Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
En anatomía, unha arteria é cada un dos vasos que levan o sangue desde o corazón ás demais partes do corpo. O nome procede do grego αρτηρία artēría, "tubo", "condución". As arterias son condutos membranosos, elásticos, con ramificacións diverxentes, encargados de distribuír por todo o organismo o sangue expulsado en cada sístole das cavidades ventriculares.
San Martiño de Alixo é unha parroquia que se localiza no leste do concello ourensán do Barco de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 96 habitantes (50 mulleres e 46 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 67 habitantes, sendo 30 homes e 37 mulleres.
O tracto gastrointestinal (tracto GI, tracto dixestivo, canle alimentaria ou tubo dixestivo) é o tracto ou tubo do sistema dixestivo que vai da boca ao ano. O tracto GI comprende diversos tramos de diferente grosor e especialización que se observan nos sistema dixestivo dos humanos e outros animais, incluíndo o esófago, estómago e intestinos. O alimento entra pola boca e é dixerido para extraer os nutrientes que contén e absorber a súa enerxía, e os residuos que non se poden procesar máis son expulsados polo ano como feces.
O veganismo é un estilo de vida caracterizado polo rexeitamento do consumo e utilización de produtos de orixe animal tanto na alimentación ou no vestiario coma en calquera outra faceta da existencia. A maior parte das motivacións que levan as persoas ao veganismo adoitan ser principalmente postulados éticos e morais sobre os dereitos animais, mais tamén sobre a defensa do ambiente, a saúde e cuestións de tipo espiritual ou relixioso. Os veganos acostuman dirixir boa parte das súas críticas contra os modelos contemporáneos de granxas industrializadas, nas que, segundo estes colectivos, se trata brutalmente aos animais, e as probas de diverso tipo sobre animais (por parte das industrias químicas dedicadas por exemplo á cosmética ou á industria farmacéutica).
A conquista do Oeste (en inglés: How the West Was Won) é un filme épico de western estadounidense de 1962. Foi un dos últimos filmes épico ao "estilo antigo" realizado por Metro-Goldwyn-Mayer que tivo grande éxito. O elenco multiestelar inclúe a Carroll Baker, Lee J. Cobb, Henry Fonda, Carolyn Jones, Karl Malden, Gregory Peck, George Peppard, Robert Preston, Debbie Reynolds, James Stewart, Eli Wallach, John Wayne e Richard Widmark.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Apamea (grego: Ἀπάμεια, Apameia; árabe: آفاميا, Afamia), na marxe dereita do Río Orontes, foi unha antiga cidade grega e romana. Foi a capital de Apamene baixo os macedonios, converteuse na capital e no arcebispado metropolitano a finais da Provincia romana de Siria Secunda, e de novo no período cruzado. Entre os impresionantes restos antigos, o xacemento inclúe a Gran Columnata que percorre case 2 km., o que convertea entre as máis longas do Mundo romano e o Teatro Romano, un dos maiores teatros que se conservan do Imperio Romano cunha capacidade estimada de máis de 20.000 persoas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Benjamin Géza Affleck-Boldt, nado o 15 de agosto de 1972 en Berkeley (California), é un actor, director, produtor e guionista estadounidense máis coñecido como Ben Affleck. Comezou a ser recoñecido polas súas interpretacións nos filmes de Kevin Smith Mallrats (1995), Chasing Amy (1997) e Dogma (1999). Gañou a fama como guionista cando gañou o Oscar ó mellor guión orixinal e o Globo de Ouro por Good Will Hunting (1997), que co-escribiu e co-protagonizou xunto co seu amigo Matt Damon.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Jennifer Lynn Lopez, nada en Nova York o 24 de xullo de 1969, é unha bailarina, cantante e actriz estadounidense de orixe portorriqueña. En 1986 realizou un pequeno papel na película My Little Girl, traballou a continuación como bailarina en diversos vídeos musicais de rap e cos New Kids on the Block e Janet Jackson. Como actriz o seu primeiro papel relevante foi na serie South Central en 1994 e na gran pantalla en My Family en 1995.
San Xoán de Éntoma é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barco de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 319 habitantes (152 homes e 167 mulleres), un menos ca en 2004 (163 homes e 157 mulleres, segundo o padrón municipal) e 24 menos ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación.
Vivir sin permiso é unha serie de televisión española producida por Mediaset España en colaboración con Alea Media para Telecinco. Está rodada en Galicia e ambientada nun relato do escritor Manuel Rivas -Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018)-, sobre o pasado e presente do narcotráfico na costa galega.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Divorcio á italiana (en italiano: Divorzio all'italiana) é un filme italiano de 1961 dirixido por Pietro Germi. O guión foi escrito por Germi, Ennio De Concini, Alfredo Giannetti e Agenore Incrocci, e está baseado na novela de Giovanni Arpino Un delitto d'onore. Está protagonizado por Marcello Mastroianni, Daniela Rocca, Stefania Sandrelli, Lando Buzzanca e Leopoldo Trieste.
Resident Evil (serie de televisión)
Resident Evil é unha serie de televisión estadounidense de 2022 desenvolvida por Andrew Dabb para Netflix. Está baseada na serie homónima de videoxogos de Capcom, e é a segunda adaptación televisiva da franquía despois da miniserie animada Infinite Darkness, e a terceira adaptación de acción en vivo despois da serie de filmes homónima e o reboot. A serie desenvólvese no seu propio universo orixinal mais presenta a trama da serie de videoxogos como historia e base.
Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 25 de decembro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático, astrónomo, alquimista, teólogo e autor inglés (descrito na súa época como un "filósofo natural") amplamente recoñecido como un dos os máis grandes matemáticos e físicos de todos os tempos e entre os científicos máis influentes. Foi unha figura clave na revolución filosófica coñecida como Ilustración. O seu libro Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos da filosofía natural), publicado por primeira vez en 1687, estableceu a mecánica clásica.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Eleccións municipais de 2019 en Galicia
As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade no de Cerdedo-Cotobade. Estas eleccións tamén serviron para determinar a representación dos partidos políticos no pleno das catro deputacións provinciais, de acordo cos resultados obtidos en cada partido xudicial.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O Club de Baloncesto Orillo Verde foi un equipo profesional español con sede na cidade de Sabadell, Cataluña. Durante a segunda metade da década de 1950 foi un dos membros fundadores da Primeira División, competición na que disputa cinco temporadas. O equipo desaparece en 1961 por problemas económicos, ano no que chegara a ser subcampión de liga.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O Festa Nacional de Quebec (en francés: La Fête nationale du Québec) é a festa nacional da provincia canadense do Quebec. Celébrase o día 24 de xuño. Aínda que oficialmente renomeada Fête nationale du Québec en 1977, é máis coñecida co nome de Fête de la Saint-Jean-Baptiste (Festa de San Xoán Bautista).
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Persuasión é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Carrie Cracknell a partir dun guión de Ron Bass e Alice Victoria Winslow. Está baseado na novela homónima de Jane Austen. Está protagonizado por Dakota Johnson, Cosmo Jarvis, Nikki Amuka-Bird, Mia McKenna-Bruce, Richard E. Grant e Henry Golding.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Nadia de Santiago Capell, nada en Madrid o 3 de xaneiro de 1990, é unha actriz española coñecida tanto polo seu papel en Las trece rosas como polo de Asunción Muñoz en Amar en tiempos revueltos, a súa secuela Amar es para siempre e polo seu papel de Marga Suárez na exitosa serie de Netflix Las chicas del cable.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Benito Vicetto Pérez nado en Ferrol o 21 de maio de 1824 e finado na mesma cidade o 28 de maio de 1878, foi un escritor, xornalista e historiador galego. Prolífero autor literario en lingua castelá, na que cultivou a poesía, a novela, o teatro e o ensaio, escribiu tamén algúns poemas en lingua galega. Destacou como editor e colaborador de xornais de tendencia progresista, desde os que impulsou as ideas rexionalistas.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Matrimonio entre persoas do mesmo sexo
O matrimonio entre persoas do mesmo sexo, tamén chamado matrimonio igualitario, matrimonio homosexual ou matrimonio gai, é o recoñecemento social, cultural e xurídico que regula a relación e convivencia de dúas persoas do mesmo sexo, con iguais requisitos e efectos que os existentes para os matrimonios entre persoas heterosexuais.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 186.505 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Liga Española de Baloncesto 1957
A temporada 1957 da Primeira Divisón, celebrada entre o 31 de marzo e o 19 de maio de 1957, foi a primeira campaña da Liga Española de Baloncesto. O ano anterior, a Federación Española de Baloncesto estudou a posibilidade de crear un campionato nacional cos mellores equipos das ligas rexionais de Cataluña e Castela, que convivise coa única competición nacional até ese momento, a Copa do Generalísimo. Participaron seis equipos, e o gañador disputaría ao ano seguinte a Copa de Europa.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia]O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia]O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Dictionary of Greek and Roman Geography
O Dictionary of Greek and Roman Geography é o deradeiro dunha serie de dicionarios clásicos editados polo estudoso inglés William Smith (1813–1893), que segue a A Dictionary of Greek and Roman Antiquities e o Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Publicouse por primeira vez en 1854 e reeditouse por última vez en 2005. Como indicara Smith no Prefacio: "The Dictionary of Geography...
Riodolas, Carballeda de Valdeorras
Santa María de Riodolas é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 11 habitantes (6 homes e 5 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 15 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación mantivérase nos 11 habitantes, sendo 8 homes e 3 mulleres.
O termo faldra pode referirse a: Saia, parte inferior do vestido que cae solta desde a cintura para abaixo;Peza do vestiario feminino, que parte da cintura, á que vai cinguida, e que pode ser máis ou menos longa; Cobertura de tea que reviste algunhas mesas e chega ata o chan; Faldra, parte inferior dunha montaña; Carne do ventre do gando vacún e ovino sacrificado.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Liga Española de Baloncesto (1957-1983)
Para a actual liga homónima véxase: Liga LEBA Liga Española de Baloncesto é o nome que recibiu a actual competición que, desde 1980, enfrontaba aos clubs españois cada ano nunha competición de liga con partidos entre todos os participantes, a dobre volta.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Paul Watzlawick, nado o 25 de xullo de 1921 en Villach, Austria, e finado o 31 de marzo de 2007 en Palo Alto, California, foi un teórico e psicólogo austríaco nacionalizado estadounidense. Foi un dos principais autores da Teoría da comunicación humana e do Construtivismo radical, e unha importante referencia no campo da terapia familiar, terapia sistémica e, en xeral, da psicoterapia. Desde 1960, residiu e traballou toda a súa vida na cidade e Universidade californiana de Palo Alto.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
As fadras, abas ou pés, son xeograficamente definidas como aumentos graduaies da elevación na base dunha cordilleira, un outeiro máis alto, ou unha zona de terreo alto. Frecuentemente os contrafortes consisten en abanos aluviaiss e mesetas diseccionadas. Son unha zona de transición entre as chairas e os outeiros de relevos baixos e as [montaña]]s, outeiros e terras altas máis altas adxacentes.
Robert Whitaker, nado en Denver (Colorado) en 1952, é un xornalista e escritor estadounidense especializado en historia da medicina, historia da psiquiatría, ensaios clínicos e psicofármacos. Finalista do premio Pulitzer en 1998, Robert Whitaker lidera no seu país o movemento crítico contra a psiquiatría biomédica. Cuestiona en particular a expansión das enfermidades mentais e o papel que desempeñou a prescrición desaforada de psicofármacos promovida desde a psiquiatría oficial académica.
No Calendario armenio, as datas están marcadas polas letras ԹՎ ou parecidas, habitualmente cunha liña sobre as letras, indicando "t'vin" ("no ano") seguido por unha ou até catro letras, cada unha significa un número baseado na orde do alfabeto. Na Idade Media, os armenios empregaban un calendario que comezaba no ano 552 a.C., como o comezo da era armenia. Para traducir en anos comúns, adicione 551 ao número.