Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A homosexualidade é, dende o punto de vista da psicoloxía, unha identidade sexual, dende o punto de vista da socioloxía unha orientación sexual e, dende o punto de vista condutual unha conduta sexual. Consiste na interacción ou atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos do mesmo sexo.Actualmente a homosexualidade enténdese como unha faceta máis do individuo, necesaria para comprender as variacións culturais das identidades e prácticas sexuais dos seres humanos e dos seus grupos sociais. Os traballos máis recentes prefiren non falar de homosexualidade, senón de prácticas ou comportamentos homosexuais, especialmente a partir dos estudos efectuados entre a poboación máis nova.
A heterosexualidade é unha orientación sexual caracterizada pola atracción sexual, ou o desexo amoroso ou sexual por persoas do sexo oposto, en contraste coa homosexualidade. Ademais de referirse a unha orientación sexual, o termo heterosexualidade designa tamén o comportamento sexual entre persoas de sexo oposto. Moitas especies animais (aquelas que teñen sexo e fertilización interna), entre as que se atopa a especie humana, reprodúcense mediante relacións heterosexuais.
A bisexualidade é unha orientación sexual que consiste na atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos de xénero (socialmente) e sexo (bioloxicamente) igual ou distinto. A maioría das persoas bisexuais non están atraídas igualmente por homes e mulleres e poden incluso variar entre estados nos que achan atractivos unicamente un dos xéneros ou sexos ao longo do tempo. Noutros casos, existe bastante estatismo no seu nivel de atracción durante o transcurso da súa vida adulta.
Matrimonio entre persoas do mesmo sexo
O matrimonio entre persoas do mesmo sexo, tamén chamado matrimonio igualitario, matrimonio homosexual ou matrimonio gai, é o recoñecemento social, cultural e xurídico que regula a relación e convivencia de dúas persoas do mesmo sexo, con iguais requisitos e efectos que os existentes para os matrimonios entre persoas heterosexuais.
A pansexualidade é unha orientación sexual humana, caracterizada pola atracción estética, romántica ou sexual por calquera outra persoa, independentemente da súa identidade sexual e xénero. Polo tanto, os pansexuais poden sentirse atraídos por homes, mulleres e tamén por aquelas persoas que non se senten identificadas coa dicotomía home/muller que implica a bisexualidade, nin coa de masculino/feminino, incluíndo así, por exemplo, a transxéneros e intersexuais. Xaora, a pansexualidade é a capacidade de amar a outra persoa con independencia do seu xénero.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
Unha persoa transexual é aquela cuxa identidade de xénero non coincide ca asignada no momento do nacemento a partir da súa morfoloxía xenital. A palabra transexual identifica a quen se someteu a procedementos médicos cirúrxicos e endócrino para axustar o seu corpo á súa identidade de xénero. Quen no pasa por procedementos médicos é denominado persoa transxénero.
Litecoin (LTC ou Ł, moeda leve) é unha criptomoeda do tipo par con par, que é ó mesmo tempo unha moeda e un sistema de pagos baseada nunha rede de datos totalmente descentralizada, xa que non posúe ningunha autoridade ou control principal. O seu proxecto foi inspirado no proxecto bitcoin, co cal comparte varios aspectos, diferenciándose no xeito en como se procesan os bloques de datos, que, no caso da moeda litecoin, faise de maneira máis sinxela e con menor consumo de recursos.
East Sussex (galego: Sussex Oriental) é un condado non metropolitano no sueste de Inglaterra, no Reino Unido. Limita cos condados de Kent, Surrey e Sussex Occidental e ao sur co canal da Mancha. O antigo reino de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado independentes en 1888.
West Sussex (galego: Sussex Occidental) é un condado non metropolitano no sur de Inglaterra, Reino Unido. Limita cos condados de Sussex Oriental (con Brighton e Hove), Hampshire e Surrey. O condado de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado separados, en 1888.
Ao falarmos da homosexualidade ao longo da historia, cómpre ter presente que as relacións afectivas, sexuais e sexoafectivas entre persoas do mesmo sexo estiveron presentes en todas as épocas da historia. Con moita frecuencia os diferentes réximes políticos valéronse da reprobación de certas formas de sexualidade para exerceren sobre o individuo o seu control. Así, as relacións homosexuais tiveron diferente grao de aceptación segundo a época e a cultura.
Cristianismo e homosexualidade
A visión que ten o cristianismo da homosexualidade é moi diversa. Algunhas igrexas cristiás son totalmente contrarias á admisión de prácticas sexuais entre persoas do mesmo sexo porque ven nelas unha ofensa ao seu deus. Outras consideran que as relacións sexuais son expresión do amor e admítenas dentro da súa moral.
O Reino de Sussex ou Reino dos saxóns do Sur (en inglés antigo: Sūþseaxna rīce) foi unha colonia saxoa e posteriormente un reino independente dos saxóns na costa sur de Inglaterra fundado no século V, tras a retirada dos romanos da illa de Britania. Foi un dos estados da denominada Heptarquía Anglosaxoa, período da historia inglesa entre os séculos V e IX. Aínda que é considerado un dos sete reinos principais da Heptarquía, a súa importancia política foi menor mesmo que a dalgúns reinos considerados secundarios como Hwicce ou Lindsey. A historia do reino está chea de lagoas e os reinos veciños de Wessex e Mercia exerceron o seu dominio sobre Sussex desde mediados do século VI até a súa incorporación definitiva ao reino anglosaxón no 825.
O Reino de Essex (Ēst Seaxna, "saxóns orientais"), un do sete reinos tradicionais da chamada Heptarquía Anglosaxoa, foi fundado ao redor de 600 e cubría o territorio actualmente ocupado polos condados de Essex, Hertfordshire e Middlesex. O primeiro documento histórico sobre o reino remóntase á Historia Eclesiástica de Beda, que reflicte a chegada do bispo Melito a Londres en 604.
Peercoin (PPC ou PPCoin) é unha criptomoeda que se executa nunha rede peer-to-peer, cuxo código fonte baséase no código de bitcoin, pero para verificar a lexitimidade das súas unidades de conta, é dicir, para comprobar cadansúas moedas virtuais, emprega os sistemas de proba de traballo e proba de participación. E, ó contrario doutros sistemas de criptomoedas, prevé unha taxa anual de inflación, que é un mecanismo de control polo decrecemento do seu valor, e non posúe un límite ríxido de unidades que poden ser engadidas ao seu total.
A abstinencia sexual ou continencia sexual é un comportamento que consiste en privarse dalgúns ou tódolos aspectos da actividade sexual por vontade propia (por razóns relixiosas, morais, filosóficas, anticonceptivas ou psicolóxicas), ou allea (por razóns médicas, legais, económicas ou sociais). A abstinecia sexual acostuma a defenderse por algúns como un recurso preventivo contra a SIDA e outras doenzas de transmisión sexual, principalmente entre adolescentes. A súa adopción é preconizada por determinadas denominacións relixiosas que a consideran como unha virtude, estando ligada ao termo castidade.
Aethelred I de Wessex (en inglés antigo: Æþelræd), nado en 840 e finado en 871, foi o cuarto dos fillos homes -6 en total- de Aethelwulf, rei de Wessex, e da súa primeira esposa, Osburga. Durante todo o seu reinado tivo que loitar contra os daneses, apoiado polo seu irmán menor, Alfredo, véndose envolvido en batallas unha tras outra.
O turismo sexual é a actividade de viaxar, polo xeral a outros países, co propósito de manter relacións sexuais, usualmente con prostitutas. A Organización Mundial do Turismo (United Nations World Tourism Organization ou UNWTO), dependende da ONU, define o turismo sexual coma "toda viaxe organizada dentro do sector turístico, ou fóra deste sector pero empregando as estruturas e redes deste, co obxectivo primario de efectuar unha relación sexual comercial entre o turista e a poboación residente no país de destino". Os alicientes para os turistas sexuais poden incluír dende baixos custos dos servizos sexuais no país de destino, así coma facilidades para acceder a ela por ser unha actividade legal, ou mesmo outras particularidades legais ou o acceso á prostitución infantil.
O abuso sexual é actividade sexual entre dúas ou máis persoas sen consentimento dunha delas. Pode producirse entre adultos, dun adulto a un menor, o que se coñece como abuso sexual a menores e abuso sexual infantil- ou mesmo entre dous menores. Pode estar referido a calquera tipo de penetración de órganos xenitais en contra da vontade, ou aproveitando a incapacidade dun menor para comprender certos actos.
Advanced Encryption Standard (AES), tamén coñecido como Rijndael, é un esquema de cifrado por bloque adoptado como un estándar de encriptación polo goberno estadounidense, e esperase que sexa usado en todo o mundo, como tamén analizado exhaustivamente, como foi o caso do seu predecesor, o DES. Foi adoptado polo Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) como un FIPS (PUB 197) en novembro do 2001 despois de 5 anos do proceso de estandarización. O cifrado foi desenvolvido por dous criptologos Belgas, Joan Daemen e Vincent Rijmen, e enviado ó proceso de selección AES baixo o nome "Rijndael".
O Data Encryption Standard (DES, Estándar de Cifrado de Datos) é un método de cifrado de datos. En 1976, a Federal Information Processing Standard (FIPS) escolleuno como método oficial dos Estados Unidos, e máis tarde o seu emprego estendeuse arredor do mundo. O algoritmo foi motivo de controversia por tres razóns: porque no seu deseño había elementos clasificados como información confidencial, porque tiña unha clave relativamente curta, e porque se sospeitaba que a Axencia de Seguridade Nacional (NSA) dos Estados Unidos tiña unha porta falsa para descifralo.
A heterosexualidade obrigatoria refírese á concepción social de que a heterosexualidade é a inclinación natural dos seres humanos e que, por tanto, pode ser adoptada de maneira independente das posibles preferencias sexuais de cada persoa. Consecuentemente, calquera que difira desta orientación é considerado desviado e depravado. É unha idea asumida e reforzada pola sociedade patriarcal.Adrienne Rich popularizou o termo nos anos 1980 co seu ensaio Heterosexualidade obrigatoria e existencia lesbiana.
Sigeberht II, alcumado o Bo (Bonus) ou o Bendito (Sanctus), foi rei dos saxóns do leste (reinou c. 653 ata o 660 ou 661), sucedendo ao seu parente Sigeberht I o Pequeno. A pesar de que se creou un bispado en Essex baixo Melito, o reino recaera no paganismo e sería durante o reinado de Sigeberht cando se produciu unha sistemática reconversión.
O dimorfismo sexual é definido como a diferenza de formas, coloración e tamaños entre machos e femias dunha mesma especie. Preséntase na maioría das especies, nun maior ou menor grao. Nalgunhas especies as femias son as máis grandes (como tal, nalgunhas aves rapaces e arañas) pero na maior parte das veces o dimorfismo sexual, sobre todo no caso dos mamíferos, é o macho o que presenta maior tamaño, algunhas veces dun xeito moi notable.
Osric foi posibelmente un rei de Sussex, que reinaría conxuntamente con Nothhelm. Hai un documento sen data de Nothhelm que é testemuñado por Osric, como Osricus, sen indicación de rango ou territorio, pero situado na lista antes, e por tanto considerado en máis alto rango que, Eadberht, bispo de Selsey, cuxo rango e sede son tamén omitidos. O documento pode ser datado aproximadamente nalgún momento entre 705 e 717.
Andhun foi un ealdorman de Sussex baixo o rei Æðelwealh, quen foi asasinado príncipe de Wessex, Cædwalla, quen invadiu e devastou Sussex. Berhthun e Andhun deron feito a expulsaren a Caedwalla do reino. En 686, os de Sussex atacaron a Hlothhere, rei de Kent, en apoio do seu sobriño Eadric, pero pronto foi asasinado Berhthun e Caewallaque agora se convertera en rei de Wessex, subxugou o reino por un tempo.
A diversidade sexual e de xénero (DSX) ou simplemente diversidade sexual é un termo que se usa para referirse de maneira inclusiva a toda a diversidade de sexos, orientacións sexuais e identidades de xénero, sen necesidade de especificar cada unha das identidades, comportamentos e características que conforman esta pluralidade.En Occidente, habitualmente utilízanse clasificacións simples e herméticas en torno ao sexo (homes, mulleres e intersexuais), á orientación sexual (heterosexuais, homosexuais e bisexuais) e á identidade de xénero (transxéneros e cisxéneros), reunidas baixo as siglas LGTBI (lesbianas, gais, transxéneros, bisexuais e intersexuais). Con todo, outras culturas posúen maneiras diferentes de entender o sistema sexual. Ademais, nas últimas décadas popularizáronse diversas teorías da sexoloxía, como a teoría de Kinsey e a teoría cuir que propoñen que esta clasificación resulta insuficiente para describir a complexidade da sexualidade na especie humana, e mesmo tamén noutras especies animais.Por exemplo, poida que as persoas experimenten unha orientación sexual intermedia entre heterosexual e bisexual (heteroflexible) ou entre homosexual e bisexual (homoflexible) ou que esta varíe ao longo do tempo, ou que inclúa atracción independentemente do sexo ou xénero (pansexual).
Abuso sexual de menores, abuso sexual infantil ou abuso sexual de nenos é unha forma de abuso infantil na que un adulto ou adolescente máis vello usa un neno para a estimulación sexual. Formas de abuso sexual infantil inclúen pedir ou forzar o neno a participar en actividades sexuais (independentemente do resultado), exposición indecente (dos órganos xenitais, mamilas femininas, etc) a un neno coa intención de satisfacer os seus propios desexos sexuais, ou para intimidar o neno, ter contacto físico sexual cun neno, ou usar un neno para producir pornografía infantil.Os efectos do abuso sexual de nenos pode incluír depresión, ansiedade, trastorno de estrés postraumático complexo, propensión de máis vitimización na idade adulta, e lesión física no neno, entre outros problemas. O abuso sexual por parte dun membro da familia é unha forma de incesto e pode resultar en trauma psicolóxico máis serio e de longo prazo, especialmente no caso de incesto parental.
Sofía Guadalupe Pérez Eguía y Casanova de Lutoslawski, máis coñecida como Sofía Casanova, nada na Coruña o 30 de setembro de 1861 e finada en Poznan (Polonia) o 16 de xaneiro de 1958, foi unha actriz de teatro, poeta, novelista e xornalista galega moi prolífica. Durante a súa mocidade dedicouse á interpretación. Formou parte do Teatro Español e do Teatro da Zarzuela como actriz profesional.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012, nas de 2016 e nas de 2020.