Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Sétima tempada de The Simpsons
A sétima tempada da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons foi emitida orixinalmente pola cadea Fox dende o 17 de setembro de 1995 até o 19 de maio de 1996. Os produtores executivos da sétima tempada foron Bill Oakley e Josh Weinstein, quen producirían 21 episodios da tempada. David Mirkin foi o show runner dos catro restantes, incluíndo dous vestixios que foran producidos para a tempada anterior.
2022 (MMXXII) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI, comezado en sábado. As Nacións Unidas declararon 2022 como Ano Internacional da Pesca Internacional e da Acuicultura, Ano Internacional das Ciencias Básicas para o Desenvolvemento Sustentábel, Ano Internacional do Desenvolvemento Sustentábel das Montañas, e Ano Internacional do Vidro.
A lingua gondi (Gōṇḍī) é unha lingua dravídica falada por preto de tres millóns de persoas do pobo gondi, principalmente nos estados indios de Madhya Pradesh, Maharashtra, Chhattisgarh, Telangana, Andhra Pradesh e por minorías pequenas en estados veciños. Aínda que é a lingua propia do pobo gondi, está moi ameazada, xa que só unha quinta parte dos gondi fala a lingua. A lingua gondi ten unha rica literatura popular, exemplos da cal son as cancións de matrimonio e as narracións.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense. Tras unha exitosa carreira no cine británico en películas mudas e nas primeiras sonoras, o que o levou a ser considerado o mellor director de Inglaterra, Hitchcock trasladouse a Hollywood en 1939.
O cinema mudo é o que non utiliza son, soamente a imaxe e, habitualmente, a inclusión de carteis con textos (intertítulos). Orixinalmente o cinema foi mudo, pois a tecnoloxía para sincronizar o son gravado coas imaxes non se desenvolveu ata finais dos anos vinte do século XX. A este período inicial da historia do cinema chámaselle a Era Muda. Porén, malia que os filmes non tiñan son incorporado, as proxeccións non eran silenciosas, xa que habitualmente os cines tiñan un pianista que interpretaba música en directo para acompañar o filme.
John Michael Green, nado en Indianápolis o 24 de agosto de 1977, é un escritor estadounidense de literatura xuvenil, blogger en YouTube e produtor executivo. Foi recoñecido maioritariamente polo seu libro The Fault in Our Stars (en galego, Baixo a mesma estrela) e Paper Town (en galego, Cidades de papel).Os seus pais, quen o apoiaron coa súa decisión, foron Mike Green e Sydney Green. Seu pai era director dun centro de conservación natural estadounidense e da súa nai descoñécese a ocupación que tiña.
Pelle Erobreren (en sueco: Pelle erövraren) é un filme dinamarqués-sueco de 1987 co-escrito e dirixido por Bille August. Está baseado na novela homónima de 1910 escrita polo dinamarqués Martin Andersen Nexø. Conta a historia de dous inmigrantes suecos en Dinamarca, un pai e un fillo, que tentan construír unha nova vida por si mesmos.
Quinta tempada de The Simpsons
A quinta tempada da serie animada The Simpsons foi emitida orixinalmente pola cadea FOX dende o 30 de setembro de 1993 até o 19 de maio de 1994. O show runner da quinta tempada foi David Mirkin, quen produciu vinte episodios. Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes, os cales foron vestixios da tempada anterior.
Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino.
Dumbo é un clásico filme de animación en Technicolor, baseado no libro homónimo de infantil por Helena Aberson e ilustrado por Harold Pearl, estreado o 23 de outubro de 1941, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. É o cuarto filme de animación producido por Walt Disney.
Bartholomew JoJo "Bart" Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. Bart é un neno de 10 anos, o primoxénito da familia caracterizado por ter un mal comportamento e un baixo rendemento escolar, sendo totalmente oposto á súa irmá Lisa. Idolatra o televisivo pallaso Krusty, ten por amigo fiel a Milhouse e por mascota un can chamado "Santa's Little Helper".
Michael Haneke, nado o 23 de marzo de 1942 en Múnic, Alemaña é un director e guionista de nacionalidade austríaca coñecido polo seu estilo cinematográfico sombrío e perturbador. Os seus filmes acostuman documentar os problemas e os fracasos na sociedade moderna. É un dos únicos oito directores que gañaron en dúas ocasións a Palma de Ouro do Festival de Cannes: en 2009 co filme Das weiße Band e en 2012 con Amour.
O detective Conan (名探偵 コナン, Meitantei Conan) é unha serie de Gosho Aoyama que aínda non está rematada nin en manga nin en anime e que alcanzou un éxito notable dentro e fóra do Xapón. O anime está producido por TMS Entertainment e supera xa os 830 episodios. Ademais, conta con 20 películas e aínda se emite tódalas semanas no Xapón en Yomiuri TV. No Xapón, o manga aínda se publica semanalmente todos os mércores no Shonen Sunday, dende 1994 e supera xa a cantidade de 925 capítulos.
A sexta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 4 de setembro de 1994 até o 21 de maio de 1995 e consiste en 25 episodios. O showrunner da produción da sexta tempada foi David Mirkin, que foi produtor executivo de 23 episodios. Os ex-showrunners Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes; produciron os dous episodios co persoal de The Critic, unha serie que crearon Jean e Reiss despois da súa saída de The Simpsons.
Un enderezo postal é a indicación do lugar de envío de correo dunha persoa, empresa ou organismo presentado nun formato codificado que serve para localizar con precisión a localización dun edificio ou calquera outra estrutura habitable, xeralmente utilizando as divisións políticas e os nomes das rúas como referencia e outros identificadores como os números dos edificios e dos andares ou o código postal que serven para unha mellor prestación do servizo de correos. As normas relativas á súa presentación dependen de cada país, variando tamén co tempo, pero en xeral o enderezo debe escribirse no centro dereita do anverso dos sobres, postais ou paquetes embaixo do franqueo. A maioría dos servizos de correos contemporáneos dos países desenvolvidos utilizan máquinas de clasificación que converten os enderezos en códigos de barras para a súa distribución cara ao lugar de destino.
Asta Sofie Amalie Nielsen, nada o 11 de setembro de 1881 en Vesterbro (Copenhague) e finada o 24 de maio de 1972 en Frederiksberg, foi unha actriz de cine mudo dinamarquesa principalmente coñecida por protagonizar numerosos filmes na década de 1910 e por ser unha das primeiras estrelas de cinema de fama internacional.
Daniel Louis "Dan" Castellaneta, nado o 29 de outubro de 1957, é un actor estadounidense, dobrador, comediante e guionista. Famoso por darlle voz a Homer Simpson na versión orixinal da serie de televisión animada Os Simpsons, ademais de moitos outros personaxes da serie, incluíndo Abraham Simpson, Barney Gumble, Krusty o pallaso, o xardineiro Willie, o alcalde Quimby e Hans Moleman. Nacido en Oak Park, Illinois, un suburbio de Chicago, Castellaneta comezou a asistir a clases de teatro a curta idade.
A ratatouille é unha especialidade culinaria francesa, elaborada cun guisado de diversos vexetais e orixinaria da cidade de Niza aínda que tamén a encontramos na zona da Provenza. Con diferentes nomes e matices locais, existe en moitos países. Pode tomarse fría ou quente, soa ou como complemento de carnes e peixes.
O balinés é unha lingua malaio-polinesia falada por preto de 3,3 millóns de persoas (segundo datos de 2000) na illa indonesia de Balí, así como no norte de Nusa Penida, oeste de Lombok e leste de Xava. A maioría dos falantes de balinés tamén coñecen o indonesio. No ano 2011, a Axencia Cultural de Balí estimou que o número de persoas que aínda empregan a lingua balinesa no seu día a día na illa de Balí non supera o millón, xa que nas áreas urbanas os pais ensínanlles ós fillos a lingua indonesia ou o inglés, mentres que nas institucións e nos medios de comunicación masivos desapareceu completamente.
Jürgen Peter Vogel, nado o 29 de abril de 1968 en Hamburgo, é un actor, guionista, produtor de cine e cantante alemán. Valorado principalmente polo seu traballo en diversos filmes dende o ano 1985, converteuse nun dos actores máis famosos e versátiles do seu país. No ámbito internacional, é coñecido especialmente pola súa participación no filme de 2008 Die Welle.
Ambroise Vollard, nado en Saint-Denis (Reunión) o 3 de xullo de 1866 e finado en París o 22 de xullo de 1939, foi un tratante de pintura e galerista francés. Foi unha figura clave das vangardas e axudou a descubir a varios artistas como Paul Cézanne, Paul Gauguin, Vincent van Gogh, Henri Matisse, Pablo Picasso, dos que, en moitas ocasións foi amigo persoal.
La Pianiste é un filme franco-austríaco do ano 2001 dirixido por Michael Haneke e protagonizado por Isabelle Huppert e Benoît Magimel. O guión, escrito polo propio Haneke, é unha adaptación da novela do mesmo nome de Elfriede Jelinek, gañadora do Premio Nobel de Literatura no ano 2004. Foi estreada o 14 de maio de 2001 no Festival de Cine de Cannes, onde conseguiu o Gran Premio do Xurado e a súa parella protagonista levou dous premios á mellor interpretación.
Marjorie Jacqueline "Marge" Bouvier-Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. É a esposa de Homer e os seus fillos son Bart, Lisa e Maggie. Ten un notable protagonismo e complexidade na serie, aínda que é un dos personaxes principais con menos popularidade.
O voo 409 de Ethiopian Airlines era un servizo regular internacional dende Beirut ata Addis Abeba que se esnafrou no mar Mediterráneo pouco despois da engalaxe do aeroporto de Beirut-Rafic Hariri o 25 de xaneiro de 2010, matando ás 90 persoas a bordo. Este foi o primeiro accidente con vítimas mortais de Ethiopian Airlines dende o secuestro do voo 961 en 1996.
O Oscar ó mellor guión orixinal outórgase ós escritores que conseguen unha boa historia sen utilizar materiais alleos ou anteriores (libros, obras de teatro, outras películas...). Este Oscar, que se entrega en paralelo a un ó mellor guión adaptado, concedeuse xa na primeira cerimonia de entrega, cando se premiou as películas de 1927-28. Os dous anos seguintes entregouse unicamente un premio xenérico ó mellor guión, para volver ó formato inicial entre 1931 e 1934.
The Legend of Zelda: The Wind Waker
The Legend of Zelda: The Wind Waker (ゼルダの伝説 風のタクト - Zeruda no Densetsu Kaze no Takuto, literalmente "A Lenda de Zelda: a batuta do vento"), é un xogo de acción-aventura, décima entrega da serie The Legend of Zelda. Foi editado para a Nintendo GameCube no Xapón o 13 de decembro de 2002, en Norteamérica o 24 de marzo de 2003, en Europa o 3 de maio de 2003 e en Australia o 7 de maio de 2003. The Legend of Zelda: Phantom Hourglass para a Nintendo DS é a secuela directa de The Wind Waker.
Led Zeppelin foi un grupo de rock inglés fundado en 1968 polo guitarrista Jimmy Page trala disolución do seu anterior grupo, The Yardbirds. Coa colaboración do baixista John Paul Jones, ó que xa coñecía de antigos traballos, a inclusión de Robert Plant como vocalista e John Bonham como batería, quedaría conformada unha das bandas máis importantes da historia do rock, fundadores do Hard rock e mesmo do heavy metal. Tamén en toda a súa discografía se inclúen influencias de blues, reggae, soul, funk, jazz, música celta, folk e country.
Tropicos é unha base de datos de botánica que contén información taxonómica das plantas, principalmente da ecozona neotropical (América Central e América do Sur). É mantido polo Xardín Botánico de Missouri e foi estabelecido hai 25 anos. A base de datos contén imaxes e datos taxonómicos e bibliográficos de máis que 4,2 millóns de especies de plantas.
Prison Break é unha serie de televisión estadounidense creada por Paul Scheuring que comezou a emitir a Fox Broadcasting Company o 29 de agosto de 2005. A serie céntrase en dous irmáns, un que foi condenado á pena de morte por un crime que non cometeu e outro, Michael Scofield, que se fai deter expresamente para ingresar en prisión para fuxir co seu irmán. A serie produciuna Adelstein-Parouse Productions, en colaboración con Original Television e 20th Century Fox Television.
Cookie Monster (coñecido en Galicia coma Monstro das Galletas ou Triki a partir da versión en castelá do programa Sesame Street (Barrio Sésamo) emitido nos anos oitenta do século XX) é un monicreque do programa infantil Sesame Street. O Cookie Monster é unha criatura azul, peluda e moi famenta. Come calquera cousa que atopa, mais o seu alimento preferido son as súas amadas galletas.
O segundo (símbolo no SI: s) é o nome dunha unidade de tempo, e é a unidade básica no Sistema Internacional de Unidades para medilo. Tradicionalmente, o segundo é definido como unha das 86.400 partes nas que se divide o período de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixo imaxinario (período tamén chamado día), mais a definición oficial de segundo é a duración equivalente a 9 192 631 770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.A miúdo os prefixos do SI son combinados coa palabra segundo para denotar subdivisións do segundo, por exemplo, o milisegundo (unha milésima parte dun segundo) e o nanosegundo (unha mil millonésima parte dun segundo). Aínda que os prefixos do SI poden ser usados para formar múltiplos do segundo (tales como o «quilosegundo» ou mil segundos), estas unidades son rara vez usadas na práctica.
A sistemática é unha área da bioloxía encargada de clasificar ás especies a partir da súa historia evolutiva (filoxenia). Ocúpase da diversidade biolóxica nun plano descritivo e nun interpretativo. A unidade fundamental da que parte toda a clasificación é a especie, aquela agrupación de seres na que todos os seus membros son quen de aparearse entre si e producir descendencia viable e fértil.
Lars von Trier, nado co nome de Lars Trier en Copenhague o 30 de abril de 1956, é un director de cine dinamarqués, un dos creadores do movemento Dogma 95. Salienta sobre todo pola súa forte personalidade creativa e é considerado un dos directores máis innovadores e multidisciplinares do cine actual, a pesar da controversia dalgunhas das súas obras.
A auga destilada é aquela á que se lle elimina practicamente a totalidade de impurezas e ións mediante a destilación (a auga chega ó seu punto de ebulición e recóllense os seus vapores, condensándoos). Unha montaxe típica de laboratorio para levar a cabo a destilación consta dun matraz, un tubo refrixerante e outro matraz para recoller o destilado.
Un motor de xogo (inglés: game engine) é un programa informático deseñado para a creación e desenvolvemento de videoxogos. Os desenvolvedores utilizan estes programas para crear xogos para consolas, dispositivos móbiles e ordenadores. As funcionalidades habituais que adoita fornecer un motor de xogo inclúen a renderización de gráficos 2D e 3D, un motor de físicas e detección de colisións, son, scripting, animación, intelixencia artificial e funcionalidades de rede entre outras.
2001: Unha odisea do espazo (en inglés: 2001: A Space Odyssey) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción producido e dirixido por Stanley Kubrick que foi estreado en 1968. O guión, escrito por Kubrick e Arthur C. Clarke, está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "The Sentinel". Posteriormente, Clarke escribiu a novela 2001: A Space Odyssey, que foi publicada pouco despois da estrea.
Viva la Vida or Death and All His Friends
Viva la Vida or Death and All His Friends é o cuarto álbum da banda inglesa de rock alternativo Coldplay, editado o 11 de xuño do ano 2008 a través do selo Parlophone. A cuberta do álbum é a pintura A Liberdade guiando o pobo de Eugène Delacroix.
A Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (en inglés: Union of European Football Associations), máis coñecida como UEFA, é a organización administrativa e de control do fútbol europeo. Representa as asociacións nacionais de Europa, organizando nove competicións entre nacións e entre clubs en Europa, controlando os premios, regulamentos e dereitos desas competicións. É unha das seis confederacións continentais da FIFA. Das confederacións, de longo é a máis forte en termos financeiros e de influencia no escenario internacional.
Adriano Celentano, nado en Milán o 6 de xaneiro de 1938, é un cantante, actor e cineasta italiano. Grazas á súa traxectoria de cincuenta anos e os seus grandes éxitos está considerado un dos piares da música italiana. O Seu carácter fixo que Celentano se convertese nun personaxe símbolo e icona da sociedade do seu país despois da Segunda Guerra Mundial.
Antarctic Adventure (けっきょく南極大冒険, Kekkyoku Nankyoku Daibōken, Antarctic Kingdom's Great Adventure) é un videoxogo desenvolvido por Konami en 1983 para MSX, e posteriormente para outras consolas, como Family Computer e ColecoVision. O xogador toma o control dun pingüín antártico que corre para chegar a diferentes estacións de investigación de diferentes países, (excluíndo a Unión Soviética). O modo de xogo é moi semellante ó Turbo de Sega, pero a dinámica vai moito máis amodo, e contén elementos de xogos de plataformas.
A Odisea é un poema épico atribuído ao grego Homero. Crese que foi escrito no século VIII a.C. nos asentamentos que Grecia tiña na costa oeste de Asia Menor (actual Turquía asiática). A súa tradución ao galego, editado na década de 1990 polo Consello da Cultura Galega, correu a cargo de Evaristo de Sela.
Umberto Eco, nado en Alessandria (Piemonte) o 5 de xaneiro de 1932 e finado en Roma o 19 de febreiro de 2016, foi un profesor universitario e autor italiano de numerosos ensaios sobre semiótica, estética medieval, comunicación de masas, lingüística e filosofía, aínda que entre o grande público é coñecido especialmente polas súas novelas.
MariaDB é o nome dunha comunidade de desenvolvedores derivados da base de datos MySQL con licenza libre GNU GPL creada por Michael Widenius (fundador de MySQL) despois de ser mercado MySQL por Oracle. O sistema ten dous motores de almacenamento novos: Aria, que substitúe a MyISAM e XtraDB que substitúe a InnoDB. MariaDB mantén unha alta compatibilidade con MySQL xa que ten as mesmas ordes, interfaces, APIs e bibliotecas.
Regina Rene King, nada en Cincinnati o 15 de xaneiro de 1971, é unha actriz e directora estadounidense. Recibiu atención polo seu papel como Brenda Jenkins na serie de televisión de NBC 227 (1985). Seguiu a protagonizar series e filmes, acadando éxito con papeis como Dana Jones en Friday (1995), Marcee Tidwell en Jerry Maguire (1996), Riley e Huey Freeman na serie de animación The Boondocks e a Detective Lydia Adams en Southland.
The A.V. Club é un sitio de entretemento con recencións de filmes, música, televisión, libros e xogos, así como entrevistas e outras ofertas regulares que examinan novos medios, medios clásicos e outros elementos da cultura popular. The A.V. Club foi creado en 1993 como unha parte suplementaria de The Onion e tivo unha presenza mínima na páxina web de The Onion nos seus primeiros anos. Porén, un redeseño da páxina web en 2005 puxo a The A.V. Club nunha posición máis prominente, permitindo que a súa identidade en liña creza.
Os anfibios (Amphibia, do grego ἀμφί, amphí ('ambos') e βίος, bíos ('vida'), que significa «ambas as vidas» ou «en ambos os medios») son unha clase de vertebrados anamniotas (sen amnio, como os peixes), tetrápodos, ectotérmicos, con respiración branquial durante a fase larvaria e pulmonar ao alcanzar o estado adulto. A diferenza do resto dos vertebrados, distínguense por sufrir unha transformación durante o seu desenvolvemento. Os anfibios foron os primeiros vertebrados en adaptarse a unha vida semiterrestre, presentando na actualidade unha distribución cosmopolita ao atoparse exemplares en practicamente todo o mundo, estando ausentes só nas rexións árticas e antárticas, nos desertos máis áridos e na maioría das illas oceánicas.
Daniel Robert Elfman, coñecido como Danny Elfman, nado nos Ánxeles (Estados Unidos) o 29 de maio de 1953, é un compositor estadounidense coñecido principalmente polas bandas sonoras dos filmes do director Tim Burton, con quen debutou en 1985. Tamén é coñecido por ser o líder do antigo grupo de música estadounidense Oingo Boingo ou por ser o autor do famoso tema da serie televisiva Os Simpson, ou do filme Batman. Foi nomeado catro veces aos Premios Oscar da Academia.
Joseph Hill «Joss» Whedon nado o 23 de xuño de 1964 en Nova York, é un director e guionista estadounidense. Traballou en televisión como director, produtor executivo e creador de varias series, sendo coñecido especialmente o seu traballo en Buffy the Vampire Slayer. En cómic o seu traballo máis difundido realizouno dende 2004 en Astonishing X-Men.
Microsoft Excel é un programa de folla de cálculo integrado no paquete informático Microsoft Office. Xunto co resto dos programas do paquete, está traducido ó galego. Presentado ó longo do tempo en varias versións, ten un paralelo no programa Calc de OpenOffice, tamén traducido ó galego pero baixo licenza de software libre.
Un nó é un método de asegurar que se fai cun ou varios obxectos lineares flexíbeis (fío, corda...) e que se aperta tirando dos dous cabos, de maneira que sexa difícil de soltar por si só. Pode consistir nun anaco dun ou máis segmentos de corda, fibra, nailon, fitas e até mesmo correntes entrelazadas de xeito que permiten que a liña se prenda a si mesma ou a algún outro obxecto, a carga. Os nós téñense estudado dende a antigüidade, incluso na matemática: teoría dos nós.
Gérard Xavier Marcel Depardieu nado en Châteauroux (Indre) o 27 de decembro de 1948, é un actor francés con nacionalidade rusa. Ademais é produtor de cinema, home de negocios e ocasionalmente realizador. Acadou numerosos recoñecementos ó longo da súa traxectoria como actor, entre os que destacan un nomeamento ó Oscar e un Premio César como mellor actor no filme Cyrano de Bergerac en 1990, un Premio César polo filme Le Dernier Métro en 1981 e un Globo de Ouro como mellor actor en Green Card no ano 1990.
Conferencia é un termo que pode refeirse a: Unha reunión de varias persoas para tratar asuntos de importancia, particularmente cando os que se reúnen son representantes dos seus respectivos países. Un discurso pronunciado por unha persoa nun acto público tratando un determinado tema. Unha comunicación telefónica interurbana ou internacional.
Prosopography of Anglo-Saxon England
A Prosopography of Anglo-Saxon England (PASE) é unha base de datos e un sitio web asociado que ten como obxectivo reunir todo o que se escribiu en rexistros contemporáneos sobre calquera persoa que vivise na Inglaterra anglosaxoa, nunha prosopografía. A base de datos en liña PASE, presenta detalles (que denomina factoides) das vidas de cada individuo rexistrado que viviu na Inglaterra anglosaxoa ou estivo estreitamente relacionado coa Inglaterra entre 597 e 1087, con citas específicas (e moitas veces citas de) de cada fonte primaria que describe cada factoide.PASE foi financiada polo British Arts and Humanities Research Council de 2000 a 2008 como un importante proxecto de investigación baseado no King's College de Londres no Departamento de Historia e no Centre for Computing in the Humanities, e no Departamento de Anglosaxóns, nórdicos e celtas da Universidade de Cambridge.A primeira fase do proxecto foi lanzada pola Academia Británica o 27 de maio de 2005 e está dispoñible gratuitamente en Internet. Unha segunda fase (PASE2), foi publicada o 10 de agosto de 2010, e engadiu á base de datos información extraída principalmente do Domesday Book.
Roberto Mancini, nado en Jesi, Ancona, o 27 de novembro de 1964, é un exfutbolista e adestrador italiano, que xogaba como centrocampista e dianteiro. Dende 2018 dirixe a selección italiana. Alcumado il Mancio, está considerado un dos mellores centrocampistas ofensivos da historia do fútbol italiano.
Mad Max alén da cúpula do trono
Mad Max alén da cúpula do trono (en inglés: Mad Max Beyond Thunderdome) é un filme australiano dirixido por George Miller e George Ogilvie que foi estreado en 1985. É o terceiro filme da saga de Mad Max, e a historia ten lugar quince anos despois dos acontecementos do filme anterior. Estreouse en galego na TVG o 22 de decembro de 2001.
Doce homes sen piedade (en inglés: 12 Angry Men) é un filme estadounidense de 1957 dirixido por Sidney Lumet. Adaptado da obra homónima de Reginald Rose, é un drama legal que conta a historia dun xurado de doce homes que deliberan sobre a sentenza na base da dúbida razoable, forzando os membros do xurado a cuestionarse sobre a súa propia moral e valores. En 2007, o filme foi escollido para a súa preservación polo National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Simpsons Roasting on an Open Fire
"Simpsons Roasting on an Open Fire", tamén coñecido como "The Simpsons Christmas Special", é o primeiro episodio da serie de animación The Simpsons que estaba pensado para que, orixinalmente, fose o oitavo episodio producido para a primeira temporada. A súa estrea orixinal foi na cadea FOX o 17 de decembro de 1989. No episodio, Homer descobre que non cobrará a paga extra de Nadal, polo que a familia non terá cartos para mercar agasallos de Nadal.
Kathrin Romany "Kate" Beckinsale, nada o 26 de xullo de 1973 en Finsbury Park, Londres, é unha actriz inglesa. Despois dalgúns papeis menores en series de televisión, debutou no cine no filme Much Ado About Nothing (1993) mentres era estudante Universidade de Oxford. Logo apareceu en Prince of Jutland (1994), Cold Comfort Farm (1995), Emma (1996) e The Golden Bowl (2000), ademais de colaborar en producións de teatro e radio.