Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Foro do bo burgo de Castro Caldelas
O Foro do bo burgo de Castro Caldelas é un documento redactado en galego en abril de 1228 por un notario da vila de Allariz.. Neste texto o rei Afonso VIII outorga ós cidadáns desta poboación os seus foros e regula o seu réxime.
Benito Vicetto Pérez nado en Ferrol o 21 de maio de 1824 e finado na mesma cidade o 28 de maio de 1878, foi un escritor, xornalista e historiador galego. Prolífero autor literario en lingua castelá, na que cultivou a poesía, a novela, o teatro e o ensaio, escribiu tamén algúns poemas en lingua galega. Destacou como editor e colaborador de xornais de tendencia progresista, desde os que impulsou as ideas rexionalistas.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en doce ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e sete en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Os microsporidios (Microsporidia) son un grupo de parasitos unicelulares formadores de esporas relacionados cos fungos. Estas esporas conteñen un aparato extrusor que ten un extremo enroscado tubular polar nun disco de ancoraxe na parte apical da espora. Tradicionalmente foran considerados protozoos ou protistas, pero agora sábese que son fungos, ou un grupo irmán dos fungos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Copa España (tamén chamada Concurso España) foi un torneo futbolístico por eliminación directa organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball —antecesora da Real Federación Española de Fútbol— no que se permitía a participación de xogadores estranxeiros, os cales foran previamente excluídos do Campionato de España a causa de disputas xurdidas entre os clubs durante o torneo de 1911. Só se disputou unha edición en 1912 e o gañador foi o Deportivo da Coruña. En 1913, a Real Unión Española de Clubs de Foot-ball —unha escisión da Federación Española de Clubs de Foot-ball— organizou un torneo análogo, do que non se chegaría a disputar a fase final.
Lista de estacións de tren de Galicia
Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif en Galicia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Augustin Pyrame de Candolle, nado en Xenebra o 4 de febreiro de 1778, e finado na mesma cidade o 9 de setembro de 1841, foi un médico e botánico (especializado en brioloxía, pteridoloxía e micoloxía) suízo. É coñecido por ser un dos fundadores, con Linneo, da sistemática taxonómica moderna para clasificar as plantas.
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
Antonio Couceiro Méndez, nado na Coruña o 18 de decembro de 1955, é un político e dirixente galego. Foi conselleiro de Industria e Comercio durante o goberno de Manuel Fraga, entre 1994 e 1999, e deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular entre 1997 e 1999. Ten ocupado presidencias e cargos nos consellos de administración de numerosas institucións, tanto públicas como privadas Na actualidade ocupa entre outros os cargos de presidente da Cámara de Comercio da Coruña (dende 2016) e presidente do Deportivo da Coruña (dende 2021).
Un xenoma (pronunciado /ksenóma/, do grego ξένος, xénos, 'estraño, estranxeiro') tamén chamado complexo xenoparasítico é un crecemento dos tecidos causado nos hóspedes por varios protistas e fungos, especialmente microsporidios. Pode ocorrer en numerosos organismos, pero o máis frecuente é atopalo en peixes.Na maioría dos casos a célula hóspede e os núcleos sofren unha hipertrofia que ten como resultado un cambio na organización da célula e a súa estrutura e pode orixinar núcleos poliploides. Este resultado débese a que o microsporidio parasito prolifera dentro da célula hóspede.
O Día dos Avós é un día conmemorativo dedicado aos avós das familias, que complementa o Día do Pai e o Día da Nai. A xornada celébrase en diferentes países con diversidade de denominación, motivación e data. En moitos países de Latinoamérica e de Europa o día escollido é o 26 de xullo, por ser o día en que a liturxia católica conmemora a San Xaquín e Santa Ana, pais de María, a nai de Xesús e, polo tanto, avós de Xesús.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Galería de imaxes de Nogueira de Ramuín
Galería de imaxes do concello de Nogueira de Ramuín na provincia de Ourense.
Antioquía do Orontes (en grego: Ἀντιόχεια ἡ ἐπὶ Ὀρόντου; Antiókheia hē epì Oróntou), tamén coñecida como Antioquía de Siria, foi unha antiga cidade helenística situada entre a costa sur de Anatolia e a costa de Siria, á beira do río Orontes. As súas ruínas atópanse preto da actual cidade de Antioquía (en turco: Antakya) á que a antiga cidade dá o seu nome, e é a capital da provincia de Hatay en Turquía. Antioquía foi fundada a finais do século IV a.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
As linguas kwa, tamén coñecidas como novo kwa, é unha familia lingüística proposta, mais aínda non demostrada, das linguas faladas na parte sueste de Costa do Marfil, a través do sur de Ghana e no centro de Togo. O nome foi introducido en 1895 por Gottlob Krause e deriva da palabra para 'persoas' (kwa) en moitos destas linguas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A das cesalpinioideas (Caesalpinioideae) é unha subfamilia de plantas fanerógamas dicotiledóneas da orde das fabales e familia das fabáceas. Nela encóntranse a alfarrobeira, a árbore de Xudea, a acacia de tres espiñas e a acacia negra. Habitan preferentemente nas rexións cálidas, e están moi ben representadas nas rexións tropicais de África e América, e son especies a miúdo xigantescas.A subfamilia comprende 178 xéneros, e aproximadamente 1 900 especies.
Tetrápole siria, foi un agrupamento de cidades helenísticas na zona do Mediterráneo oriental, chamado así porque estaba formado por catro cidades principais: Seleucia de Piera, Antioquía a máis importante e a que tiña o mellor porto e o máis activo, Apamea, base militar e centro de comercio e Laodicea (actual Latakia). Todas elas foron fundadas por Seleuco I Nicátor, o fundador da dinastía seleúcida, quen lles puxo o nome de persoas da súa familia.A tetrápole siríaca estaba composta por cidades de certa importancia que derivaban a súa importancia das eleccións estratéxicas de Seleuco I trala vitoria sobre Antígono no 301 a.C. Mentres Antioquía e Apamea estaban no interior e constituían as fronteiras occidentais do sistema económico-administrativo do estado, Seleucia de Pieria e Laodicea eran cidades marítimas creadas artificialmente na costa non lonxe de Antioquía e Apamea, das que constituían os centros portuarios.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A Espada de Goujian (chinés tradicional: 越王勾踐劍, chinés simplificado: 越王勾践剑) é un artefacto arqueolóxico do período das Primaveras e Outonos (-771 a -403) atopado en 1965 en Hubei, China. Forxada en cobre e estaño, pertencía ó Rei Goujian de Yue, e é famosa polo seu infrecuente afiado e pola súa resistencia á corrosión raramente vista en artefactos tan antigos. Este artefacto histórico da China antiga está en posesión do Museo Provincial de Hubei.
O Chorale Roanne Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Mans, na rexión de Ródano-Alpes. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB Pro A), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 1959 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, repetindo título en 2007.
Markell Popel (en ucraíno: Маркелл Онуфрійович Попель; en ruso: Маркелл Онуфриевич Попель; en polaco: Marceli Popiel), tamén coñecido como Markian e Markyl, nado o 31 de decembro de 1821 ou 1825 en Halych ou Medukha e finado o 29 de setembro de 1903 en San Petersburgo (Imperio Ruso), foi un bispo da Igrexa ortodoxa rusa de orixe ucraíno. Naceu nunha familia greco-católica. Estudou e graduouse en Filosofía e Teoloxía, e logo de casar foi ordenado sacerdote en 1850.
A Universidade de Xenebra (Université de Genève) é unha universidade pública suíza localizada en Xenebra. É membro do Grupo Coimbra, así como da Liga de Universidades de Investigación Europeas (LERU), da Asociación de Universidades Europeas AUE) e do International Forum of Public Universities (IFPU).
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
As linguas gur, tamén coñecidas como gur central ou mabia, son un grupo de linguas que pertencen ás linguas níxer-congo. Hai arredor de 70 linguas que pertencen a este grupo. Son faladas no Sahel e as rexións de sabana do oeste de África, especialmente nas áreas de Burkina Faso, no sur e centro de Malí, o nordeste de Costa do Marfil, as metades norte de Ghana e Togo, noroeste de Benín, e suroeste de Níxer.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Michael Schumacher (pronunciado /mɪçaeːl ʃuːmaxɐ/), nado en Hürth o 3 de xaneiro de 1969, é un ex-piloto alemán de Fórmula 1 que competiu entre 1991 ata 2006 e dende 2010 ata o 2012. Gañou sete campionatos mundiais de Fórmula 1: dous coa escudaría Benetton en 1994 e 1995, e cinco con Ferrari entre 2000 e 2004, Tamén foi subcampión en 1998 e 2006, terceiro en 1992, 1996 e 2005, cuarto en 1993 e quinto en 1999. Acumulou 91 vitorias e 155 podios, e está considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula Un de todos os tempos.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2022, ano dedicado a Florencio Delgado, 62 autores (5 mulleres e 57 homes) foron homenaxeados nas 60 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
A acacia negra (Acacia melanoxylon), tamén chamada oliveira de Australia ou simplemente acacia é unha especie nativa do leste de Australia. Coñecida coma "madeira negra de Tasmania", esta árbore medra axiña e acada alturas de 45 m. Ten ampla tolerancia a unha gran diversidade de ambientes, mais prospera mellor en climas fríos.
Benjamin Géza Affleck-Boldt, nado o 15 de agosto de 1972 en Berkeley (California), é un actor, director, produtor e guionista estadounidense máis coñecido como Ben Affleck. Comezou a ser recoñecido polas súas interpretacións nos filmes de Kevin Smith Mallrats (1995), Chasing Amy (1997) e Dogma (1999). Gañou a fama como guionista cando gañou o Oscar ó mellor guión orixinal e o Globo de Ouro por Good Will Hunting (1997), que co-escribiu e co-protagonizou xunto co seu amigo Matt Damon.
Partido Comunista pola República Galega
O Partido Comunista da República Galega (PCRG) é unha organización política galega, de ideoloxía comunista e independentista.
O Association Sportive de Monaco é un equipo de baloncesto profesional con sede na cidade de Fontvieille, Mónaco. O equipo, parte do club polideportivo AS Monaco, compite actualmente na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés, e na Euroliga. Disputa os seus partidos como local na Salle Gaston Médecin, un pavillón con capacidade para 4 090 espectadores.
O selo Galega 100% identifica o leite de orixe galega para marca-la diferenza co leite foráneo. Aplícase desde o 7 de febreiro de 2011 na etiquetaxe e publicidade do leite de vaca e os produtos lácteos que se obteñan del. A maiores de identifica-la orixe do leite, garante tamén a rastrexabilidade do leite desde a granxa na que se obtivo ata que chega ó consumidor final.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 187.030 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
A necrópole de Adro Vello é un sitio arqueolóxico localizado na costa norte da península do Grove, a carón da praia do Carreiro, que acolle restos dunha vila romana, con elementos que evidencian a práctica da salga de peixe, dunha igrexa de orixe visigótica e dunha necrópole de inhumación que se prolongaron entre os séculos VI e XVIII. Toda a construción está bordeada cara ó mar por unha serie de muros superpostos que intentaron protexer as construcións dos embates do mar. O nome da necrópole, Adro Vello, fai alusión á devandita igrexa.
Os montes son uns dos lugares máis referenciais de Galicia, dado que o relevo galego e moi accidentado e case todos os concellos posúen un outeiro, unha peneda, ou unha montaña emblemáticos. Na tradición oral de lendas e historias os montes galegos teñen grande importancia, así coma os ríos e os animais, o que demostra o respecto e admiración que os nosos antergos sentían pola natureza. Cómpre ter presente que a cuarta parte do territorio galego, é dicir, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en mancomún, xestionada por 2800 comunidades de montes.
Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .