Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O sacarrollas é un instrumento consistente nunha hélice metálica cun mango ou panca que se inventou para poder quitar as rollas ós frascos e botellas de viño e xaropes embotellados. Os sacarrollas fabrícanse en materiais tan diversos como plástico, metal ou madeira pero a espiral sempre é de aceiro. Existen os nomes dialectais tirarrollas e tirabuxón.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Os valóns (en valón: walons, en francés: wallons) son un pobo étnico románico nativo de Bélxica, principalmente na rexión sur do país, Valonia, onde falan francés e valón. Os valóns son unha comunidade étnica diferenciada dentro de Bélxica. Salientables criterios históricos e antropolóxicos (relixión, lingua, tradicións, folclore) relacionan os valóns cos franceses.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 189.842 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Bárbaro é un exónimo pexorativo que procede do grego (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras, que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou onomatopea (bar-bar- semellante a bla-bla-), tamén existen escritos, como os de Isócrates, que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senón como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes.Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o Imperio Romano. Os clásicos deron o nome de bárbaros a todos os estranxeiros das comarcas fronteirizas co Imperio, e cos que loitaron, aínda que se limita a consideración aos que, ocupando en Europa as comarcas ao norte do Imperio, invadiron este, apoderándose da súa parte occidental.
Audrey Hepburn, nada como Audrey Kathleen Ruston o 4 de maio de 1929 en Ixelles e finada o 20 de xaneiro de 1993 en Tolochenaz (Vaud), foi unha actriz británico-belga que realizou a meirande parte da súa carreira artística nos Estados Unidos. Tamén foi moi activa como embaixadora de UNICEF. É considerada pola American Film Institute como a terceira mellor estrela feminina de tódolos tempos. Nada en Ixelles, un distrito de Bruxelas, Hepburn pasou a súa infancia entre Bélxica, Inglaterra e os Países Baixos, incluíndo a Arnhem que estivo ocupada polos alemáns durante a segunda guerra mundial.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Co nome de danza do abellón denomínase un antigo rito funerario no que tódolos familiares e asistentes ó velorio dun cadáver, formando roda collidos da man, daban voltas ó redor do corpo imitando o zunido dun abellón. Este ritual foi recollido por Alfredo Brañas a raíz dun velorio no que el mesmo participou en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e constitúe un dos casos máis particulares das prácticas tradicionais galegas relacionados coa morte. Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, e finada o 8 de setembro de 2022 en Balmoral, Escocia, foi unha monarca inglesa. Foi raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón, Tuvalu e Xamaica. Tamén foi a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Na acepción máis común a palabra vangarda (do francés avant-garde, "garda avante") procede do léxico militar e fai referencia á forza ofensiva máis adiantada dun exército durante a contenda. Deste significado derivará a acepción xenérica de vangarda como conxunto de individuos, de ideas ou de prácticas que se anticipan ao tempo futuro. Fálase así, en sentido lato, de tecnoloxía de vangarda, de música con vocación de vangarda ou de vangarda arquitectónica.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Unha noite real (en inglés: A Royal Night Out) é un filme británico de 2015 dirixido por Julian Jarrold e escrito por Trevor de Silva e Kevin Hood. Está protagonizado por Sarah Gadon no papel da adolescente Princesa Isabel, quen, xunto coa súa irmá máis nova a Princesa Margarida (Bel Powley), sae do Palacio de Buckingham para gozar das celebracións do Día da VE. Estreouse en galego o 18 de setembro de 2022 na TVG. Foi traducido ao galego por Adrián Ramos, e o director de dobraxe foi Antón Rubal.
Leopoldo Peñarroja Torrejón, nado en La Vall d'Uixó, Castelló, o 24 de xuño de 1954, é un historiador español que conseguiu certa notoriedade en círculos académicos coa publicación da obra O mozárabe de Valencia, cuxa controvertida tese principal era a existencia dunha básica continuidade lingüística entre o romance anterior á reconquista (ou mozárabe) e o valenciano, o cal non constituiría unha derivación directa do Idioma catalán.
Vacacións en Roma (inglés: Roman Holiday) é un filme estadounidense de 1953 dirixido por William Wyler. O filme gañou tres premios Oscar, á mellor actriz (Audrey Hepburn), mellor argumento e mellor vestiario, de sete candidaturas e lanzou a súa protagonista á fama. En 1999, foi seleccionado para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos como "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Ramón Paz Ipuana, nado o 17 de decembro de 1937 en Yosuitpa, e finado o 27 de outubro de 1992 en Paraguaipoa, foi un escritor, investigador, lingüista e poeta venezolano do pobo wayuu. É considerado un dos escritores máis importantes na lingua wayuu. Segundo o lingüista e investigador Rafael Mercado Epieyu, «Ler a Paz Ipuana nestes tempos é falar de nós mesmos, ler a Paz Ipuana é como a señora que el di, a vella que se senta e conta ás xeracións o que viviu, e así se fixo Ramón Paz, todos os que veñen ler esta obra aprenderán como viviron os nosos devanceiros».
Exeria, coñecida tamén como Egeria, Echeria e Eteria, foi unha muller da Idade Antiga coñecida pola súa obra Itinerarium Egeriae, na que narra unha viaxe a Terra Santa. Todo parece indicar que naceu na Gallaecia, «nas ribeiras máis afastadas do océano occidental», segundo documentos do século IV, aínda que como se perdeu a primeira parte da súa obra non son poucos os autores que sitúan a súa terra de orixe na Aquitania francesa. Non obstante, estudos actuais sitúana como orixinaria do Bierzo.
Un asunto privado (serie de televisión)
Un asunto privado é unha serie española orixinal de Amazon Prime Video protagonizada por Aura Garrido e Jean Reno. Foi creada por Ramón Campos, Teresa Fernández-Valdés e Gema R. Neira, directores de Bambú Producciones, empresa creadora doutras series como Velvet, Gran Hotel ou Las chicas del cable. A serie, gravada entre Vigo e Pontevedra, estreouse o 16 de setembro na plataforma de streaming de Amazon e consta de 8 capítulos de 50 minutos cada un.
Te Taka Adrian Gregory Keegan é un académico de Nova Zelandia e revitalizador da lingua maorí. É descendente dos iwi Waikato-Maniapoto, Ngāti Apakura, Te Whānau-ā-Karuai ki Ngāti Porou e Ngāti Whakaaue.Cunha formación en enxeñería de hardware, Keegan volveu á Universidade de Waikato para cursar un mestrado en navegación tradicional maorí. Despois involucrouse no departamento de informática e converteuse no primeiro en ensinar informática en inmersión maorí.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Mareas vivas foi unha serie da Televisión de Galicia, creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote, emitida entre 1999 e 2003. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectalmente propia do galego da Costa da Morte.
O denominado Pemento de Padrón ou de Herbón é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) categorizada como Indicación Xeográfica Protexida con denominación de orixe, orixinaria do concello coruñés de Padrón. O nome de Herbón vén do topónimo da parroquia padronense onde esta variedade foi introducida polos monxes franciscanos, procedente das Américas. Trátase dun pemento de pequenas dimensións que ten, como particularidade gastronómica, ademais do seu intenso sabor, o feito de que algúns exemplares resulten particularmente picantes (aproximadamente entre un 10% -ou menos, como se explica embaixo- e un 25 %).
Pinocchio é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Robert Zemeckis a partir dun guión de Zemeckis e Chris Weitz. O filme, producido por Walt Disney Pictures, é un remake de acción en vivo do filme de animación de 1940 de Walt Disney, que á súa vez é unha adatpación do libro italiano de 1883 As aventuras de Pinocchio, de Carlo Collodi. O filme está protagonizado por Tom Hanks, Cynthia Erivo, Giuseppe Battiston e Luke Evans, con Benjamin Evan Ainsworth, Joseph Gordon-Levitt e Keegan-Michael Key nos papeis de voces.
Mahsa Amini (en persa: مهسا امینی, nada en 2000 en Saqqez, e finada o 16 de setembro de 2022 en Teherán, tamén coñecida como Jina Amini, foi unha muller iraniana que foi arrestada e torturado pola Patrulla de Orientación do goberno iraniano, unha brigada de policía especial en cargo de implementación pública dos regulamentos do hijab en Irán. Foi arrestada para unha "orientación islámica" pola policía do goberno de Irán. Despois de dúas horas de golpes na cabeza e de ser aterrorizada polo comportamento da Policía Moral de Irán, sufriu tanto un ataque cerebral como un ataque cardíaco e entrou en coma.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O Bidueiral de Montederramo é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue a zona de nacemento dos ríos Arnoia, Limia e Támega nas abas da serra de San Mamede, que está na zona oeste do Macizo Central ourensán. Está nos concellos de Montederramo e Vilar de Barrio.Este espazo natural pretende conservar un dos bosques galegos mellor conservados de bidueiros e por ser un punto de transición entre os bosques de vexetación eurosiberiana a mediterránea no noroeste peninsular. Destacan no ZEC os hábitats rochosos, as covas e as turbeiras activas, así como queirogais de Erica ciliaris e Erica tetralix, e a presenza de 12 especies con interese de protección elevado.
Selección de baloncesto de España
A Selección de baloncesto de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Federación Española de Baloncesto (FEB) nas competicións internacionais organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) ou o Comité Olímpico Internacional (COI): os Xogos Olímpicos, Campionato mundial de baloncesto e Eurobasket principalmente. A Selección española está considerada, no ano 2006, a terceira mellor selección do mundo segundo o ránking que elabora a FIBA. Por diante de España tan só están as seleccións de Estados Unidos e Arxentina. A Selección de baloncesto de España formouse, como equipo nacional, en 1935, a fin de participar no primeiro Campionato de Europa da historia, o disputado en Xenebra no verán de 1935, e no que España logrou unha histórica segunda posición.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Posteriormente formaron tamén un grupo de graffiti, breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións.
Eslovenia ( pronunciación ) (en esloveno: Slovenija), oficialmente República de Eslovenia ( pronunciación ) (en esloveno: Republika Slovenija [rɛˈpùːblika slɔˈʋèːnija] ), é un país do sur da Europa central que fai fronteira con Italia polo oeste, co mar Adriático polo suroeste, con Croacia polo sur e o leste, con Hungría polo nordeste e con Austria polo norte. A principal cidade eslovena e capital do estado é Liubliana. Durante a súa historia Eslovenia formou parte do Imperio Romano, o Imperio Bizantino, a República de Venecia, o Ducado de Carantania (só o a parte norte do país), o Sacro Imperio Romano Xermánico, a monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austríaco (máis tarde chamado Imperio Austrohúngaro), o efémero Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (chamado Reino de Iugoslavia a partir 1929) entre a I e a II Guerra Mundial, e a República Federal Socialista de Iugoslavia dende o ano 1945 até o ano 1991, cando o país obtivo a súa independencia.
Rodolfo "Rudy" Fernández Farrés, nado en Palma (Illas Baleares) o 4 de abril de 1985, é un xogador de baloncesto español que milita nas filas do Real Madrid Baloncesto da Liga Endesa e da selección española. Cunha altura de 1,96 metros, xoga habitualmente na posición de escolta, aínda que tamén xoga ás veces como aleiro. É irmán da ex xogadora de baloncesto Marta Fernández.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Diana, princesa de Gales (de solteira Diana Frances Spencer), nada en Sandringham, Norfolk, o 1 de xullo de 1961 e finada en París o 31 de agosto de 1997, foi a primeira esposa do príncipe Carlos de Gales. É coñecida internacionalmente como Lady Di. Durante o seu matrimonio co príncipe Carlos de Gales, herdeiro da Coroa Británica, tivo dous fillos, os príncipes Guillerme e Henrique.
Juan Moreno y Herrera Jiménez, nado en Casablanca (Marrocos) o 30 de xullo de 1948, é un actor de cinema, televisión e teatro francés de ascendencia española, máis coñecido como Jean Reno. Comezou a súa carreira rodando películas francesas e participou en numerosos filmes de Luc Besson, dous dos cales foron determinantes na súa traxectoria profesional: Le Grand Bleu e Léon. Os seus traballos desenvólvense tanto en francés coma en inglés, sabendo tamén falar español.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Juliette Binoche, nada o 9 de marzo de 1964 en París, é unha actriz, artista e bailarina francesa. Ó longo da súa carreira como actriz, actuou en máis de 40 filmes, recibindo numerosos premios internacionais. Procendente dunha familia de artistas, comezou a recibir clases de interpretación durante a adolescencia.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Denomínase Realia a todo tipo de obxectos que, sen ser deseñados especificamente para a aprendizaxe, utilízanse nos procesos formativos e educativos. Así por exemplo, os folletos, os carteis, a prensa, os alimentos, os obxectos da vida cotiá, etc. son fontes de aprendizaxe que poden utilizarse para a aprendizaxe, aínda que orixinariamente non fosen creados para esa finalidade.
House of the Dragon é unha serie de televisión estadounidense creada por Ryan Condal e George R. R. Martin para HBO. É a precuela de Game of Thrones (2011–2019), e é a segunda serie da franquía. Ámbalas dúas series están baseada na saga da novelas A Song of Ice and Fire de Martin. Condal e Miguel Sapochnik son os showrunners.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Este artigo trata sobre o froito, para o artigo sobre a planta que dá amorodos véxase Amorodeira. Este artigo trata sobre o froito, para o artigo sobre o rapeiro véxase Rubén David Morodo Ruíz. O amorodo, morodo, morogo ou morote é o receptáculo da flor da amorodeira, considerada popularmente o seu froito.
A Idade Media foi un período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o século XV. Normalmente considérase a súa extensión entre a fin do Imperio Romano do Occidente, no século V (476 d.C.), e o descubrimento de América, no século XV (1492 d.C.), ou en 1453 coa caída do Imperio Bizantino, data que coincide coa invención da imprenta (Biblia de Gutenberg) e coa fin da guerra dos Cen Anos. O adxectivo relacionado con este período é medieval (ver, por exemplo, literatura medieval, arte medieval, arquitectura medieval ou ciencia medieval). Certas sociedades non occidentais, como o Xapón, atravesaron períodos históricos "de transición" que se denominan tamén como Idade Media.
Carlos Padín Busto, nado en Catoira o 15 de outubro de 1974, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Catoira S.D. Foi capitán do Pontevedra e chegou con el a segunda división. Todos os seus logros levárono a xogar co Deportivo B, e chegar a xogar dous partidos co Deportivo da Coruña, xogando 72 minutos contra o Valladolid perdendo 1-0, e 9 minutos entrando de suplente fronte o Athletic Club con vitoria do Deportivo da Coruña 3-0 en Riazor.
O código QR (en inglés, quick response code, «código de resposta rápida») é un código bidimensional deseñado para o uso no sector do automóbil pola compañía xaponesa Denso Wave, subsidiaria de Toyota, en 1994. Os códigos QR empréganse durante a fabricación para o seguimentos dos compoñentes. O sistema estase a facer moi popular pola facilidade para incluír máis información que os códigos de barras unidimensionais.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.