Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Bangladesh ou Bangladés (en bengalí: বাংলাদেশ), formalmente República Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ Gônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Fai fronteira coa República da India polo norte, oeste e leste, con Myanmar polo sueste e co Golfo de Bengala polo sur. Está separado do Nepal e de Bután polo territorio indio coñecido como Corredor de Siliguri.
The Independent é un xornal británico publicado por Independent Print Limited, de Alexánder Lébedev. Ten o alcume de «the Indie», mentres que a edición dos domingos é alcumada «the Sindie». Lanzado en 1986, é o máis novo de todos os xornais de tirada nacional do Reino Unido, cunha circulación de arredor de 250.000 exemplares en 2004.
A cumbia é un xénero musical e un baile folclórico orixinario de Colombia, así como nalgunhas outras áreas da zona caribeña. Xorde do sincretismo musical e cultural dos aborixes, negros e, en menor escala, dos europeos na rexión do delta do río Magdalena, con epicentro na rexión da poboación de El banco, Magdalena, até Barranquilla. Trátase dun ritmo popular en distintos países latinoamericanos, onde seguiu distintas adaptacións xa fóra da área caribeña e estendéndose a outras zonas como México ou a Arxentina.
Despacito é unha canción do cantante e compositor puertorriqueño Luis Fonsi en colaboración con Daddy Yankee, foi publicada o 12 de xaneiro de 2017 na discográfica Universal Music Latino. Foi escrita por Fonsi, Erika Ender, Gabriel García e Daddy Yankee, con produción de Andrés Torres e Mauricio Rengifo (Dandee).
Atlantic Records é un selo discográfico estadounidense coñecido sobre todo polas súas gravacións de rhythm and blues, rock and roll e jazz. Durante moito tempo foi un dos selos independentes máis importante dos Estados Unidos, e na actualidade opera como subsidiaria de Warner Music Group (á cal pertence na súa totalidade), que fusionou a Atlantic Records e a Elektra Records nun grupo chamado Atlantic Records Group no ano 2004. Craig Kallman é o actual presidente de Atlantic Records, e Ahmet Ertegün traballou como "presidente fundador" ata a súa morte o 14 de decembro de 2006, aos 83 anos.
O sotho do norte (Sesotho sa Leboa, tamén coñecido polo nome do dialecto estandarizado sepedi ou pedi) é unha lingua bantú falada en Suráfrica, onde é unha das 11 linguas oficiais do estado. Segundo o censo de 2011, era a primeira lingua de 4 618 576 persoas, principalmente nas provincias de Limpopo, Gauteng e Mpumalanga.As variedades urbanas do sotho do norte, como o sotho de Pretoria (que en realidade deriva do tswana), adquiriron consoantes nun proceso de expansión das linguas nguni.
A música alternativa é un termo que engloba a todos os tipos de música que se afastan da tendencia dominante ou dos modelos oficiais comunmente aceptados. Este tipo de música non conta con trazos diferenciadores que a convertan nun estilo musical único e recoñeocíbel, senón que agrupa un amplo número de xéneros musicais que se afastan da música comercial ou industrial e que teñen cada un as súas características propias.Este termo abrangue un gran número de subxéneros, entre os que destacan o rock alternativo, o grunge, o indie, a world music, a New Wave ou a música folk, Rap alternativo, entre outros. No entanto, os artistas representativos da música alternativa non sempre se encadran dentro do mesmo subxénero, senón que cada unha das súas composicións pode corresponder a un tipo distinto de música alternativa.
O indie pop é un xénero do rock alternativo orixinado no Reino Unido a mediados dos anos 80. Ten as súas raíces nas bandas de post-punk escocesas do selo Postcard Records de principios dos 80 (Josef K e Orange Juice) e na banda británica The Smiths. O indie pop inspirouse na ética DIY do punk e en ideoloxías relacionadas.
A iTunes Store é unha tenda en líña de contido dixital da empresa Apple Inc., accesible unicamente a través do programa iTunes. A tenda iTunes Music Store abriu o 28 de abril de 2003 e os seus produtos posuían un sistema de xestión dixital de dereitos que impide a reprodución dos arquivos comprados en ordenadores que non teñan autorización (DRM).
Neko Richelle Case, nada o 8 de setembro de 1970 en Alexandria, Virxinia, é unha cantante e compositora estadounidense coñecida pola súa carreira en solitario e as súas contribucións como integrante do grupo de indie rock canadense The New Pornographers. Case gravou e xirou durante varios anos como Neko Case & Her Boyfriends, antes de actuar só co seu nome. Principalmente interpreta o seu propio material, pero tamén toca e grava versións de cancións de artistas como Harry Nilsson, Loretta Lynn, Tom Waits, Nick Lowe, Buffy Sainte-Marie, Scott Walker, Randy Newman, Queen, Bob Dylan, Neil Young e Hank Williams.
A Wikipedia en inglés simple, como o propio nome xa di, usa a lingua inglesa na súa forma máis simple e accesíbel ao usuario que non ten esa lingua como lingua nai. Os artigos da Wikipedia en inglés simple poden ser usados para axudar en tarefas escolares ou soamente para o desfrute de aprender sobre novas ideas. Wikipedistas con pouco coñecemento do inglés tamén poden traducir a partir dos artigos dela.
Polydor Records é un selo discográfico cuxa sede se atopa nestes momentos no Reino Unido, filial de Universal Music Group. O seu estilo é Pop, Rock e R&B no que se atopan os mellores artistas do panorama Pop Británico, como é o caso de Bryn Christopher, Duffy, Sophie Ellis-Bextor, Ronan Keating,Girls Aloud, Scissor Sisters, Björk, The Jam ou Take That, artistas de Estados Unidos, como Black Eyed Peas, Nelly Furtado ou Eminem. En Francia a Mylène Farmer quen logrou vender 30 millóns de discos.
A República de Suráfrica é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Eswatini; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano. Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano.
Chanson é un termo francés, que se refire a calquera canción con letra en francés e, máis especificamente, a pezas vocais de tema amoroso, e tamén ás de crítica social e política, en particular as pertencentes ao estilo dos cabarés. Nese ámbito, chámase chansonnier ao intérprete de cancións de carácter humorístico ou satírico. Nun modo máis especializado, a chanson é unha peza musical polifónica da Baixa Idade Media e do Renacemento.
Interscope Records é unha casa discográfica estadounidense que naceu en 1990, fundada por Jimmy Iovine e Ted Field co apoio económico de Atlantic Records (que se fixo co 50% do selo). En 1992 Jimmy Iovine axudou a Death Row Records financiando e alcanzando un acordo de distribución con eles por medio de Interscope.
Gol (do inglés goal) ou tanto, é meter o balón dentro da portería, que é o obxectivo do xogo de varios deportes. O equipo que marca máis goles nun período determinado, é o gañador do partido. O regulamento esixe que o balón estea completamente dentro da portería sen ningunha das súas partes sobre a liña branca.
Sub Pop Records é un selo discográfico independente de Seattle, Washington, fundado no ano 1986 por Bruce Pavitt e Jonathan Poneman. Sub Pop fíxose famosa a principios dos anos 90 por ter a bandas como Nirvana, Soundgarden, Mudhoney, artistas centrais no movemento grunge, polo que a miúdo fálase dela por dar os primeiros pasos para a popularización deste xénero.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A Cruz de Borgoña ou Aspa de Borgoña é unha representación da Cruz de Santo André na que os troncos que forman a cruz aparecen cos seus nós nos lugares onde se cortan as ramas. Este emblema foi incluído nos escudos de armas e nas bandeiras de España, tanto de terra como de mar, desde 1506, época da súa introdución coa Garda borgoñoa de Filipe o Fermoso, até Xoán Carlos I. A Cruz de Borgoña desapareceu do escudo de armas do rei de España, e do seu estandarte, no reinado de Filipe VI, así como nos estandartes, bandeiras, bandeirolas, guións, pendóns e confalóns das Forzas Armadas de España. Esta cruz tamén é a orixe do símbolo distintivo que marca as colas dos avións do Exército do Aire de España.
María Laura Corradini Falomir, máis coñecida como Chenoa, nada en Mar del Plata (Arxentina) o 25 de xuño de 1975, é unha cantante solista con nacionalidade española. Alcanzou a fama en 2001, formando parte do reality show musical Operación Triunfo. No 2002 foi gañadora do Eurobest co tema "It's raining men".
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Yleisradio (Yle) en finés ou Rundradion en sueco, a compañía pública finlandesa de radio e televisión fundouse en 1926, réxea unha fundación independente e opera cinco canles de televisión, 13 canles de radio nacionais e 25 rexionais. Os programas en sueco realízaos a Finlands Svenska Television e Finlands Svenska Radio.
Lista de marcas de automóbiles
Esta é unha lista das principais marcas de automóbiles xunto ao seu país de orixe:
Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O nariz ( pronunciación ) é unha protuberancia que forma parte do sistema respiratorio nos vertebrados. Trátase dun órgano do olfacto, sendo a entrada do tracto respiratorio. De conformación moi diversa pódese indicar que consta basicamente de dúas bolsas ou cavidades, unha no caso dos ciclóstomos, situadas na parte anterior da cabeza e abertas ao exterior por un número de orificios que oscila entre os dous pares por cavidade, no caso dos peixes e un nos outros vertebrados.En todos os vertebrados, agás os ciclóstomos e os peixes non crosopterixios, as cavidades nasais comunícanse a través do teito da boca coa farinxe e formas as coanas, o que permite que, ademais de cumprir a función olfactiva, sirvan como vías respiratorias.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Oriol Junqueras i Vies, nado en Barcelona o 11 de abril de 1969, é un historiador e político catalán, Vicepresidente e titular do Departamento de Economía e Facenda da Generalitat de Cataluña dende 2016 ata o seu cesamento no cargo o 21 de outubro de 2017. De acordo co goberno español, o seu cargo quedou suspendido coa aplicación do artigo 155 da Constitución.Foi alcalde de Sant Vicenç dels Horts (2011-2015), foi deputado no Parlamento de Cataluña dende 2012, e presidente de Esquerra Republicana de Catalunya dende 2011. Foi líder da oposición no Parlamento de Cataluña (2013-2016).
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
A Wikimedia Foundation, Inc. (en galego: Fundación Wikimedia) é a organización matriz da Galipedia (Wikipedia), Galizionario (Wiktionary), Galicitas (Wikiquote), Galilibros (Wikibooks), Galifontes (Wikisource), In Memoriam 9/11, Wikimedia Commons, Wikidata, Wikispecies, Wikinews, Wikiversity, Wikivoyage e a abandonada Nupedia. É unha fundación sen fins lucrativos que obedece ás leis do estado da Florida nos Estados Unidos.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Clásicos Xuntanza é unha colección de libros editados entre 1999 e o 2001 por Xuntanza Editorial, da Laracha, con José Raúl Seoane Prieto como editor. Incluía obras clásicas da literatura traducidas ao galego. Estaba subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Política lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 244.700 habitantes (INE 2022), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Frente Obrero é un partido político español, inscrito no rexistro de partidos do Ministerio do Interior coas siglas FO o 13 de marzo de 2019, de ideoloxía republicana e federal.A súa ideoloxía é unha amálgama de ideas na que se rexeita a dicotomía da esquerda e a dereita, adoptando o que se coñece como terceira posición na que se mesturan elementos ideolóxicos da esquerda como o obreirismo ou antiimperialismo, con outros novidosos como o "patriotismo revolucionario".A pesar de que dende varios medios de comunicación considéraselles partidarios do comunismo, o partido rexeita esta ideoloxía e opta por denominarse fronte de masas, co fin de «chegar a máis sectores na súa loita política».Unha das organizacións que forman parte da fronte, o Partido Marxista-Leninista (Reconstrución Comunista), autodenomínase antirrevisionista, aínda que no sentido hoxhaísta do mesmo. Entre os grupos que o integran atópanse o citado partido, Mocidade Combativa (as súas mocidades), o sindicato Frente de Obreros en Lucha e Esperanza Obrera.A organización caracterízase polas súas accións e escraches en contra de distintos partidos políticos de esquerda socialdemócrata como Unidas Podemos, Més per Mallorca entre outros.
La Mesías é unha serie de televisión española de suspense e drama creada, escrita e dirixida por Javier Ambrossi e Javier Calvo para Movistar Plus+. Está protagonizada por un amplo elenco liderado por Macarena García, Roger Casamajor, Lola Dueñas, Ana Rujas, Carmen Machi, Albert Pla, Amaia, Cecilia Roth, Nora Navas, Rossy de Palma, Aixa Villagrán e Gracia Olayo, entre outros. Tivo a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cine de Donostia o 28 de setembro de 2023, e logo estreouse para o público en Movistar Plus+ o 11 de outubro de 2023.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
José Martínez Sánchez, máis coñecido como Pirri, nado en Ceuta o 11 de marzo de 1945, é un exfutbolista español, histórico xogador do Real Madrid. Destacado centrocampista que xogaba tamén como líbero, desenvolveu case toda a súa carreira no equipo madrileño, no que militou durante 16 tempadas, sendo o décimo futbolista con máis partidos (561) e o noveno con máis goles (172) da historia do club. Gañou a Copa de Europa na tempada 1965/66 e un total de 10 ligas, cifra só superada por Paco Gento.
O efecto Lilliput ou efecto Liliput é a diminución do tamaño corporal en especies animais que sobreviviron a unha grande extinción. Hai varias hipóteses que tentan explicar por que aparecen estes padróns no rexistro fósil, algúnhas das cales son: a supervivencia dos taxons pequenos, o ananismo de liñaxes máis grandes, e a miniaturización evolutiva a partir de estirpes ancestrais máis grandes. O termo foi creado en 1993 por Adam Urbanek na súa publicación sobre a extinción dos graptoloides e deriva da illa de Lilliput habitada por unha raza anana de persoas no libro As viaxes de Gulliver de Jonathan Swift.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 200.913.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Evan Taylor Ellingson, nado en La Verne (California) o 1 de xullo de 1988 e finado o 5 de novembro de 2023, foi un actor estadounidense de cine e televisión. Co-protagonizou MAD TV, e despois tivo un papel regular na serie de televisión Titus. No 2004, Evan foi escollido para interpretar a Kyle Savage na sitcom producida por Mel Gibson Complete Savages, que foi cancelada despois da primeira tempada.
Natalia Altea Jiménez Sarmento, coñecida como Natalia Jiménez, nada en Madrid o 29 de decembro de 1981, é unha cantante española que iniciou a súa carreira musical a inicios da década de 2000, como vocalista do grupo La Quinta Estación. O seu primeiro disco como solista titulado co seu propio nome Natalia Jiménez saíu á venda en xuño de 2011.