Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
Narita (成田市, なりたし, Narita-shi) é un concello da prefectura de Chiba no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao norte da prefectura, na zona de provincia histórica de Shimōsa, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 213,84 km² e a poboación de 127.428 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 596 h/km².
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
The Chronicles of Narnia é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas polo británico C. S. Lewis. Ilustradas por Pauline Baynes e publicadas orixinalmente entre 1950 e 1956, a serie de The Chronicles of Narnia adaptouse para radio, televisión, teatro, cinema e mesmo videoxogos. Ten lugar nun reino ficticio chamado Narnia, un mundo de fantasía e maxia cheo de criaturas mitolóxicas e animais que falan.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Thiomargarita magnifica é unha especie de gammaproteobacteria filamentosa oxidadora de xofre que crece baixo a auga sobre follas desprendidas de mangleiro vermello no arquipélago de Guadalupe nas Antillas menores. É a bacteria máis grande coñecida, cunha lonxitude media de 10 milímetros e algúns individuos acadan os 20 mm. A bacteria describiuse nunha prepublicación aparecida en febreiro de 2022.
Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia
Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia (en groenlandés: Kalaallit Nunaanni nuna eqqissisimatitaq, en dinamarqués: Grønlands Nationalpark) é o meirande parque nacional do mundo e a novena área protexida por superficie (só superada por áreas protexidas marítimas). Estabelecido en 1974 e ampliado até o seu tamaño actual en 1988, protexe 972 000 km² do interior e da costa nordeste de Groenlandia. Supera en superficie á maioría dos países do mundo, agás 29.
As montañas de Aïr ou o macizo de Aïr (en tamasheq: Ayăr; hausa: oriental Azbin, occidental Abzin) é un macizo triangular localizado no norte de Níxer, no deserto do Sáhara. Forman parte da ecorrexión do monte xerófilo do Sáhara Occidental, e elévanse a máis de 1.800 metros de altitude e esténdense por máis de 84 000 km². Localizadas no medio do deserto, ao norte do paralelo 17, o val de Aïr, cunha altitude de entre 500 e 900 metros, forma unha illa climática no Sahel que permite unha ampla variedade de vida, unha diversidade de coumunidades pastorais e agrícolas, e rechamantes lugares xeolóxicos e arqueolóxicos.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 185.627 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lactobacillus, tamén chamado bacilo de Döderlein, é un xénero de bacterias grampositivas anaerobias facultativas ou microaerófilas con forma de bacilo. Forman o grupo principal das bacterias do ácido láctico, chamadas así porque a maioría dos seus membros converten por fermentación o disacárido lactosa e outros azucres en ácido láctico. Nos humanos están presentes na vaxina, formando parte da flora vaxinal, e no tracto gastrointestinal, onde forman unha pequena porción da flora intestinal.
A abeloura, milfurada, hipérico, ou herba de san Xoán(Hypericum perforatum), (en inglés, St. John's wort), é unha herbácea europea, a especie máis abundante da familia das gutíferas (Guttiferae) ou hipericáceas (Hypericaceae). Cómpre non confundila coa dedaleira, que tamén recibe o nome de abeloura.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A reserva de fauna de ocapis é unha reserva de vida salvaxe no bosque de Ituri, no nordeste da República Democrática do Congo, preto das fronteiras co Sudán do Sur e Uganda. Cunha área de 14 000 km2, abrangue aproximadamente a quinta parte da superficie do bosque. En 1996, a reserva de fauna de ocapis foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, debido á súa gran poboación de ocapis en perigo de extinción e á súa elevada biodiversidade.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
Divisións administrativas de Groenlandia
Groenlandia divídese en cinco concellos: Avannaata, Kujalleq, Qeqertalik, Qeqqata e Sermersooq, así como o Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia, que é unha área non incorporada. A base aérea de Thule está baixo a administración da Forza Aérea dos Estados Unidos de América como un enclave rodeado polo territorio de Avannaata.
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
O queixo Harzer (en alemán: Harzer Käse) é un queixo elaborado con leite agre, semidesnatado, que só contén unha pequena porcentaxe de graxa (similar ao queixo quark) fabricado segundo métodos tradicionais, de acordo coa regulamentación alemá relativa aos procesos de fabricación de queixo.É moi celebrado nalgunhas partes de Alemaña. Orixinariamente provén dos arrededores do Parque Nacional do Alto Harz, ao sur de Braunschweig.É característico polo seu forte olor e o seu aroma picante.
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
Un mineral ou rocha máfico é un mineral silicato ou rocha ígnea (magmática) rico en magnesio e ferro. A maioría dos minerais máficos son de cor escura e os minerais máis comúns que forman rochas máficas son a olivina, o piroxeno, o anfíbolo e a biotita. As rochas máficas máis comúns son o basalto, a diabase e o gabro.
O euro (EUR ou €) ( pronunciación ) é a moeda empregada na eurozona e algúns outros países fóra da Unión Europea. O euro aspira a converterse na moeda oficial de toda a Unión Europea. A introdución do euro en lugar das divisas estatais foi a reforma monetaria máis importante en Europa na época moderna.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Sol é unha estrela de tamaño medio, en relación ao conxunto da nosa galaxia, a Vía Láctea, arredor da cal gravitan a Terra e mailos outros membros do noso sistema planetario. É unha estrela de tipo espectral G2, constituíndo a fonte primaria de enerxía electromagnética do sistema planetario.. A súa masa é de 333 000 veces a da Terra e o seu volume 1 400 000 veces.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O fiúncho (do latín serodio fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca'), funcho, fiollo ou fieiteiro (Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña. Tamén medra en estado silvestre na costa do Atlántico, especialmente en Galiza, onde tradicionalmente son usadas as sementes para culinaria e medicina popular e os talos para alimento dos animais.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Reservas naturais de Aïr e de Teneré
As reservas naturais de Aïr e de Teneré son unha reserva nacional natural en Níxer que inclúe varias designacións de reserva superpostas. Foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1991. Abrague tanto a metade oriental das montañas de Aïr e as seccións occidentais do deserto do Teneré.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.O nome do grupo procede da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós.
Monumento Nacional Mariño de Papahānaumokuākea
O Monumento Nacional Mariño de Papahānaumokuākea é un lugar Patrimonio da Humanidade que se atopa no arquipélago de Hawai, nos Estados Unidos de América. Abrangue 583 000 km2 de augas oceánicas, dez illas e atois das illas de Sotavento de Hawai. Foi creado en xuño de 2006 con 140 000 km2, e foi expandido en 2016 ampliando os seus límites até o máximo da súa fronteira da zona económica exclusiva, converténdose nunha das meirandes áreas protexidas do mundo.
Para o actual equipo da Liga LEB, véxase Fundación Lucentum Baloncesto.O Club Baloncesto Lucentum Alicante foi un club de baloncesto español con sede na cidade de Alacant, Comunidade Valenciana. Fundado en 1994, militou durante nova temporadas na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. Desapareceu en agosto de 2015 por problemas financeiros, cedendo a súa praza na Liga LEB Prata á Fundación Lucentum Baloncesto, club creado dous meses antes coa intención de salvar o baloncesto profesional na cidade.
Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, co filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdicción de Delaware dende o 2007. Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias. Foi denominado como o «SMS de Internet».A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario.
No Calendario armenio, as datas están marcadas polas letras ԹՎ ou parecidas, habitualmente cunha liña sobre as letras, indicando "t'vin" ("no ano") seguido por unha ou até catro letras, cada unha significa un número baseado na orde do alfabeto. Na Idade Media, os armenios empregaban un calendario que comezaba no ano 552 a.C., como o comezo da era armenia. Para traducir en anos comúns, adicione 551 ao número.
2022 (MMXXII) é o ano actual do calendario gregoriano comezado en sábado. As Nacións Unidas declararon 2022 como Ano Internacional da Pesca Internacional e da Acuicultura, Ano Internacional das Ciencias Básicas para o Desenvolvemento Sustentábel, Ano Internacional do Desenvolvemento Sustentábel das Montañas, e Ano Internacional do Vidro.
Charlotte Delbo, nada o 10 de agosto de 1913 en Vigneux-sur-Seine, Essonne, e finada o 1 de marzo de 1985 en París, foi unha escritora francesa principalmente coñecida polas súas memorias como prisioneira no campo de concentración de Auschwitz, ao que foi enviada pola súa actividade como membro da Resistencia francesa.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O xardín chinés é un estilo de xardín paisaxístico que evolucionou ao longo de tres mil anos. Inclúe tanto os vastos xardíns dos emperadores chineses e membros da familia imperial, construídos para o pracer e para impresionar, como os xardíns máis íntimos creados por estudosos, poetas, ex-funcionarios do goberno, soldados e mercadores, feitos para reflexión e a fuga do mundo exterior. A finalidade é crear unha paisaxe idealizada en miniatura, que pretende exprear a harmonía que debe existir entre o ser humano e a natureza.
O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo. Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.
A árnica falsa, tamén denominada flor de San Xoán; Helichrysum fœtidum (L.) Moench, é unha planta da familia Asteraceae orixinaria de Suráfrica. Naturalizada por gran parte da xeografía galega; principalmente nos hábitats costeiros onde vive. En zonas alteradas como cunetas, en ocasións penetrando en medios naturais como dunas ou nas zonas de transición entre cultivos e matogueiras.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Xuño na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xuño na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. As celebracións populares máis importantes deste mes coinciden coa festividade do Corpus e coa noite de San Xoán, noite máxica por excelencia. No primeiro caso, cómpre destaca-las alfombras de flores que se constrúen en diversas localidades galegas, especialmente Ponteareas.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. A flor das dedaleiras e as súas follas conteñen unha substancia alcaloide, a dixitalina, que afecta ao funcionamento cardíaco e o extracto do seu principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas dende finais do século XVIII. Na medicina a dixitalina viuse obsoleta e no seu lugar é usada a dixitoxina, molécula sintética derivada daquela.