Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O utilitarismo é a teoría ética que defende que a mellor acción é aquela que ten a maior utilidade. A "utilidade" defínese de varias maneiras, baseándose por regra xeral en termos de benestar de entidades con capacidade de sentir. A primeira persoa en plantear esta teoría foi o inglés, Jeremy Bentham.
Chámase diñeiro circulante ou oferta de diñeiro ó total de diñeiro dispoñible, nun certo espazo de tempo e dentro de determinado mercado, para ser usado na adquisición de bens e contratación de servizos. Cando a economía dos países utilizaba o padrón ouro, ou mesmo o bimetalismo, o valor era obtido pola sinxela suma ou pola estimativa de moedas de ouro e prata dispoñibles. Pero, coa adopción do diñeiro fiduciario como estándar monetario e a circulación imposta desta especie, tornouse necesario elaborar fórmulas matemáticas.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Filipe de Habsburgo, alcumado o Fermoso, nado en Bruxas (Flandres) o 22 de xullo de 1478 e finado en Burgos o 25 de setembro de 1506, foi un nobre da casa de Habsburgo, arquiduque de Austria, duque de Borgoña, Brabante, Limburgo e Luxemburgo, conde de Flandres, Habsburgo, Hainaut, Holanda, Zelandia, Tirol e Artois, señor de Antuerpen e Malinas, entre outras cidades (1482 - 1506), e rei de Castela e de León (1504 - 1506) polo seu matrimonio con Xoana, filla e herdeira dos Reis Católicos. Foi quen trouxo a liñaxe dos Habsburgo nos territorios da actual España. O apelativo o Fermoso, deullo o rei Luís XII de Francia.
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo. Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
No Calendario armenio, as datas están marcadas polas letras ԹՎ ou parecidas, habitualmente cunha liña sobre as letras, indicando "t'vin" ("no ano") seguido por unha ou até catro letras, cada unha significa un número baseado na orde do alfabeto. Na Idade Media, os armenios empregaban un calendario que comezaba no ano 552 a.C., como o comezo da era armenia. Para traducir en anos comúns, adicione 551 ao número.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
La valla é unha serie distópica española producida por Atresmedia en colaboración con Good Mood Productions para Antena 3. Está protagonizada por Olivia Molina, Unax Ugalde, Ángela Molina, Abel Folk e Eleonora Wexler. Foi preestreada en Atresplayer Premium o 19 de xaneiro de 2020 e estrenouse en aberto en Antena 3 o 10 de setembro de 2020.
O dominio de primeiro nivel (en inglés Top Level Domain TLD) é un dos compoñentes dun enderezo de internet, estes van separados por puntos, así por exemplo: gl.wikipedia.org, e precisamente o último é o que se denomina dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel. O sistema de nomes de dominio en internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha xerarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex.
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O produto interior bruto ou PIB é o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano). O PIB é unha magnitude de fluxo, pois contabiliza só os bens e servizos producidos durante a etapa de estudo. O PIB é comezado a usar despois da segunda guerra mundial.En canto ao cálculo do PIB, pode facerse segundo o custo dos factores ou dos prezos de mercado.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Museo finlandés do hóckey sobre xeo
O Suomen Jääkiekkomuseo (en galego Museo finlandés do hóckey sobre xeo) é un museo situado na cidade finlandesa de Tampere adicado á historia do hóckey sobre xeo. O museo abriu as súas portas en 1979 e orixinalmente encontrábase no Tampereen jäähalli (principal pavillón de hóckey sobre xeo da cidade), ata que no ano 2000 se trasladou ao complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.O museo do hóckey sobre xeo finlandés é considerado o segundo mellor museo de historia do hóckey sobre xeo do mundo por detrás do Hockey Hall of Fame de Toronto.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Gran Premio de Francia (1906-1967: Grand Prix de l ACF, 1968-2018: Gran Premio de Francia) é unha carreira anual que forma parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 celebrado pola Federación Internacional do Automóbil. A última carreira celebrouse en 2008, pero a carreira volveu en 2018 no circuíto Paul Ricard. O Grand Prix motor racing orixinouse en Francia e o Gran Premio de Francia, aberto á competencia internacional, é o Gran Premio máis antigo, o primeiro disputouse o 26 de xuño de 1906, baixo os auspicios da Automobile Club de France en Sarthe, cunha participación de 32 automóbiles.
A transtiretina (TTR ou TBPA) é unha proteína de transporte no plasma sanguíneo e o líquido cefalorraquídeo que transporta a hormona tiroide tiroxina (T4) e o retinol cara ao fígado. Por facer esta función esta proteína recibiu o seu nome, procedente de transporte de tiroxina e retinol + a terminación "a" habitual nas proteínas. O fígado segrega TTR ao sangue, e o plexo coroideo segrégaa ao líquido cefalorraquídeo.
O monstro mariño (en inglés: The Sea Beast) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Chris Williams, no seu debut como director en solitario. O filme está protagonizado polas voces de Karl Urban, Zaris-Angel Hator, Jared Harris, Marianne Jean-Baptiste, Dan Stevens e Kathy Burke. Producido en Netflix Animation, o filme estreouse en cinemas escollidos o 24 de xuño de 2022, antes de estrearse en Netflix o 8 de xullo, onde conta con versión dobrada e subtitulada ao galego, sendo o primeiro filme orixinal desta plataforma en estar en galego, (antes xa estiveran o filme Ons e a serie O sabor das margaridas, pero non eran produción propia de Netflix).
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
Nutrición é o proceso biolóxico a través do cal os organismos asimilan alimentos ou nutrientes para a realización das súas funcións e actividades vitais, tales como o crecemento, movemento, reprodución etc. Existen dous tipos de nutrición, a nutrición autótrofa cando os seres son capaces de sintetizar substancias esenciais para o seu metabolismo a partir de substancias inorgánicas e a nutrición heterótrofa cando os seres se alimentan coas substancias orgánicas sintetizadas por outros organismos, ben autótrofos ou heterótrofos. Entre os organismos hetrótrofos están as bacterias e os animais.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Eleccións lexislativas de Colombia de 2022
As eleccións lexislativas de Colombia de 2022 realizáronse o domingo 13 de marzo de 2022. Nelas elixíronse os membros de ambas as cámaras do Congreso de Colombia.No Senado da República elixíronse 108 senadores, dos cales 100 son de circunscrición nacional, dúas de circunscrición especial indíxena, cinco que representan ao partido Comúns (tralo acordado no proceso de paz da Habana), e un senador restante quen será o candidato á Presidencia da República que ocupe o segundo lugar das eleccións para elixir presidente.Na Cámara de Representantes elixísense 188 parlamentarios, dos cales 161 corresponden aos 32 departamentos e ao Distrito Capital, dous pola circunscrición das comunidades afrodescendentes, un pola circunscrición das comunidades indíxenas, un para os raizais de San Andrés e Providencia, e un pola circunscrición internacional. O número de representantes completarase con dezaseis representantes das vítimas do conflito, cinco do partido Comúns, e un último que se outorga á fórmula vicepresidencial que ocupe o segundo lugar nas eleccións presidenciais.
A praia das Combouzas é unha praia situada na parroquia de Barrañán do concello de Arteixo. É unha das poucas praias nudistas da provincia da Coruña.Está situada entre a punta do Compás e a punta do Trei, que a separa da praia de Barrañán, á que está unida durante a baixamar. É unha praia rectilínea de forte ondada, apta para a práctica do surf.
O termo lama pode referirse a: Lama, masa branda que se forma ao mesturarse terra, area, follas etc., con auga; Lama, relixioso dunha seita do budismo do Tíbet; Lama, xénero de camélidos suramericanos.Amais, como topónimo pode referirse a: En Galicia A Lama, concello da provincia de Pontevedra; A Lama, parroquia de dito concello; A Lama, lugar de dita parroquia; Lama, parroquia do concello de Láncara; Lama, lugar de dita parroquia; Lama, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Carballedo; Lama, lugar da parroquia de Lagos, no concello de Láncara; Lama, lugar da parroquia de Santiago de Gaioso, no concello de Outeiro de Rei; Lama, lugar da parroquia de Insua, no concello de Vilalba; A Lama, lugar da parroquia de Presedo, no concello de Abegondo; A Lama, lugar da parroquia de Basadre, no concello de Agolada; A Lama, lugar da parroquia de Eidián, no concello de Agolada; A Lama, lugar da parroquia de Adelán, no concello de Alfoz; A Lama, lugar da parroquia de Arbo, no concello de Arbo; A Lama, lugar da parroquia de Xuvencos, no concello de Boborás; A Lama, lugar da parroquia de Martín, no concello de Bóveda; A Lama, lugar da parroquia da Piteira, no concello do Carballiño; A Lama, lugar da parroquia de Landoi, no concello de Cariño; A Lama, lugar da parroquia de Sismundi, no concello de Cariño; A Lama, lugar da parroquia de Alais, no concello de Castro Caldelas; A Lama, lugar da parroquia de Bendia, no concello de Castro de Rei; A Lama, lugar da parroquia de Ansemil, no concello de Celanova; A Lama, lugar da parroquia de Vilar de Rei, no concello de Cenlle; A Lama, lugar da parroquia de Noceda, no concello de Cervantes; A Lama, lugar da parroquia de Rúa, no concello de Cervo; A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Requeixo, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Vilaúxe, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Albeos, no concello de Crecente; A Lama, lugar da parroquia de Saa, no concello de Dozón; A Lama, lugar da parroquia de Santa Olaia de Esgos, no concello de Esgos; A Lama, lugar da parroquia de Santa Mariña do Incio, no concello do Incio; A Lama, lugar da parroquia de Campo, no concello do Irixo; A Lama, lugar da parroquia de Doade, no concello de Lalín; A Lama, lugar da parroquia de Souto de Ferradal, no concello de Láncara; A Lama, lugar da parroquia de Torno, no concello de Lobios; A Lama, lugar da parroquia de Baamorto, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Reigada, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de San Cosme de Montederramo, no concello de Montederramo; A Lama, lugar da parroquia de Camos, no concello de Nigrán; A Lama, lugar da parroquia de Palmés, no concello de Ourense; A Lama, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de San Fiz de Cangas, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de Serode, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de Siós, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia da Hedrada, no concello de Parada de Sil; A Lama, lugar da parroquia da Encomenda, no concello da Pobra de Trives; A Lama, lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Eixón, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Pinel, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Quiroga; A Lama, lugar da parroquia de Cea, no concello de San Cristovo de Cea; A Lama, lugar da parroquia de Corvelle, no concello de Sarria; A Lama, lugar da parroquia de Goián, no concello de Sarria; A Lama, lugar da parroquia de Abuíme, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia da Cova, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia de Rellas, no concello de Silleda; A Lama, lugar da parroquia de Amandi, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Gundivós, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Santiorxo, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello da Teixeira; A Lama, lugar da parroquia de Castromarigo, no concello da Veiga; A Lama, lugar da parroquia de San Román de Vale, no concello do Vicedo; A Lama, lugar da parroquia de Sabrexo, no concello de Vila de Cruces; A Lama, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba; A Lama, lugar da parroquia de Tamallancos, no concello de Vilamarín; A Lama, lugar da parroquia de Vilamateo, no concello de Vilarmaior; A Lama, lugar da parroquia de Santo André de Boimente, no concello de Viveiro; Lama Boa, lugar da parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei; A Lama da Vila, lugar da parroquia de Santo André, no concello das Nogais; A Lama de Fente, lugar da parroquia de Santa Mariña do Castro, no concello de Carballedo; Lama de Mena, lugar da parroquia de Negrelos, no concello de Rodeiro; A Lama de Outeiro, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos; Lama de Paio, lugar da parroquia de Lampaza, no concello de Rairiz de Veiga; Lama de Paio, lugar da parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil; Lama de Rei, lugar da parroquia do Mosteiro, no concello de Cervantes; A Lama do Franco, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos; A Lama do Outeiro, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; Lama do Prado, lugar da parroquia de Brosmos, no concello de Sober; A Lama do Río, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; A Lama do Sobrado, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; A Lama dos Campos, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; Lama Forcada, lugar da parroquia de Nogueira de Ramuín, no concello de Nogueira de Ramuín; Lama Grande, lugar da parroquia de Romariz, no concello de Abadín; A Lama Grande, lugar da parroquia de Espiñoso, no concello de Cartelle; Lama Má, parroquia do concello de Baños de Molgas; Lama Má, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Arteixo; Lama Redonda, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Bóveda; Lama Redonda, lugar da parroquia de Foilebar, no concello do Incio; Lama Redonda, lugar da parroquia de Sindrán, no concello de Monforte de Lemos; Lama Redonda, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro; Lama Retorta, lugar da parroquia de Novelúa, no concello de Monterroso; Campo de Lama, lugar da parroquia de Ordes, no concello de Rairiz de Veiga; Torre de Lama, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón.En Francia Lama, poboación de Córsega.En Portugal Lama, freguesía do concello de Barcelos. Lama, freguesía do concello de Santo Tirso.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Vivir sin permiso é unha serie de televisión española producida por Mediaset España en colaboración con Alea Media para Telecinco. Está rodada en Galicia e ambientada nun relato do escritor Manuel Rivas -Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018)-, sobre o pasado e presente do narcotráfico na costa galega.
Filipinas —oficialmente, República de Filipinas (tagalo: Republika ng Pilipinas; inglés: Republic of the Philippines)— é un país insular (véxase arquipélago) situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. A súa capital es Manila. Ao norte atópase separado da illa de Taiwán polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao das illas de Indonesia, e o leste limita co mar de Filipinas.