Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Joseph M. Alves, nado en San Leandro o 21 de maio de 1936, é un deseñador de produción de cinema estadounidense. É coñecido polo seu traballo na serie de filmes Tiburón. Dirixiu Jaws 3-D. Foi nomeado ó Oscar ó mellor deseño de produción na 50ª edición dos premios e ó BAFTA á mellor dirección de arte por Encontros na terceira fase.
Chapel Club foi unha banda inglesa de synthpop procedente de Londres e formada polo vocalista Lewis Bowman, o batería Rich Mitchell, o baixista Liam Arklie e os teclistas Michael Hibbert e Alex Parry.A banda deixou o selo de Universal Polydor Records en marzo de 2012 tras desfacerse do seu anterior son indie rock, que describira á banda como "melancólica, maxestuosa e magnificiente" polo seu enfoque electrónico do pop usando samples e sintetizadores. O segundo e derradeiro álbum da banda, Good Together, foi editado a través de Ignition Records en 2013. A banda anunciou a súa separación o día 17 de outubro de 2013 nun concerto na St Pancras Old Church de Londres.
2022 (MMXXII) é o ano actual do calendario gregoriano comezado en sábado. As Nacións Unidas declararon 2022 como Ano Internacional da Pesca Internacional e da Acuicultura, Ano Internacional das Ciencias Básicas para o Desenvolvemento Sustentábel, Ano Internacional do Desenvolvemento Sustentábel das Montañas, e Ano Internacional do Vidro.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 4 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que, cun total de 21, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
O Helsingin Jalkapalloklubi ou HJK é un equipo de fútbol da cidade de Helsinqui, Finlandia. De acordo coa cantidade de campionatos de Finlandia acadados, trátase do equipo máis éxitoso do país nórdico. Dende 1964 xoga na máxima categoría do fútbol finlandés, a Veikkausliiga, da que se proclamou campión por 31ª vez na súa historia e por segundo ano consecutivo.
Alexander Boris de Pfeffel Johnson, nado en Nova York o 19 de xuño de 1964 é un político, historiador e xornalista británico que é o actual primeiro ministro do Reino Unido dende 2019.Anteriormente foi alcalde de Londres de 2008 a 2016. Tamén é Membro do Parlamento (MP) por Uxbridge e South Ruislip dende 2015. O 7 de xuño de 2022, renunciou ao cargo de líder do Partido Conservador, máis continúa a ser Primeiro Ministro ata novo aviso.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
As vitaminas (termo chegado dende o inglés, creación da lingua científica que combina o latín vita ‘vida’ e amine ‘amina’, porque se pensou que as vitaminas contiñan aminoácidos) son compostos heteroxéneos que non poden ser sintetizados polo organismo, polo que este non pode obtelos máis ca a través da inxestión directa. As vitaminas son nutrientes esenciais, imprescindibles para a vida. Actúan como coenzimas e grupos prostéticos dos enzimas.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
O xisto é unha rocha de orixe metamórfica, procedente do metamorfismo das arxilas, que presenta unha estrutura de follas ou láminas paralelas que se separan con facilidade. Hai autores que clasifican ao xisto arxiloso como unha rocha sedimentaria, e é posíbel esa distinción, mais en Galicia, como en moitos lugares do mundo, tódolos xistos son de orixe metamórfica. Preséntase xeralmente nunha color opaca azulada escura e emprégase moito en cubertas e revestimentos interiores e exteriores.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Subunidade beta da hemoglobina
A subunidade beta da hemoglobina, tamén chamada hemoglobina beta ou β-globina, é unha proteína globina codificada no xene HBB, a cal, unida á alfa-globina (HBA), constitúe a forma máis común de hemoglobina nos humanos adultos, a hemoglobina A (HbA), proteína tetrámera α2β2 formada por dúas cadeas alfa e dúas beta. Esta subunidade ten 147 aminoácidos e un peso molecular de 15.867 Da. Esta subunidade está codificada no xene HBB e as mutacións neste xene producen varias variantes das proteínas que están implicadas en trastornos xenéticos como a anemia falciforme e a beta-talasemia, así como caracteres beneficiosos como a resistencia xenetica á malaria.
José Eduardo dos Santos, nado en Luanda o 28 de agosto de 1942 e finado en Barcelona o 7 de xullo de 2022, foi un político angolano que foi presidente de Angola durante case 40 anos, desde 1979 a 2017. Como presidente foi tamén o comandante en xefe das Forzas Armadas Angolanas, ademais de presidente do Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA), partido que gobernou o país dende a independencia en 1975.
No Calendario armenio, as datas están marcadas polas letras ԹՎ ou parecidas, habitualmente cunha liña sobre as letras, indicando "t'vin" ("no ano") seguido por unha ou até catro letras, cada unha significa un número baseado na orde do alfabeto. Na Idade Media, os armenios empregaban un calendario que comezaba no ano 552 a.C., como o comezo da era armenia. Para traducir en anos comúns, adicione 551 ao número.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
O dominio de primeiro nivel (en inglés Top Level Domain TLD) é un dos compoñentes dun enderezo de internet, estes van separados por puntos, así por exemplo: gl.wikipedia.org, e precisamente o último é o que se denomina dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel. O sistema de nomes de dominio en internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha xerarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex.
Cítrico é o nome común do xénero Citrus, que designa as especies de grandes arbustos ou pequenas árbores perennes (entre 5 e 15 m) da familia das Rutáceas, que teñen froitos ou froitas que posúen un alto contido en vitamina C e ácido cítrico, o que lles fornece ese típico sabor acedo tan característico. Oriúndo da Asia tropical e subtropical, este xénero contén tres especies e numerosos híbridos cultivados, incluíndo as froitas máis amplamente comercializadas, como o limón, a laranxa, a lima, o pomelo e mais a mandarina, con diversas variedades que dependen da rexión na que se cultive cada unha delas. O froito é un hesperidio, característico do xénero.
Utah é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión das Montañas Rochosas. É un dos máis importantes centros de transporte e de telecomunicacións do Oeste americano. A capital e maior cidade de Utah é Salt Lake City e na súa rexión metropolitana vive máis do 60% da poboación do Estado.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Liga Española de Baloncesto 1970-71
A temporada 1970–71 da Primeira Divisón, celebrada entre o 11 de outubro de 1970 e o 7 de marzo de 1971, foi a décimo quinta campaña da Liga Española de Baloncesto. Participaron na competición doce equipos, que xogaron entre si unha liga de todos contra todos con ida e volta. Os dous últimos clasificados, Ignis Mataró e Águilas Schweppes descenderon directamente, mentres que os postos 9 e 10 disputaron un playoff de permanencia contra o terceiro e cuarto da Segunda División.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A hemoglobina A2 (HbA2) é unha variante normal da hemoglobina A que consta de dúas cadeas alfa e dúas delta (α2δ2) e encóntrase en baixos niveis no sangue humano normal. A súa importancia biolóxica aínda non se coñece ben. A HbA2 existe en pequenas cantidades en todos os adultos humanos, xa que supón entre o 1,5 e o 3,1% de todas as moléculas de hemoglobina do corpo, e o seu nivel é aproximadamente normal en persoas que padecen anemia falciforme, as cales posúen hemoglobina S. A hemoglobina A2 pode incrementarse na beta talasemia (non producen cadea beta) ou en persoas que son heterocigotas para o xene da beta talasemia, aínda que non a padezan.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
Concurso de Miss Vaca Galicia (Luar)
Miss Vaca Galicia é un certame organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
As Festas de San Firmino (en castelán: San Fermín), coñecidas popularmente como Sanfermines (en éuscaro: Sanferminak), son unhas festas na honra a San Firmino que se celebran anualmente en Pamplona, capital de Navarra, no norte de España. Os festexos comezan co lanzamento do txupinazo (foguete) desde o balcón da Casa do Concello de Pamplona ás 12 do mediodía do 6 de xullo e terminan ás 24h do 14 de xullo co "Pobre de mí", unha canción de despedida. Unha das actividades máis famosas dos Sanfermines é o encerro, que consiste nunha carreira de 849 metros diante dos touros e que culmina na praza de touros.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O monstro mariño (en inglés: The Sea Beast) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Chris Williams, no seu debut como director en solitario. O filme está protagonizado polas voces de Karl Urban, Zaris-Angel Hator, Jared Harris, Marianne Jean-Baptiste, Dan Stevens e Kathy Burke. Producido en Netflix Animation, o filme estreouse en cinemas escollidos o 24 de xuño de 2022, antes de estrearse en Netflix o 8 de xullo, onde conta con versión dobrada e subtitulada ao galego, sendo o primeiro filme orixinal desta plataforma en estar en galego.
Chámaselle cuberta ao elemento construtivo que protexe aos edificios pola parte superior e, por extensión, á estrutura sustentante de dito elemento. Tamén se lle pode chamar tellado, aínda que este termo se refire concretamente ás cubertas con cubrición de tella; coñecéndose as de lousa e as vexetais coma lousados e colmados respectivamente.
Arturo Moreno Salvador (ou Artur Moreno i Salvador), nado en Valencia o 10 de maio de 1909 e finado en Barcelona o 25 de xuño de 1993, foi un historietista, ilustrador e pioneiro dos debuxos animados español, até o punto de recibir en ocasións o cualificativo do Walt Disney español. Destacan, entre a súa obra, a longametraxe Garbancito de la Mancha, o primeiro do país, e a serie de historietas Formidables trapisondas del Grumete Mick, el viejo Mock y el Perro Muck, así como o seu labor á fronte da revista infantil KKO, onde traballaron outros coñecidos historietistas, tendo un estilo artístico similar ao que realizarían outros autores como Cabrero Arnal e Valentín Castanys. Emigrou a Venezuela, onde realizou debuxos animados para Bolívar Films.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo. Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais).
A desoxiuridina monofosfato ou monofosfato de desoxiuridina, abreviado como dUMP, é un nucleótido que non forma parte dos ácidos nucleicos e que ten como misión intervir na biosíntese de nucleótidos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazado coa base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un fosfato esterificado no carbono 5'. Os nucleótidos con uracilo teñen normalmente ribosa, polo que son ribonucleótidos, e o UMP é o nucleótido distintivo do ARN. Non obstante, o dUMP, aínda que pouco común, existe tamén na célula e a súa misión é intervir como intermediario da síntese do desoxirribonucleótido dTMP (tamén chamado TMP).