Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Universidade do Oeste de Escocia
A Universidade do Oeste de Escocia (en inglés: University of the West of Scotland) é unha universidade pública con varios campus no suroeste de Escocia, concretamente nas cidades de Paisley, Hamilton, Dumfries e Ayr. Fundouse en 2007 logo da fusión da Universidade de Paisley co Bell College de Hamilton. Está estruturada en 8 facultades: Comercio, Informática, Educación, Ciencia, Enxeñería, Industria da creación e da cultura, Saúde e formación de enfermeiros e Ciencias Sociais.
O Nakajima Ki-49 Donryu (dragón da tempestade) foi un bombardeiro pesado xaponés da Segunda Guerra Mundial. Xurdiu por un requirimento de 1938 para un substituto do bombardeiro Ki-21 e voou por primeira vez en agosto de 1939. Era un bo avión, pero quedou ensombrecido polas grandes cantidades de Ki-21 e polo mellor Ki-67.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O KLKB1 é un xene que nos humanos está situado no cromosoma 4 e que codifica a proteína encimática calicreína plasmática (EC 3.4.21.34), que tamén recibe, entre outros, os nomes de calicreína sérica, calicreína B1 e calicreína B. Este encima cataliza a seguinte reacción química: corte selectivo dalgúns enlaces peptídicos nos que interveñen a arxinina ou a lisina no cininóxeno humano, incluíndo os enlaces lisina-arxinina e arxinina-serina para liberar bradicinina. Este encima fórmase a partir da precalicreína plasmática (factor de Fletcher) por acción do factor XIIa.
Sven Magnus Øen Carlsen nado o 30 de novembro de 1990 en Tønsberg Noruega, é un xogador de xadrez noruegués, Gran Mestre Internacional, número un mundial na clasificación Elo e campión do mundo. O 11 de maio de 2014 , a puntuaciónn Elo de Carlsen era de 2882 puntos. É a clasificación máis alta da historia, por diante da de Garry Kasparov que acadou os 2851 puntos no 1999.
Non confundir con Antonio Tovar Llorente (Valladolid 1911-1985), filólogo, lingüista e historiador.Antón Tovar Bobillo, nado na Pereira, Rairiz de Veiga, en 1921 e finado en Ourense o 16 de xuño de 2004, foi un poeta galego que escribiu en lingua castelá e lingua galega, encadrado na chamada promoción de enlace. A súa obra está marcada polo pesimismo, o sentimento poético sincero e auténtico, o existencialismo, o intimismo e a preocupación social, ademais da baldía procura de deus. Foi membro correspondente e de honra da Real Academia Galega.
A submisión química (do equivalente francés soumission chimique, semellante ao inglés Drug-Facilitated Sexual Assault, DFSA) foi descrita en 1982 para referirse á administración dun produto a unha persoa sen o seu coñecemento para provocar unha modificación do seu grao de vixilancia, do seu estado de consciencia e da súa capacidade de xuízo, con fins delituosos (roubo) ou criminais (a agresión sexual é o máis común). Na práctica as vítimas están durmidas ou ben espertas, pero baixo o control do agresor.
Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina. A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.
A erección (do latín erectio, é dicir, a acción de erguer ou erixir) pódese dar en distintas partes do corpo, coma o pene, o clítoris ou as mamilas, e consiste no agrandamento e estado firme das zonas mencionadas. A súa consecución depende de complexas interaccións psicolóxicas, neuronais, vasculares e endócrinas. O termo tamén se aplica ao proceso que lidera este estado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
William "Bill" Fenton Russell, nado en West Monroe (Luisiana) o 12 de febreiro de 1934 e finado en Mercer Island (Washington) o 31 de xullo de 2022, foi un xogador e adestrador de baloncesto estadounidense, que xogou como pivote durante trece anos nos Boston Celtics da NBA. Foi en cinco ocasiones nomeado MVP da tempada, ademais de ser o máximo estandarte da dinastía dos Celtics que gañaron once campionatos en trece anos. Antes da súa carreira profesional, Russell gañou dous campionatos da NCAA con San Francisco Dons en 1955 e 1956. Tamén conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Melbourne de 1956 como capitán da selección nacional estadounidense.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2023 será a 74ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Agosto na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de agosto na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Agosto tamén designa o tempo da recolleita dos cereais, e a colleita mesma (Real Academia Galega 2013, s. v.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Kosovo (en albanés: Kosovë, Kosova; en serbio: Косово) é unha rexión e tamén un Estado parcialmente recoñecido co nome de República de Kosovo (en albanés: Republika e Kosovës, en serbio: Република Косово, Republika Kosovo), situado na Península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Ten unha superficie de 10 980 km² e unha poboación estimada de 1 733 842 habitantes (2007). A súa capital é Pristina e está composto polas rexións históricas de Kosovo e Metohija.
Leonor de Borbón Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española. É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Nichelle Nichols, nada en Robbins (Illinois) o 28 de decembro de 1932, e finada o 30 de xullo de 2022, foi unha actriz estadounidense, especialmente coñecida polo seu personaxe da serie de televisión Star Trek como a tenente Uhura. Comezou como cantante con Duke Ellington e Lionel Hampton, para pasar posteriormente ao cine e á televisión. O documental Woman In Motion: Nichelle Nichols, Star Trek, and the Remaking of NASA detalla o papel crucial que desempeñou na introdución da diversidade na NASA, e na configuración do programa espacial estadounidense.
Arturo Moreno Salvador (ou Artur Moreno i Salvador), nado en Valencia o 10 de maio de 1909 e finado en Barcelona o 25 de xuño de 1993, foi un historietista, ilustrador e pioneiro dos debuxos animados español, até o punto de recibir en ocasións o cualificativo do Walt Disney español. Destacan, entre a súa obra, a longametraxe Garbancito de la Mancha, o primeiro do país, e a serie de historietas Formidables trapisondas del Grumete Mick, el viejo Mock y el Perro Muck, así como o seu labor á fronte da revista infantil KKO, onde traballaron outros coñecidos historietistas, tendo un estilo artístico similar ao que realizarían outros autores como Cabrero Arnal e Valentín Castanys. Emigrou a Venezuela, onde realizou debuxos animados para Bolívar Films.
Malta ( pronunciación ) (en maltés: Malta, [ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Malta, [ˈmɔːl.tə] (AFI), escoitar), oficialmente República de Malta ( pronunciación ) (en maltés: Repubblika ta' Malta, [rɛˈpʊbb.lɪ.kɐ ˈtɐ ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Republic of Malta) é un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras, situadas ao sur da illa italiana de Sicilia, no mar Mediterráneo. As terras máis próximas son todas italianas: Sicilia, ao norte, as illas Pelaxias ao oeste e a illa de Pantelleria ao noroeste. A súa capital é A Valeta.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Alpine na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Corazóns malferidos (en inglés: Purple Hearts) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Elizabeth Allen Rosenbaum. Está baseado na novela homónima de Tess Wakefield. Conta a historia dunha aspirante a cantautora chamada Cassie e a un marine chamado Luke, que se namoran malia todos os obstáculos.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A necrópole de Adro Vello é un sitio arqueolóxico localizado na costa norte da península do Grove, a carón da praia do Carreiro, que acolle restos dunha vila romana, con elementos que evidencian a práctica da salga de peixe, dunha igrexa de orixe visigótica e dunha necrópole de inhumación que se prolongaron entre os séculos VI e XVIII. Toda a construción está bordeada cara ó mar por unha serie de muros superpostos que intentaron protexer as construcións dos embates do mar. O nome da necrópole, Adro Vello, fai alusión á devandita igrexa.
San Fiz pode referirse a varios santos do cristianismo: Fiz I, papa da igrexa católica no século III.Como topónimo pode referirse a: San Fiz, parroquia do concello da Veiga; San Fiz, lugar de dita parroquia; San Fiz Vello, lugar de dita parroquia; San Fiz de Amarante, parroquia do concello de Antas de Ulla. San Fiz, lugar de dita parroquia; San Fiz de Cerdeiras, parroquia do concello de Begonte; San Fiz de Rubián, parroquia do concello de Bóveda; San Fiz, lugar de dita parroquia; San Fiz de Asma, parroquia do concello de Chantada; San Fiz de Monfero, parroquia do concello de Monfero; San Fiz de Paz, parroquia do concello de Outeiro de Rei; San Fiz de Cangas, parroquia do concello de Pantón; San Fiz de Reimóndez, parroquia do concello de Sarria; San Fiz de Vilapedre, parroquia do concello de Sarria; San Fiz de Quión, parroquia do concello de Touro; San Fiz lugar da parroquia do Ribeiro no concello de Bande; San Fiz lugar da parroquia de Veiga no concello da Bola; San Fiz lugar da parroquia de Cadeliña no concello de Chandrexa de Queixa; San Fiz lugar da parroquia de Paradela no concello do Corgo; San Fiz lugar da parroquia da Xesta no concello de Lalín; San Fiz lugar da parroquia de Mogor no concello de Mañón; San Fiz lugar da parroquia de Armeses no concello de Maside; San Fiz lugar da parroquia de San Xurxo de Piquín no concello da Ribeira de Piquín; San Fiz lugar da parroquia de Margaride no concello de Silleda; San Fiz lugar da parroquia de Román no concello de Vilalba.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Efavirenz é un fármaco inhibidor da transcritase inversa non análogo aos nucleósidos (ITRNN, NNRTI, polas súas siglas en inglés) que se emprega como parte da terapia antirretroviral altamente activa (TARAA, equivalente ao inglés HAART) no tratamento da infección por virus de inmunodeficiencia humana tipo 1 (VIH-1).
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 187.331 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Benito Vicetto Pérez nado en Ferrol o 21 de maio de 1824 e finado na mesma cidade o 28 de maio de 1878, foi un escritor, xornalista e historiador galego. Prolífero autor literario en lingua castelá, na que cultivou a poesía, a novela, o teatro e o ensaio, escribiu tamén algúns poemas en lingua galega. Destacou como editor e colaborador de xornais de tendencia progresista, desde os que impulsou as ideas rexionalistas.
A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar na localidade portuguesa de Monção, e que ten lugar o día do Corpus Christi. Adoita celebrarse na Praça de Deuladeu. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un ex futbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
Declaración dos dereitos do neno e outras cousas nosas
Obra publicada polo alumnado do Instituto Masculino de Lugo en 1973 co fin de difundir a declaración dos dereitos do neno e de poder recadar fondos para a excursión de fin de curso. Obra coordinada polo profesor Xesús Alonso Montero e publicada nas Ediciones Celta de Lugo.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
O tordo común (Turdus philomelos) é unha especie de ave paseriforme da familia Turdidae, que habita en gran parte de Eurasia, incluída Galicia, onde é unha ave sedentaria case común, con individuos invernantes. Presenta dorso marrón e ventre amarelado con manchas escuras xeralmente cor café e subdivídese en tres subespecies. Ten un peculiar canto, que repite frases musicais, que inspirou a diversos poetas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.O nome do grupo procede da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires, provincia de Barcelona, o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española.En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
María Mariño Carou, nada en Noia o 8 de xuño de 1907 e finada en Seoane do Courel (Folgoso do Courel) o 19 de maio de 1967, con escasa obra (poética en galego e narrativa en castelán), foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, encadrada na xeración do 36, reivindicada para a literatura galega pola xeración Brais Pinto, especialmente por Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín. Da súa autoría son Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990). Compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e moi apartada dos cenáculos literarios.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
A calicreína do plasma ou plasmática (EC 3.4.21.34, tamén chamada calicreína sérica, cininoxenina, calicreína I, calicreína II, cininoxenase, calicreína, glumorina, padreatina, padutina, calidinoxenase, bradicininoxenase, calicreína pancreática, onocreína P, dilminal D, depot-Padutin, urocalicreína, calicreína urinaria) é un encima do grupo das calicreínas. Este encima cataliza a seguinte reacción: Clivaxe selectiva dalgúns enlaces Arg- e Lys-, como os Lys-Arg e Arg-Ser no cininóxeno humano para liberar bradicinina.Este encima fórmase a partir da procalicreína do plasma (factor de Fletcher inactivo) pola acción do factor XIIa.
O principio de Bernoulli, tamén denominado ecuación de Bernoulli ou trinomio de Bernoulli, describe o comportamento dun fluído movéndose ao longo dunha liña de corrente. Foi exposto por Daniel Bernoulli na súa obra Hidrodinámica (1738) e expresa que nun fluído ideal (sen viscosidade ni rozamento) en réxime de circulación por un conduto cerrado, a enerxía que posúe o fluído permanece constante ao longo do seu percorrido. A enerxía dun fluído en calquera momento consta de tres compoñentes: Cinética: é a enerxía debida á velocidade que posúa o fluído.
Serbia (en serbio: Србија/Srbija) é un país pechado ó mar situado no centro e no sueste de Europa, ocupando a parte sur da chaira panónica e a parte central da península balcánica. O país fai fronteira con Hungría polo norte, Romanía e Bulgaria polo leste, Albania e Macedonia do Norte polo sur e con Montenegro, Croacia e Bosnia e Hercegovina polo oeste. A súa capital é Belgrado.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.