Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O termo alfabetización, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, provén do verbo alfabetizar; trátase da acción de “ensinar a ler e escribir”, así mesmo enténdese tradicionalmente como a habilidade de ler e escribir, co propósito de comprender ou expresar pensamentos ou ideas en forma escrita nalgún contexto específico de uso. Noutras palabras, os humanos das sociedades alfabetizadas teñen formas prácticas para producir e consumir escritos, e tamén teñen crenzas sobre estas prácticas. Ler, desde este punto de vista, é sempre ler algo con algún propósito; escribir sempre é escribir algo para alguén para uns fins particulares.
Educación obrigatoria, escolarización obrigatoria, escolarización compulsiva, estudos obrigatorios ou ensino obrigatorio son os nomes que reciben os distintos ciclos de educación, ensino ou estudos que de forma obrigatoria debe cursar un neno ou xove e cuxo currículo, duración, obxectivos, contidos, procedementos e metodoloxía varían en función do sistema educativo de cada país e época.
A semántica é a subdisciplina da lingüística que se encarga de estudar o significado. A súa última revolución foi a da lingüística cognitiva, pois o estruturalismo de Ferdinand de Saussure (que descubriu a súa estrutura na lingua co construto das articulacións lingüísticas), non lle proporcionou demasiado desenvolvemento e o transformacionalismo de Noam Chomsky non lle deu demasiada importancia. Entre os seus temas de estudo principais están os casos de sinonimia, homonimia, polisemia e campos semánticos.
As linguas goidélicas ou gaélicas forman unha familia de linguas célticas, distinta do grupo das linguas britónicas. Cando falamos só de gaélico, adoitamos referirnos ao gaélico irlandés ou lingua irlandesa (Gaeilge), para falarmos do gaélico de Escocia dicimos gaélico escocés (Gàidhlig). Estas linguas comprenden: o irlandés (así como o antigo irlandés) o escocés o manxEntre as linguas xa extintas estarían o celtibérico e o galaico.
Para a lingua xermánica orixinaria de Escocia, véxase scots.O escocés ou gaélico escocés (gàidhlig) é unha lingua céltica falada hoxe en día nalgunhas illas de Escocia e tamén no norte do país; fálana só 70.000 persoas aínda que en tempos tivo unha extensión moito maior polo territorio da actual Escocia. Recentemente fixéronse intentos por recuperala e mesmo se declarou a súa cooficialidade co inglés nalgunhas administracións locais. O gaélico escocés é membro da rama goidélica das linguas celtas, que inclúe tamén as variantes de Irlanda e de Manx.
O sotho do norte (Sesotho sa Leboa, tamén coñecido polo nome do dialecto estandarizado sepedi ou pedi) é unha lingua bantú falada en Suráfrica, onde é unha das 11 linguas oficiais do estado. Segundo o censo de 2011, era a primeira lingua de 4 618 576 persoas, principalmente nas provincias de Limpopo, Gauteng e Mpumalanga.As variedades urbanas do sotho do norte, como o sotho de Pretoria (que en realidade deriva do tswana), adquiriron consoantes nun proceso de expansión das linguas nguni.
As linguas célticas son as linguas que descenden do protocéltico, ou "céltico común", unha rama da gran familia lingüística indoeuropea. Durante o primeiro milenio antes de Cristo, faláronse ao longo de toda Europa, dende a baía de Biscaia e o mar do Norte, entre o Rin e o Danubio ata o Mar Negro e a parte alta da península dos Balcáns, e mesmo Asia Menor (Galacia). Hoxe en día, as linguas célticas ven limitada a súa extensión a algunhas áreas das Illas Británicas, ao leste do Canadá, a Patagonia, algúns grupos nos Estados Unidos e Australia, e na península da Bretaña.
Spider-Man: Into the Spider-Verse
Spider-Man: Into the Spider-Verse é un filme estadounidense de 2018 producido por Columbia Pictures e Sony Pictures Animation en asociación coh Marvel, e distribuído por Sony Pictures Releasing. É o primeiro filme animado da franquía cinematográfica de Spider-Man, e foi dirixido por Bob Persichetti, Peter Ramsey e Rodney Rothman a partir dun guión de Phil Lord e Rothman. Shameik Moore pon a voz de Morales, xunto con Jake Johnson, Hailee Steinfeld, Mahershala Ali, Brian Tyree Henry, Lily Tomlin, Luna Lauren Velez, John Mulaney, Kimiko Glenn, Nicolas Cage e Liev Schreiber.
John Fitzgerald Kennedy, con frecuencia referido como Jack Kennedy ou JFK, nado o 29 de maio de 1917 e asasinado o 22 de novembro de 1963, foi o presidente número 35 dos Estados Unidos de América, entre os anos 1961 e 1963. John Fitzgerald Kennedy pasou á historia como un dos presidentes máis lembrados tanto pola súa idiosincrasia (foi o presidente dos Estados Unidos elixido máis novo, e o primeiro de relixión católica) como pola súa tráxica morte nun atentado.
A Universidade de Toquio (en xaponés: 東京大学, Tōkyō daigaku), abreviado como Todai (東大, Tōdai) ou UTokyo, é unha universidade pública situada en Bunkyō, Toquio, no Xapón. Establecida en 1877, a universidade foi a primeira Universidade Imperial e está recoñecida polo goberno xaponés como Universidade de Tipo Superior do Proxecto Universitario Top Global.UTokyo ten dez facultades, quince escolas de posgrao e matricula uns 30 000 estudantes, uns 4200 dos cales son estudantes internacionais. En particular, o número de estudantes internacionais financiados con fondos privados, que representan máis do 80%, aumentou 1,75 veces entre 2010 e 2020, e a universidade céntrase en apoiar os estudantes internacionais.
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo.
O CD-Rom ou Compact Disc Read Only Memory é un disco compacto de só lectura. Trátase dun CD utilizado para almacenar datos de ordenador, unha vez gravado os seus datos non se poden modificar nin alterar. Diferencianse dos CDs de son só polo contido que teñen: os discos compactos de son almacenan son, e estes almacenan datos.
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou.
Enrico Fermi, nado o 29 de setembro de 1901 en Roma (Italia) e finado o 28 de novembro de 1954 en Chicago, Illinois (USA), foi un físico italiano coñecido polo desenvolvemento do primeiro reactor nuclear e o desenvolvemento da teoría cuántica. Gañou o Premio Nobel de Física no ano 1938 e é considerado un dos científicos máis importantes do século XX.Desde 1939 foi profesor de física na Columbia University, e colaborou nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear (proxecto Manhattan). Descubriu as reaccións no núcleo producidas por neutróns con movemento lento, e observou que estes eran absorbidos máis facilmente polo núcleo atómico que as partículas aceleradas.
Federación Internacional da Industria Fonográfica
Federación Internacional da Industria Fonográfica (IFPI, do inglés International Federation of the Phonographic Industry) é a organización que representa os intereses da industria da gravación por todo o mundo. É unha organización sen animos de lucro por parte dos seus membros rexistrada en Suíza. A súa secretaría está situada en Londres, Reino Unido.
O hebreo ou hebraico (en hebreo: עִבְרִית ʿIvrit) é unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelitas e dos seus antergos, malia que a lingua non aparece co nome de hebreo no Tanakh. No Tanakh (Biblia xudía), a lingua é chamada "yehudit" (a lingua de Xudá) ou "səpaṯ kəna‘an" (a lingua de Canaan).
Pet Sounds é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de surf rock The Beach Boys, publicado o 16 de maio de 1966 a través do selo Capitol Records. Dende entón foi recoñecido como un dos discos máis influentes na historia da música popular e un dos mellores álbums dos 60, incluíndo cancións como "Wouldn't It Be Nice" e "God Only Knows". Pet Sounds foi creado varios meses despois de que Brian Wilson deixase de xirar coa banda para centrarse na composición e na gravación.
O prefixo, no ámbito da linguaxe, é un morfema derivativo que se antepón ao lexema ou raíz dando lugar a unha palabra derivada a partir doutra xa existente. Os prefixos en galego adoitan vir do grego ou do latín, así, respectivamente, dous exemplo de palabras con prefixo+raíz son hipopótamo ou postelectoral.
A lingua kirundi ou rundi é unha lingua bantú falada por case 9 millóns de persoas en Burundi e en partes adxacentes de Tanzania e a República Democrática do Congo, así como en Uganda. É a lingua oficial de Burundi. Kirundi é mutuamente intelixible co ruanda, unha lingua oficial de Ruanda, e os dous forman un continuo dialectal coñecido como rwanda-rundi.Os habitantes de Ruanda e Burundi pertencen a diferentes grupos étnicos: os hutus inclúen ós bakiga e outras etnias relacionadas (84%), os tutsis (15%), e os twa (1%) (un pobo pigmeo).
O Aeroporto Internacional de Heathrow (IATA: LHR, OACI: EGLL), comunmente coñecido só como Heathrow, é o aeroporto con maior actividade e conexións no Reino Unido. No ano 2003, recibiu máis tráfico internacional de pasaxeiros que calquera outro aeroporto no mundo. Ademais, ese mesmo ano, foi o aeroporto con maior actividade en Europa respecto ao tráfico total de pasaxeiros (un 31,5% máis de pasaxeiros que o Aeroporto Charles de Gaulle de París ou o Aeroporto de Frankfurt), pero estivo en segundo lugar (tras o Aeroporto Charles de Gaulle) respecto dos movementos de aeronaves (un 10% menos que o aeroporto francés) e foi terceiro respecto ao tráfico de carga.
O hóckey a patíns é un deporte de equipo que se xoga en patíns de catro rodas paralelas, no que se enfrontan dous equipos de cinco xogadores cada un (un porteiro e catro xogadores de campo), que empregan un pau de madeira de forma curva ou stick para conducir e golpear unha pequena pelota de caucho. Este deporte xógase nunha pista pechada por un valo de esquinas redondeadas e dúas porterías. O hóckey a patíns é practicado principalmente en Europa e América do Sur, e os países que historicamente dominaron nesta modalidade a nivel mundial foron Portugal, España, Arxentina e Italia.
Game of Thrones é unha serie de televisión estadounidense de fantasía medieval creada para a canle HBO por David Benioff e D. B. Weiss. Está baseada na obra do autor George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, unha serie de novelas de fantasía, a primeira das cales se chama A Game of Thrones. A serie rodouse en Paint Hall Studios de Belfast, e en diversas localizacións en Irlanda do Norte, Malta, Croacia, Islandia, España, os Estados Unidos e Marrocos.
O nepalés ou nepalí é o idioma oficial do Nepal, aínda que é falado tamén nalgunhas zonas do norte da India e Bután. Esta lingua pertence á rama indo-iraniana da familia indoeuropea. Así como moitos dos idiomas do sur de Europa (como o galego, o italiano, o castelán, o francés, o portugués etc...) desenvolvéronse a partir do idioma latino e este do indoeuropeo, do mesmo xeito moitos dos idiomas do norte da India (entre eles o nepalés) desenvolvéronse a partir do sánscrito, e orixinalmente tamén provén do indoeuropeo.
A creatividade (ou enxeño) é a xeración ou posta en relación de "ideas" orixinais, e, potencialmente útiles en calquera eido, entendendo "idea" non como un concepto intelectualizado senón nun senso máis amplo, podendo ser musical, un movemento do corpo ou relacionada cun xeito de entender o espazo ou as cores, por exemplo.A creatividade asóciase con imaxinación e o pensamento diverxente, xa que moitas veces xorde da dúbida, de reconsiderar unha cuestión dende diferentes ángulos, nun proceso que implica a intuición e a memoria.
Un conector é un dispositivo que efectúa a unión entre unha porta de saída dun determinado equipamento e a porta de entrada doutro (por exemplo, entre un ordenador e un periférico). Actualmente os conectores están comezando a ser substituídos pola tecnoloxía wireless (unións sen fío), e así podemos encontrar no mercado varios equipamentos con esta tecnoloxía, desde placas de rede, caixas de son, ratos, teclados...
O guaraní, facendo referencia exclusiva á variedade coñecida como guaraní paraguaio (avañe'ẽ 'a lingua da xente), é unha lingua indíxena de América do Sur que pertence á subfamilia tupí-guaraní das linguas tupís. É unha das linguas oficiais de Paraguai (xunto co español), onde non é falada só polo pobo guaraní, senón pola maioría da poboación, e onde a metade da poboación rural é monolingüe. É falada por outras comunidades en países veciños, incluíndo partes do noroeste da Arxentina, sueste de Bolivia e suroeste do Brasil, e é a segunda lingua oficial da provincia arxentina de Corrientes dende 2004; tamén é lingua oficial de Mercosur.O guaraní é unha das linguas máis faladas entre as linguas amerindias e a única entre cuxos falantes hai unha gran cantidade de non indíxenas.
As presentacións son ficheiros que se poden usar para mostrar información visualmente de maneira atractiva diante dun auditorio. Constan de “páxinas”, chamadas diapositivas, que poden incluír texto, imaxes, vídeos, animacións, sons, vínculos etc. Á presentación, especialmente cando se fai utilizando un canón de vídeo, tamén se lle chama “diaporama”.
O amhárico (አማርኛ, ämerəña) é unha lingua semítica falada polos amháricos no norte e no centro de Etiopía, onde é lingua oficial. Toma o seu nome da rexión de Amhara, no centro de Etiopía.Fóra de Etiopía, o amhárico é a lingua de 2 700 000 emigrantes, que viven en Exipto, Israel e Suecia. Tamén é falada en Eritrea polos deportados eritreos procedentes de Etiopía.
Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer. Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy. A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios.
Estados Xerais dos Países Baixos
Os Estados Xerais son o poder lexislativo, bicameral, dos Países Baixos. Teñen a súa sede no complexo do Binnenhof, na Haia, que alberga algunha das principais institucións política do país.
O aeroporto internacional Chhatrapati Shivaji (IATA: BOM, OACI: VABB), anteriormente coñecido como aeroporto internacional Sahar, é o principal aeroporto internacional que serve a área metropolitana de Bombai, na India. É o segundo aeroporto máis concorrido do país en termos de pasaxeiros despois do aeroporto de Delhi, ademais de ser o 14º de Asia e o 29º máis concorrido do mundo no ano 2016, con 44,68 millóns de pasaxeiros. Tamén é o segundo máis concorrido do país en termos de carga.
O lanzamento de peso é unha modalidade olímpica do atletismo, onde os atletas compiten para lanzar unha bóla de metal o máis lonxe posíbel. As calidades principais do atleta desta especialidade son a forza e a aceleración. A diferenza do lanzamento de xavelina, de martelo e de disco, neste deporte o peso ten que ser empurrado, mentres que os demais son proxectados con características distintas.
Unha drag queen é unha persoa, normalmente home, que utiliza roupa e maquillaxe para imitar ou esaxerar os símbolos da feminidade e os roles de xénero con fins de entretemento. Historicamente, a maioría das drag queens foron homes vestidos de mulleres. Na actualidade, as drags queens asócianse con homes gais e coa cultura gai, aínda que poden ter calquera identidade de xénero e de sexo.
O Victoria and Albert Museum (a miúdo abreviado como V&A) de Londres é o maior museo do mundo de artes aplicadas e decorativas e deseño, así como de escultura, que alberga unha colección permanente de máis de 2,27 millóns de obxectos. Foi fundado en 1852 e leva o nome da raíña Vitoria e do príncipe Alberte. O V&A está situado no Royal Borough de Kensington e Chelsea, nunha zona coñecida como "Albertopolis" debido á súa asociación con príncipe Alberte, o Albert Memorial e as principais institucións culturais coas que estivo asociado.
Un parque é ou ben unha área natural, semi-natural ou unha plantación que se emprega para lecer e xogo de persoas ou ben unha área de protección da vida salvaxe ou hábitats. Os parques como os parques urbanos ou xardíns urbanos son espazos verdes para a o lecer e que se atopan dentro de cidades, urbanizacións ou outros puntos de interese similares. Outros parques destínanse á protección de grandes áreas naturais conservadas ou con certo interese de conservacións.
Un lago é unha grande extensión de auga rodeada de terra e sen movemento fluído. O topónimo Lagos pode referirse a: En Galicia Lagos, parroquia do concello de Láncara; Lagos, lugar de dita parroquia; Lagos, lugar da parroquia de San Miguel de Castro, no concello da Estrada. Os Lagos, lugar da parroquia de Montoxo, no concello de Cedeira.
As células bipolares da retina son un tipo de neuronas cuxo corpo celular se encontra na capa nuclear interna da retina do ollo, situadas entre os fotorreceptores (conos e bastóns) e as células ganglionares. Actúan, directa ou indirectamente, transmitindo sinais desde os receptores ás células ganglionares.
Casa da Moeda dos Estados Unidos
A Casa da Moeda dos Estados Unidos (en inglés: United States Mint ou US Mint) é unha unidade do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos responsable da produción da moeda do país, da dirección do seu comercio e do control dos movementos dos metais preciosos en lingotes ou amoedados.A US Mint non produce billetes, xa que a produción do papel moeda está encomendada á Oficina de Gravado e Impresión.A institución creouse en Fialdelfia en 1792 e de camiño se uniron a ela outros centros de cuñaxe, cuxas moedas se identifican con marcas de ceca propias. A Casa da Moeda dos Estados Unidos componse na actualidade de catro cecas: Filadelfia, Denver, San Francisco e West Point.
macOS, anteriormente denominado OS X e inicialmente Mac OS X, é un contorno operativo baseado en Unix, desenvolvido, comercializado e vendido por Apple Inc. É o actual sistema operativo da familia de computadores Macintosh e o sucesor da familia Mac OS. No ano 1997 nomeouse a Steve Jobs CEO de Apple, e este decidiu terminar co sistema operativo Mac OS clásico (as primeiras versións do sistema ata o Mac OS 9), que carecía de características modernas presentes dende había moito tempo nos sistemas coetáneos, e crear un novo sistema operativo tomando como punto de partida o NEXTSTEP, o sistema operativo que Steve Jobs estivera desenvolvendo coa súa empresa NeXT, adquirida por Apple. OS X é un sistema operativo baseado en UNIX, máis no cal o sistema de fiestras X11, característico da meirande parte destes sistemas, foi substituído por outro denominado Aqua, desenvolvido integramente por Apple.
Halo: Combat Evolved (tamén coñecido como Halo: CE, Halo 1, ou sinxelamente Halo), é un videoxogo en primeira persoa creado por Bungie e publicado por Microsoft Game Studios. É o primeiro xogo da franquía, foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 2001 para a consola Xbox, e ten vendido máis de cinco millóns de copias en todo o mundo. Microsoft lanzou versións do xogo para Microsoft Windows (creada por Gearbox Software) e Mac OS X en 2003, e a historia foi adaptada e elaborada nunha serie de novelas e bandas deseñadas.
O voleibol ou balonvolea (do inglés: volleyball) é un deporte de balón xogado por 12 persoas en dous equipos de seis cada un. Neste deporte o balón pode ser tocado ou impulsado con golpes limpos, pero non pode ser parado, suxeitado, retido ou acompañado. Cada equipo dispón dun número limitado de toques para devolver o balón cara ó campo contraro.
O Pokédex (ポケモン図鑑, Pokemon Zukan, Indexador Pokemon, tamén chamado "Dexter") no mundo ficticio de Pokémon, é unha enciclopedia portátil de alta tecnoloxía que os adestradores Pokémon levan consigo para rexistrar as datas das diversas especies Pokémon coas que se atopan durante a súa viaxe como adestradores.
A lingua venda é unha lingua bantú oficial en Suráfrica. É a lingua principal do pobo venda que habita na provincia de Limpopo, no norte do país, así como polo pobo lemba en Cimbabue. A lingua venda está relacionada co kalanga (shona occidental, diferente do shona, lingua oficial de Cimbabue) que se fala en Botswana e Cimbabue.
O Parque Nacional do Gran Canón, situado no noroeste de Arizona, é o 15º sitio dos Estados Unidos declarado parque nacional. A característica central do parque é o Gran Canón, un desfiladeiro do río Colorado, que a miúdo é considerado unha das marabillas do mundo. O parque, que abrangue 4,926.08 km² de área non incorporada nos condados de Coconino e Mohave, recibiu máis de seis millóns de visitantes no 2017, que é o segundo maior número de visitantes dos parques nacionais estadounidenses despois do Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes.
O Commodore 64, tamén coñecido como C64, C-64, C= 64, e ocasionalmente CBM 64 ou VIC-64, é un ordenador persoal de 8-bits introducido en xaneiro de 1982 por Commodore International. Atópase no Libro Guinness dos Récords como o modelo de computadora máis vendido de tódolos tempos, con estimacións independentes que indican un número de unidades vendidas de entre 10 e 17 millóns de unidades.A súa produción deu comezo no 1982, coas primeiras unidades postas no mercado en agosto dese ano a un prezo de 595 $ (equivalentes a 1481,25 $ no 2016). Precededido polo Commodore VIC-20 e o Commodore PET, o Commodore 64 toma o seu nome dos seus 64 kB de RAM, e ten unhas especificacións técnicas de son e gráficos superiores en comparación con outros sistemas previos como o Apple II e o Atari 800, con sprites de múltiples cores e un procesador de son máis avanzado.
Peter Molyneux OBE, nado en Guildford (Surrey) o 5 de maio de 1959, é un deseñador e programador de videoxogos inglés, responsable dos coñecidos "xogos de simulación de deus" como Dungeon Keeper, Populous e Black & White, entre outros. Tamén é o responsable de xogos de estratexia "de negocios" como Theme Park, Theme Hospital, The Movies e xogos de rol como Fable. En agosto de 1997 Peter deixou a compañía Bullfrog, para establecer un novo equipo de desenvolvemento, Lionhead Studios.
Sonny John Moore, nado no barrio de Highland Park, na cidade dos Ánxeles, o 15 de xaneiro de 1988, é un DJ, cantante e produtor musical estadounidense coñecido polo seu nome artístico Skrillex. Sonny Moore uniuse á banda post-hardcore From First to Last como o seu cantante en 2004, e gravou dous álbums con eles Dear Diary, My Teen Angst Has a Body Count (2004) e Heroine, (2006). Deixou a banda para comezar a súa carreira en solitario en 2007.
Pamela "Pam" Denise Anderson, nada en Ladysmith (Columbia Británica), en 1967, é unha actriz e modelo canadense-estadounidense. É coñecida por interpretar a salvavidas C. J. Parker na serie de televisión Baywatch, na que tivo un papel entre os anos 1992 e 1997. Así mesmo participou en películas, comerciais, comedias de situación e programas de telerrealidade.
Jackie Chan, nado como Chan Kong-sang (en chinés: 陳港生) o 7 de abril de 1954 en Victoria Peak, é un actor, artista marcial, director, produtor e guionista de Hong Kong. Nos seus filmes, é coñecido polo seu acrobático estilo de loita, o Zui Quan, escenas cómicas e empregar armas improvisadas. Jackie Chan actúa dende a década dos 60 e aparece en máis de 150 filmes.
Teño un soño (I Have a Dream) é o nome do popular discurso de Martin Luther King Jr en que falou do seu desexo dun futuro en que a xente negra e branca puidesen coexistir harmoniosamente e como iguais. Este discurso foi pronunciado o 28 de agosto de 1963 desde o Monumento a Lincoln durante a Marcha sobre Washington polo traballo e a liberdade. Considérase como o momento definitorio do Movemento polos Dereitos Civís nos Estados Unidos para alén dun dos mellores discursos da historia.
A Wikipedia en italiano (en italiano: Wikipedia in italiano) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua italiana. Esta versión foi creada o 11 de maio de 2001 e a primeira edición foi realizada o 11 de xuño de 2001. É a novena meirande Wikipedia en número de artigos (despois da inglesa, da cebuana, da sueca, da alemá, da francesa, da neerlandesa, da rusa e da castelá).Esta versión da enciclopedia contén 1.836.934 artigos e 2.454.262 usuarios, dos cales 7.472 son activos.
Westworld é un filme estadounidense de ciencia ficción escrito e dirixido por Michael Crichton, o cal se estreou en 1973. O filme tivo unha secuela, Mundo futuro (estreada en galego o 21 de setembro de 1995 a través da TVG) e unha miniserie de televisión Beyond Westworld. En 2016, HBO estreou unha serie de televisión homónima baseada na trama do filme orixinal.
Os fakaleiti (tamén chamados leiti, fakafefine ou lady) son homes tonganos que se comportan de xeito efeminado ao contrario co resto dos homes do arquipélago, que tenden a comportarse dunha maneira moi masculina. O termo fakaleiti (cun longo i no final) está formado polo prefixo faka- (na maneira de) e o empréstito anglosaxón lady (dama). Os fakaleiti prefiren autonominarse como leiti ou ladies.
O Mar Caspio é a masa de auga pechada máis grande do mundo, a miúdo descrita como o lago máis grande do mundo ou un mar en toda regra. É unha conca endorreica situada entre Europa e Asia: ao leste do Cáucaso, ao oeste da ampla estepa da Asia Central, ao sur das fértiles chairas do sur de Rusia na Europa Oriental e ao norte da montañosa meseta iraniana da Asia Occidental. Ten unha superficie de 371 000 km2 (excluída a lagoa altamente salina de Kara Bogaz Gol, ao leste), unha superficie aproximadamente igual á de Xapón, cun volume de 78 200 km3 con características comúns tanto cos mares como cos lagos.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
American Idol (American Idol: The Search for a Superstar na primeira tempada) é un programa de televisión estadounidense, que consiste nun concurso de talentos na procura do mellor cantante. Creouno Simon Fuller baseado no Pop Idol británico e comezou a emitirse o 11 de xuño de 2002, converténdose nun dos programas máis populares da televisión norteamericana. Mediante audicións por todo o país o programa procura descubrir o mellor cantante, os xuíces encárganse de realizar as críticas e avaliar a actuación dos participantes, Randy Jackson e Simon Cowell fórono en todas as tempadas e Paula Abdul das tempadas unha a oito e Kara DioGuardi na oito.
Un microprocesador é unha Unidade Central de Procesamento (CPU), composta de transistores miniaturizados e outros elementos circuitais, todo incluído nun único circuíto integrado, tamén chamado microchip ou chip. Ata que os microprocesadores chegaron, as CPUs estaban constituídas por válvulas de baleiro, que primeiro se substituíron por transistores individuais e logo por varios circuítos integrados separados.
PlayStation 4 (プレイステーション4, Pureisutēshon Fō, oficialmente abreviada como PS4) É a cuarta videoconsola do modelo PlayStation. Forma parte das videoconsolas de oitava xeración. Foi anunciada oficialmente o 20 de febreiro de 2013 no evento PlayStation Meeting 2013, aínda que o deseño da consola non foi presentado ata o 10 de xuño no E3 2013.
Un foguete sonda é foguete deseñado para levar instrumentos a bordo e facer medicións e experimentos científicos durante voos suborbitais. A altura típica que alcanzan os foguetes sonda está entre 48 e 145 km, que é a altura intermedia entre á que traballan os globos sonda e os satélites artificiais. A altura máxima á que poden chegar os globos é duns 40 km e a mínima dos satélites uns 120 km.
Unidade central de procesamento
Unha unidade central de procesamento (UCP) ou CPU (inglés: central processing unit) é un circuíto electrónico dunha computadora que leva a cabo as instrucións dun programa informático realizando as tarefas básicas aritméticas, lóxicas, de control e de entrada/saída especificadas polas instrucións. O termo CPU comezouse a empregar na industria informática a comezos da década dos 60, e adoita empregarse tradicionalmente para referirse ao propio procesador e á unidade de control, facendo distinción entre estes elementos e outros coma a memoria ou os compoñentes de entrada/saída.O formato, deseño e posta en funcionamento das CPU foron evolucionando ó longo da súa historia, pero o seu funcionamento fundamental segue sendo o mesmo que nos seus comezos. Os dous compoñentes principais dunha CPU son a unidade aritmético-lóxica (ALU), que realiza operacións aritméticas e lóxicas, e a unidade de control (CU), que extrae, descodifica e executa as instrucións dende a memoria, empregando a ALU cando é necesario.
Un Transformador Tesla é un tipo de transformador de descarga dirsuptiva, que recibe este nome polo seu inventor, Nikola Tesla. Os transformadores Tesla están compostos de circuítos eléctricos resonantes emparellados. Nikola Tesla experimentou cunha ampla variedade de bobinas e configuracións, de xeito que é complicado describir unha forma específica de construción que satisfaga os desexos daqueles que queiran sabelo todo dos transformadores "Tesla".
Legacy of Kain: Soul Reaver é un videoxogo desenvolvido por Crystal Dynamics e publicado por Eidos. É o segundo xogo na serie Legacy of Kain. Foi lanzado para PlayStation, Sega Dreamcast e PC. O xogo mostra a historia do recentemente nado Segador de Almas (Soul Reaver), Raziel, seguíndoo na súa procura de vinganza contra os seus irmáns vampiros (Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah) e o seu creador e antigo señor, Kain.
Karl Gunnar Myrdal, nado en Skattungbyn o 6 de decembro de 1898 e finado en Danderyd o 17 de maio de 1987 foi un economista e sociólogo sueco. En 1974, recibiu o Premio Nobel de Economía xunto con Friedrich Hayek por "o seu traballo pioneiro na tería do diñeiro e das flutuacións económicas e pola súa análise penetrante da interdependencia dos fenómenos económicos, sociais e institucionais". É coñecido especialmente nos Estados Unidos polo seu estudo das relacións das razas, que culminaron no seu libro An American Dilemma: The Negro Problem and Modern Democracy.
O Nordeste de Inglaterra (en inglés, North East England) é unha das nove rexións de Inglaterra. Comprende os condados de Northumberland, Durham, Tyne and Wear e un anaco da parte norte de North Yorkshire (que recibe o nome de Tees Valley). Segundo o censo do 2001 conta cunha poboación de 2.515.442 habitantes distribuídos nunha área de 8.592 quilómetros cadrados, sendo a principal cidade da rexión Newcastle upon Tyne.
Legacy of Kain é unha saga de videoxogos de acción, aventuras e fantasía escura desenvolvidos por Crystal Dynamics e publicados por Eidos Interactive. Os xogos xiran arredor dunha historia chea de mitoloxía vampírica. Legacy of Kain comeza cando un mozo nobre, da cidade de Coorhagen, chamado Kain é asasinado por uns bandidos en Ziegsturhl.