e figura destacada do postimpresionismo. Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos. A figura central na súa vida foi o seu irmán menor Theo, quen lle prestou apoio financeiro continua e desinteresadamente.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Álvaro Tauchert Soler, nado en Sant Cugat del Vallès o 9 de xaneiro de 1991, coñecido artisticamente como Álvaro Soler, é un cantante e compositor hispano-alemán. Deuse a coñecer polo éxito do seu primeiro sinxelo, El mismo sol, no verán de 2015. Unha versión da canción, xunto a Jennifer Lopez, ocupou os primeiros postos das listas musicais de máis de 25 países de Europa e Latinoamérica.
Tareixa de Calcuta, nada como Agnes Gonxha Bojaxhiu (en AFI ˈagnɛs gɔnˈʤa bɔˈjadʒju), en Skopje (daquela no Imperio Otomán, no presente Macedonia do Norte), o 26 de agosto de 1910 e falecida en Calcuta (India) o 5 de setembro de 1997, foi unha relixiosa católica albanesa coñecida polo seu labor humanitario na India. Foi beatificada polo Papa Xoán Paulo II en 2003 e desde a súa canonización polo papa Francisco o 4 de setembro de 2016 é venerada como santa na Igrexa católica. É a primeira persoa galardoada co Premio Nobel da Paz santa.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Ainu Mosir (en ainu: アイヌモシㇼ; lit. a terra dos ainus; Hokkaido) é un filme de 2020 dirixido por Takeshi Fukunaga. É unha coprodución entre o Xapón, a China e os Estados Unidos, e conta a historia dun rapaz ainu e os seus conflitos entre os seus pensamentos persoais, o Xapón moderno e o xeito tradicional de vida dos ainus.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e finada en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
San Vicente de Meá é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mugardos. Segundo o IGE en 2018 tiña 573 habitantes (297 mulleres e 276 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 767 habitantes. Ten unha extensión de 2,07 km² e unha densidade de poboación de 294,69 hab./km².
Francisco "Paco" Buyo Sánchez, nado en Betanzos o 13 de xaneiro de 1958, é un exfutbolista galego, que xogaba de porteiro. Foi un dos gardametas galegos e españois máis destacados da historia, titular indiscutible en todos os equipos polos que pasou e gañador dúas veces do Trofeo Zamora mentres xogaba no Real Madrid, club onde obtivo os seus maiores éxitos. Disputou 542 partidos na Primeira División, o que o converte no quinto futbolista con máis encontros da historia da competición.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Bikki Sunazawa (en xaponés: 砂澤ビッキ; tamén coñecido como Bikky Sunazawa ou Hisao Sunazawa) nado o 6 de marzo de 1931 e finado o 25 de xaneiro de 1989, foi artista, pintor e escultor ainu. Sunazawa é recoñecido por axudar a dar a coñecer a cultura ainu ao mundo a través das súas obras interpretadas ao xeito ainu. Sunazawa tamén é coñecido por deseñar a bandeira dos ainus en 1971.
Aceredo é un lugar da parroquia de Manín no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 24 habitantes no ano 2019 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 12 eran homes e 9 mulleres. Aceredo está desde o 2009 dentro da Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Muralla de Santiago de Compostela
A muralla de Santiago de Compostela, da que soamente quedan algúns lenzos, rodeaba a cidade de Santiago de Compostela até o seu derrubamento no século XIX, aínda que na actualidade se conservan algúns restos, sendo o maior o arco de Mazarelos. Existen, así mesmo, algunhas partes ocultas polas casas actuais. A traza da muralla é claramente visíbel aínda sobre o plano da cidade antiga de Santiago, cuxo urbanismo veu determinado pola existencia desta fortificación.
Xinzo das Teixugueiras, Sabucedo de Montes, Cartelle
Xinzo das Teixugueiras é un lugar da parroquia das Sabucedo de Montes no concello ourensán de Cartelle na comarca da Terra de Celanova. Tiña 165 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 88 eran homes e 77 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 169 habitantes (78 homes e 78 mulleres).
Malala Yousafzai (en paxto: ملاله یوسفزۍ, e en urdú: ملالہ یوسف زئی Malālah Yūsafzay), nada o 12 de xullo de 1997, é unha activista a prol da educación feminina en Paquistán, e a persoa máis nova en recibir un Premio Nobel en calquera categoría. É coñecida pola súa defensa dos dereitos humanos, en especial o dereito á educación e os dereitos das mulleres no Val de Swat, no noroeste de Paquistán, onde os talibáns prohibiran ás mulleres asistir ó colexio. A loita de Yousafzai converteuse dende entón nun movemento internacional.
Os ainus (アイヌ), tamén chamados aynu, aino (アイノ), e nos textos históricos xaponeses ezo/emishi/ebisu (蝦夷), son unha etnia indíxena que vive no Xapón e Rusia. Historicamente falan a lingua ainu e variedades relacionadas e viven en Hokkaido, as Illas Kuriles, e en Sakhalin. A maioría dos que se identifican como ainu aínda viven na mesma rexión, aínda que o número exacto de individuos é descoñecida.
O gas natural é unha mestura de gases encontrado frecuentemente en combustíbeis fósiles, illado ou acompañando ao petróleo. Aínda que a súa composición sexa diferente dependendo da fonte da cal é extraído, é composto principalmente por metano en cantidades que poden superar 90 ou 95%, e outros gases como nitróxeno, etano, CO2 ou restos de butano ou propano.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Francia
Esta é unha lista de sitios Patrimonio da Humanidade en Francia con propiedades de Patrimonio cultural e natural en Francia tal e como están inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO ou como na lista provisional do país. Francia aceptou o Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural o 27 de xuño de 1975, tras o cal podería propoñer bens no seu territorio para ser considerados para a Lista do Patrimonio da Humanidade.En decembro de 2021, Francia tiña 49 propiedades rexistradas, 2 das cales están situadas fóra de continente europeo como están en Nova Caledonia , que é territorio dependente, e en Reunión, departamento de ultramar. Deles: 42 son bens culturais.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 5 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que máis torneos de Grand Slam gañou en toda a historia, cun total de 21. Foi campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
O Akita o Akita Inu (秋田 犬?) - traducido como "can de Akita", é unha raza canina orixinaria de Xapón, chamada así pola prefectura de Akita. Ó inicio foi un can de caza maior e durante xeracións usouse por parte dos guerreiros do Xapón como can de defensa e ataque, e tamén para cazar osos. Considérase unha raza á parte do Akita americano.
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
Dune (en pantalla presentado como Dune: Part One) é unha película de ciencia ficción de 2021 dirixida por Denis Villeneuve e escrita por Eric Roth, Jon Spaihts e o propio director. É unha coprodución internacional dos Estados Unidos, o Reino Unido, o Canadá e Hungría e constitúe a primeira entrega de dúas películas baseadas nunha nova versión revisada fiel á novela homónima de 1965 de Frank Herbert.Está protagonizada por Timothée Chalamet, Rebeca Ferguson, Oscar Isaac, Josh Brolin, Stellan Skarsgård, Dave Bautista, Stephen McKinley Henderson, Zendaya, David Dastmalchian, Chang Chen, Sharon Duncan-Brewster, Charlotte Rampling. Jason Momoa e Javier Bardem.
Ana Torroja Fungairiño, nada en Madrid o 28 de decembro de 1959, é unha cantante española, unha das voces máis coñecidas da música pop do país. Foi a vocalista do grupo Mecano, xunto aos irmáns José María e Nacho Cano, cos que conseguiu un éxito espectacular en España e outros países. Con Mecano vendeu máis de 25 000 000 de discos.
O ferrado (tamén coñecida como tega nalgúns lugares) é unha medida galega, moi variábel dun lugar a outro. Dada a variedade existente, almanaques agrícolas como o ZZ, O Mintireiro Verdadeiro ou O Gaiteiro de Lugo adoitaban incluír unha equivalencia co sistema métrico decimal segundo as zonas xeográficas.
Benito Mussolini, nado en Predappio o 29 de xullo de 1883 e fusilado en Dongo o 28 de abril de 1945, foi o primeiro ditador fascista de Europa. Acadou o poder en outubro de 1922, trala Marcha sobre Roma, e ocupou o cargo de primeiro ministro do Reino de Italia ata 1943, cando foi obrigado a entrega-lo poder. Fuxiu ó norte onde proclamou a República Social Italiana de Saló.
En química, un composto químico é unha substancia formada pola unión de dous ou máis elementos da táboa periódica, e que pode descompoñerse nestes por métodos químicos apropiados.Os compostos, do mesmo xeito que as mesturas, están constituídos por dous ou máis elementos químicos diferentes, pero diferéncianse esencialmente destas nos seguintes aspectos: Os compoñentes das mesturas poden separarse por medios físicos (filtración, decantación, destilación, ...), pero os constituíntes dos compostos, non. As mesturas teñen as propiedades dos seus compoñentes, pero os compostos posúen as súas propiedades específicas correspondentes. As mesturas poden existir en calquera proporción mentres que os compostos fórmanse a partir dos elementos químicos en proporción invariable (lei das proporcións definidas enunciada entre 1794 e 1804 polo químico francés Joseph Louis Proust).