Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense. Tras unha exitosa carreira no cine británico en películas mudas e nas primeiras sonoras, o que o levou a ser considerado o mellor director de Inglaterra, Hitchcock trasladouse a Hollywood en 1939.
Musulmán é quen profesa o islam, unha relixión abrahámica monoteísta baseada no Corán, que os musulmáns consideran a palabra literal de Deus revelada ao profeta Mahoma, e, con menor autoridade que o Corán, os ensinos e prácticas atribuídas tradicionalmente a Mahoma. «Musulmán» (en árabe, مسلم) é unha palabra árabe que significa «o que se somete a Deus». Os musulmáns cren que non hai máis ca un único e verdadeiro Deus que se coñece co nome de Alá.
En termodinámica, un proceso isoentrópico (combinación da palabra grega "iso" - igual - e "entropía") é aquel no que a entropía do sistema permanece constante. De acordo coa Segunda Lei da Termodinámica: δ Q ≤ T d S {\displaystyle \delta Q\leq TdS} onde δ Q {\displaystyle \delta Q} é a cantidade de enerxía que o sistema gaña por quecemento, T {\displaystyle T} a temperatura do sistema, e d S {\displaystyle dS} o cambio na entropía. O símbolo de igualdade implicaría un proceso reversíbel.
Pilotos de Fórmula 1 de España
Houbo quince pilotos de Fórmula 1 de España, o máis exitoso deles Fernando Alonso gañou o campionato mundial de pilotos dúas veces. Alonso é o único campión español e o único piloto de España que gañou un Gran Premio. Pedro de la Rosa e Alfonso de Portago son os outros únicos pilotos españois que lograron estar no podio, terminando ambos en segundo lugar.
João Pessoa é a capital do estado brasileiro da Paraíba. Sitúase xunto ó océano Atlántico, no punto extremo leste de América do Sur, a ponta do Seixas, a 34º 45' 54" de lonxitude oeste. Hoxe a cidade vive do turismo nas súas praias e construcións coloniais, xunto co comercio de artesanías, o comercio en xeral (é a principal cidade comercial da Paraíba e unha das principais da Rexión Nordeste do Brasil), a industria (principalmente alimentos, bebidas e metalurxía), a construción civil e as actividades administrativas dunha capital de estado.
A República da China (en chinés tradicional: 中華民國; pinyin: ZhongHuá MínGuó; Wade-Giles: Chung Hua Min Kuo), coñecida polo xeral como Taiwán (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 14 países.
Francisco José Sandaza Asensio, coñecido como Francisco Sandaza, nado en Toledo o 30 de novembro de 1984, é un futbolista profesional español. Xoga como dianteiro no Girona da Segunda División. Saltou á fama debido á controversia creada por unha broma telefónica que sufriu mentres xogaba no Glasgow Rangers escocés.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A mutaxénese de transposón ou mutaxénese de transposición é un proceso biolóxico que permite a transferencia de xenes a un cromosoma dun organismo hóspede, utilizando un transposón que interrompe ou modifica a función dun xene existente no cromosoma causando unha mutación. A mutaxénese de transposón é moito máis efectiva que a mutaxénese química, ten unha maior frecuencia de mutación e unha menor probabilidade de matar o organismo. Outras vantaxes son poder inducir mutacións dun só golpe, podendo incorporar marcadores seleccionables na construción dunha cepa e podendo recuperar os xenes despois da mutaxénese.
Mercurio é o planeta máis pequeno do sistema solar e o máis próximo ao Sol. O igual que Venus, Mercurio orbita o Sol dentro da órbita terrestre como un planeta inferior, e a súa distancia aparente o Sol visto desde a Terra nunca supera os 28°. Esta proximidade ao Sol fai que o planeta só poida verse preto do horizonte occidental despois da posta de sol ou do horizonte oriental antes da saída do sol, normalmente no crepúsculo.
A erección (do latín erectio, é dicir, a acción de erguer ou erixir) pódese dar en distintas partes do corpo, coma o pene, o clítoris ou as mamilas, e consiste no agrandamento e estado firme das zonas mencionadas. A súa consecución depende de complexas interaccións psicolóxicas, neuronais, vasculares e endócrinas. O termo tamén se aplica ao proceso que lidera este estado.
A ABA Liga, tamén coñecida como a Liga do Adriático e por motivos de patrocinio AdmiralBet ABA Liga, é unha competición de baloncesto profesional de máximo nivel na que xogan equipos de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegro e Serbia, todas elas repúblicas da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia. No pasado teñen participado tamén clubs de Bulgaria, Hungría, Israel e a República Checa. A ABA Liga convive coas competicións nacionais de cada país (1.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
En bioloxía molecular, a mutaxénese insercional ou mutaxénese de inserción é a creación de mutacións no ADN pola adición dun ou máis pares de bases. Tales mutacións insercionais poden ocorrer de forma natural por causa de virus ou transposóns ou ser producidas artificialmente en experimentos de laboratorio realizados con propósitos científicos.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Olga Fyodorovna Bergholz (en ruso: О́льга Фё́доровна Бергго́льц), nada en San Petersburgo o 3 de maioxul./ 16 de maio de 1910greg. e finada ibídem (na mesma cidade, renomeada Leningrado) o 13 de novembro de 1975, foi unha famosa poeta soviética, coñecida polo seu traballo na radio durante o asedio de Leningrado, onde foi o símbolo da forza e determinación da cidade.
Mutaxénese etiquetada con sinatura
A mutaxénese etiquetada con sinatura (signature-tagged mutagenesis, STM) é unha técnica xenética utilizada para estudar a función dos xenes. Nesta técnica insírese no xenoma un transposón que contén unha secuencia "etiqueta" que o identifica. Os recentes avances en secuenciación do xenoma permitiron catalogar unha gran variedade de xenomas de organismos, pero a función dos xenes que conteñen aínda é en gran parte descoñecida.
Ramón Serrano Suñer, nado en Cartaxena o 12 de setembro de 1901 e finado en Madrid o 1 de setembro de 2003, foi un político e avogado español, coñecido polo seu papel durante a Guerra Civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Durante a Segunda República foi deputado nas Cortes republicanas. Neses anos mantivo contactos con numerosas personalidades políticas da época, como José Antonio Primo de Rivera ou José María Gil Robles, líder da CEDA. Tras o estalido da Guerra Civil foi detido e encarcerado, aínda que conseguiría escapar á zona sublevada.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Artai, segundo a mitoloxía galega, é o fillo maior de Brigo, o primeiro poboador de Galicia. As lendas din que el foi o fundador do pobo dos ártabros, que se espallaron polas mariñas betanceiras cara ao Cabo Fisterra, e que lle deu nome á vila de Arteixo. Tivo unha filla chamada Celt, proxenitora da raza celta.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Sylvia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos sílvidos ou silvíidos (Sylviidae). O xénero comprende 29 especies de pequenos paxaros coñecidos popularmente como papuxas ou papudas, propias de Europa, o sur e o sueste de Asia, África e Arabia.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina. A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A illa Assateague (en inglés: Assateague Island ) é unha illa estadounidense de 60 km de lonxitude situada fronte á costa oriental dos estados de Maryland e Virxinia. É coñecida polos seus rabaños de cabalos salvaxes, praias prístinas e o faro de Assateague. A illa tamén contén numerosos pantanos, baías e calas, incluíndo Toms Cove.
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia.
Estadio Municipal da Magdalena
O Estadio Municipal da Magdalena é un campo de fútbol de Vilalba propiedade do Concello homónimo. Nel xoga os seus partidos como local o Racing Vilalbés desde a súa inauguración en 1992. Conta cun terreo de xogo de herba natural e dúas bancadas cubertas que poden acoller até 1.872 espectadores.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
O Aquarium Finisterrae ou Casa dos Peixes, é un centro interactivo situado na cidade da Coruña (Galicia, España) dedicado á divulgación científica sobre aspectos relacionados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral. Ten como obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes positivas cara ao medio mariño, así como contribuír ao coñecemento científico da vida mariña. Atópase na costa coruñesa, no Paseo Marítimo, entre a Domus e a Torre de Hércules, que se pode ver dende o acuario.
María Mariño Carou, nada en Noia o 8 de xuño de 1907 e finada en Seoane do Courel (Folgoso do Courel) o 19 de maio de 1967, con escasa obra (poética en galego e narrativa en castelán), foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, encadrada na xeración do 36, reivindicada para a literatura galega pola xeración Brais Pinto, especialmente por Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín. Da súa autoría son Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990). Compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e moi apartada dos cenáculos literarios.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 187.395 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Francisco Miguel Fernández Díaz (noutras fontes Francisco Miguel Fernández Moratinos e mesmo Francisco Miguel Moratinos Fernández-Díaz), de nome artístico Francisco Miguel, nado na Coruña en 1897 e finado no Campo de Morgade, Queo de Arriba (Bértoa, Carballo), o 28 de setembro de 1936, foi un pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas.
Museo finlandés do hóckey sobre xeo
O Suomen Jääkiekkomuseo (en galego Museo finlandés do hóckey sobre xeo) é un museo situado na cidade finlandesa de Tampere adicado á historia do hóckey sobre xeo. O museo abriu as súas portas en 1979 e orixinalmente encontrábase no Tampereen jäähalli (principal pavillón de hóckey sobre xeo da cidade), ata que no ano 2000 se trasladou ao complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.O museo do hóckey sobre xeo finlandés é considerado o segundo mellor museo de historia do hóckey sobre xeo do mundo por detrás do Hockey Hall of Fame de Toronto.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A xestión do cambio (por veces abreviada como XC, ou como CM polas súas siglas en inglés, change management) é un termo de xestión das organizacións que procura preparar, apoiar e axudar as persoas, os equipos e as organizacións para levaren a termo mudanzas organizacionais. A xestión do cambio abranxe metodoloxías para redirixir ou redefinir o uso de recursos, os procesos de negocio, as distribucións de orzamento e mais outros procedementos operativos que inflúen de xeito significativo nunha empresa ou nunha organización. Os causantes do cambio organizacional poden ser a mellora e evolución tecnolóxica, as análises internas de procesos, a resposta a crises, as demandas da clientela, a presión das competidoras, as compras e fusións e reestruturacións.
Iúlia Vladímirovna Drúnina (en ruso: Ю́лия Влади́мировна Дру́нина , AFI ˈjʉlʲɪjə vlɐˈdʲimʲɪrəvnə ˈdrunʲɪnə ˈjʉlʲɪjə vlɐˈdʲimʲɪrəvnə ˈdrunʲɪnə , nada en Moscova, URSS, o 10 de maio de 1924 e finada ibídem o 21 de novembro de 1991, foi unha poeta soviética que escribiu en ruso. Foi enfermeira de combate e médica durante a Gran Guerra Patriótica, e é coñecida por escribir prosa e poesía sobre mulleres na guerra. As súas obras caracterízanse pola claridade moral, a entoación sincera e baséanse na súa experiencia real, incluíndo a participación na guerra como fonte de inspiración para os seus escritos.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
A Commonwealth ou Commonwealth of Nations é o nome en inglés dunha asociación de territorios autónomos, mais dependentes do Reino Unido, creada en 1931 e formada actualmente por 54 estados, a maioría dos cales independentes pero incluíndo algúns que aínda manteñen lazos políticos coa antiga potencia colonial. Coa progresiva perda de poder da Gran Bretaña sobre as súas colonias a partir de mediados do século XIX, a poboación branca conseguiu a autonomía, primeiro coa concesión do estatuto de Dominio británico (Canadá, Australia, Nova Zelandia, Suráfrica e Terranova). O termo Commonwealth foi utilizado por vez primeira en 1917 como sinónimo de Imperio Británico para designar a asociación existente entre a Gran Bretaña e estes Dominios.
A Pragmática Sanción de 1830 foi unha pragmática sanción aprobada por Fernando VII de España o 29 de marzo de 1830 (publicada na Gaceta de Madrid o 3 de abril) que veu promulgar a Pragmática de 1789 aprobada polas Cortes daquel ano a instancias do rei Carlos IV e que, por razóns de política exterior, non chegou a entrar en vigor. A Pragmática de 1789 anulaba o Auto acordado de 10 de maio de 1713 de Filipe V que, agás en casos moi extremos, imposibilitaba ás mulleres acceder ao Trono, polo que comunmente é denominada «Lei sálica» aínda que, tecnicamente, non o fose. A Pragmática Sanción de 1789 restablecía deste xeito o sistema de sucesión tradicional das Sete Partidas de Afonso X de Castela, segundo o cal as mulleres podían reinar se non tiñan irmáns homes.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
José García Martínez, máis coñecido como Rabadeira, nado na Rabadeira, Cerceda, o 11 de abril de 1952 e finado o 31 de maio de 2022, foi un futbolista galego que xogaba como extremo. Desenvolveu case toda a súa carreira no Deportivo da Coruña, co que xogou en tres categorías diferentes (Primeira, Segunda e Terceira División).