Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Concurso de Miss Vaca Galicia (Luar)
Miss Vaca Galicia é un certame organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006.
O ácido adípico ou ácido hexanodioico é un composto orgánico coa fórmula (CH2)4(COOH)2. Desde unha perspectiva industrial, é o ácido dicarboxílico máis importante, xa que se producen anualmente uns 2,5 miles de millóns de kg deste po cristalino, principalmente como precursor para a produción do nailon. Porén, o ácido adípico raramente aparece na natureza.
Unha aeroliña, compañía aérea ou liña aérea é unha compañía de transporte aéreo de viaxeiros ou mercadorías. As compañías que transportan os clientes dunha forma acordada entre eles denomínanse chárter. As aeroliñas de bandeira son aquelas que teñen unha participación accionarial do Goberno e xeralmente posúen o monopolio dos voos internos.
A desoxiadenosina monofosfato, tamén chamada monofosfato de desoxiadenosina ou ácido 5'-desoxiadenílico (ou desoxiadenilato), abreviada como dAMP, é un nucleótido que forma parte do ADN formado polo nucleósido desoxiadenosina esterificado cun fosfato. A molécula consta do azucre desoxirribosa enlazado á base nitroxenada adenina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo fosfato esterificado no carbono 5' do azucre.
A anxiotensina é unha hormona peptídica que causa vasoconstrición e un incremento da presión arterial. Forma parte do sistema renina-anxiotensina, que regula a presión sanguínea. A anxiotensina tamén estimula a liberación de aldosterona no córtex adrenal para promover a retención de sodio nos riles.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moscova no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12,5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes da cidade. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia.
A gota ou podagra (nome co que se coñece cando afecta o dedo gordo dos pes) é unha doenza relacionada co metabolismo que se caracteriza normalmente polos ataques recorrentes de artrite inflamatoria aguda, con dor, arrubiamento e inchazo das articulacións, causada por niveis elevados de ácido úrico no sangue que se cristalizan, e os cristais deposítanse nas articulacións, nos tendóns e ao redor dos tecidos, por iso considérase tradicionalmente unha enfermidade reumática.
Million Dollar Baby é un filme estadounidense dirixido por Clint Eastwood que foi estreado no 2004. Está protagonizada por Hilary Swank, Clint Eastwood e Morgan Freeman e narra a historia dun veterano adestrador de boxeo ó final da súa carreira e os seus esforzos por axudar a unha boxeadora a chegar ata o máis alto. Estreouse en galego na TVG o 2 de xaneiro de 2008.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Lourdes Licenia Tibán Guala, nada en Salcedo o 15 de outubro de 1969, é unha avogada e política ecuatoriana de etnia indíxena. Actualmente é membro do Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas da ONU, e é considerada unha das líderes nacionais do movemento indíxena. Foi unha das principais asembleístas de oposición no goberno de Rafael Correa.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
María Blanca Chancosa Sánchez, nada en Cotacachi, 1955, é unha dirixente indíxena ecuatoriana de nacionalidade kichwa-otavalo. Formou parte da fundación da Confederación dos Pobos de Nacionalidade Kichua de Ecuador (Ecuarunari) e da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (Conaie). Á súa vez escribiu sobre o Sumak kawsay ou bo vivir, salientando o seu artigo “Sumak Kawsay desde la visión de la mujer”.
No Calendario armenio, as datas están marcadas polas letras ԹՎ ou parecidas, habitualmente cunha liña sobre as letras, indicando "t'vin" ("no ano") seguido por unha ou até catro letras, cada unha significa un número baseado na orde do alfabeto. Na Idade Media, os armenios empregaban un calendario que comezaba no ano 552 a.C., como o comezo da era armenia. Para traducir en anos comúns, adicione 551 ao número.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 185.910 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Sumak kawsay é un neoloxismo en quechua creado na década de 1990 como proposta política e cultural de organizacións indixenistas e adoptada posteriormente polos gobernos do movemento polo socialismo do século XXI en Ecuador e Bolivia. O termo alude á implementación dun socialismo que sexa máis independente das teorías socialistas europeas e que estea máis ben, ligado a un pensamento e estilo de vida comunitario e ancestral das etnias quechuas que debería ser promovido como novo modelo de organización social e estatal. En Ecuador traduciuse como bo vivir aínda que expertos en lingua quechua coinciden en sinalar que a tradución máis precisa sería a vida en plenitude.
A Netiqueta (contracción do inglés network etiquette, etiqueta da rede) é o conxunto de regras que regulan o comportamento dun usuario nun grupo de noticias, unha lista de correo, un foro de discusións ou no correo electrónico. Por extensión, utilízase tamén para referirse ao conxunto de normas de comportamento xeral na Internet.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O produto interior bruto ou PIB é o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano). O PIB é unha magnitude de fluxo, pois contabiliza só os bens e servizos producidos durante a etapa de estudo. O PIB é comezado a usar despois da segunda guerra mundial.En canto ao cálculo do PIB, pode facerse segundo o custo dos factores ou dos prezos de mercado.
O Saldo Comercial Relativo (SCR) expresa o saldo dun sector como proporción do comercio total do sector. O seu cálculo é ( ( E x p − I m p ) / ( E x p + I m p ) ) ∗ 100 {\displaystyle ((Exp-Imp)/(Exp+Imp))*100} Se o resultado se aproxima a 100 estamos diante dun sector que presenta unha vantaxe comercial a cal virase reducida ata chegar a 0. Se o resultado se achega a -100 entón estamos diante dunha desvantaxe comercial, a cal, ó igual que no anterior caso, virase reducida se se achega a 0.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Os otavalos (en quechua: Utawalu runa) son un pobo indíxena das montañas andinas da provincia de Imbabura, no norte de Ecuador. Os otavalos tamén habita a cidade de Otavalo, nesa mesma provincia. O comercio e a artesanía atópanse entre as principais actividades económicas dos otavalos, que gozan dun maior nivel de vida que a maioría dos pobos indíxenas de Ecuador de de moitos mestizos desa área.Os otavalos viven zonas altas e frescas dos Andes ecuatorianos.
A CIE-10 é o acrónimo da décima edición da Clasificación Internacional de Doenzas (en inglés, ICD, International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems). Determina a clasificación e codificación das doenzas e unha ampla variedade de signos, síntomas, feitos anormais, denuncias, circunstancias sociais e causas externas de danos e/ou enfermidade.
A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo. Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais).
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Judas Priest é un grupo de heavy metal, formado en 1970 en Birmingham por K.K. Downing e Ian Hill. Co paso dos anos convertéronse nunha das bandas máis populares deste xénero, acadando unha grande influencia no Heavy Metal europeo. Non en van son considerados, xunto con Iron Maiden os fundadores do chamado NWOBHM (New Wave of British Heavy Metal).
O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo. Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.