Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
O xabaril (do árabe djabalí) ou porco bravo (Sus scrofa, L. 1758) é un mamífero artiodáctilo e suídeo de medio porte e corpo robusto. É considerado o antepasado a partir do cal evolucionou o actual porco doméstico (Sus domesticus ou Sus scrofa domesticus). A forma xabarín está considerada polo DRAG como menos recomendable.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Malta ( pronunciación ) (en maltés: Malta, [ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Malta, [ˈmɔːl.tə] (AFI), escoitar), oficialmente República de Malta ( pronunciación ) (en maltés: Repubblika ta' Malta, [rɛˈpʊbb.lɪ.kɐ ˈtɐ ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Republic of Malta) é un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras. Atópase 80 km ao sur de Sicilia (Italia), 284 km ao leste de Tunisia, e 333 km ao norte de Libia. As linguas oficiais son o maltés e inglés, e o 66% da poboación actual de Malta polo menos conversa en lingua italiana.
Cities: Skylines é un videoxogo de construción de cidades creado pola compañía desenvolvedora de videoxogos finlandesa Colossal Order e publicado por Paradox Interactive o 10 de marzo de 2015 para Windows, OS X e Linux. Considerase popularmente como o competidor dos máis famosos xogos dentro deste xénero, principalmente o SimCity (2013) e en menor medida do Cities XXL. Cities Skylines está dispoñible polo sistema de distribución dixital Steam. O 6 de marzo de 2023 anunciouse Cities: Skylines II , cunha data de lanzamento do mesmo ano.
Lewis Allen Reed, nado en Freeport (Long Island, Nova York) o 2 de marzo de 1942 e finado o 27 de outubro de 2013, foi un cantante de rock e escritor estadounidense, máis coñecido como Lou Reed. Está considerado o pai do rock independente, primeiro como líder do grupo The Velvet Underground e logo en solitario. Enormemente influente na arte pop desde a década de 1960, os seus principais discos son Rock'n Roll Animal, Transformer e, para un primeiro acercamento, o soberbio concerto que ofreceu no Meltdown Festival: Perfect Night Live in London.
Unha cordilleira ou cordal, é un gran sistema de montañas que resulta xeralmente do encontro de dúas placas tectónicas e do que moitas veces parten outras cadeas montañosas secundarias chamadas contrafortes. As cordilleiras máis famosas do mundo son a do Himalaia en Asia, a dos Andes en América do Sur, as Montañas Rochosas en América do Norte e a dos Alpes en Europa.
O acusativo é o nome dun caso que nas linguas flexivas de raíz indoeuropea é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento directo, aínda que pode aparecer tamén noutras como na expresión da dirección etc. O caso acusativo provén do chamado polos primeiros gregos causal. Apolonio Díscolo viu que o acusativo non era o caso da causa, senón o caso do efecto.
Hideo Kojima (en xaponés 小島秀夫), nado en Setagaya (Toquio) o 24 de agosto de 1963, é un popular deseñador de videoxogos que en 2009 traballaba na compañía xaponesa Konami. Inicialmente foi o vicepresidente de Konami Computer Entertainmet Japan, exercendo máis tarde o cargo de creador de videoxogos Kojima Productions, cun novo equipo dedicado ao desenvolvemento de videoxogos creativos deixando de lado as decisións económicas e administrativas. Hideo Kojima é o creador e director de varios videoxogos exitosos, incluíndo as series Metal Gear, Snatcher e Policenauts.
Amiga é unha familia de ordenadores persoais introducida por Commodore en 1985. O modelo orixinal é un dos moitos ordenadores con procesadores de 16 ou 32 bits, 256 KB ou máis de RAM, GUI baseadas en ratos, gráficos e son significativamente mellorados en comparación cos sistemas anteriores de 8 bits. Isto inclúe o Atari ST, lanzado a principios do mesmo ano, así como o Macintosh e Acorn Archimedes.
Conxunto arqueolóxico de Tarraco
Tarraco é o nome antigo da actual cidade de Tarragona (Cataluña, España). Foi o asentamento romano máis antigo da Península Ibérica, fundada durante a segunda guerra púnica por Escipión Calvo, e converteuse en capital da provincia romana de Hispania Citerior, e da Tarraconense durante o Imperio romano.
PlayStation Move é un sistema de control de videoxogos creado por Sony para a plataforma PlayStation 3 que funciona por sensores de movemento, cunha bola nun extremo que se ilumina e mediante a cámara PlayStation Eye que recolle os movementos do mando. O sistema foi presentado na conferencia de Sony no E3 o 2 de xuño de 2009. Nela mostrouse un prototipo funcionando con varias demos técnicas.
Unha canle de televisión é un tipo de estación emisora que transmite son e vídeo a receptores de televisión nunha área concreta. Tradicionalmente, as canles de televisión facían as súas transmisións enviando sinais de radio especialmente codificados polo ar, chamada televisión terrestre. Normalmente concédense licenzas por parte dunha axencia gobernamental a cada canle de televisión para usar unha parte determinada do espectro de radio (unha canle) a través do cal eles envían os seus sinais.
Caesarea (/ˌsɛsəˈriːə/; Grego: Καισάρεια Kaisáreia), tamén coñecida como Cesarea Maritima ou Caesarea Palestinae, na época medieval e moderna coñeceuse como Qisarya (árabe: قيسارية), e no Israel moderno como Keisaria (en hebreo: קיסריה), foi unha cidade antiga e medieval na chaira de Xaron na costa do Mediterráneo oriental, e máis tarde unha pequena aldea de pescadores. Durante séculos foi un importante centro intelectual da capital mediterránea e cultural de Palestina. Hoxe o sitio está incluído nun parque nacional israelí.
Minoru Yamasaki (山崎實, Yamasaki Minoru), nado o 1 de decembro de 1912 e falecido o 7 de febreiro de 1986, foi un arquitecto estadounidense de orixe xaponesa, coñecido por deseñar as Torres Xemelgas, os edificios 1 e 2 do World Trade Center de Nova York. Yamasaki foi un dos arquitectos máis prominentes do século XX. Xunto co arquitecto Edward Durell Stone é considerado como un dos máis grandes practicantes do "modernismo romántico" e do neoformalismo na arquitectura.
Museo Americano de Historia Natural
O Museo Americano de Historia Natural, en inglés: American Museum of Natural History (AMNH), situado no Upper West Side de Manhattan no 200 Central Park West de Nova York, Estados Unidos, é un dos maiores e máis famosos museos de historia natural do mundo. Situado nuns terreos axardinados fronte ao Central Park, componse de 27 edificios interconectados que albergan 46 salas de exposición permanentes, laboratorios de investigación e a súa famosa biblioteca. As súas coleccións están formadas por máis de 34 millóns de espécimes, dos cales só unha pequena parte pode ser exposta á vez.Conta con 225 investigadores a tempo completo, patrocina máis de 120 expedicións científicas cada ano, e recibe unha media anual de cinco millóns de visitantes.O AMNH é unha organización privada.A súa declaración de obxectivos é: Descubrir, interpretar e difundir, a través da investigación científica e a educación, o coñecemento sobre as culturas humanas, o mundo natural e o universo.
Civilization IV (tamén coñecido como Civilization 4 ou Civ4) é un videoxogo de estratexia para computador que é o cuarto título da serie Civilization. Foi deseñado por Soren Johnson baixo a dirección de Sid Meier e o estudio de desenvolvemento Firaxis Games. Estreouse en América do Norte, Europa e Australia entre o 25 de outubro e o 4 de novembro de 2005.
The Hunger Games é unha novela de ciencia ficción escrita pola estadounidense Suzanne Collins que foi publicada en 2008. Está escrita en primeira persoa na voz dunha adolescente de 16 anos, Katniss Everdeen, que vive na nación postapocalíptica de Panem, no que outrora foran os Estados Unidos de América. O Capitolio, unha metrópole moi avanzada, exerce o control político sobre o resto do nación.
Para datos sobre estacións de ferrocarril en Galicia, véxase Lista de estacións de tren de GaliciaAs estacións do ano son as 4 subdivisións do ano baseadas en padróns climáticos e con base astronómica. Debido á influencia da translación asociada á mudanza no eixo de inclinación da Terra, estas mudan ao longo do ano. As catro estacións do ano son: Primavera (entre o equinoccio de primavera e o solsticio de verán).
Le Sacre du printemps (en francés) ou Весна священная (en ruso, transliterado Vesna sviashchennaia) é un ballet e concerto orquestral do compositor ruso Igor Stravinskii. Foi escrito para a tempada dos Ballets Russes de Sergei Diagilev de 1913; a coreografía orixinal foi obra de Vatslav Nizhinskii, con deseños de escena de Nikolai Rerikh. Cando foi estreada, no Théâtre des Champs-Élysées o 29 de maio de 1913, a natureza vangardista da música e a coreografía causaron sensación e case orixinaron disturbios na audiencia.
A Sega Dreamcast (en xaponés: ドリームキャスト) foi a última consola de videoxogos creada por Sega. Despois de que a Dreamcast fose descontinuada, Sega abandonou o negocio da venda de videoconsolas, dedicándose ao mundo das máquinas de arcade e ao desenvolvemento de software para plataformas doutras empresas.
Un arranxo musical é a preparación dunha composición musical para ser executada por un grupo específico de voces ou instrumentos musicais, o que consiste basicamente en reescribir o material preexistente para que quede en forma diferente a como fora executado anteriormente ou para facer a música máis atraente para o público e usar técnicas de rítmica, harmonía e contrapunto para reorganizar a estrutura da peza de acordo cos recursos dispoñibles, tales como a instrumentación e a habilidade dos músicos.
O Tour de Francia 2015 foi a 103ª edición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. A edición deste ano disputouse entre os días 2 e 24 de xullo de 2016. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, das cales 9 eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual normal e unha cronoescalada), 1 de media montaña e outras 9 maioritariamente chás deseñadas para sprinters.
Francis Albert Sinatra, máis coñecido como Frank Sinatra, nado en Hoboken o 12 de decembro de 1915 e finado nos Ánxeles o 14 de maio de 1998, foi un cantante e actor estadounidense. Alcumado "A Voz", foi unha das figuras máis importantes da música popular do século XX. A súa popularidade chegou a ser inmensa e practicamente constante ao longo da súa vida, aínda que foron especialmente exitosos os anos corenta e cincuenta. Foi esta última década, coa súa produción discográfica para a compañía Capitol, a considerada como a súa etapa de maior calidade artística como cantante.
Un ordenador persoal é un aparello electrónico deseñado para un uso variado cuxo tamaño, capacidade e prezo de venda faino útil para o usuario. O termo ordenador persoal ven do inglés Personal Computer (PC), que aínda que no principio era un acrónimo co tempo foise utilizando para referirse os ordenadores baseados no sistema operativo Windows. Os ordenadores adoitan traer aplicacións como editores de texto, follas de cálculo, navegadores e reprodutores multimedia entre outros mais non están limitados a esas só, se non que permiten a instalación doutras.
O aceite de xirasol é un aceite de orixe vexetal que se extrae do prensado das sementes do capítulo da planta de xirasol, tamén chamada tornasol, mirasol ou catasol. Tecnicamente trátase dun conxunto de graxas insaturadas, cardiosaludables (posúe cantidades moderadas de ácido oleico comparado co aceite de oliva), e fonte abundante de vitamina E. Considérase tamén un potente antioxidante.
Wolfenstein 3D é un videoxogo shooter en primeira persoa desenvolvido por id Software e publicado por Apogee Software e FormGen. Publicado orixinalmente o 5 de maio de 1992 para MS-DOS, estivo inspirado polo videoxogo de 1981 Castle Wolfenstein de Muse Software. En Wolfenstein 3D o xogador toma o papel dun espía alidado William "B.J." Blazkowicz durante a segunda guerra mundial mentres escapa da prisión nazi do Castelo Wolfenstein e leva a cabo unha serie de misións contra os nazis.
O illamento topográfico dun cume é a distancia mínima do gran círculo até un punto de altitude igual, o que representa un radio de dominancia no que o cume é o punto máis alto. Pódese calcular para pequenos outeiros e illas, así como para os principais picos das montañas, e mesmo se pode calcular para os cumes submarinos.
A Poké Ball, coñecida no Xapón como Monster Ball (Monsutābōru) no mundo ficticio de anime e videoxogos RPG de Pokémon, é un aparello especial para capturar e transportar Pokémon.Estes son mantidos no seu interior "descansando" (pero non recuperándose) mentres non están en batalla. Hai diferentes clases de Poké Balls, sendo a Master Ball, a máis poderosa de todas as balls, capturando un Pokémon salvaxe o 100% das veces.Da serie de anime, pódese describir a Poké Ball como un aparello pequeno (cabe no puño dun neno de dez anos, o cal fai estimar o seu tamaño nuns 4 ou 5 centímetros de diámetro). A pesar diso, pode conter no seu interior un Pokémon de gran tamaño (como Snorlax ou Wailord).
Un quilómetro (escrito con q na súa forma plena, pero abreviado km por convención internacional) é unha unidade de medida derivada do metro, e equivale a mil (1.000) metros. O seu símbolo é km no Sistema Internacional. Nótese que se escribe con minúscula e sen punto, a non ser que coincida no fin dunha frase.
O metro por segundo ao cadrado ou m/s2 é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades (SI) para medir a aceleración dun corpo. Mide o incremento da velocidade (en metros por segundos) conseguido en cada segundo. O símbolo desta unidade tamén pode verse escrito como m·s−2, ou simplemente m s−2.
Blender é un programa informático de código aberto, de Blender Foundation, para modelaxe, animación, texturas, composición, renderizado, edición de vídeo e creación de aplicacións interactivas en 3D: xogos, presentacións e outros, a través de seu motor de xogo integrado, Blender Game Engine. Está dispoñíbel para GNU GPL, versión 2 ou posterior. Blender posúe aínda partes licenciadas sobre Python Software Foundation License.
A iTunes Store é unha tenda en líña de contido dixital da empresa Apple Inc., accesible unicamente a través do programa iTunes. A tenda iTunes Music Store abriu o 28 de abril de 2003 e os seus produtos posuían un sistema de xestión dixital de dereitos que impide a reprodución dos arquivos comprados en ordenadores que non teñan autorización (DRM).
A narratoloxía é a disciplina da crítica literaria que se ocupa do estudo interno da narrativa en sentido sincrónico e paradigmático, é dicir, tomando os textos como entidades estruturais observables mediante un aparello teorético que permite a análise en atención ós principios (universais) que rexen a construción dun texto. Os narratólogos ocúpanse con temas como a caracterización, o tempo narrativo vs. tempo narrado, a trama ou argumento, os narradores-focalizadores vs.
Centre national de la recherche scientifique
O Centre national de la recherche scientifique (Centro Nacional de Investigación Científica), coñecido polo acrónimo da súa sigla CNRS, é o meirande organismo de investigación científica de carácter público de Francia.
O Republic F-105 Thunderchief foi un cazabombardeiro supersónico usado pola Forza Aérea dos Estados Unidos. Con capacidade de acadar velocidades de Mach 2, o F-105 realizou a meirande parte dos ataques de bombardeo durante os primeiros anos da Guerra do Vietnam; era o único avión estadounidense en ser retirado do combate debido ás súas altas perdas. Orixinalmente foi deseñado como un avión de ataque nuclear monopraza, e posteriormente foi desenvolvida unha versión bipraza Wild Weasel para a supresión das defensas aéreas inimigas.
The Independent é un xornal británico publicado por Independent Print Limited, de Alexánder Lébedev. Ten o alcume de «the Indie», mentres que a edición dos domingos é alcumada «the Sindie». Lanzado en 1986, é o máis novo de todos os xornais de tirada nacional do Reino Unido, cunha circulación de arredor de 250.000 exemplares en 2004.
Twice (hangul: 트와이스, estilizado como TWICE), é un grupo musical feminino multinacional formado por JYP Entertainment en Corea do Sur a través do programa de supervivencia SIXTEEN en 2015. O grupo ten nove integrantes: Nayeon, Jeongyeon, Momo, Sana, Jihyo, Mina, Dahyun, Chaeyoung e Tzuyu. O grupo debutou o 20 de outubro de 2015, co mini-álbum The Story Begins.O grupo popularizouse co lanzamento do sinxelo «Cheer Up» lanzado en 2016.
Yleisradio (Yle) en finés ou Rundradion en sueco, a compañía pública finlandesa de radio e televisión fundouse en 1926, réxea unha fundación independente e opera cinco canles de televisión, 13 canles de radio nacionais e 25 rexionais. Os programas en sueco realízaos a Finlands Svenska Television e Finlands Svenska Radio.
Aretha Louise Franklin, nada o 25 de marzo de 1942 en Memphis, e finada en Detroit o 16 de agosto de 2018, foi unha cantante de soul, R&B e gospel. Recibiu o alcume de «Lady Soul» (a dama do soul) ou «Queen of soul» (a raíña do soul), e foi unha das artistas máis influentes na música contemporánea, ostentando o posto número un da lista dos 100 cantantes máis grandes de todos os tempos da revista Rolling Stone. A mediados da década de 1960 consolidouse como estrela feminina do soul, algo que favoreceu os dereitos raciais e das mulleres nos Estados Unidos.
A palabra forma pode referirse a: ArteForma musical, en música clásica, a forma, en sentido xenérico, designa unha estrutura ou unha tradición de escritura, que permite inscribir a obra na historia da evolución da creación musical. Forma, un dos elementos da arte.BioloxíaForma, categoría taxonómica que constitúe unha subdivisión xeralmente por debaixo da variedade ou da «raza».MatemáticasForma, figura espacial dos corpos. Forma canónica de Jordan, ou forma normal de Jordan, é un termo matemático empregado en álxebra lineal.
GNU/Linux, abreviado ás veces como «Linux», é o termo co que se fai referencia aos sistemas operativos baseados en UNIX que utilizan o kernel Linux e sobre el o software do proxecto GNU e máis software. Coñecido polo seu uso predominante nos servidores, os sistemas GNU/Linux poden instalarse nunha ampla variedade de hardware: móbiles, computadores persoais, supercomputadoras etc. Existen numerosos grupos de usuarios de GNU/Linux en case todos os países do mundo.
O antigo Exipto foi unha civilización do nordeste de África que se desenvolveu ao redor do curso medio e baixo do río Nilo, nos territorios que hoxe en día ocupan o actual estado de Exipto e o norte do Sudán. A civilización constituíuse cara ao 3150 a.C. coa unificación do Alto e Baixo Exipto baixo o primeiro faraón e persistiu durante os seguintes tres milenios ata a época romana. Entre todas as antigas civilizacións do Oriente Próximo a exipcia destaca pola súa singularidade; constituída por poboacións de orixe norteafricano, engadíronse pobos semitas procedentes da rexión de Siria e Palestina, libios vindos do oeste e individuos de Nubia, que descenderon Nilo abaixo.
A baioneta (do francés baïonnette) é un coitelo moi afiado que se acopla no extremo do canón dun fusil para combater corpo a corpo. A baioneta máis común dende o século XVII até o XIX era a chamada de cubo, consistente nun cilindro metálico oco ó que se engadía unha coitela triangular, que foi especialmente empregada nos mosquetes. No século XX pasou a ser un coitelo que se pode acoplar á arma para permitir o seu uso como baioneta.
O topónimo francés Cher pode referirse a: Departamento de Cher, departamento francés pertencente á rexión Centre. Loir e Cher, departamento francés pertencente á rexión Centre. Río Cher, curso fluvial francés, afluente do Loira.Amais, como nome artístico pode referirse a: Cher, cantante, bailarina e actriz estadounidense (n.
O Reino de Nápoles foi un reino que ocupou os territorios da Italia meridional (Nápoles) e durante algúns períodos tamén a illa de Sicilia. En 1442 Afonso V, rei de Aragón, conquistou Nápoles que foi un dominio da dinastía Anxevina dende o ano 1266. Dende o século XV, Nápoles estivo en poder tanto de Aragón, Francia (durante un curto prazo), España e Austria e finalmente independente dende 1734 ata 1860, ano no que quedou incorporado ao proceso de unificación de Italia.
Pokémon Scarlet e Pokémon Violet son dous videoxogos de rol de 2022 desenvolvidos por Game Freak e publicados por Nintendo e The Pokemon Company para a consola Nintendo Switch. Os videoxogos foron anunciados en febreiro de 2022, sendo os primeiros títulos da novena xeración de Pokémon e a súa estrea está prevista para o 18 de novembro de 2022.
Boris Nikolaevich Eltsin (ruso: Борис Николаевич Ельцин) nado en Butká, óblast de Sverdlovsk, Unión Soviética o 1 de febreiro de 1931 e finado en Moscova, Rusia o 23 de abril de 2007, foi o primeiro presidente da Federación de Rusia, entre 1991 e 1999. O 12 de xuño de 1991 foi elixido para o recentemente creado posto de presidente da República Socialista Federativa Soviética de Rusia co 57% dos votos. Foi reelixido en 1996, derrotando a Guennadi Ziugánov do revivido Partido Comunista.
Polydor Records é un selo discográfico cuxa sede se atopa nestes momentos no Reino Unido, filial de Universal Music Group. O seu estilo é Pop, Rock e R&B no que se atopan os mellores artistas do panorama Pop Británico, como é o caso de Bryn Christopher, Duffy, Sophie Ellis-Bextor, Ronan Keating,Girls Aloud, Scissor Sisters, Björk, The Jam ou Take That, artistas de Estados Unidos, como Black Eyed Peas, Nelly Furtado ou Eminem. En Francia a Mylène Farmer quen logrou vender 30 millóns de discos.
Interscope Records é unha casa discográfica estadounidense que naceu en 1990, fundada por Jimmy Iovine e Ted Field co apoio económico de Atlantic Records (que se fixo co 50% do selo). En 1992 Jimmy Iovine axudou a Death Row Records financiando e alcanzando un acordo de distribución con eles por medio de Interscope.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén chamada Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
O conto da criada (en inglés: The Handmaid's Tale) é unha novela distópica da autora canadense Margaret Atwood, publicada orixinalmente en 1985. Está ambientado nun futuro achegado, en Nova Inglaterra, nun estado relixioso totalitario que derrocou o goberno dos Estados Unidos. A novela céntrase na historia da criada Offred.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.
Esther María Koplowitz y Romero de Juseu, nada en Madrid o 10 de agosto de 1950, é unha empresaria e aristócrata española. Foi VII marquesa de Casa Peñalver. Segundo a revista Forbes, en marzo de 2013 a súa fortuna era de 1000 millóns de dólares, o que o convertía na décimo sétima persoa máis rica de España e a 1342.ª no mundo.
O nariz ( pronunciación ) é unha protuberancia que forma parte do sistema respiratorio nos vertebrados. Trátase dun órgano do olfacto, sendo a entrada do tracto respiratorio. De conformación moi diversa pódese indicar que consta basicamente de dúas bolsas ou cavidades, unha no caso dos ciclóstomos, situadas na parte anterior da cabeza e abertas ao exterior por un número de orificios que oscila entre os dous pares por cavidade, no caso dos peixes e un nos outros vertebrados.En todos os vertebrados, agás os ciclóstomos e os peixes non crosopterixios, as cavidades nasais comunícanse a través do teito da boca coa farinxe e formas as coanas, o que permite que, ademais de cumprir a función olfactiva, sirvan como vías respiratorias.
O algodón ou cotón é unha fibra branca ou esbrancuxada que se obtén dos froitos dos algodoeiros (algunhas especies do xénero Gossypium, familia Malvaceae). Hai moitas especies nativas das áreas tropicais de África, Asia e América, e desde o final da última Era glacial xa se confeccionaban tecidos con algodón. Actualmente, soamente se aproveitan 4 especies a grande escala para a confección de tecidos e instrumentos médicos.
The Pogues é unha banda anglo-irlandesa de celtic punk (estilo musical que fusiona o punk-rock coa música tradicional irlandesa) xurdida a principios dos anos '80 en Londres (Inglaterra) baixo o nome Pogue Mahone, unha anglicisación da expresión irlandesa póg mo thóin, que literalmente significa Bícame o cu. A banda creouse en 1982 liderada por Shane MacGowan e tivo un grande éxito dende mediados da década dos '80 ata os inicios dos '90, cando MacGowan abandonou o grupo a causa dos seus problemas co alcohol, mais a banda continuou a súa andaina, primeiro con Joe Strummer (antigo líder de The Clash), e posteriormente con Spider Stacy como cantantes ata a disolución do grupo en 1996. No 2001 a banda reuniuse novamente, dando concertos de xeito regular e publicando varios discos en directo e recompilatorios, aínda que sen editar ningún álbum de estudio novo.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Proteína que se une á vitamina D
A proteína que se une á vitamina D (abreviada DBP, do inglés vitamin D-binding protein), coñecida orixinalmente como globulina gc (globulina de compoñente específico de grupo) é unha proteína que en humanos está codificada no xene GC do cromosoma 4. Pode unirse a diversas formas da vitamina D. A DBP é xeneticamente o membro máis antigo da familia do albuminoide e apareceu moi cedo na evolución dos vertebrados.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.