Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A maioría dos islandeses descenden de poboadores noruegueses e celtas orixinarios de Irlanda, sendo a poboación notablemente homoxénea. De acordo con estatísticas do goberno islandés o 99% da poboación vive en áreas urbanas (ou sexa, en localidades con poboacións maiores de 200 persoas), das cales o 60% vive en Reiquiavik e os seus arredores. Das linguas nórdicas, o islandés é a máis próxima ao noruegués antigo, e ten permanecido practicamente inmutable dende o século XII. Por causa de seu pequeno tamaño e relativa homoxeneidade, Islandia ten tódalas características dunha sociedade bastante pechada.
Xosé Ignacio Carro Otero, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1942 e finado na mesma cidade o 23 de abril de 2021, foi un médico, antropólogo, docente e académico galego, ademais de destacado investigador da historia e da arte, especialmente das compostelás. En 2022 foi Medalla de Galicia a título póstumo.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
Os xenoestróxenos (/ksenoestróʃenos/) son un tipo de xenohormonas que teñen unha estrutura que imita os estróxenos e ten efectos estroxénicos. Poden ser sintéticos ou naturais. Entre os xenoestróxenos sintéticos están algúns compostos moi utilizados industrialmente, como os PCBs, o BPA e os ftalatos, que teñen efectos estroxénicos sobre os organismos vivos incluso se son bastante diferentes quimicamente das substancias estroxénicas producidas internamente polo sistema endócrino dos organimsos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Os perturbadores endócrinos (disruptores endócrinos, interruptores endócrinos), ás veces chamados axentes hormonalmente activos, ou compostos perturbadores endócrinos (EDC, endocrine disrupting chemicals -ou compounds-), son compostos químicos que poden interferir cos sistemas endócrinos (ou hormonais). Estas perturbacións poden causar tumores cancerosos, defectos conxénitos e outros trastornos do desenvolvemento. Os perturbadores endócrinos, que se encontran en moitas produtos industriais e domésticos "interfiren coa síntese, secreción, transporte, unión, acción ou eliminación de hormonas naturais no corpo que son responsables do desenvolvemento, comportamento, fertilidade e mantemento da homeostase."Calquera sistema do corpo controlado por hormonas pode ser alterado por perturbadores endócrinos.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A bandeira de Galicia actual é un dos símbolos de Galicia e foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e consolidada pola Xeración Nós como insignia nacional, a actual bandeira civil. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Alfred Molina, nado o 24 de maio de 1953 en Paddington, Londres, é un actor inglés. Coñecido polos seus papeis nos filmes Na busca da arca perdida, Prick Up Your Ears, The Man Who Knew Too Little, Spider-Man 2, Maverick, Species, Not Without My Daughter, Chocolat, Frida, Steamboy, The Hoax, Prince of Persia: The Sands of Time, The Da Vinci Code, A Panther in the Basement, An Education e The Sorcerer's Apprentice.
"Alba de gloria" (orixinalmente "Alba de groria") é un coñecido discurso de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pronunciado co gallo do Día da Patria Galega (25 de xullo) de 1948 no festival do Centro Gallego de Buenos Aires celebrado no Teatro Argentino, publicado ese mesmo mes no número 463 de A Nosa Terra e que o autor manifestou que comenzara a escribir un ano antes, en 1947, en Marsella (Francia).
Os micoestróxenos son xenoestróxenos producidos or fungos. Quimicamente non son realmente estróxenos nin esteroides, mais son estruturalmente parecidos e teñen afinidade cos receptores de estróxenos e certa capacidade estroxénica. Con frecuencia son denominados micotoxinas, aínda que non todas as micotoxinas son micoestróxenos.
Galería de imaxes de Nogueira de Ramuín
Galería de imaxes do concello de Nogueira de Ramuín na provincia de Ourense.
Foro do bo burgo de Castro Caldelas
O Foro do bo burgo de Castro Caldelas é o documento máis antigo escrito en galego que se coñece no territorio que actualmente constitúe Galiza, entregado en abril de 1228. Neste texto o rei Afonso VIII outorga ós cidadáns desta vila os seus foros e regula o seu réxime. O texto comeza así: O documento foi redactado por un notario do concello de Allariz.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Para outras competicións co mesmo nome, véxase Copa do Rei.A Copa do Rei de baloncesto (en castelán: Copa del Rey de Baloncesto) é unha competición de baloncesto que se disputa anualmente en España. Organizada nos seus inicios pola Federación Española de Baloncesto (FEB), desde 1983 a competición é organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). O torneo comezou a xogarse co nome de Campionato de España, disputándose a súa primera edición en 1933.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Santa Cristina, coñecida tamén como Cristina de Bolsena, Cristina de Tiro ou Cristina a Gran Mártir, é unha santa do século III venerada pola Igrexa católica, a Igrexa ortodoxa e a Igrexa anglicana. Escavacións na contorna do lago de Bolsena descubriron o seu culto xa no século V, polo que é posible que a tradición oriental que conecta a santa Cristina coa cidade fenicia de Tiro se deba a unha confusión co nome dunha localidade preto de Bolsena. A súa festividade celébrase o 24 de xullo.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Os anticorpos (tamén coñecidos como inmunoglobulinas, abreviado Ig) son glicoproteínas de tipo gammaglobulina, a fracción de globulinas máis abundante no plasma sanguíneo. Poden encontrarse en forma soluble no sangue ou noutros fluídos corporais dos vertebrados, ou poden estar inseridos na membrana plasmática, onde actúan como receptores nos linfocitos B. Son empregados polo sistema inmunitario para neutralizar patóxenos tales como bacterias, virus e parasitos. En xeral, considérase que anticorpo e inmunoglobulina son termos equivalentes, facendo referencia o primeiro termo á función, mentres que o segundo alude á estrutura.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
O Evento de Tunguska foi unha explosión aérea de moi alta potencia ocorrida sobre as proximidades do río Podkamennaya en Tunguska (Evenkia, Siberia, Rusia) na posición 60°55′N 101°57′L ás 7:17 do día 30 de xuño de 1908. O fenómeno de Tunguska alentou máis de trinta hipóteses e teorías do ocorrido. A detonación, similar á dunha arma termonuclear de elevada potencia, foi atribuída a un obxecto celeste.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 186.885 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Xordania (árabe: الأردن Al-ʼUrdunn), oficialmente Reino Haxemita de Xordania (المملكة الأردنّيّة الهاشميّة Al-Mamlaka al-Urdunniyya al-Hāshimiyya), chamado Transxordania ata 1950, é un país de Asia localizado na rexión do Oriente Medio. Limita ao norte con Siria, ao nordeste con Iraq, ao leste e ao sur con Arabia Saudita e ao suroeste co mar Vermello (no Golfo de Aqaba, con Israel e co territorio palestino de Cisxordania).O que hoxe é Xordania foi habitado por humanos desde o período Paleolítico. Tres reinos estables xurdiron alí ao final da Idade de Bronce: Amón, Moab e Edom.
Juan Benet Goitia, nado en Madrid o 7 de outubro de 1927 e finado na mesma cidade o 5 de xaneiro de 1993, foi un escritor español, considerado como un dos máis influentes da segunda metade do século XX en España. Exerceu a súa profesión de enxeñeiro de camiños e en literatura practicou diversos xéneros: drama, ensaio, conto e novela, destacando sobre todo nesta última.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Jennifer Lynn Lopez, nada en Nova York o 24 de xullo de 1969, é unha bailarina, cantante e actriz estadounidense de orixe portorriqueña. En 1986 realizou un pequeno papel na película My Little Girl, traballou a continuación como bailarina en diversos vídeos musicais de rap e cos New Kids on the Block e Janet Jackson. Como actriz o seu primeiro papel relevante foi na serie South Central en 1994 e na gran pantalla en My Family en 1995.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Copa do Princesa de Asturias é unha competición española de clubs de baloncesto, organizada pola Federación Española de Baloncesto (FEB). Sucesora da Copa da Asociación, cuxo único campión foi o Saski Baskonia, celebrou a súa primeira edición na tempada 1985-1986, cando a FEB asumiu a perda da organización da Copa do Rei, que pasara a ser responsabilidade da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) un par de anos antes. A FEB, que tamén deixara de organizar a liga, creou a Copa do Príncipe para manterse como responsable dunha competición de elite.
JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento eval(), o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera navegador web. Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de eval() e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Os Azores, oficialmente Rexión Autónoma dos Azores (en portugués Açores ou Região Autónoma dos Açores) , son un territorio da República Portuguesa, sito no Atlántico nordés, dotado de autonomía política e administrativa a través do Estatuto Político-Administrativo da Rexión Autónoma dos Azores. Os Azores integran a Unión Europea co estatuto de rexión ultraperiférica do territorio da Unión, conforme o establecido no artigo 299.º-2 do Tratado da Unión Europea.
Cristóbal Balenciaga Eizaguirre, nado en Getaria (Guipúscoa) o 21 de xaneiro de 1895 e finado en Xàbia (Alacant) o 23 de marzo de 1972, coñecido simplemente como Balenciaga, foi un prestixioso deseñador de moda español. Considerado un dos creadores máis importantes da alta costura, desempeñou o seu traballo principalmente na cidade de París durante máis de tres décadas. Anteriormente tivo formación de xastre e diversas marcas propias en España.
Regadío, Terra Chá, Antas de Ulla
Regadío é un lugar da parroquia de Terra Chá no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2011 tiña 41 habitantes (22 homes e 19 mulleres).
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Claude-Achille Debussy, nado o 22 de agosto de 1862 en Saint-Germain-en-Laye e morto en París o 25 de marzo de 1918, foi un compositor francés. Debussy está considerado como un dos compositores máis importantes do século XX. Recibiu en vida o alcume «Claude de Francia», en referencia ao seu papel de defensor dunha corrente musical dun certo ton nacionalista, e en alusion ao feito de que nacera no mesmo lugar ca Luís XIV de Francia. Sen deixar de admirar a Wagner, rompeu co romanticismo do século anterior e considérase un dos membros do movemento impresionista musical, aínda que sempre rexeitou as clasificacións e afirmou a súa liberdade total á hora de compor música.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A LNB Pro A (nome completo: Ligue Nationale de Basket Pro A; do francés: Liga Nacional de Baloncesto Pro A), coñecida por motivos de patrocinio como Betclic Élite, é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino en Francia. Organizada pola Ligue Nationale de Basket (LNB) desde 1987, a competición existe desde o ano 1921. Os dous últimos equipos da competición ao final da temporada descenden á LNB Pro B, mentres que os oito primeiros compiten nunha eliminatoria de playoffs polo título.