Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.
Primeiro ministro do Reino Unido
O Primeiro Ministro do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (Prime Minister of the United Kingdom, en inglés; Prif Weinidogion e Deyrnas Unedig, en galés; Prìomhairean na Breatainne, en gaélico escocés) é o xefe de Goberno do Reino Unido. Encabeza o Goberno da súa Maxestade e do mesmo xeito que outros primeiros ministros da Commonwealth (que seguen a forma constitucional que se chama o sistema Westminster) exercita, xunto cos membros do seu gabinete, o poder executivo do Goberno Británico. O Primeiro Ministro exercita os poderes que pertencen teoricamente a A súa Maxestade a Raíña.
Os mamíferos (en latín: Mammalia) son unha clase de amniotas que se caracterizan pola súa homeotermia. Distínguénse doutros amniotas, como o son os réptiles e as aves, pola mandíbula inferior formada por un único óso, o maxilar inferior (tamén chamado dentario), por presentaren tres ósos medios na cadea de ósos do oído, por teren os dentes moi especializados, pola presenza dun padal secundario, pola de pelaxe, un olfacto moi desenvolvido, polo seu neocórtex e pola produción de leite das femias para alimentar as súas crías. O cerebro dos mamíferos regula a temperatura corporal e o sistema circulatorio, incluído o corazón.
Sitio histórico nacional de L'Anse aux Meadows
L'Anse aux Meadows (/ˈlænsi ˈmɛdoʊz/, un nome francés-inglés que significa a baía con prados) é un sitio arqueolóxico no extremo máis setentrional da Grande Península do Norte en Terra Nova provincia canadense de Terra Nova e Labrador. Atopáronse probas arqueolóxicas dunha presenza nórdica en L'Anse aux Meadows nos anos sesenta. É o único asentamento de pobos nórdicos ou Viquingo en Norteamérica, fóra dos asentamentos atopados en Groenlandia.Datado ao redor do ano 1000, L'Anse aux Meadows é amplamente aceptado como proba do contacto trans-oceánico precolombiano.
O Centro Pompidou é o nome máis empregado comunmente para designar ao Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou de París (Francia) deseñado polos arquitectos Renzo Piano e Richard Rogers. Foi inaugurado o 31 de xaneiro de 1977. Trátase, ademais, dun edificio que posúe unha biblioteca cun aforamento de 2.000 persoas, aberta ao público.
Os mamelucos (do árabe singular: مملوك plural: مماليك) , "escravo, paxe, criado, propiedade de") eran soldados escravos usados polos califas musulmáns e polo Imperio Otomán para os seus exércitos que constituíron un corpo especial e que tamén tomaron o poder en máis dunha ocasión. En Exipto, onde os levou no século XIII o sultán Malik al-Salih, escolleron un sucesor á súa morte. Foron soxuzgados polo turco otomán Selim I a comezos do século XVI. A mediados do século seguinte, os emires mamelucos restableceron a súa supremacía até que Napoleón invadiu Exipto.
Grant DeVolson Wood, nado en Anamosa (Iowa) o 13 de febreiro de 1891 e finado en Iowa City o 12 de febreiro de 1942, foi un pintor estadounidense. É coñecido sobre todo polas súas pinturas que representan o Medio Oeste rural estadounidense de entreguerras. Foi un dos pintores da Escola Ashcan, que a través de Arshile Gorky levou ao expresionismo abstracto posterior á segunda guerra mundial.
Wesley "Wes" Studi (en cherokee: ᏪᏌ ᏍᏚᏗ) nado en Nofire Hollow (Oklahoma) o 17 de decembro de 1947, é un actor e produtor cherokee que gañou fama internacional polos seus papeis en filmes de nativos americanos. Apareceu en filmes premiados co Óscar como Dances with Wolves (1990) ou O derradeiro dos mohicanos (1992), e en filmes nomeados neses premios como Xerónimo (1993) e The New World (2005). Tamén é coñecido por interpretar a Sagat en Street Fighter (1994).
Tarde de domingo na illa da Grande Jatte
Tarde de domingo na illa da Grande Jatte (Un dimanche après-midi à l'Ile de la Grande Jatte) é a obra máis famosa de Georges Seurat, exemplo do puntillismo, considerada como unha das máis destacadas pinturas do XIX, dentro de período post-impresionista. A illa da Grande Jatte está no río Sena en París entre La Defense e o suburbio de Neuilly, cortado polo Pont-de-Levallois. Aínda que durante varios anos foi un sitio industrial, hoxe é un xardín público e de desenvolvemento edificábel.
A Galería Nacional de Arte (en inglés: National Gallery of Art ou NGA) é un museo de arte, que se atopa no National Mall de Washington, D.C. O museo fundouse en 1937 por unha acta do Congreso dos Estados Unidos, con fondos para a construción e unha substanciosa colección de arte de Andrew W. Mellon. Samuel H. Kress contribuíu á colección orixinal de arte italiana. Fito clave nos comezos do museo foi a compra dun lote de cadros do Ermitage, que o goberno soviético accedeu a vender para obter divisas.
Antigo cemiterio xudeu de Praga
O antigo cemiterio xudeu de Praga (en checo: Starý židovský hřbitov) atópase no barrio xudeu de Praga (na República Checa), o Josefov. Foi empregado dende o século XV (a súa tumba máis antiga, a de Avigdor Kara, que data de antes de 1439) até o ano 1787. O seu antecesor foi outro cemiterio chamado «O xardín xudeu», situado no Barrio novo de Praga e atopado recentemente grazas a diversas escavacións arqueolóxicas.
Unha melodía é unha sucesión de sons que é percibida como unha entidade única. Desenvólvese nunha secuencia lineal, é dicir ao longo do tempo, e ten unha identidade e significado propio dentro dun contorno sonoro particular. En sentido estrito unha melodía é unha combinación de alturas e ritmo, mentres que nun sentido máis figurado o termo en ocasións ampliouse para incluír as secuencias doutros elementos musicais como o timbre.
A mensaxería instantánea (IM) é un servizo de Internet que posibilita conversar en liña a través de Internet tecleando as palabras no lugar de pronuncialas; estas son enviadas instantaneamente ó receptor. Constitúe unha evolución do protocolo chat. Os programas de mensaxería instantánea máis usados son: MSN Messenger Yahoo Messenger Google Talk Skype Gaim Kopete GnomeMeeting ICQ AIM JabberAlgunhas destas aplicacións son capaces tamén de transmitir comunicación de son e/ou vídeo (VOIP).
Demersal é un adxectivo que cualifica a aqueles animais, especialmente aos peixes, que viven cerca do fondo do mar. O termo cuñouse durante o século XIX, e deriva do latín demersus, participio de demergere, que significa "afundir", "somerxer". Os peixes demersais divídense principalmente en dous tipos: Bentónicos, que son aqueles que viven constantemente sobre o fondo do mar, e Bentopeláxicos, que son os que nadan por riba do fondo.A fauna demersal vive na auga, pero na proximidade immediata do bentos, onde se alimenta.
Véxase Retrato pictórico para saber máis sobre o xénero pictórico.O retrato é a descrición dunha persoa, tanto nos seus aspectos físicos como psicolóxicos. Se só se atende ós aspectos físicos denomínase prosopografía e se se fai unicamente referencia ás súas calidades morais etopeia. No retrato tradicional os escritores, partindo da perspectiva clásica, seguían o esquema cabeza → tronco → extremidades.
TikTok, tamén coñecida como Douyin (en chinés: 抖音短视频; pinyin: Dǒuyīn duǎnshìpín; literalmente "vibrato vídeo curto") na China, é unha aplicación de medios sociais para crear e compartir vídeos, así como para retransmitir en vivo. Lanzada en setembro de 2016 por ByteDance, é unha plataforma líder de vídeos curtos en Asia e que se estendeu a outras partes do mundo, converténdose nunha das aplicacións de máis rápido crecemento cunha gran comunidade en varios países. A aplicación permite crear vídeos de baile, música, beleza, tendencias, comida, mascotas e sincronización, que poden durar até 3 segundos.
Hideaki Anno (庵野 秀明, Anno Hideaki), nado en Ube o 22 de maio de 1960, é un animador, director de cinema e actor xaponés. É coñecido por ser o creador do popular anime Neon Genesis Evangelion. O seu estilo quedou definido pola incorporación do posmodernismo e da extensa representación dos pensamentos e emocións dos personaxes, a miúdo a través de escenas non convencionais que presentan a súa deconstrución mental.
COBOL (acrónimo de COmmon Business Oriented Language) é unha linguaxe de programación compilada similar á lingua na súa sintaxe e orientada a emprego en empresas. É unha linguaxe procedural, imperativa, e desde o 2002 orientada a obxectos. Emprégase especialmente en empresas, en finanzas e en equipos da administración; fundamentalmente en servidores de empresas e para procesamentos en lote e tarefas de transaccións.
Metal Gear (メタルギア, Metaru Gia) é unha saga de videoxogos creado por Hideo Kojima, desenvolvido e publicado pola compañía Konami. O xogador toma o control dun soldado de elite, dependendo de que Metal Gear se trate, poderás controlar a Solid Snake (protagonista do MGS1 e MGS4; ao soldado Raiden adestrado por Realidade Virtual quen controlas en MGS2 e a Naked Snake (que máis tarde é coñecido como Big Boss) o pai de Solid Snake, a quen controlas durante todo o MGS3, que é cronoloxicamente, o primeiro de todos. Os Metal Gear son uns tanques bípedes coa capacidade de lanzaren armas nucleares desde calquera punto do planeta.
O título deste artigo amósase incorrectamente debido a limitacións técnicas. O título correcto é C#.C# (pronunciado "si xarp" en inglés, ou C díese) é unha linguaxe de programación orientada a obxectos desenvolvido e estandarizado por Microsoft como parte da súa plataforma .NET, que despois foi aprobado como un estándar pola ECMA e ISO. A súa sintaxe básica deriva de C/C++ e utiliza o modelo de obxectos da plataforma .NET o cal é similar ao de Java aínda que inclúe melloras derivadas doutras linguaxes (máis notablemente de Delphi e Java). C# foi deseñado para combinar o control de linguaxes de baixo nivel como C e a velocidade de programación de linguaxes de alto nivel como Visual Basic.
GAINAX Co., Ltd. (株式会社ガイナックス, Kabushiki-gaisha Gainakkusu) é un estudio xaponés de anime coñecido pola produción como Neon Genesis Evangelion, Royal Space Force, Gunbuster, Nadia: The Secret of Blue Water, Kare Kano, FLCL, Magical Shopping Arcade Abenobashi e Gurren Lagann, os cales lle valeron a aclamación da crítica e un grande éxito comercial. Evangelion supuxo para o estudio beneficios por valor de 150 billóns de iens, ou 1,2 billóns de dólares.
Un transistor é un dispositivo semicondutor usado para amplificar, conmutar, oscilar, rectificar ou modular os sinais electrónicos. O transistor é o compoñente principal de toda a electrónica moderna e permitiu o desenvolvemento da informática. Nos circuítos analóxicos os transistores úsanse como amplificadores, exemplos son os amplificadores de son, as fontes de alimentación estabilizadas e os amplificadores de frecuencia.
Box Office Mojo é unha páxina web que achega información sobre filmes. A web comezou a funcionar en agosto de 1998 e conta cunha media de máis dun millón de visitantes ao mes. A información que proporciona actualízase constantemente; entre estes datos atópanse os referentes ás recadacións dos filmes.
Georg Friedrich Händel, nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical de orixe alemá nacionalizado inglés, considerado un dos cumes do Barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas. Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell, e marcou toda unha era na música inglesa, sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar en Inglaterra.
Organización de Países Exportadores de Petróleo
A Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) é unha organización económica internacional, con sede en Viena. Foi creada como resposta á baixada do prezo oficial do petróleo acordada unilateralmente polas grandes compañías distribuidoras en agosto de 1960 (que eran estranxeiras). Os seus fins son: a unificación e coordinación das políticas petroleiras dos países membros, coa defensa dos seus intereses como nacións produtoras.
Pokémon Sun (en xaponés: ポケットモンスター サン; Poketto Monsutā San) e Pokémon Moon (en xaponés: ポケットモンスター ムーン; Poketto Monsutā Mūn) son dous videoxogos de rol de 2016 desenvolvidos por Game Freak e distribuídos por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Son os primeiros títulos da sétima xeración da serie de videoxogos de Pokémon. Os xogos foron anunciados por vez primeira en febreiro de 2016, e Sun e Moon foron lanzados internacionalmente o 18 de novembro de 2016, co gallo do vinte aniversario da franquía. Un par de versións melloradas, Pokémon Ultra Sun e Pokémon Ultra Moon, foron lanzadas para a mesma consola o 17 de novembro de 2017.
A noite estrelada (en francés: La Nuit étoilée; en neerlandés: De sterrennacht) é un cadro do artista postimpresionista neerlandés Vincent van Gogh. Pintado en xuño de 1889, representa a vista dende a fiestra orientada ó leste do seu cuarto no asilo de Saint-Rémy-de-Provence, xusto antes do amencer, co engadido dunha aldea ideal. Estivo na colección permanente do Museo de Arte Moderna en Nova York dende 1941, adquirido a través de Lillie P. Bliss Bequest.
Ambroise Vollard, nado en Saint-Denis (Reunión) o 3 de xullo de 1866 e finado en París o 22 de xullo de 1939, foi un tratante de pintura e galerista francés. Foi unha figura clave das vangardas e axudou a descubir a varios artistas como Paul Cézanne, Paul Gauguin, Vincent van Gogh, Henri Matisse, Pablo Picasso, dos que, en moitas ocasións foi amigo persoal.
Francis-Marie Martínez de Picabia, nado en París o 22 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1953, foi un pintor francés. Amais de practicar a pintura e o debuxo, exerceu como escritor e poeta. Tras comezar experimentando co impresionismo e o puntillismo, achegouse ao cubismo.
Unha campaña militar consiste nun conxunto de accións militares que transcorren nunha mesma zona xeográfica e nun mesmo período. No contexto das ciencias militares, unha campaña militar comprende todas as operacións militares, normalmente efectuadas por unha forza defensiva ou atacante, dirixidas á consecución dunha desexada situación militar ou política, dentro dunhas limitacións xeográficas e temporais.
Batman (en galego, O home morcego) é un superheroe de banda deseñada, que apareceu por primeira vez na historia O estraño caso do sindicato químico da revista Detective Comics #27 en maio de 1939. Foi creado polo artista Bob Kane e o escritor Bill Finger, aínda que só Kane recibiu crédito oficial. Ao principio Batman non era máis que un dos personaxes que aparecían en Detective Comics, pero co tempo converteuse en protagonista de cómics e filmes, compartindo o éxito con outro personaxe de DC Comics, Superman.
Charles Babbage, nado en Teignmouth, Devon, Gran Bretaña, o 26 de decembro de 1791 e finado o 18 de outubro de 1871, foi un matemático inglés e científico protoinformático. Foi a primeira persoa en concibir a idea do que hoxe chamariamos un ordenador. No Museo de Ciencias de Londres exhíbense partes dos seus mecanismos inconclusos.
C++ (pronunciado "ce máis máis" ou "ce plus plus") é unha linguaxe de programación deseñada a mediados dos 80 por Bjarne Stroustrup como extensión da linguaxe de programación C. É unha linguaxe híbrida que se pode compilar. Resulta máis sinxela de aprender para os programadores que xa coñecen C. Actualmente existe un estándar para a linguaxe denominado ISO C++, ao que se adheriron a maioría dos fabricantes de compiladores máis modernos. Existen tamén algúns intérpretes como ROOT. As principais características de C++ son o soporte para programación orientada a obxectos (herdanza, polimorfismo, abstracción, encapsulación) e o soporte para modelos de programación xenérica ("templates").
O termo director executivo, así como director xeral, director xerente, executivo delegado, xefe executivo, presidente executivo, principal oficial executivo, conselleiro delegado ou primeiro executivo, adoitan usárense indistintamente para facer referencia á persoa encargada da máxima autoridade da xestión e dirección administrativa nunha organización ou institución. Aínda que nas pequenas empresas é habitual que o posto de presidente e de director executivo recaia na mesma persoa, non sempre é desta maneira, e adoita ser o presidente quen encabeza o goberno corporativo (estratexias xerais), e o director executivo quen representa a administración da empresa (a fase operativa das estratexias). Nas grandes empresas o director executivo pode contar cunha serie de directores para cada unha das responsabilidades da compañía, como é o caso do director de operacións, o director de finanzas e o director de información.No inglés utilízase normalmente o termo chief executive officer (director executivo) así como o seu acrónimo CEO, ou ben managing director (MD, director xeral), para designar este posto directivo.
Denomínase crina ao pelo, longo e groso que crece no pescozo de varios mamíferos como, por exemplo, o cabalo. Neste último caso, tamén reciben ese nome os pelos da súa cola. As crinas poden ser moi ríxidas ou pola contra moi finas e flexíbeis; nos cabalos, o pelo da melena é polo xeral máis suave e curto que o da cola.
Museo Louisiana de arte moderna
O museo Louisiana de arte moderna é un museo localizado na costa norte da illa de Selandia, en Humlebæk, preto de Copenhaguen, en Dinamarca.
Bambi é un filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline.
O Pato Donald (no orixinal inglés Donald Duck) é un personaxe de debuxos animados e banda deseñada dos estudios Walt Disney, creado en 1934. Donald é un pato branco, de pernas e bico alaranxados, viste sempre unha camisa e quepis de mariñeiro. O motivo para isto é que na época no que foi deseñado, todos os personaxes precisaban vestir roupas.
Spider-Man: Into the Spider-Verse
Spider-Man: Into the Spider-Verse é un filme estadounidense de 2018 producido por Columbia Pictures e Sony Pictures Animation en asociación coh Marvel, e distribuído por Sony Pictures Releasing. É o primeiro filme animado da franquía cinematográfica de Spider-Man, e foi dirixido por Bob Persichetti, Peter Ramsey e Rodney Rothman a partir dun guión de Phil Lord e Rothman. Shameik Moore pon a voz de Morales, xunto con Jake Johnson, Hailee Steinfeld, Mahershala Ali, Brian Tyree Henry, Lily Tomlin, Luna Lauren Velez, John Mulaney, Kimiko Glenn, Nicolas Cage e Liev Schreiber.
Partícula teorizada como posible constituínte da materia escura. Como os fotóns, serían partículas de intercambio de forzas. A diferenza deles, terían masa, aínda que moi pequena.No 2021 estase a usar aparellos optomecánicos para procurar a súa detección, axustando a frecuencia de vibración do aparello (chamado tambor optomecánico,'optomechanical drum') coa masa esperada do fotón escuro.
Museo Nacional de Mulleres Artistas
O Museo Nacional de Mulleres Artistas (en inglés, National Museum of Women in the Arts, NMWA), é un museo situado en Washington D.C. dedicado ao recoñecemento dos logros das mulleres nas artes visuais, interpretativas e literarias. O museo foi creado en 1981 por Wallace e Wilhelmina Holladay e desde a súa apertura en 1987, o museo adquiriu unha colección de máis de 4500 pinturas, esculturas, obras sobre papel e arte decorativa. O museo está situado no edificio do antigo Templo Masónico que forma parte do Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos.Na súa colección inclúense obras de Mary Cassatt, Frida Kahlo, e Élisabeth Louise Vigée-Lle Brun.
Cámara de Representantes dos Estados Unidos
A Cámara de Representantes dos Estados Unidos (en inglés: United States House of Representatives) é unha das dúas cámaras do Congreso estadounidense (un poder lexislativo bicameral) xunto co Senado. A composición e poderes da Cámara están estabelecidos no Artigo I da Constitución dos Estados Unidos. O principal poder da Cámara é a lexislación federal que afecta a todo o país, malia que as propostas de lei deben pasar tamén polo Senado e contar coa aprobación do Presidente antes de converterse en lei (agás se a Cámara e o Senado aproban a lexislación cunha maioría de dous terzos en cada cámara).
En termos de Dereito a cidadanía é a condición da persoa física (dita cidadán ou cidadá) pola cal o ordenamento xurídico dun Estado lle recoñece a plenitude dos dereitos civís e políticos. A cidadanía pode ser vista como un status do cidadán, ou como un contrato xurídico entre ese cidadán e o Estado. As persoas que carecen da cidadanía dun Estado son estranxeiros, se a teñen doutro Estado, ou apátridas se, por contra, non teñen ningunha cidadanía.
A produción musical, na industria discográfica, encárgase de distintos papeis, como controlar as sesións de gravación, instruír e guiar intérpretes musicais no proceso de gravación, reunir as ideas do proxecto, dirixir a creatividade, supervisar a gravación e a mestura, e realizar o proceso de masterización. Estas foron algunhas das principais funcións dos produtores desde a creación da gravación de son, pero na segunda metade do século XX os produtores tomaron un maior papel empresarial.Na industria da música hai dúas clases de produtores: o produtor executivo e o produtor musical, con papeis distintos: o produtor executivo é o responsable financeiro do proxecto e o produtor musical é o responsable da música.
Edgar Allan Poe, (/poʊ/) nado como Edgar Poe o 19 de xaneiro de 1809 en Boston e finado o 7 de outubro de 1849 en Baltimore, foi un novelista, ensaísta, editor e crítico literario estadounidense, coñecido pola súa poesía e as súas historias curtas, en particular os seus contos de misterio e terror. Está amplamente considerado unha das figuras principais do romanticismo escuro nos Estados Unidos e na literatura estadounidense no seu conxunto, e foi un dos primeiros escritores de historias curtas do seu país. Poe considérase xeralmente o inventor do xénero de ficción de detectives e acredítaselle unha contribución ó xénero emerxente da ciencia ficción.
Un libro de tapa dura, pasta dura, capa dura ou cartoné é un libro no que a encadernación cunha tapa protectora ríxida normalmente de cartón, cuberta con tea de buckram ou outro tecido, con papel ou ocasionalmente con coiro, implica un proceso específico de deseño do libro. Ten na lombada ou lombo unha espiña flexíbel e cosida que permite que o libro aumente na superficie cando se abre. Seguindo os números de secuencia do ISBN, os libros deste tipo pódense identificar coa abreviatura Hbk de 'Hardbook' (do inglés, literalmente libro-duro).
Dinosauro (do grego déinos, 'terríbel', e saurós, 'lagarto', e, por extensión, réptil) é a denominación dada a calquera membro dun grupo de arcosauros que xurdiron a fins do período Triásico (preto de 230 millóns de anos atrás) e dominante da fauna terrestre durante boa parte da era Mesozoico, desde o inicio do Xurásico ata o final do Cretáceo (preto de 65 millóns de anos atrás), cando a extinción de case todas as liñaxes, a excepción das aves, únicos representantes actuais. Distinto doutros arcosauros por un conxunto de características anatómicas, entre as cales se destacan a posición dos membros en relación ao corpo, proxectados directamente para abaixo, e o acetábulo (encaixe do fémur) aberto. Ata finais do século XX, todos os grupos de dinosauros críanse que foran extinguidos; porén, o rexistro fósil indica que as aves son as devanceiras dos dinosauros emplumados, evolucionando dende os antecesores terópodos durante o período Xurásico e agora chamados «dinosauros aviarios».
Un ciclo de cancións na música clásica é un grupo de cancións pensadas para seren tocadas xuntas. Aínda que cada unha pode ser cantada por separado, o compositor realmente decide ou suxire que se interpreten xuntas como unha soa obra. Ás veces contan unha historia, pero ás veces só pertencen porque son máis ou menos a mesma idea (por exemplo, a tristeza que pode provocar o amor).
A acuarela é unha técnica pictórica sobre papel ou cartón que emprega cores en po preparadas con goma soluble na auga. Ó diluírse na auga obtense unha solución transparente que se aplica por capas sobre papel branco ou de cor. As cores utilizadas son transparentes (segundo a cantidade de auga na mestura) e ás veces deixan ver o fondo do papel (branco), que actúa como outro verdadeiro ton.
A Game of Thrones ("Un xogo de Tronos") é o primeiro libro de A Song of Ice and Fire ("Unha canción de xeo e lume"), unha serie de novelas de fantasía escritas polo autor norteamericano George R. R. Martin. Foi publicado por primeira vez o 6 de agosto de 1996. Na novela, preséntanse varios puntos de vista e liñas argumentais, sendo as tres máis importantes: a loita das casas nobres polo control dos Sete Reinos principalmente a Casa Stark, a Casa Lannister e a Casa Baratheon, a actual dinastía gobernante; o tema do Muro e a loita co descoñecido alén dos reinos, e a historia de Daenerys Targaryen, derradeiro membro da Casa Targaryen, que gobernara os Sete Reinos ata quince anos antes do comezo do libro.
Unha sociedade erudita (tamén coñecida como academia erudita ou asociación académica) é unha organización que existe para promover unha disciplina académica, unha profesión ou un grupo de disciplinas relacionadas como as artes. A afiliación pode ser aberta a todos, pode requirir posesión dalgunha cualificación ou pode ser unha honra conferida por elección.Moitas das sociedades eruditas son organizacións sen ánimo de lucro, e moitos son asociacións profesionais. As súas actividades tipicamente inclúen conferencias regulares para a presentación e discusión de novos resultados de investigación e publicación de revistas académicas patrocinadoras na súa disciplina.
Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (en inglés: Academy of Motion Picture Arts and Sciences, abreviada como AMPAS) é unha organización profesional norteamericana dedicada ó progreso das artes e das ciencias da cinematografía. Foi fundada o 11 de maio de 1927 en California. A Academia está composta por 6.000 profesionais do mundo do cinema.
A Ópera do Metropolitan (tamén coñecido simplemente como o Metropolitan, o Met ou o Metropolitan Opera House) é un teatro de ópera situado no Lincoln Center de Nova York, e é un dos máis coñecidos do mundo, famoso polas súas producións fastuosas, detallistas. É toda unha institución no mundo da ópera, xunto a A Scala de Milán, Ópera Garnier de París, o Teatro Colón de Buenos Aires ou o Gran Teatre del Liceu de Barcelona. Foi fundado en abril de 1880.
A dimetilhidracina asimétrica, tamén coñecida como UDMH e 1,1-dimetilhidracina, é un composto químico líquido incoloro a temperatura e presión ambiente, irritante, corrosivo, inflamable e con olor a amoníaco. Ten como fórmula H2NN(CH3)2 e úsase como propelente para foguetes espaciais. As mostras de UDMH vólvense amarelas ao ser expostas ao aire, absorbendo osíxeno e dióxido de carbono.
A nefropatía lúpica é unha glomerulopatía producida polo lupus eritematoso sistémico, unha doenza crónica que afecta a múltiples órganos, e que adoita afectar a mulleres de entre 25 e 30 anos. A nefropatía lúpica constitúe unha forma da doenza que afecta a case o 50% dos afectos por lupus, aínda que é máis frecuente en persoas novas, sendo raro en persoas maiores. A afectación renal dun paciente con lupus constitúe un factor de mal prognóstico para a enfermidade.
Vampire: The Masquerade – Bloodlines
Vampire: The Masquerade – Bloodlines é un videoxogo de rol de acción de 2004 desenvolvido por Troika Games e publicado por Activision para Microsoft Windows. Ambientado no World of Darkness de White Wolf Publishing, o xogo baséase no xogo de rol Vampire: The Masquerade. O xogador encarna o papel protagonista dun humano personaxe que morre e revive como un vampiro, nunha historia que se desenvolve na cidade dos Ánxeles no século XXI tentando descubrir a verdade sobre unha reliquia recentemente atopada que presaxia o fin de tódolos vampiros.
WeChat ou Wēixìn (en lingua chinesa: 微信, literalmente mensaxe de micro) é un servizo de mensaxería de texto e mensaxes de voz chinés, creado por Tencent Guangzhou Research e o Centro de Investigación e Proxectos en outubro do 2010, e foi publicado por primeira vez en xaneiro do 2011. A aplicación está dispoñíbel en sistemas Android, BlackBerry OS, iOS, Nokia Asha e Windows Phone. Entre as linguas soportadas inclúe chinés simplificado, chinés tradicional, español, indonesio, malaio, xaponés, coreano, polaco, italiano, tailandés, vietnamita, hindi, ruso e inglés.
Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística de predominio catalán. Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.