Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Ahmed Salman Rushdie, (en hindi: अहमद सलमान रुश्दी; en urdú: احمد سلمان رشدی ) nado en Bombai o 19 de xuño de 1947, é un escritor e ensaísta británico. O seu estilo foi comparado co realismo máxico latinoamericano, e a maior parte das súas obras de ficción están ambientadas na India. As súas dúas novelas de maior sona son Midnight's Children e The Satanic Verses.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
O Wikidata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Wikimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, que poden utilizar proxectos da Wikimedia como a Wikipedia. Isto é semellante á forma na que a Wikimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Wikimedia.
Frank John Fenner, nado o 21 de decembro de 1914 e finado o 22 de novembro de 2010, foi un científico e médico australiano cunha importante carreira no campo da viroloxía. Os seus dous logros máis senlleiros foron a supervisión da campaña para a erradicación da varíola, e o uso do virus da mixomatose como ferramenta para controlar a praga de coellos que ateigaba Australia.
A Policía Federal Arxentina (PFA) é a principal forza de seguridade a nivel federal da República Arxentina. Foi creada en 1943 sobre as bases da antiga Policía da Capital,que operou no ámbito da Cidade de Bos Aires desde 1880 ata ese ano. Dependente do Ministerio do Interior, conta con destacamentos en todas as provincias do país e na cidade de Bos Aires, onde exerce tamén as funcións de policía local en virtude do artigo 7º da denominada "Lei Cafiero".
"A Forest" é unha canción da banda inglesa The Cure, editado o 28 de marzo de 1980 como único sinxelo do seu segundo álbum Seventeen Seconds. Foi o seu primeiro sinxelo en entrar nas listas británicas, acadando o posto 31; tamén foi un éxito nos Países Baixos, acadándo o número 26 nese país. Ademais tamén sería o seu primeiro sinxelo en ser lanzado nun formato de 12 polgadas, contendo versións máis longas dos temas que as aparecidas no álbum.
Leo Juhani "Leksa" Kinnunen, nado en Tampere o 5 de agosto de 1943 e finado o 26 de xullo de 2017, foi un piloto de automobilismo finlandés, o primeiro piloto de Fórmula 1 do seu país. Kinnunen gañou a Nordic Challenge Cup en 1969, a Interserie de 1971-1973 e axudou a Porsche a lograr o World Sportscar Championship para os fabricantes en 1970 (os campionatos de pilotos non foron galardoados ata 1981). Na tempada 1974 cambiou á Fórmula Un, pero ademais dos problemas co TS16, o seu equipo pronto se atopou con problemas económicos.
Coágulo e coágulo de sangue redirixen aquí. Un trombo, tamén chamado coágulo de sangue, é o produto final da coagulación do sangue. Nun trombo distinguimos dous compoñentes: un agregado de plaquetas e eritrocitos e unha masa enguedellada de filamentos da proteína fibrina unidos por enlaces cruzados.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Alfred Molina, nado o 24 de maio de 1953 en Paddington, Londres, é un actor inglés. Coñecido polos seus papeis nos filmes Na busca da arca perdida, Prick Up Your Ears, The Man Who Knew Too Little, Spider-Man 2, Maverick, Species, Not Without My Daughter, Chocolat, Frida, Steamboy, The Hoax, Prince of Persia: The Sands of Time, The Da Vinci Code, A Panther in the Basement, An Education e The Sorcerer's Apprentice.
Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Posteriormente formaron tamén un grupo de graffiti, breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións.
Aquis Querquennis, coñecido popularmente como A Cidá, é un complexo arqueolóxico constituído por un campamento romano e unha mansión-viaria, situado na parroquia dos Baños (Bande). O campamento estableceuse no lugar para a construción da Vía XVIII ou Vía Nova, calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta. Estivo ocupado entre o último cuarto do século I d.C. e os anos 20 do século II d.C. A mansión-viaria era un hospedaxe de viaxeiros na citada calzada, ocupada nos séculos II - III d.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Manufactura (do latín manus 'man' e factura 'feitura') ou fabricación é a creación ou produción de bens coa axuda de man de obra, maquinarias, ferramentas procesos químicos ou biolóxicos. É a esencia do sector secundario da economía. O termo pode referirse a unha serie de actividades humanas, dende a artesanía ata alta tecnoloxía, pero aplícase máis comúnmente ao deseño industrial , na que as materias primas do sector primario se transforman en produtos acabados a gran escala.
Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
O Movemento 19 de Abril, coñecido polo seu acrónimo M-19 ou simplemente «O Eme», foi unha organización guerrilleira urbana colombiana, xurdida despois das irregularidades nas eleccións presidenciais do 19 de abril de 1970 que deron como gañador ao oficialista da Fronte Nacional Misael Pastrana Borrero sobre o candidato opositor Gustavo Rojas Pinilla e que derivaron dunha fraude electoral orquestrada polo alto goberno e os partidos tradicionais. O movemento participou no conflito armado en Colombia dende xaneiro de 1974 até a súa desmobilización en marzo de 1990. O grupo especializouse como guerrilla urbana, e nos chamados 'golpes de opinión'.As ideoloxías do movemento eran o nacionalismo e o socialismo democrático, o seu obxectivo primordial era instaurar unha democracia en Colombia, con diferenzas aos outros grupos guerrilleiros do país, actuaron en conxunto con estes, nalgunhas ocasións como parte da Coordinadora Nacional Guerrilleira (creada en 1984) e a Coordinadora Guerrilleira Simón Bolívar (creada en 1987).Entre as súas accións armadas máis coñecidas foron: o roubo da espada de Bolívar (coa que se deron a coñecer) en 1974, o roubo de armas do Cantón Norte en 1979, a toma da Embaixada da República Dominicana en 1980, o afundimento do barco El Karina, o secuestro ao avión de Aeropesca e o secuestro de Martha Neves Ochoa en 1981, a batalla de Yarumales en 1984, a toma do Palacio de Xustiza en 1985 (que marcou un punto de inflexión na súa historia, ao ser tomado por este grupo e retomado pola Forza Pública terminou co incendio do edificio, a morte dos maxistrados da Corte Suprema de Xustiza e de varios guerrilleiros, militares e civís, e a desaparición de 11 persoas), o batallón América en 1986 (co Movemento Armado Quintín Lame, Alfaro Vive Carajo de Ecuador e o Movemento Revolucionario Túpac Amaru do Perú), a conformación da Coordinadora Guerrilleira Simón Bolívar en 1987 e realizaron varios secuestros a políticos, diplomáticos, empresarios e xornalistas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar; está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten o concello a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 24 km e de Ribeira atópase a uns 35 km, ten unha superficie de 36,1 km² e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 2791 habitantes (1357 homes e 1434 eran mulleres), cunha densidade de poboación de 77,31 hab./km².
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
As Perseidas, popularmente coñecidas como as Bágoas de San Lourenzo, son unha chuvia de meteoros de actividade alta. O seu período de actividade é longo e esténdese entre o 17 de xullo e o 24 de agosto. O seu máximo é o 12 de agosto con Taxa Horaria Zenital (THZ) 100, o que a converte na terceira maior chuvia do ano e fai que máis das 3/4 partes dos meteoritos observados esa noite sexan Perseidas.
Lista de lugares patrimonio da Humanidade en Europa
Presentamos unha lista dos bens culturais e naturais declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en Europa. Esta lista organízase clasificando os bens culturais e naturais por estados. En cada entrada indícase o ano no que cada ben foi declarado Patrimonio da Humanidade; Caso de haber máis dunha hai que entender que houbo unha rectificación (normalmente unha ampliación) dos bens listados orixinalmente.
Harrison Ford, nado en Chicago o 13 de xullo de 1942, é un coñecido actor e produtor de cine estadounidense. Acadou fama mundial polos seus papeis protagonistas como Han Solo na serie de películas Star Wars e como o personaxe de Indiana Jones na serie de películas de Indiana Jones. Ford tamén é coñecido polos seus papeis como Rick Deckard na película neo-noir distópica ciencia ficción Blade Runner (1982) e a súa secuela Blade Runner 2049 (2017); John Book no thriller Testemuña única (1985), polo cal foi nomeado para o Óscar ao mellor actor; e Jack Ryan nas películas de acción Patriot Games (1992) e Clear and Present Danger (1994).
Simón José Antonio de la Santísima Trinidad Bolívar y Palacios, coñecido como Simón Bolívar ( pronunciación ), e tamén coloquialmente por El Libertador, nado en Caracas o 24 de xullo de 1783 e finado en Santa Marta (Colombia) o 17 de decembro de 1830, foi un líder político e militar suramericano que levou aos que hoxe son os estados de Venezuela, Colombia, Ecuador, o Perú, Panamá e Bolivia, a independizarse do Imperio español. Bolívar naceu no seo dunha acomodada familia crioula e, como era habitual entre os herdeiros das familias de clase alta da época, cando tiña 16 anos foi enviado a España para completar a súa educación, trasladándose posteriormente a Francia. Durante a súa estadía en Europa coñeceu as ideas da Ilustración, que máis tarde o motivaron para derrocar o reinado colonial español en Suramérica.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
María José Pizarro Rodríguez, nada en Bogotá o 30 de marzo de 1978, é unha artista plástica, activista e política colombiana. Dende o 20 de xullo de 2022 exerce o cargo de Senadora da República de Colombia, en representación do Pacto Histórico. Entre 2018 e 2022 foi membro da Cámara de Representantes.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela
A Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais forma parte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e está situado na avenida do Burgo das Nacións, no campus norte de Santiago de Compostela. O edificio foi inaugurado o 25 de xullo de 1976 polos Reis de España Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia.
En bacterioloxía, un taxon disfrazado (taxon in disguise) é unha especie, xénero ou unidade superior da clasificación biolóxica cuxa historia evolutiva revela que evolucionou a partir doutra unidade de rango similar ou inferior, o que fai que a unidade parental sexa parafilética. Iso ocorre cando unha evolución rápida fai que apareza unha nova especie que é radicalmente diferente do grupo ancestral que xa non se pode recoñecer (polo menos superficialmente) que pertence ao grupo filoxenético parental, que queda como un grao evolutivo. Aínda que o termo procede da bacterioloxía, existen exemplos paralelos en toda a árbore da vida.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Galicia vista por un inglés (en inglés: Spanish Galicia) é un libro escrito polo escritor e xornalista escocés Aubrey F. G. Bell publicado orixinalmente en 1922. Foi traducido ó galego por Xosé María Gómez Clemente e publicado pola Editorial Galaxia no ano 1994. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Gómez Clemente dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
As leis de Celavella é unha serie de televisión de suspense e misterio emitida pola Televisión de Galicia e producida por Voz Audiovisual dende o 19 de xaneiro do 2004 até o 2006. Gañadora de nove estatuíñas do premio Mestre Mateo 2004, 10 no 2005. Ambientada en 1925, conta a historia dun avogado que volta á súa vila logo de estudar en Santiago de Compostela para dirixir o despacho de seu pai.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 188.033 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Quen a ferro mata (en castelán: Quien a hierro mata) é un filme galego-francés de 2019 dirixido por Paco Plaza. Está protagonizado por Luís Tosar e Xan Cejudo. Os créditos do filme están adicados a Xan Cejudo, que faleceu case un ano antes da estrea do filme.Enric Auquer gañou o Premio Goya ó mellor actor revelación pola súa intepretación no filme.
Carlos Pizarro Leongómez, nado en Cartaxena de Indias o 6 de xuño de 1951, e finado en Bogotá o 26 de abril de 1990, foi un guerrilleiro e político colombiano. Máximo comandante do grupo guerrilleiro Movemento 19 de Abril (M-19) entre 1986 e 1990. Tras deixar as armas, asinar a paz co goberno e reintegrarse á vida civil, foi asasinado o 26 de abril de 1990 sendo candidato presidencial pola Alianza Democrática M-19, movemento político que xurdiu do grupo guerrilleiro M-19 tras a súa desmobilización.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.