Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Elixio Rivas Quintas, nado en Fondo de Vila (A Abeleda, Xunqueira de Ambía) o 31 de agosto de 1925 e finado en Salamanca o 24 de setembro de 2022, foi un irmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo galego, cun labor salientábel especialmente nos campos da lexicoloxía, a onomástica e a toponimia. Foi tamén un recoñecido difusor do Camiño de Santiago.
A coroa de fogo, ou mitra de lume, é unha lenda medieval focalizada principalmente na cidade galega de Monforte de Lemos, e na súa comarca, a Terra de Lemos, lugar no que gozou dun tradicional e senlleiro arraigo popular. Foi levada á literatura en numerosas ocasións, e tense especulado coa súa posíbel orixe xermánica, por mor da existencia de tradicións orais e escritas de corte moi semellante, identificadas en Alemaña.
Jeffrey Lionel Dahmer Flint, nado en West Allis (Wisconsin) o 21 de maio de 1960 e finado en Portage (Wisconsin) o 28 de novembro de 1994, foi un asasino en serie estadounidense, alcumado O carniceiro de Milwaukee. Foi responsábel da morte de 17 homes e rapaces entre 1978 e 1991. É coñecido non só pola cantidade de persoas que asasinou, senón tamén por practicar a necrofilia e o canibalismo.
Karate Kid (en inglés: The Karate Kid) é un filme estadounidense de 1984 escrito por Robert Mark Kamen e dirixido por John G. Avildsen. Foi o primeiro título da franquía The Karate Kid e está protagonizado por Ralph Macchio, Noriyuki "Pat" Morita e Elisabeth Shue. The Karate Kid conta a historia de Daniel LaRusso (Macchio), un adolescente adestrado en karate polo señor Miyagi (Morita) para axudar a defenderse a si mesmo e competir nun torneo contra os seus abusadores, sendo un deles o ex-mozo da súa noiva Ali Mills (Shue).
Os aneis de Urano configuran un sistema de aneis de complexidade media que se pode situar a medio camiño entre sistemas máis extensos –coma os aneis de Saturno– e máis sinxelos –coma os de Xúpiter e os de Neptuno. Os aneis de Urano foron descubertos o 10 de marzo de 1977 por James L. Elliot, Edward W. Dunham e Douglas J. Mink. Hai máis de 200 anos, William Herschel tamén anunciara que vira aneis, pero os astrónomos modernos son escépticos que os puidese ter visto, xa que son moi escuros e tenues.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Džanan Musa, nado o 8 de maio de 1999 en Bihać, é un xogador bosníaco de baloncesto profesional. Seleccionado na primeira rolda do Draft da NBA polos Brooklyn Nets, xoga na posición de ala cunha altura de 2,06 m. Tras finalizar a súa etapa na NBA e xogar no Anadolu Efes da Euroliga e no Río Breogán da Liga ACB, actualmente xoga para o Real Madrid.
Silvio Berlusconi, nado o 29 de setembro de 1936 en Milán, é un empresario e político italiano, líder do partido Il Popolo della Libertà. Foi o presidente do consello de ministros de Italia entre 1994 e 1995, dende o 11 de xuño de 2001 ata o 17 de maio de 2006, e desde 2008 a 2011. Líder de Forza Italia e magnate dos medios de telecomunicación (preside o grupo Mediaset).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Abril Zamora Peláez, nada en Cerdanyola del Vallès (provincia de Barcelona) o 11 de novembro de 1981, é unha actriz, guionista e directora de cine catalá. Posúe unha longa traxectoria en cinema, televisión e teatro, mais gañou popularidade ao interpretar a Luna na serie de televisión Vis a Vis, dando visibilidade á realidade LGBT+ a través da ficción.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Os recursos educativos abertos ou REA (en inglés: Open Educational Resources, OER) están constituídos por documentos ou materiais dixitais orientados á aprendizaxe e á investigación. A súa principal característica é estar "plenamente dispoñíbel para ser usado por educadores e estudantes, sen a necesidade de pagar regalías ou dereitos de licenza".O termo foi adoptado por primeira vez en 2002 pola Unesco, organismo que os define como: "A provisión de recursos educativos abertos, habilitados polas tecnoloxías da información e a comunicación, para a consulta, uso e adaptación por unha comunidade de usuarios con fins non comerciais" (UNESCO, 2015, p. 24).
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Hotel Transylvania: Transformania
Hotel Transylvania: Transformania é un filme estadounidense de fantasía e comedia estreado no 2022.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928, é un lingüista, filósofo, activista estadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna". Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo da filosofía analítica. É profesor emérito de lingüística no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 190.045 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Protocolo de Transferencia de Hipertexto (HTTP) é un protocolo de aplicación para sistemas de información de hipermedia distribuídos, colaborativos. HTTP é a base da comunicación de datos para a World Wide Web, onde os documentos de hipertexto inclúen hiperligazóns a outros recursos aos que o usuario pode acceder facilmente, por exemplo, facendo clic co rato ou tocando a pantalla nun navegador web. HTTP foi desenvolto para facilitar o hipertexto e a World Wide Web.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Fernando Carlos Rodríguez Pérez
Fernando Carlos Rodríguez Pérez, nado en Rubián (Bóveda) o 28 de maio de 1946, é un farmacéutico e político galego.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Os meteoritos de ferro, tamén coñecidos como sideritas, ou meteoritos férreos, son un tipo de meteorito que consiste maioritariamente dunha amálgama de níquel e ferro coñecido como ferro meteórico que normalmente consiste de dos fases minerales: kamacita e taenita. A maioría de meteoritos de ferro se orixinan de núcleos de planetesimais, coa excepción do grupo de meteorito de ferro IIE. O ferro atopado nos meteoritos de ferro foi unha das primeiras fontes de ferro útil dispoñible para os humanos, grazas á maleabilidade e dúctilidade do ferro meteórico, antes do desenvolvemento da fundición que indica o comenzo da Idade de Ferro.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
Folga xeral revolucionaria de 1934
A folga xeral revolucionaria de 1934 foi un movemento folguístico, que adquiriu carácter revolucionario e insurreccional e que tivo lugar entre o 5 de outubro e o 19 de outubro de 1934 en España, contra a entrada no goberno de tres integrantes da CEDA como ministros. Este movemento estivo alentado dende amplos sectores e importantes dirixentes do PSOE e a UXT, como Francisco Largo Caballero ou Indalecio Prieto e de forma desigual pola CNT e o PCE. Os principais focos da rebelión producíronse en Cataluña e Asturias.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Guerra civil é a denominación usada para calquera enfrontamento bélico onde os participantes están xeralmente formados por dous ou máis eixos políticos contrarios xerados dentro dun mesmo país. O termo é un calco do latín bellum civile que se usou para referirse ás distintas guerras civís da República romana no século I a.C. A súa característica máis común é que o conflito armado desenvólvese nun mesmo país, enfrontándose entre si persoas dun mesmo lugar (cidade, pobo ou comunidade) defendendo, usualmente, dúas ideoloxías ou intereses distintos. Nalgúns casos o obxectivo é a secesión dunha parte do territorio; aínda que entón non sempre se consideran «guerras civís» (exemplos dun tipo ou outro poden ser a guerra civil estadounidense ou as guerras de descolonización).
Os carbohidratos, tamén denominados glícidos, sacáridos ou, antes, hidratos de carbono, son compostos químicos orgánicos que conteñen xeralmente osíxeno, hidróxeno e carbono. A súa función é nutritiva e fundamentalmente enerxética, pero tamén estrutural. A súa fórmula química é Cn(H2O)n ou derivadas dela, variando o valor de n desde 3 ata miles de átomos de carbono.
The White Lotus é unha serie de televisión estadounidense de temática satírica e de comedia dramática creada, escrita e dirixida por Mike White. Estreouse en HBO o 11 de xullo de 2021.A serie foi aprobada en outubro de 2020 e filmada en Hawai a finais dese mesmo ano. Os seis episodios da primeira tempada tratan sobre a vida dos empregados e os clientes dun complexo hoteleiro en Hawai durante unha semana.
Nomes da folla do piñeiro en Galicia
Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.
A crucifixión de Xesús é un feito narrado nos evanxeos, que relata a morte de Cristo no Gólgota de acordo coa fe cristiá. A morte na cruz de Xesús, a quen os cristiáns consideran o Fillo de Deus e o Mesías, é o final da paixón de Cristo e constitúe unha das cernas do cristianismo por entender que mediante ela se logrou a salvación do pecado. A maioría dos cristiáns proclaman este sacrificio a través do pan e o viño da Eucaristía, como un recordo da Última Cea, e moitos tamén conmemoran o evento o Venres Santo de cada ano.
Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción' ) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro. Dende 2019 milita no Real Betis da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Os Boixos Nois (BN) son un grupo ultra de apoio ó FC Barcelona fundado en 1981 por Manuel Omar Pascual. Autodefínense como hooligans e parte dos seus integrantes seguen a estética skinhead. O grupo identifícase cunha ideoloxía política de extrema dereita, nacionalista, pero tamén con neonazis, tamén chamados Casuals.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.