Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 4 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que, cun total de 21, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
O Tournoi de Roland-Garros (en galego: "Torneo de Roland Garros") é un evento de tenis que se leva a cabo desde finais de maio ata comezos de xuño en París, Francia e é segundo dos torneos mundiais de Grand Slam. Comezou como un torneo nacional en 1891. En 1925 o "Campionato Francés" abriuse a competidores internacionais, desenvolvéndose nunha superficie de céspede alternativamente entre o Racing Club de France e o Stade Français.
Campións de Roland Garros (individual homes)
O torneo individual de homes de Roland Garros dispútase desde 1891, se ben ata 1924 só estaba aberto á participación de tenistas franceses e chamábase Campionato internacional de tenis de Francia. En 1925 abriuse á participación de tenistas afeccionados estranxeiros, mudando o nome do torneo a Internacionais de Francia. Finalmente, en 1968 permitiuse a participación de tenistas profesionais, pasando a seren os Internacionais de Francia open, que adoptan oficialmente o nome de Roland Garros en 1971.
José Salvador Arco Frías, máis coñecido como Salva Arco, nado o 25 de outubro de 1984 en Navàs, Barcelona, é un exxogador profesional catalán de baloncesto. Actualmente traballa como responsábel de área social do Club Baloncesto Breogán de Lugo, club onde xogou as súas últimas temporadas. Xogaba na posición de ala cunha altura de 1,96 metros.
CFRO (102.7 FM) é unha emisora de radio comunitaria financiada polos propios oíntes de Vancouver (Canadá), coñecida como Co-Op Radio. A emisora apareceu en 1975 establecida por unha coalición de diversos grupos de activistas sociais da cidade e mantén unha programación alternativa focalizada nos colectivos que normalmente non aparecen nas emisoras comerciais, un 20% da súa programación é en linguas diferentes do inglés . Conta con 4 empregados e 400 voluntarios.
O Grand Slam de tenis está constituído polos catro torneos maiores do circuíto internacional organizados pola Federación Internacional de Tenis, sendo os seguintes: Aberto de Australia Torneo de Roland Garros Campionato de Wimbledon Aberto dos Estados UnidosEstes catro torneos dispútanse anualmente ao mellor de 5 sets cada partido en categoría masculina, cun cadro de 128 xogadores, a diferenza dos ATP World Tour Masters 1000 que se disputan ao mellor de 3 sets, cun cadro de 94 ou 56 xogadores e á mellor de 3 sets en categoría feminina (tamén cun cadro de 128 xogadoras), sendo os de maior renome entre xogadores e afeccionados ao deporte ao outorgar os maiores premios en efectivo e o maior número de puntos para a clasificación mundial. Ao triunfar un xogador nalgún destes 4 torneos dise que logrou un título de Grand Slam. A expresión provén do xogo do bridge, que logo se aplicou ao tenis por primeira vez en 1933.
Ojete Calor é un dúo musical formado polos actores e cómicos Carlos Areces e Aníbal Gómez. Insírense dentro do xénero "subnopop", termo acuñado polo dúo. Nas súas cancións destacan as bases de música electrónica e as letras irónicas e descaradas con retrousos repetitivos, polo que afirman que no "subnopop" non cómpre cantar ben nin ser bo músico.
Dark Waters é unha película estadounidense de 2019, de suspense xudicial,dirixida por Todd Haynes e con guión de Mario Correa e Matthew Michael Carnahan. A historia dramatiza o caso que enfrontou a un avogado corporativo, Robert Bilott, contra a empresa industrial química DuPont despois de que eles contaminaran unha cidade con refugallos químicos. Está protagoniza por Mark Ruffalo como Bilott, xunto con Anne Hathaway, Tim Robbins, Bill Camp, Victor Garber, Mare Winningham, William Jackson Harper, e Bill Pullman.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Novak Đoković (en alfabeto cirílico Новак Ђоковић, ás veces escrito como Novak Djokovic), nado en Belgrado o 22 de maio de 1987, é un tenista profesional serbio. Actualmente (marzo de 2022) é o número 2 do mundo no ránking da ATP. Campión do Aberto de Australia en 9 ocasións (2008, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2019, 2020 e 2021), gañador do Torneo de Wimbledon en 6 ocasións en 2011, 2014, 2015 2018, 2019 e 2021 (finalista en 2013), campión de Roland Garros en 2016 e 2021, do Aberto dos Estados Unidos en 2011, 2015 e 2018 (finalista en 2007, 2010, 2012, 2013, 2016 e 2021), e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Forma parte do Equipo de Copa Davis de Serbia desde 2003, co cal obtivo o triunfo en 2010.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes, no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas.
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
O produto interior bruto ou PIB é o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano). O PIB é unha magnitude de fluxo, pois contabiliza só os bens e servizos producidos durante a etapa de estudo. O PIB é comezado a usar despois da segunda guerra mundial.En canto ao cálculo do PIB, pode facerse segundo o custo dos factores ou dos prezos de mercado.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en doce ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e sete en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017 , sumando ata o de agora 319 semanas como numero un da WTA. É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 184.044 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Nalda é un concello e localidade da comunidade autónoma da Rioxa (España). A súa poboación era de 1 127 habitantes en 2021 e ten unha extensión de 24,6 km². Situada no val do río Iregua e ao pé da serra de Moncalvillo, limita ao norte con Albelda de Iregua, ao sur con Viguera, ao leste con Clavijo e Soto en Cameros (aldeas de Trevijano e Luezas) e ao oeste con Sorzano.
No Calendario armenio, as datas están marcadas polas letras ԹՎ ou parecidas, habitualmente cunha liña sobre as letras, indicando "t'vin" ("no ano") seguido por unha ou até catro letras, cada unha significa un número baseado na orde do alfabeto. Na Idade Media, os armenios empregaban un calendario que comezaba no ano 552 a.C., como o comezo da era armenia. Para traducir en anos comúns, adicione 551 ao número.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Billie Jean Moffitt King, nada en Long Beach (California) o 22 de novembro de 1943 é unha ex xogadora de tenis dos Estados Unidos. Está considerada unha das xogadoras máis grandes do tenis e unha das mellores deportistas de toda a historia. Unha das súas mellores vitorias foi cando gañou a Bobby Riggs, campión masculino número 1 do mundo nos anos 1941, 1946 e 1947, quen a retou para demostrar “a superioridade do home sobre a muller”; a vitoria de King supuxo un golpe sobre a mesa na reclamación da igualdade deportiva entre homes e mulleres (cando levou a cabo este duelo, en 1973, ela tiña 30 anos e o 55).Precursora norteamericana campioa de tenis e activista polo cambio social, en 1973 ameazou con boicotear o Aberto de Tenis dos Estados Unidos a menos que as mulleres recibisen un premio en diñeiro igual ao dos homes.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2020 tiña 65.560 habitantes (34.675 mulleres e 30.885 homes), sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2021-2022 compite no Grupo I da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
A desoxitimidina trifosfato, tamén chamada trifosfato de desoxitimidina, abreviada como dTTP (ou tamén timidina trifosfato ou TTP), é un nucleósido trifosfato formado polo nucleósido desoxitimidina esterificado cun grupo de tres fosfatos. A molécula consta do azucre desoxirribosa unido á base nitroxenada timina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de tres fosfatos esterificados no carbono 5' e unidos entre si por enlace anhidro. O nome da molécula con frecuencia abréviase coas siglas TTP, pero é máis exacto denominala dTTP, xa que realmente é un desoxirribonucleótido.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A Copa da Costa é unha competición futbolística por eliminatorias de partidos de ida volta. Recibe o nome pola Costa da Morte e nela participan equipos das comarcas da Barcala, Noia, Soneira, Bergantiños, Xallas, Muros e Fisterra.A final de 2017 entre o Dumbría e a SD Fisterra foi televisado por primeira vez en directo vía streaming pola web da TVG e retransmitido en diferido na TVG2.
Makemake ou (136472) Makemake (que é designación do centro de planetas menores; símbolo: ), é o terceiro planeta anano en tamaño do Sistema Solar e o segundo obxecto máis grande entre os obxectos clásicos do cinto de Kuiper (KBOs). O seu diámetro e case tres cuartas partes do de Plutón. Makemake non ten (que se saiba) satélites, o cal fai del un obxecto único entre os grandes KBOs.
Passiflora ligularis, popularmente chamada granadilla (non confundir coa milgrandeira, da especie Punica granatum) ou maracuxá doce, é unha planta trepadora pertencente á familia Passifloraceae orixinaria do centro de México, en toda América Central e o oeste de América do Sur, desde Colombia, Venezuela, Ecuador, oeste de Bolivia ao sur do Perú.
Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti, [ˈeːsti] (AFI)), oficialmente República de Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti Vabariik, [ˈeːsti ˈʋɑbɑriːk] (AFI)), é un dos tres países bálticos. O país atópase na Europa do norte e está constituído por unha porción continental e un grande arquipélago de illas no mar Báltico. Estonia limita polo norte co golfo de Finlandia que o separa da veciña Finlandia.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
O dominio de primeiro nivel (en inglés Top Level Domain TLD) é un dos compoñentes dun enderezo de internet, estes van separados por puntos, así por exemplo: gl.wikipedia.org, e precisamente o último é o que se denomina dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel. O sistema de nomes de dominio en internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha xerarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Esta páxina trata da festa de Pentecoste. Para a illa pertencente a Vanuatu véxase Illa de Pentecoste Pentecoste (do grego pentekosté (heméra) "o quincuaxésimo día") describe a festa do quincuaxésimo día logo da Pascua (Domingo de Resurrección) e que pon termo ao tempo pascual. Durante Pentecoste celébrase o descenso do Espírito Santo e o inicio da actividade da Igrexa, por iso tamén se lle coñece como a celebración do Espírito Santo.