Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
A homosexualidade é, dende o punto de vista da psicoloxía, unha identidade sexual, dende o punto de vista da socioloxía unha orientación sexual e, dende o punto de vista condutual unha conduta sexual. Consiste na interacción ou atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos do mesmo sexo.Actualmente a homosexualidade enténdese como unha faceta máis do individuo, necesaria para comprender as variacións culturais das identidades e prácticas sexuais dos seres humanos e dos seus grupos sociais. Os traballos máis recentes prefiren non falar de homosexualidade, senón de prácticas ou comportamentos homosexuais, especialmente a partir dos estudos efectuados entre a poboación máis nova.
Litecoin (LTC ou Ł, moeda leve) é unha criptomoeda do tipo par con par, que é ó mesmo tempo unha moeda e un sistema de pagos baseada nunha rede de datos totalmente descentralizada, xa que non posúe ningunha autoridade ou control principal. O seu proxecto foi inspirado no proxecto bitcoin, co cal comparte varios aspectos, diferenciándose no xeito en como se procesan os bloques de datos, que, no caso da moeda litecoin, faise de maneira máis sinxela e con menor consumo de recursos.
Nantes (Naoned en bretón e Naunnt ou Nàntt en galó), é unha cidade francesa, capital do departamento do Loira Atlántico dentro da rexión do País do Loira. É a sexta maior cidade de Francia, e está situada no sueste da Bretaña. É a capital da rexión administrativa de Pays-de-Loire, pero historicamente pertence á Bretaña, da que foi capital e residencia dos duques da Bretaña.
A heterosexualidade é unha orientación sexual caracterizada pola atracción sexual, ou o desexo amoroso ou sexual por persoas do sexo oposto, en contraste coa homosexualidade. Ademais de referirse a unha orientación sexual, o termo heterosexualidade designa tamén o comportamento sexual entre persoas de sexo oposto. Moitas especies animais (aquelas que teñen sexo e fertilización interna), entre as que se atopa a especie humana, reprodúcense mediante relacións heterosexuais.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas.
Matrimonio entre persoas do mesmo sexo
O matrimonio entre persoas do mesmo sexo, tamén chamado matrimonio igualitario, matrimonio homosexual ou matrimonio gai, é o recoñecemento social, cultural e xurídico que regula a relación e convivencia de dúas persoas do mesmo sexo, con iguais requisitos e efectos que os existentes para os matrimonios entre persoas heterosexuais.
A bisexualidade é unha orientación sexual que consiste na atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos de xénero (socialmente) e sexo (bioloxicamente) igual ou distinto. A maioría das persoas bisexuais non están atraídas igualmente por homes e mulleres e poden incluso variar entre estados nos que achan atractivos unicamente un dos xéneros ou sexos ao longo do tempo. Noutros casos, existe bastante estatismo no seu nivel de atracción durante o transcurso da súa vida adulta.
A agricultura (do latín agri ‘campo’, e cultūra ‘cultivo’, ‘crianza’) é o conxunto de técnicas, coñecementos e saberes para o cultivo da terra co fin de plantas útiles ao home, particularmente para a súa alimentación. Comprende todo un conxunto de accións humanas que transforman o medio natural e hábitats. A agricultura foi o desenvolvemento clave no xurdimento da civilización humana sedentaria, mediante a cal o cultivo de especies domesticadas creou excedentes de alimentos que permitiron ás persoas vivir agrupadas nun mesmo poboado.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
A pansexualidade é unha orientación sexual humana, caracterizada pola atracción estética, romántica ou sexual por calquera outra persoa, independentemente da súa identidade sexual e xénero. Polo tanto, os pansexuais poden sentirse atraídos por homes, mulleres e tamén por aquelas persoas que non se senten identificadas coa dicotomía home/muller que implica a bisexualidade, nin coa de masculino/feminino, incluíndo así, por exemplo, a transxéneros e intersexuais. Xaora, a pansexualidade é a capacidade de amar a outra persoa con independencia do seu xénero.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. Dende o 2 de abril de 2022 é presidente do Partido Popular e foi o presidente do Partido Popular de Galicia ata o 1 de abril de 2022. Nas eleccións autonómicas de 2009 resultou o máis votado, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano.
East Sussex (galego: Sussex Oriental) é un condado non metropolitano no sueste de Inglaterra, no Reino Unido. Limita cos condados de Kent, Surrey e Sussex Occidental e ao sur co canal da Mancha. O antigo reino de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado independentes en 1888.
Peercoin (PPC ou PPCoin) é unha criptomoeda que se executa nunha rede peer-to-peer, cuxo código fonte baséase no código de bitcoin, pero para verificar a lexitimidade das súas unidades de conta, é dicir, para comprobar cadansúas moedas virtuais, emprega os sistemas de proba de traballo e proba de participación. E, ó contrario doutros sistemas de criptomoedas, prevé unha taxa anual de inflación, que é un mecanismo de control polo decrecemento do seu valor, e non posúe un límite ríxido de unidades que poden ser engadidas ao seu total.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha persoa transexual é aquela cuxa identidade de xénero non coincide ca asignada no momento do nacemento a partir da súa morfoloxía xenital. A palabra transexual identifica a quen se someteu a procedementos médicos cirúrxicos e endócrino para axustar o seu corpo á súa identidade de xénero. Quen no pasa por procedementos médicos é denominado persoa transxénero.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Inquisición española ou tamén coñecida como Tribunal do Santo Oficio da Inquisición actuou baixo o control dos reis de España de 1478 ata 1834. Esta Inquisición foi o resultado da Reconquista Española das mans dos musulmáns, e a política de conversión de xudeus e musulmáns españois ao catolicismo. A Inquisición foi un importante instrumento na política chamada limpeza de sangue contra os descendentes de xudeus e musulmáns convertidos.
O Reino de Sussex ou Reino dos saxóns do Sur (en inglés antigo: Sūþseaxna rīce) foi unha colonia saxoa e posteriormente un reino independente dos saxóns na costa sur de Inglaterra fundado no século V, tras a retirada dos romanos da illa de Britania. Foi un dos estados da denominada Heptarquía Anglosaxoa, período da historia inglesa entre os séculos V e IX. Aínda que é considerado un dos sete reinos principais da Heptarquía, a súa importancia política foi menor mesmo que a dalgúns reinos considerados secundarios como Hwicce ou Lindsey. A historia do reino está chea de lagoas e os reinos veciños de Wessex e Mercia exerceron o seu dominio sobre Sussex desde mediados do século VI até a súa incorporación definitiva ao reino anglosaxón no 825.
West Sussex (galego: Sussex Occidental) é un condado non metropolitano no sur de Inglaterra, Reino Unido. Limita cos condados de Sussex Oriental (con Brighton e Hove), Hampshire e Surrey. O condado de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado separados, en 1888.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
O Reino de Essex (Ēst Seaxna, "saxóns orientais"), un do sete reinos tradicionais da chamada Heptarquía Anglosaxoa, foi fundado ao redor de 600 e cubría o territorio actualmente ocupado polos condados de Essex, Hertfordshire e Middlesex. O primeiro documento histórico sobre o reino remóntase á Historia Eclesiástica de Beda, que reflicte a chegada do bispo Melito a Londres en 604.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
Cristianismo e homosexualidade
A visión que ten o cristianismo da homosexualidade é moi diversa. Algunhas igrexas cristiás son totalmente contrarias á admisión de prácticas sexuais entre persoas do mesmo sexo porque ven nelas unha ofensa ao seu deus. Outras consideran que as relacións sexuais son expresión do amor e admítenas dentro da súa moral.
As chamadas matanzas de Paracuellos foron unha serie de episodios de execucións masivas organizadas durante a batalla de Madrid, no transcurso da guerra civil española, que levaron á morte de algo máis de dous mil prisioneiros considerados opostos ao bando republicano. Os feitos desenvolvéronse en dous lugares próximos á cidade de Madrid: os parajes do arroio de San José, en Paracuellos de Jarama, e no soto de Aldovea, no termo municipal de Torrejón de Ardoz. As execucións realizáronse aproveitando os traslados de presos de diversos cárceres madrileños, coñecidos popularmente como sacas, levados a cabo entre o 7 de novembro e o 4 de decembro de 1936, mentres se enfrontaban as tropas gobernamentais e franquistas polo control da cidade.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 180.993 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.O nome do grupo procede da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós.
Aethelred I de Wessex (en inglés antigo: Æþelræd), nado en 840 e finado en 871, foi o cuarto dos fillos homes -6 en total- de Aethelwulf, rei de Wessex, e da súa primeira esposa, Osburga. Durante todo o seu reinado tivo que loitar contra os daneses, apoiado polo seu irmán menor, Alfredo, véndose envolvido en batallas unha tras outra.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Malencolía é un filme galego de 2021 dirixido e escrito por Alfonso Zarauza e rodado en lingua galega. Está protagonizado por Melania Cruz e Xulio Abonjo e é unha mestura de cinema de terror e comedia. Recibiu 11 nomeamentos na 20ª edición dos Premios Mestre Mateo, sendo o gañador de dous premios, mellor actor secundario para Diego Anido e mellor actriz secundaria para Iolanda Muíños.
Ao falarmos da homosexualidade ao longo da historia, cómpre ter presente que as relacións afectivas, sexuais e sexoafectivas entre persoas do mesmo sexo estiveron presentes en todas as épocas da historia. Con moita frecuencia os diferentes réximes políticos valéronse da reprobación de certas formas de sexualidade para exerceren sobre o individuo o seu control. Así, as relacións homosexuais tiveron diferente grao de aceptación segundo a época e a cultura.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Carolina Iglesias, tamén coñecida como Percebes y Grelos, nada en Oleiros o 8 de agosto de 1993, é unha humorista, guionista e youtubeira feminista galega. En 2021, foi recoñecida co Premio Marcela e Elisa polo seu traballo en prol dos dereitos LGTBI+, sendo a persoa máis nova en recibir este galardón.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
O Batallón Azov (en ucraíno, Батальйон «Азов») é unha unidade militar de extrema dereita de voluntarios neonazis de Ucraína. Conta tamén con membros doutros países, entre eles, Croacia. Pertence á Garda Nacional de Ucraína, unha sección de reserva das Forzas Armadas de Ucraína que está baixo xurisdición do Ministerio do Interior do país.
Terra de Miranda é unha serie feita por Zopilote e Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, cos exteriores gravados en Mondoñedo e Aranga. Comezou a emitirse en 2001 e constou de 7 tempadas e 138 episodios. Pechou o seu exitoso percorrido en 2007, cunha tempada de 26 capítulos nos que acadou unha media de 150.000 espectadores e un 14,7% de share.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Kiwix é un software libre utilizado para visualizar a Wikipedia sen necesidade dunha conexión á Internet. Isto lévase a cabo mediante a lectura do contido do proxecto almacenado nun ficheiro de formato ZIM, que non é máis que o contido da Wikipedia comprimido. Actualmente é posible ler calquera proxecto da Wikimedia, e non soamente a Wikipedia, para a cal foi nun principio deseñado.
O bombardeo de Gernika, realizado o 26 de abril de 1937, foi un ataque aéreo á vila vasca de Gernika durante a Guerra Civil Española. O ataque, lanzado por avións alemáns da Lexión Cóndor e italianos da Aviazione Legionaria, causou gran cantidade de vítimas civís e destruíu boa parte da vila. A incursión foi bautizada co nome de Operación Rügen.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.