Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Os axiomas de Tarski, debidos a Alfred Tarski, son un conxunto de axiomas da parte substancial da xeometría euclidiana que é formulable en lóxica de primeira orde con identidade, e sen necesidade ningunha da teoría de conxuntos (por exemplo, aquela parte da xeometría euclidiana que é formulable como unha teoría elemental). Outros modelos de axiomatizacións da xeometría euclidiana son a dos axiomas de Hilbert e a dos axiomas de Birkhoff.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
A artrose ou osteoartrose (na literatura anglosaxoa, osteoartrite), é a doenza articular e reumática máis prevalente, sobre todo en persoas de idade avanzada. É unha enfermidade de causa descoñecida e que se dá pola alteración mecánica das propiedades da cartilaxe e do óso subcondral, provocando o deterioramento e desgaste das articulacións. Preséntase de xeito prematuro en persoas con enfermidades xenéticas que afectan ao tecido conectivo, como a síndrome de Ehlers-Danlos e a síndrome de hiperlaxitude articular.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Toni Nakić, nado o 2 de xaneiro de 1994 en Šibenik, é un xogador croata de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do GKK Šibenka, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB. Cunha altura de 1,98 m, xoga nas posicións de ala-pivote e ala. Na temporada 2021−22 foi o MVP das Finais da HT Premijer liga, máxima categoría do baloncesto croata.
Venus é o segundo planeta do sistema solar en orde de proximidade ao Sol e o terceiro en canto a tamaño en orde ascendente despois de Mercurio e Marte e ten algunhas características peculiares. Do mesmo xeito que Mercurio, carece de satélites naturais. A súa órbita é unha elipse cunha excentricidade de menos do 1 %, formando a órbita máis circular de todos os planetas; apenas supera a de Neptuno.
Francisco Javier Martínez Enríquez
Francisco Javier Martínez Enríquez Sarmiento de Valladares, VI Marqués de Valladares, nado en Ourense en 1808 e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 1887, foi un político galego.
O Marquesado de Valadares é un título nobiliario creado o 6 de xuño de 1673 polo rei Carlos II de España a favor de Luis Sarmiento de Valladares e Meira, I vizconde de Meira. O vizcondado de Meira foi outorgado o 21 de xullo de 1670 polo rei Carlos II de España a Diego Sarmiento Valladares, bispo de Plasencia e inquisidor xeral de España, para o seu sobriño paterno Luis Sarmiento de Valladares e Meira, que logo sería nomeado I marqués de Valadares.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Segestria florentina é a meirande araña europea da familia Segestriidae. As femias poden chegar a medir 14-22 mm de longo, e os machos, algo máis pequenos como en moitos arácnidos, posúe quelíceros en forma de navalla de gran tamaño de cor verde "eléctrico", adoitando medir uns 10-15 mm. Esta especie é máis escura ca outras do seu mesmo xénero.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Arturo Moreno Salvador (ou Artur Moreno i Salvador), nado en Valencia o 10 de maio de 1909 e finado en Barcelona o 25 de xuño de 1993, foi un historietista, ilustrador e pioneiro dos debuxos animados español, até o punto de recibir en ocasións o cualificativo do Walt Disney español. Destacan, entre a súa obra, a longametraxe Garbancito de la Mancha, o primeiro do país, e a serie de historietas Formidables trapisondas del Grumete Mick, el viejo Mock y el Perro Muck, así como o seu labor á fronte da revista infantil KKO, onde traballaron outros coñecidos historietistas, tendo un estilo artístico similar ao que realizarían outros autores como Cabrero Arnal e Valentín Castanys. Emigrou a Venezuela, onde realizou debuxos animados para Bolívar Films.
Blas Infante Pérez de Vargas, nado en Casares (Provincia de Málaga) o 5 de xullo de 1885 e finado en Sevilla o 11 de agosto de 1936, foi un político andaluz, considerado oficialmente polo Congreso dos Deputados e polo Parlamento de Andalucía como o "Pai da Patria andaluza", por ser o máximo ideólogo do nacionalismo andaluz.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O óxido de trimetilamina ou N-óxido de trimetilamina (TMAO, TMANO) é un composto orgánico coa fórmula (CH3)3NO. Pertence á clase dos óxidos de aminas. Aínda que se coñece o composto anhidro, o óxido de trimetilamina encóntrase habitualmente como dihidrato. Tanto os materiais anhidro coma os hidratados son sólidos brancos e hidrosolubles.
Marco Vipsanio Agripa (en latín, Marcus Vipsanius Agrippa), coñecido usualmente como Agripa, nado cara o 63 a.C.e finado no 12 a.C., foi un importante xeneral e político romano. Foi amigo íntimo, colaborador, xeneral e encargado dos asuntos militares de Octaviano, o futuro emperador Octavio Augusto. Sempre ao seu carón dende a morte de César no 44 a.
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo. Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
Al-Iqtisād fī al-iʿtiqad (en árabe: الاقتصاد في الاعتقاد), ou A moderación na crenza é unha obra teolóxica importante de Abū Ḥāmid Muḥammad ibn Muḥammad al-Ghazali. George Hourani indicou que o Iqtisad e Mizan al-amal foron completados antes ou durante a crise de fe de Ghazali. Levou o seu posto na escola Niẓamiyya de Bagdad e entrou no camiño do sufismo.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 4 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que, cun total de 21, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
O jazz é un estilo musical, nado entre 1890 e 1910 en Nova Orleáns. A súas raíces remontan á música dos negros e crioulos dos Estados Unidos desde as súas épocas como escravos que datan pouco antes de 1850. As influencias nomean o ragtime, as worksongs músicas cantadas polos negros ao traballaren e o blues, principalmente, non se sabe moi ben como era esta música anterior a 1910, o primeiro músico do que se ten noticia é Buddy Bolden, do que só se conservan unha foto e as opinións dos seus compañeiros, que falan dun virtuoso cun son potente e limpo.
O dominio de primeiro nivel (en inglés Top Level Domain TLD) é un dos compoñentes dun enderezo de internet, estes van separados por puntos, así por exemplo: gl.wikipedia.org, e precisamente o último é o que se denomina dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel. O sistema de nomes de dominio en internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha xerarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente
O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA, en inglés UNEP polas siglas de UN Environment Programme) é o encargado de coordinar as respostas aos problemas ambientais dentro do sistema das Nacións Unidas. , axudando aos países en desenvolvemento a facer políticas ambientalmente racionais e fomentar o desenvolvemento sustentábel mediante prácticas ambientais sólidas.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
No Calendario armenio, as datas están marcadas polas letras ԹՎ ou parecidas, habitualmente cunha liña sobre as letras, indicando "t'vin" ("no ano") seguido por unha ou até catro letras, cada unha significa un número baseado na orde do alfabeto. Na Idade Media, os armenios empregaban un calendario que comezaba no ano 552 a.C., como o comezo da era armenia. Para traducir en anos comúns, adicione 551 ao número.
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito
A Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Crime (UNODC ; en francés : Office des Nations unies contre la drogue et le crime) é unha oficina das Nacións Unidas que creada en 1997 como Oficina para o Control de Drogas e a Prevención do Delito ao combinar a Organización Internacional de Drogas das Nacións Unidas. Programa de Control (PNUFID) e a División de Prevención do Delito e Xustiza Penal da Oficina das Nacións Unidas en Viena, e renomeada en 2002. O foco da axencia é o tráfico e o abuso de drogas ilícitas, a prevención do crime e a xustiza penal, o terrorismo internacional e a corrupción política.
A maragota, Labrus bergylta, é un peixe osteíctio mariño da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos, unha das 4 especies integradas no xénero Labrus, segundo o WoRMS e a FishBase, ou as 17, segundo o ITIS.Esta especie presenta dúas variedades con distintas coloracións, parda verdosa na maragota e vermella alaranxada con pintas brancas na coñecida popularmente nalgúns portos de Galicia e nos mercados como pinto.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Miguel Rodríguez Vidal, nado en Redondela o 29 de abril de 2003, é un futbolista galego. Xoga como dianteiro no Real Club Celta de Vigo na Primeira División. Comezou a súa carreira futbolística nas categorías inferiores do CD Choco e do Celta B. Na tempada 2022/23, Miguel Rodríguez pasou a integrar a primeiro equipo.
Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. Códice Calixtino (1986, Sotelo Blanco Edicións) é unha das súas obras máis destacadas. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao.
A paridade do poder adquisitivo (PPA) é un termo económico introducido a principios do decenio de 1990 polo Fondo Monetario Internacional, para comparar dun xeito realista o nivel de vida entre distintos países, atendendo ao produto interno bruto (PIB) per capita en termos do Custo de Vida en cada país. Baseándose en que, por exemplo, o poder adquisitivo dun euro non é o mesmo en España que en Alemaña, as estatísticas reflicten con maior exactitude con que recursos económicos vive a poboación dun país determinado. A PPA é unha medida máis adecuada para comparar os niveis de vida que o PIB per capita, posto que toma en conta as variacións de prezos.
A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo. Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais).
Maryna Sergiivna Viazovska ( Марина ucraíno: Марина Сергіївна В'язовська ; Kíiv 1984) é unha matemática ucraína coñecida polo seu traballo sobre o empaquetado de esferas .É profesora titular de teoría dos números na Cátedra do Instituto de Matemáticas da École Polytechnique Fédérale de Lausanne ( Suíza ). Foi galardoada coa medalla Fields en 2022.
Leonor de Borbón Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española. É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.
O infinitivo conxugado, infinitivo persoal ou infinitivo flexionado, é unha das características máis orixinais do galego-portugués (aínda que existen formas similares no napolitano do século XV e vestixios no leonés antigo, o que, xunto coa influencia do portugués, pode explicar a súa presenza no mirandés).O infinitivo conxugado fórmase engadindo ao infinitivo impersoal as desinencias, -es, -mos, -des, -en (as cales coinciden coas do futuro de subxuntivo, agás nos verbos irregulares): cantar - cantares cantar - cantarmos cantardes cantarenÚsase nos seguintes casos: Cando o infinitivo ten un suxeito distinto ao do verbo principal: (ti) Dille que o limpe antes de volver(mos) ; Ai, morte, canto xa tardas en me levares contigo!Cando o suxeito do infinitivo vai expreso, pero a distancia do verbo principal: O rapaz saudou aos turistas ao pasaren xunto del ; Ao estaren tan contentos, eu marchei caladiño para a cama.Cando o infinitivo vai introducido por preposición: Para falares con el, tes que pedir cita.Non se emprega nos seguintes casos: Cando o infinitivo é o verbo auxiliado dunha perífrase verbal: *Débesllo dicir agora mesmo.Cando se constrúe con verbos do tipo: querer, poder, saber, deixar... porque neste caso o suxeito éo de todo o complexo verbal: *Queremos mercar un coche deportivo.Non se debe confundir co futuro de subxuntivo, co que coincide nos verbos regulares e difire nos irregulares: Inf. Conx.