Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Antiga e Barbuda (en inglés: Antigua and Barbuda) é un país situadas ó leste do mar Caribe, en América Central, e que forma parte das Antillas Menores. Antiga e Barbuda está formada principalmente polas dúas illas de Antiga, Barbuda e illas pequenas como Redonda, Great Bird, Green, Guiana, Long, Maiden e York Islands. No ano 2019, a poboación permanente do país roldaba as 97 120 persoas, cun 97% delas residindo na illa de Antiga.
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Un xornalista ou periodista é aquela persoa que se dedica ó xornalismo en calquera das súas formas, xa sexa na prensa escrita, radio, televisión ou medios dixitais. O xornalista dedícase basicamente á busca de información e á súa posterior difusión. Existen varios principios que guían o labor do periodista, o principal dos cales é o respecto pola verdade e o rigor na busca da información.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense. Tras unha exitosa carreira no cine británico en películas mudas e nas primeiras sonoras, o que o levou a ser considerado o mellor director de Inglaterra, Hitchcock trasladouse a Hollywood en 1939.
Na península de Corea fálanse varios dialectos coreanos. A península é extremadamente montañosa e o "territorio" de cada dialecto corresponde estreitamente aos límites naturais entre as diferentes rexións xeográficas de Corea. A maioría dos dialectos reciben o nome dunha das oito provincias tradicionais de Corea.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
Un sorriso de Glasgow (en inglés: Glasgow smile), tamén coñecido como sorriso de Chelsea, é unha ferida causada por facer un corte nas esquinas da boca da vítima até a altura das orellas, deixando unha cicatriz con forma de sorriso.O acto adoita realizarse cunha navalla ou unha peza de vidro roto, deixando unha cicatriz que fai que a vítima semelle estar sorrindo amplamente. Crese que a práctica se orixinou en Glasgow, Escocia nas décadas de 1920 e 1930, pero fíxose moi popular entre as bandas criminias inglesas (especialmente entre os Chelsea Headhunters, unha banda hoolingan de Londres que popularizou os nomes "Chelsea grin" ou "Chelsea smile").
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
O Instituto de Ensino Secundario Perdouro é un centro educativo público situado en Burela (Lugo) que imparte ensino de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, e Formación Profesional Básica de Fabricación e Montaxe e de Administración e Servizos. Ademais, desenvolve o programa CUALE para a formación complementaria en linguas estranxeiras, co que obter o nivel B1 de portugués.Depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
O produto interior bruto ou PIB é o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano). O PIB é unha magnitude de fluxo, pois contabiliza só os bens e servizos producidos durante a etapa de estudo. O PIB é comezado a usar despois da segunda guerra mundial.En canto ao cálculo do PIB, pode facerse segundo o custo dos factores ou dos prezos de mercado.
Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C. en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño de 323 a.C. en Babilonia, foi rei do antigo reino de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Sucedeu ao seu pai Filipo II no trono no 336 a.C. aos 20 anos, e pasou a maior parte dos seus anos de goberno realizando unha longa campaña militar por todo o oeste de Asia e o nordeste de África. Á idade de trinta anos, creara un dos imperios máis grandes da historia, que se estendía desde Grecia ata o noroeste da India. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.Alexandre o Grande dedicou os primeiros anos do seu reinado a impoñer a súa autoridade sobre os pobos sometidos a Macedonia, que aproveitaran a morte de Filipo para rebelarse.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 182.332 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Bárbara Allende Gil de Biedma, nada en Madrid o 29 de xuño de 1957 e finada na mesma cidade o 24 de maio de 2022, foi unha artista, pintora, poeta e fotógrafa española, coñecida como Ouka Leele. Foi unha das protagonistas principais da movida madrileña de comezos da década de 1980. De formación autodidacta, destacan as súas características fotografías en branco e negro pintadas a man con acuarela.
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo. Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
O dominio de primeiro nivel (en inglés Top Level Domain TLD) é un dos compoñentes dun enderezo de internet, estes van separados por puntos, así por exemplo: gl.wikipedia.org, e precisamente o último é o que se denomina dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel. O sistema de nomes de dominio en internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha xerarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex.
2022 (MMXXII) é o ano actual do calendario gregoriano comezado en sábado. As Nacións Unidas declararon 2022 como Ano Internacional da Pesca Internacional e da Acuicultura, Ano Internacional das Ciencias Básicas para o Desenvolvemento Sustentábel, Ano Internacional do Desenvolvemento Sustentábel das Montañas, e Ano Internacional do Vidro.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Rebelión das putas de San Julián
A rebelión das putas de San Julián é un evento da historia arxentina ocorrido en Puerto San Julián o 17 de febreiro de 1922, no epílogo das loitas da Patagonia rebelde.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
Este artigo fala do escritor de novela negra nado en 1971 e finado en 2022, para o médico nado en 1843 e finado en 1912 véxase o artigo "Domingo Villar Vázquez".Domingo Villar Vázquez, nado en Vigo o 6 de marzo de 1971 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 2022, foi un premiado escritor galego de novela negra. Creador do personaxe do inspector Leo Caldas, protagonista dunha triloxía composta por Ollos de auga (2006), A praia dos afogados (2009) e O último barco (2019). Os seus libros foron traducidos a máis de quince linguas.
Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².