Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Montserrat Concepción Viviana Caballé Folch, nada en Barcelona o 12 de abril de 1933 e finada na mesma cidade o 6 de outubro de 2018, foi unha soprano lírica. Foi recoñecida pola súa técnica vocal e foi unha das máis admiradas cantantes de ópera do mundo. Acadou moita sona pola súa técnica e as súas interpretacións dos grandes papeis de bel canto de Rossini, Bellini e Donizetti.
Aeroporto Internacional de Pequín-Capital
O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital (IATA: PEK, ICAO: ZBAA) é o principal aeroporto internacional que serve a Pequín. Está situado a 32 km ao nordés do centro da cidade, nun enclave do distrito de Chaoyang rodeado polo distrito de Shunyi. O aeroporto pertence á Beijing Capital International Airport Company Limited, unha compañía controlada polo estado que tamén se encarga de operalo.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
A homosexualidade é, dende o punto de vista da psicoloxía, unha identidade sexual, dende o punto de vista da socioloxía unha orientación sexual e, dende o punto de vista condutual unha conduta sexual. Consiste na interacción ou atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos do mesmo sexo.Actualmente a homosexualidade enténdese como unha faceta máis do individuo, necesaria para comprender as variacións culturais das identidades e prácticas sexuais dos seres humanos e dos seus grupos sociais. Os traballos máis recentes prefiren non falar de homosexualidade, senón de prácticas ou comportamentos homosexuais, especialmente a partir dos estudos efectuados entre a poboación máis nova.
Programa internacional de avaliación do alumnado
PISA é o acrónimo de Programme for International Student Achievement ("Programa internacional de avaliación do alumnado"), un estudo internacional comparativo da avaliación do rendemento do alumnado posto en marcha pola OCDE. Tenta saber en que medida os xoves de 15 anos se achan preparados para se enfrontaren aos retos da vida adulta.
Litecoin (LTC ou Ł, moeda leve) é unha criptomoeda do tipo par con par, que é ó mesmo tempo unha moeda e un sistema de pagos baseada nunha rede de datos totalmente descentralizada, xa que non posúe ningunha autoridade ou control principal. O seu proxecto foi inspirado no proxecto bitcoin, co cal comparte varios aspectos, diferenciándose no xeito en como se procesan os bloques de datos, que, no caso da moeda litecoin, faise de maneira máis sinxela e con menor consumo de recursos.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Terra de Miranda é unha serie feita por Zopilote e Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, cos exteriores gravados en Mondoñedo e Aranga. Comezou a emitirse en 2001 e constou de 7 tempadas e 138 episodios. Pechou o seu exitoso percorrido en 2007, cunha tempada de 26 capítulos nos que acadou unha media de 150.000 espectadores e un 14,7% de share.
A bisexualidade é unha orientación sexual que consiste na atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos de xénero (socialmente) e sexo (bioloxicamente) igual ou distinto. A maioría das persoas bisexuais non están atraídas igualmente por homes e mulleres e poden incluso variar entre estados nos que achan atractivos unicamente un dos xéneros ou sexos ao longo do tempo. Noutros casos, existe bastante estatismo no seu nivel de atracción durante o transcurso da súa vida adulta.
Movemento de Países Non Aliñados
O Movemento de Países Non Aliñados (NOAL ou MPNA) é unha agrupación de Estados que se formou durante o conflito xeopolítico/ideolóxico mundial da segunda metade do século XX, chamado guerra fría, que se manifestou co enfrontamento indirecto entre os EUA e a URSS. A finalidade do MPNA era conservar a súa posición neutral e non aliarse a ningunha das superpotencias xa nomeadas. Porén, aínda despois da caída do Muro de Berlín (1989) e disolución da URSS (1991) a organización continúa vixente.
A pansexualidade é unha orientación sexual humana, caracterizada pola atracción estética, romántica ou sexual por calquera outra persoa, independentemente da súa identidade sexual e xénero. Polo tanto, os pansexuais poden sentirse atraídos por homes, mulleres e tamén por aquelas persoas que non se senten identificadas coa dicotomía home/muller que implica a bisexualidade, nin coa de masculino/feminino, incluíndo así, por exemplo, a transxéneros e intersexuais. Xaora, a pansexualidade é a capacidade de amar a outra persoa con independencia do seu xénero.
A carboxipeptidase A é o nome que normalmente se utiliza para referirse ao encima exopeptdase pancreático que hidroliza enlaces peptídidcos de residuos de aminoácidos C-terminais con cadeas laterais aromáticas ou alifáticas. Agora o máis habitual é denominar esta carboxipeptidase como CPA1 (carboxipeptidase A1) e a outro encima pancreático relacionado como CPA2 (carboxipeptidase A2), pero hai máis CPAs.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A heterosexualidade é unha orientación sexual caracterizada pola atracción sexual, ou o desexo amoroso ou sexual por persoas do sexo oposto, en contraste coa homosexualidade. Ademais de referirse a unha orientación sexual, o termo heterosexualidade designa tamén o comportamento sexual entre persoas de sexo oposto. Moitas especies animais (aquelas que teñen sexo e fertilización interna), entre as que se atopa a especie humana, reprodúcense mediante relacións heterosexuais.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Peercoin (PPC ou PPCoin) é unha criptomoeda que se executa nunha rede peer-to-peer, cuxo código fonte baséase no código de bitcoin, pero para verificar a lexitimidade das súas unidades de conta, é dicir, para comprobar cadansúas moedas virtuais, emprega os sistemas de proba de traballo e proba de participación. E, ó contrario doutros sistemas de criptomoedas, prevé unha taxa anual de inflación, que é un mecanismo de control polo decrecemento do seu valor, e non posúe un límite ríxido de unidades que poden ser engadidas ao seu total.
O Villarreal Club de Fútbol (en valenciano: Vila-real Club de Futbol) é un club de fútbol español da cidade de Vila-real, na provincia de Castelló. Foi fundado no ano 1923 e compite na Primeira División. En 2008 acadou o subcampionato de Liga e en 2021 conseguiu o seu primeiro título, gañando a final da Europa League contra o Manchester United.
O comercio é a actividade socioeconómica consistente na compravenda de bens, sexa para o seu uso, para a súa venda ou para a súa transformación, implica a transferencia de bens e servizos dunha persoa ou entidade a outra, a miúdo a cambio de diñeiro. Os economistas refírense o sistema ou rede que permite o comercio como un mercado. Unha das primeiras formas de comercio, a economía do agasallo, contemplaba o intercambio de bens e servizos sen un acordo explícito para recompensas inmediatas ou futuras.
Ao falarmos da homosexualidade ao longo da historia, cómpre ter presente que as relacións afectivas, sexuais e sexoafectivas entre persoas do mesmo sexo estiveron presentes en todas as épocas da historia. Con moita frecuencia os diferentes réximes políticos valéronse da reprobación de certas formas de sexualidade para exerceren sobre o individuo o seu control. Así, as relacións homosexuais tiveron diferente grao de aceptación segundo a época e a cultura.
A carboxipeptidase A2 é un encima hidrolase proteolítico que nos humanos está codificado no xene CPA2 do cromosoma 7 nun cluster de xenes.Coñécense tres formas de procarboxipeptidase pancreática. As formas A1 e A2 son proteínas monoméricas con diferentes propiedades bioquímicas. A forma A2 actúa cortando residuos de aminoácidos aromáticos C-terminais.
A carboxipeptidase A1 é un encima hidrolase da familia das metaloproteases de Zn que nos humanos está codificado no xene CPA1 do cromosoma 7 nunha agrupación de xenes.Illáronse tres formas de procarboxipeptidase A pancreática humana. As formas A1 e A2 son proteínas monoméricas con diferentes propiedades bioquímicas. A carboxipeptidase A1 é unha exopeptidase monomérica pancreática.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.O nome do grupo procede da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Matrimonio entre persoas do mesmo sexo
O matrimonio entre persoas do mesmo sexo, tamén chamado matrimonio igualitario, matrimonio homosexual ou matrimonio gai, é o recoñecemento social, cultural e xurídico que regula a relación e convivencia de dúas persoas do mesmo sexo, con iguais requisitos e efectos que os existentes para os matrimonios entre persoas heterosexuais.
O Ficheiro Integrado de Autoridades (alemán: Gemeinsame Normdatei) ou GND é un ficheiro de autoridades internacional para a organización de nomes persoais, títulos temáticos e entidades corporativas para catálogos. Emprégase principalmente para a documentación en bibliotecas e en museos e arquivos. A entidade responsable do GND é a Biblioteca Nacional Alemá, en cooperación con diversas redes de bibliotecas rexionais na Europa de fala alemá.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 181.153 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Cristianismo e homosexualidade
A visión que ten o cristianismo da homosexualidade é moi diversa. Algunhas igrexas cristiás son totalmente contrarias á admisión de prácticas sexuais entre persoas do mesmo sexo porque ven nelas unha ofensa ao seu deus. Outras consideran que as relacións sexuais son expresión do amor e admítenas dentro da súa moral.
José Antonio Domínguez Banderas, nado en Benalmádena (Provincia de Málaga) o 10 de agosto de 1960, é un actor andaluz. É o intérprete masculino máis internacional de España e está considerado como unha estrela do panorama cinematográfico de Hollywood. De feito, Antonio Banderas foi o primeiro actor español que conseguiu estabilizarse no cine estadounidense.
Unha persoa transexual é aquela cuxa identidade de xénero non coincide ca asignada no momento do nacemento a partir da súa morfoloxía xenital. A palabra transexual identifica a quen se someteu a procedementos médicos cirúrxicos e endócrino para axustar o seu corpo á súa identidade de xénero. Quen no pasa por procedementos médicos é denominado persoa transxénero.
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
Vila-real é unha cidade e concello da provincia de Castelló, na Comunidade Valenciana, na comarca da Plana Baixa. O censo de 2011 asignáballe 51.357 habitantes. É a décimo cuarta poboación valenciana por número de habitantes e a terceira ao norte da Área Metropolitana de Valencia, só superada por Castelló e Sagunt.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
East Sussex (galego: Sussex Oriental) é un condado non metropolitano no sueste de Inglaterra, no Reino Unido. Limita cos condados de Kent, Surrey e Sussex Occidental e ao sur co canal da Mancha. O antigo reino de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado independentes en 1888.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A carboxipeptidase A6 (CPA6) é un encima metalopeptidase que nos humanos está codificado no xene CPA6 do cromosoma 8. Exprésase fortemente no bulbo olfatorio do rato adulto e tamén no cerebro embrionario e outros tecidos.A proteína codificada por este xene pertence á familia das carboxipeptidases, que catalizan a liberación de aminoácidos C-terminais e teñen funcións que van desde a dixestión de alimentos á biosíntese selectiva de péptidos neuroendócrinos. Certas variantes polimórficas e unha translocación recíproca t(6;8)(q26;q13) que afectan este xene, foron asociadas en humanos coa síndrome de retracción de Duane.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomi, en sueco: Finland ( pronunciación )), oficialmente República de Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia.
Agustina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como a Bela Otero ou Carolina Otero, nada na parroquia de San Miguel de Valga do concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965, foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega residente en Francia e un dos personaxes máis destacados da Belle Époque francesa nos círculos artísticos e na vida galante de París.
Library of Congress Control Number
O Library of Congress Control Number (LCCN) é un sistema baseado en números de serie para numerar os rexistros de catálogo da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Este sistema de numeración están en uso dende 1898. Non ten relación algunha cos contidos dos libros e non debe confundirse coa Library of Congress Classification (LCC).