Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A festa dos maios, tamén coñecida simplemente como os maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
O Imperio romano (en latín: imperium romanum) foi un imperio da antigüidade sucesor da República Romana e caracterizado por un sistema autocrático. Gobernou extensas terras ao longo de Europa e o Mediterráneo. Durante o mandato de Traxano abarcaba, de oeste a leste, dende o océano Atlántico até as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico e, de norte a sur, dende as fragas dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia até o deserto do Sahara.
Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima. Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005).
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. Dende o 2 de abril de 2022 é presidente do Partido Popular e foi o presidente do Partido Popular de Galicia ata o 1 de abril de 2022. Nas eleccións autonómicas de 2009 resultou o máis votado, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano.
Os interferóns de tipo I humanos son un amplo conxunto de proteínas humanas do grupo dos interferóns (IFN). Os interferóns funcionan como citocinas reguladoras que se unen a receptores de interferóns da superficie celular. Todos os IFNs de tipo I únense a un mesmo complexo receptor específico da membrana celular chamado receptor do IFN-α (IFNAR) que consta das cadeas proteicas IFNAR1 e IFNAR2.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas.
Negocio (do latín nec (non) + otium (ocio)), e é a consecuencia da correcta administración dos recursos cun resultado economicamente positivo para as partes. É importante sinalar que o resultado non soamente se mide mediante o diñeiro resultante senón con base a relacións de poder. Pola extensión, a palabra fíxose sinónima "dunha empresa individual comercial" (século XVIII).
Maio na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de maio na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Inclúese algún refrán relativo á Ascensión, festividade que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección. Pode caer no mes de maio ou a principios de xuño.
Para información sobre a batalla da Segunda Guerra Mundial, véxase Batalla de Montecassino A Abadía de Montecassino é un mosteiro no outeiro rochoso homónimo. É célebre por ser o lugar onde Bieito de Nursia estabeleceu o seu primeiro mosteiro, a fonte da orde beneditina, sobre o ano 529, e por ser o lugar de varias batallas cara ao final da Segunda Guerra Mundial.
Un artigo enciclopédico é un texto escrito, de carácter informativo, destinado a explicar un concepto segundo patróns descritivos sistemáticos, determinados pola obra de referencia da cal fai parte: como nun dicionario ou unha enciclopedia. O artigo está esencialmente destinado á consulta e aborda conceptos ben estabelecidos nalgún paradigma académico ou científico, no canto de entrar en polémicas referentes a categorías teóricas discutíbeis.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
Hideo Kojima (en xaponés 小島秀夫), nado en Setagaya (Toquio) o 24 de agosto de 1963, é un popular deseñador de videoxogos que en 2009 traballaba na compañía xaponesa Konami. Inicialmente foi o vicepresidente de Konami Computer Entertainmet Japan, exercendo máis tarde o cargo de creador de videoxogos Kojima Productions, cun novo equipo dedicado ao desenvolvemento de videoxogos creativos deixando de lado as decisións económicas e administrativas. Hideo Kojima é o creador e director de varios videoxogos exitosos, incluíndo as series Metal Gear, Snatcher e Policenauts.
Royal Delft (marca internacionalmente recoñecida da compañía De Koninklijke Porceleyne Fles, anteriormente De Porceleyne Fles) é, xunto con De Delftse Pauw, a única fábrica de louza que mantén a súa actividade das 32 que no século XVII se estableceron na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. É coñecida pola súa produción da sonada "louza de Delft", á que se dedica desde hai máis de 350 anos sen interrupción.Á parte da produción, a súa sede alberga tamén un museo onde se expoñen artigos fabricados ao longo da súa historia e unha tenda onde se poden adquirir os seus produtos. En 2015 contou con 128.000 visitantes.
Unha asemblea é unha reunión onde afectados por un determinado asunto ou membros dunha organización opinan ou deciden sobre un tema directamente e sen representantes (democracia directa), ou ben son representantes doutras persoas os que debaten e deciden (democracia indirecta). No primeiro tipo de asembleas adoita tomarse a decisión por consenso para acadar acordos mínimos aceptables para tódolos implicados, e reservarse as votacións para os casos nos que non hai acordo posible. En moitas organizacións a asemblea é un órgano político que toma decisións.
O volcán Pico de Orizaba, tamén denominado Citlaltépetl, localízase en México e é a montaña máis alta deste país, a terceira de América do Norte e o terceiro volcán máis alto no hemisferio Occidental. Localízase no extremo oriental do complexo montañoso de Eje, na fronteira entre os estados de Veracruz e Puebla. Actualmente encóntrase dormente, mais non está extinto, tendo ocorrido as últimas erupcións en 1687 e anteriormente en 1630, 1613, 1569, 1566, 1545 e 1537.
OK Go é unha banda de rock alternativo orixinaria de Chicago, pero residente no Ánxeles. A banda está formada por Damian Kulash (voz e guitarra), Tim Nordwind (baixo e coros), Dan Konopka (percusión) e Andy Ross (guitarra, teclado e coros), que se uniu no 2005, substituíndo a Andy Duncan. Son especialmente coñecidos polos seus elaborados vídeos musicais.
Un piano é un instrumento musical composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo sons claros e vibrantes. Atendendo á súa forma e dimensión denomínanse verticais, de cola e media cola, ou de mesa.
A piratería ou pirataría é unha práctica que consiste en que unha embarcación ataca a outra co propósito de roubarlle a carga, esixir rescate polos pasaxeiros, convertelos en escravos e moitas veces apoderarse da nave. A súa definición segundo o dereito internacional pode atoparse no artigo 101 da Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar. A pirataría refírese tamén, desde mediados do século XX a un tipo de accións realizadas en avións que buscan reter pola forza tripulacións e pasaxeiros, así como as propias aeronaves.
Al Jazeera ( الجزيرة, a illa ou a península en árabe) é unha canle árabe de televisión por satélite radicada en Qatar. Fundouse en 1996 polo goberno qatarí, converteuse na principal canle de noticias do mundo árabe. En orixe gratuíta e financiada polo goberno, a emisora comezou a cobrar polos seus servizos e independizouse financeiramente.
Os peixes (Pisces) son animais vertebrados, ovíparos, acuáticos e con respiración branquial. A especialidade da zooloxía que se ocupa especificamente dos peixes chámase ictioloxía. O grupo dos peixes é un taxon parafilético, é dicir, un caixón de xastre definido pola exclusión dun taxon (os tetrápodos) doutro maior (os vertebrados), e non pola posesión de características derivadas comúns.
Adele Laurie Blue Adkins, nada o 5 de maio de 1988, en Tottenham, Londres, Inglaterra, coñecida simplemente como Adele, é unha cantante e compositora británica de soul, blues, pop e jazz, gañadora de oito Premios Grammy e tres Brit Awards. Dende moi nova amosou un grande interese pola música e, en 2006, egresou da BRIT School de Artes Escénicas e Tecnoloxía. Ese mesmo ano, firmou un contrato con XL Recordings, tras ser descubierta por unhas demos que un amigo publicou en MySpace. Nos Premios Brit de 2007 recibiu o galardón de elección dos críticos e tamén gañou a enquisa Sound of 2008 realizada pola BBC. En 2008, Adele debutou co seu primeiro álbum de estudio, 19, que se situou no número 1 da lista de álbums británica e foi certificado, tamén, como disco dobre platino nos Estados Unidos No territorio norteamericano, a súa carreira, viuse moi lanzada trala actuación no programa Saturday Night Live, a mediados de outubro de 2008; ese programa contou coa maior cantidade de espectadores en catorce anos. Un ano despois, na 51ª entrega dos Premios Grammy, gañou os galardóns á mellor artista novo, e mellor interpretación vocal por feminina por "Chasing Pavements".
Canon en re maior de Pachelbel
O Canon e Giga en re maior para tres violíns e baixo continuo (en alemán: Kanon und Gigue in D-Dur für drei Violinen und Basso Continuo), tamén coñecido sinxelamente como o Canon, é a obra máis coñecida do compositor alemán de música barroca Johann Pachelbel. Pachelbel compuxo esta obra arredor do ano 1680, sendo orixinalmente unha obra de música de cámara para tres violíns e baixo continuo; posteriormente realizáronse arranxos para unha gran variedade de instrumentos e conxuntos. Orixinalmente, unha giga na mesma tonalidade (re maior) segue ó canon, pero esta última danza execútase ou grava con moita menos frecuencia.
A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du Traité de l'Atlantique Nord, OTAN), tamén denominada Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa.
O termo audiencia pode tomar os significados seguintes: Telecomunicacións: A audiencia, o público que recibe mensaxes a través dun medio de comunicación, polo xeral a radio e a televisión. Horario de máxima audiencia. Dereito: A audiencia, o momento dun proceso en que se admiten razón ou en que se presentan as probas dun xuízo.
Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti, [ˈeːsti] (AFI)), oficialmente República de Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti Vabariik, [ˈeːsti ˈʋɑbɑriːk] (AFI)), é un dos tres países bálticos. O país atópase na Europa do norte e está constituído por unha porción continental e un grande arquipélago de illas no mar Báltico. Estonia limita polo norte co golfo de Finlandia que o separa da veciña Finlandia.
"Wanna Be Startin' Somethin'" é un sinxelo escrito e interpretado polo artista estadounidense Michael Jackson e producido por Quincy Jones (con coprodución de Jackson). "Wanna Be Startin' Somethin'" foi lanzado o 8 de maio de 1983, por Epic Records como o cuarto sinxelo do sexto álbum de estudio, Thriller en 1982. É a primeira canción de Thriller.
Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Lëtzebuerg, en francés: Luxembourg, en alemán: Luxemburg), oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Groussherzogtum Lëtzebuerg, en francés: Grand-Duché de Luxembourg, en alemán: Großherzogtum Luxemburg), é un país de Europa Occidental e forma parte da Unión Europea e da eurozona. Limita ao leste con Alemaña, ao sur con Francia e a oeste e norte con Bélxica. Non ten saída ó mar.
James Francis Cameron, nado o 16 de agosto de 1954 en Chippawa, Ontario é un director de cine, produtor e guionista canadense. O seu traballo como gionista e director inclúe filmes como Piraña II (1981), Terminator (1984), Aliens (1986), The Abyss (1989), Terminator 2: O xuízo final (1991), True Lies (1994), Titanic (1997) e Avatar (2009).
Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa
O Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa, máis coñecido como Te Papa, é un museo nacional de Nova Zelandia que se atopa na cidade de Wellington. Trátase dun museo que mantén unha proposta de integración e traballo multidisciplinar.
O océano Ártico, tamén coñecido como océano Glacial Ártico, é a menor das cinco grandes divisións oceánicas do planeta Terra. Está situado no hemisferio norte, na súa gran maioría na rexión polar ártica. A Organización Hidrográfica Internacional recoñece o Ártico como un océano, se ben é chamado por parte da oceanografía mar Ártico Mediterráneo ou simplemente mar Ártico, clasificándoo como un dos mares mediterráneos do océano Atlántico.
IGN (abreviatura do nome Imagine Games Network) é unha páxina web estadounidense de videoxogos e entretemento operada por IGN Entertainment Inc., unha subsidiaria de Ziff Davis, á súa vez propiedade de j2 Global. A sede da compañía atópase en San Francisco e está dirixida polo seu antigo editor en xefe, Peer Schneider. A páxina web de IGN foi obra do emprendedor Chris Anderson e foi lanzada o 29 de setembro de 1996.
Este artigo trata sobre o cómic, para obter información sobre a película vaia a Watchmen (filme); e sobre a banda canadense vaia a The Watchmen. Watchmen (Vixilantes) é un cómic de superheroes da editorial DC Comics, escrito por Alan Moore e debuxado por Dave Gibbons. Foi publicado inicialmente coma serie limitada de 12 números entre 1986 e 1987 e posteriormente recompilado como novela gráfica e está considerado como un dos cómics máis revolucionarios da historia.
Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista. A xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta marela, xesta moura ou xesta negra, (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia. Baixo este nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta especie é a máis frecuente.
No sistema universitario de España, unha cátedra universitaria é o posto o máis alto no escala docente dunha Universidade, ocupado por persoal docente e investigador logo de pasar unha serie de requisitos. Algúns postos universitarios, como o reitorado, só poden ser ocupados por catedráticos ou catedráticas.
María Teresa Lamata Jiménez, nada en Logroño en 1952, é unha investigadora e catedrática de ciencias da computación e intelixencia artificial da Universidade de Granada. Na súa labor profesional salientaou a súa defensa do papel da muller nas disciplinas TIC, á parte do seu papel destacado como investigadora na área. É licenciada en matemáticas e doutora en ciencias pola Universidade de Granada.
A República das Illas Marshall (en marshalés: Aolepān Aorōkin M̧ajeļ; en inglés Republic of the Marshall Islands) é un estado insular do Pacífico, ó norte de Nauru e Quiribati, ó leste dos Estados Federados de Micronesia, e ó sur da estadounidense Illa de Wake. Está composta maiormente por atois coralinos nos que a elevación non supera os nove metros como máximo. Os principais atois son: Kwajalein, Jaluit, Majuro, Bikini e Enewetak.
A atonalidade (do grego α: ‘sen’ e τόνος tónos 'tonalidade') é o sistema musical que carece de toda relación dos tons dunha obra cun ton fundamental e de todos os lazos harmónicos e funcionais na súa melodía e acordes, sen estar suxeito ás normas da tonalidade. Ao sistema oposto da atonalidade non se lle debe de chamar "tonalismo", senón, «sistema tonal». Máis especificamente, o termo describe a música que non se axusta ao sistema de xerarquías tonais que caracterizaba ao son da música europea entre o século XVII e os primeiros anos do XX. Os centros tonais substituíron gradualmente os sistemas de organización modal que se desenvolveron desde o 1500 e que culminaron co establecemento do sistema de modo maior e menor entre fins de século XVI e mediados do XVII. Un oínte atento a obras particularmente dos períodos Barroco, Clásico ou Romántico, ou obras como unha ópera de Antonio Vivaldi, unha sonata de Beethoven (1770-1827), é capaz de advertir o final poucos compases antes de que finalice un fragmento.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
O Reino de Inglaterra foi un estado soberano e país insular, situado o noroeste dá Europa continental, que existiu desde a caída do Imperio Romano (927) e os seus asentamentos na Britania Romana ata a súa fusión co Reino de Escocia (1707) creando así o Reino de Gran Bretaña. No seu cénit, o Reino de Inglaterra formábano as dúas terceiras partes do sur da illa de Gran Bretaña (incluíndo País de Gales) e varias illas pequenas periféricas, que é hoxe a unidade legal de Inglaterra e País de Gales. Inglaterra como un estado de nación comezou entre o século IX ou o século X, pero amplamente remonta as súas orixes á invasión anglosaxoa de Gran Bretaña e a Heptarquía anglosaxoa dos pequenos estados que a seguiron e en última instancia unificaron.
Tratado de libre comercio de América do Norte
O Tratado de libre comercio de América do Norte TLCAN coñecido tamén por TLC, NAFTA (polas siglas en inglés North American Free Trade Agreement) ou ALÉNA (do francés Accord de libre-échange nord-américain), é un bloque comercial entre os Estados Unidos, Canadá e México que establece unha zona de libre comercio. Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1994. A diferenza de tratados o convenios similares (como o da Unión Europea) non establece organismos centrais de coordinación política ou social.
A Universidade Harvard (Harvard University) é unha universidade privada, a máis antiga dos Estados Unidos, localizada en Cambridge, Massachusetts. Fundouna a colonia da baía de Massachusetts o 8 de setembro de 1636. Coñecida ao primeiro como New College, pasou a se denominar Harvard College o 13 de marzo de 1639 por John Harvard, que doara os seus libros e a maioría do seu capital á institución, que se converte en universidade en 1780.
A pronunciación ou pronuncia refírese á maneira en que unha palabra ou lingua é falada e tamén ó xeito en que alguén pronuncia unha palabra. Unha palabra pode ser falada de formas diferentes por varios individuos ou grupos, dependendo moitos factores sociolingüísticos, por exemplo o lugar na cal creceron ou o sitio onde viven.
A palabra concepto provén da voz latina conceptum que significa concibido. A formación do concepto está estreitamente ligada ó contexto. Isto significa que todos os elementos, incluíndo linguaxe e cultura, e a información percibida polos sentidos que sexa accessible ó momento en que unha persoa constrúe o concepto de algo ou alguén, inflúen na conceptualización.
Un arranxo musical é a preparación dunha composición musical para ser executada por un grupo específico de voces ou instrumentos musicais, o que consiste basicamente en reescribir o material preexistente para que quede en forma diferente a como fora executado anteriormente ou para facer a música máis atraente para o público e usar técnicas de rítmica, harmonía e contrapunto para reorganizar a estrutura da peza de acordo cos recursos dispoñibles, tales como a instrumentación e a habilidade dos músicos.
Incredibles 2 é un filme de animación estadounidense de 2018 producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Escrito e dirixido por Brad Bird, é a secuela do filme de 2004 The Incredibles e o segundo título da franquía. O seu argumento é unha continuación directa dos eventos do primeiro filme e conta as aventuras da familia Parr e a súa busca do equilibrio entre a súa vida como superheroes e como unha familia civil normal.
O río San Lourenzo (en francés fleuve Saint-Laurent; en inglés Saint Lawrence River; en tuscarora, Kahnawáˀkye; en mohawk, Kaniatarowanenneh, que significa "gran vía navegábel") é un dos principais ríos de Norteamérica, o colector dos Grandes Lagos, que conecta co océano Atlántico, no golfo de San Lourenzo. No seu primeiro treito forma a fronteira natural entre os Estados Unidos e o Canadá, adentrándose despois en territorio canadense, nas provincias do Quebec e Ontario. O San Lourenzo é un gran río que discorre polas latitudes medias do continente.
O Ródano (en alemán: Rhone ou Rotten, en francés: Rhône, francoprovenzal: Rôno, en occitano: Ròse ou Roine) é un importante río europeo. Desde o seu nacemento nos Alpes até a súa desembocadura no mar Mediterráneo percorre 812 quilómetros, dos cales 231 km discorren por Suíza e 581 por Francia. Deu nome aos departamentos de Ródano e de Bocas do Ródano, e tamén ó antigo departamento revolucionario de Ródano e Loira.
Darktable é unha aplicación libre e de código aberto para a edición de imaxes en formato raw (negativo dixital, imaxe dixital sen pretratar polo software da cámara). É un programa de revelado dixital, que permite a edición non destrutiva e o retoque de imaxes. Unha mesa de luz e un cuarto escuro virtual para os fotógrafos, onde xestionar os negativos dixitais nunha base de datos.
The Nightmare Before Christmas
The Nightmare Before Christmas é un filme de animación baseado no poema de Tim Burton, producido por Touchstone Pictures, estreado o 29 de outubro de 1993, e distribuído por Touchstone Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Foi dirixido por Henry Selick e producido e coescrito por Tim Burton.
Le Sacre du printemps (en francés) ou Весна священная (en ruso, transliterado Vesna sviashchennaia) é un ballet e concerto orquestral do compositor ruso Igor Stravinskii. Foi escrito para a tempada dos Ballets Russes de Sergei Diagilev de 1913; a coreografía orixinal foi obra de Vatslav Nizhinskii, con deseños de escena de Nikolai Rerikh. Cando foi estreada, no Théâtre des Champs-Élysées o 29 de maio de 1913, a natureza vangardista da música e a coreografía causaron sensación e case orixinaron disturbios na audiencia.
O anime (アニメ, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión. Entre a manga e anime adoita haber moita interacción, posto que os mangas que teñen éxito son posteriormente adaptados ó anime.
Michael Joseph Jackson, nado en Gary, Indiana o 29 de agosto de 1958 e finado nos Ánxeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido simplemente como Michael Jackson, foi un cantautor, actor, músico, bailarín e home de negocios estadounidense. Chamado o Rei do Pop, a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América
A Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América (en inglés: United States House of Representatives) é unha das dúas cámaras do Congreso estadounidense (un poder lexislativo bicameral) xunto co Senado. A composición e poderes da Cámara están estabelecidos no Artigo I da Constitución dos Estados Unidos. O principal poder da Cámara é a lexislación federal que afecta a todo o país, malia que as propostas de lei deben pasar tamén polo Senado e contar coa aprobación do Presidente antes de converterse en lei (agás se a Cámara e o Senado aproban a lexislación cunha maioría de dous terzos en cada cámara).
Ibídem (abreviado ib.) é unha locución latina que significa literalmente "alí mesmo, no mesmo lugar". Emprégase xeralmente nas notas que se poñen nos escritos para non ter que repetir todas as indicacións da fonte de onde están tomadas varias citas. Estas indicacións escríbense completas só a primeira vez, na primeira nota; as demais veces que se cita esa fonte utilízase o termo ibídem ou, en abreviatura, ib., e indica que o lugar de onde se tomou a segunda cita e as posteriores, pertencen ao mesmo escrito que o da primeira nota.
Blade Runner é un filme de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro de 1982 dirixido por Ridley Scott e protagonizado por Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Edward James Olmos e Daryl Hannah. O guión, escrito por Hampton Fancher e David Peoples, foi unha adaptación libre da novela de 1968 Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
Senado dos Estados Unidos de América
O Senado dos Estados Unidos de América (en inglés: United States Senate) é a cámara alta lexislativa no sistema bicameral estadounidense, que xunto coa Cámara de Representantes forma parte do Congreso. Reunido por vez primeira en 1789, a composición e poderes do Senado foron estabelecidos no 1º artigo da constitución estadounidense. Cada estado é representado por dous senadores, sen ter en conta a poboación, os cales son elixidos por un período de seis anos.
Un accidente xeográfico é unha particularidade xeomorfolóxica no relevo do planeta Terra, tanto na formación de solos continentais e costeiros. Os accidentes xeográficos adoitan clasificarse por características tales como a elevación, pendente, orientación, estratificación, formación rochosa e tipo de solo. Varios factores, desde a tectónica de placas até a erosión e a sedimentación, poden xerar e alterar accidentes xeográficos.
O sunnismo ou islam sunnita (سنّة) é a maior seita do islam, á cal pertencen 85% do total dos musulmáns. Os seguidores do sunnismo son os sunnitas.A maioría dos sunnitas acredita que o nome deriva da palabra Sunna que é a forma de conduta do profeta Mahoma. Algúns afirman porén que Sunnita deriva dunha palabra que significa "un camiño moderado" referíndose á idea de que o Sunnismo toma unha posición máis neutral do que aquela que ten sido apercibida como máis extrema dos xiítas e dos caridxitas.
Ernst Cassirer, nado en Breslau o 28 de xullo de 1874 e finado en Nova York o 13 de abril de 1945, foi un filósofo de orixe prusiana, cidadán sueco dende 1939. Exerceu a docencia na Universidade de Hamburgo. Aliñado na dirección neokantiana da escola de Marburgo, tratou os problemas gnoseolóxicos e epistemolóxicos no sentido do idealismo crítico.Foi coñecido pola súa obra Filosofía das formas simbólicas do campo da filosofía da cultura.
Koyaanisqatsi, tamén coñecido como Koyaanisqatsi: Life Out of Balance, é un filme experimental de 1982 dirixido por Godfrey Reggio. A música é obra de Philip Glass e a fotografía de Ron Fricke. O filme componse de escenas en slow motion e time-lapse de cidades e paisaxes naturais ó longo dos Estados Unidos de América.
Reservoir Dogs é un filme estadounidense dirixido por Quentin Tarantino que foi estreado en 1992. Pertence ó xénero neo-noir e thriller e conta os eventos anteriores e posteriores dun roubo de diamantes errado. Foi o primeiro filme do director e guionista Quentin Tarantino, e está protagonizado por Harvey Keitel, Tim Roth, Steve Buscemi, Chris Penn, Lawrence Tierney e Michael Madsen.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
2017 é un ano común do calendario gregoriano, que comezou en domingo. A ONU declarou o 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento [1], coa intención de promover esa actividade económica creando conciencia da importancia de impulsala e desempeñala responsablemente. O Día das Letras Galegas estivo adicado a Carlos Casares.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .