Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Lois XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Un bug ou erro de software é un erro, problema, falta ou fallo nun programa informático que lle impide funcionar correctamente ou produce un resultado incorrecto. Os bugs suceden por erros producidos ben cando se escribe o programa informático, ou ben cando se interconectan varios deles dun xeito incorrecto, posiblemente debido a un fallo no deseño software, por exemplo na arquitectura software. Asúmese que todo programa informático contén erros, mais canto mellor escritos (técnicas de programacion) estean os programas (normalmente despois dunha serie de correccións e probas), menos bugs terán por liña de código, o que fará que tales programas que sexan suficientemente estables e se poidan utilizar nas tarefas para as que foron deseñados.
MS-DOS (Microsoft Disk Operating System, Sistema operativo de disco Microsoft), foi o primeiro sistema operativo para o PC IBM. Foi lanzado co IBM PC en 1981 e tivo oito versións principais antes de que Microsoft detivese o seu desenvolvemento en 2000. Foi o produto clave na conversión de Microsoft dende unha compañía de linguaxe de programación ata unha firma de desenvolvemento de software.
O xaponés é a lingua falada no Xapón e noutros lugares do mundo onde existen inmigrantes xaponeses e os seus descendentes, como por exemplo o Brasil. O nome xaponés para a lingua é Nihongo (日本語). O xaponés ten tradicionalmente tres formas de escrita: hiragana, katakana, e kanji, e ademais actualmente utilizase o rōmaji.
Lión (en francés: Lyon, francoprovenzal: Liyon), é a terceira cidade máis grande e a segunda área urbana máis grande de Francia. Está situado na confluencia dos ríos Ródano e Saona, a uns 470 km ao sueste de París, 320 km ao norte de Marsella e 56 km ao nordés de Saint-Étienne. A cidade de Lión propiamente dita tiña unha poboación de 516.092 en 2017 dentro do seu pequeno territorio municipal de 48 km², pero xunto coa súa contorna e suburbios a área metropolitana de Lión tiña unha poboación de 2.323.221 ese mesmo ano a segunda máis poboada de Francia.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O alemán (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein.
O cambio climático é a variación global do clima da Terra a diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade etcétera. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home na biosfera. A expresión moitas veces úsase de xeito reducionista para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, como sinónimo de quecemento global.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O algodón ou cotón é unha fibra branca ou esbrancuxada que se obtén dos froitos dos algodoeiros (algunhas especies do xénero Gossypium, familia Malvaceae). Hai moitas especies nativas das áreas tropicais de África, Asia e América, e desde o final da última Era glacial xa se confeccionaban tecidos con algodón. Actualmente, soamente se aproveitan 4 especies a grande escala para a confección de tecidos e instrumentos médicos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A hematose é o proceso de intercambio de gases respiratorios (osíxeno e dióxido de carbono) nos animais. Este intercambio sempre é por difusión molecular, é dicir, a favor do gradiente. O lugar onde ocorre a hematose determina o nome da respiración aerobia: Se ocorre no tegumento, a respiración é respiración aerobia cutánea, propia de animais terrestres de ambiente húmido, como, por exemplo, nos vermes.
007 Casino Royale (en inglés: Casino Royale) é un filme de 2006, o vixésimo primeiro da serie de espionaxe de Eon Productions James Bond e o primeiro interpretado por Daniel Craig como o axente de ficción do MI6 James Bond. Dirixido por Martin Campbell e escrito por Neal Purvis e Robert Wade e mais Paul Haggis, a película marca a terceira adaptación para a pantalla da novela de Ian Fleming Casino Royale (1953) ambientada ao inicio da carreira de Bond como o Axente 007 e a súa licenza para matar. Despois de evitar un ataque terrorista no Aeroporto Internacional de Miami, Bond namórase de Vesper Lynd, a funcionaria do tesouro designada para fornecerlle dos cartos que precisa para a creba do terrorista financeiro, Le Chiffre, por medio dunha partida de póker.
Colin Luther Powell, nado en Harlem (Nova York) o 5 de abril de 1937, e finado en Bethseda (Maryland) o 18 de outubro de 2021, foi un político, diplomático e xeneral estadounidense que foi o 65º secretario de Estado dos Estados Unidos de América, equivalente ao ministerio de exteriores daquel país, entre 2001 e 2005. Powell foi o primeiro secretario de Estado afroamericano. Antes da elección de Barack Obama como presidente en 2008, Powell e a súa sucesora, Condoleezza Rice, eran os afroamericanos que chegaran a un escalafón maior na historia do poder executivo a nivel federal, xa que o secretario de Estado é o cuarto na liña de sucesión presidencial nos Estados Unidos.
O Camerún alemán (en alemán Kamerun) foi unha colonia (e tamén un protectorado) do Imperio alemán situado na rexión da actual República do Camerún, que tamén incluía partes do norte de Gabón e o Congo, do oeste da actual República Centroafricana, do suroeste do Chad e algunhas partes do extremo oriental de Nixeria. Este territorio do Imperio colonial alemán durou desde 1884 até 1916, cando foi invadido polos exércitos aliados británicos e franceses durante a primeira guerra mundial, e finalmente disolto en 1919.A colonia tiñía inicialmente unha superficie de 495 000 km² e, despois da adquisición do Novo Camerún (Neukamerun) en 1911, chegou a ter unha superficie de 790 000 km², sendo aproximadamente 1,3 veces máis grande que a metrópole. Polo tratado de Versalles de 1919 Camerún converteuse oficialmente nunha posesión da Sociedade das Nacións, que a outorgou nun mandato aos británicos e franceses.
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
O hindi (हिन्दी) é un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da India. É unha lingua indoeuropea, da familia Indoirania. Evolucionou a partir dos idiomas prákritos da Idade Media (indoario medio) e, indirectamente, do sánscrito, do cal toma gran parte do vocabulario técnico, relixioso e xurídico.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
A masturbación é a estimulación dos órganos xenitais e das zonas eróxenas co obxecto da obtención de pracer sexual, podendo alcanzar, ou non, o orgasmo. Pode ir acompañada de fantasías de natureza erótica. Xeralmente a masturbación considérase unha práctica sexual solitaria, se ben tamén se pode realizar sobre os xenitais doutra persoa, como ocorre na masturbación mutua.
Paloma San Basilio, nada en Madrid o 22 de novembro de 1950, é unha cantante e actriz española. Trátase dunha das intérpretes máis populares e prestixiosas no ámbito da canción melódica en castelán. A potencia vocal de Paloma San Basilio, e a súa precisión e nitidez no fraseo son as súas características máis destacables.
A Wikimedia Foundation, Inc. (en galego: Fundación Wikimedia) é a organización matriz da Galipedia (Wikipedia), Galizionario (Wiktionary), Galicitas (Wikiquote), Galilibros (Wikibooks), Galifontes (Wikisource), In Memoriam 9/11, Wikimedia Commons, Wikidata, Wikispecies, Wikinews, Wikiversity, Wikivoyage e a abandonada Nupedia. É unha fundación sen fins lucrativos que obedece ás leis do estado da Florida nos Estados Unidos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 244.700 habitantes (INE 2022), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Sistema Internacional de Unidades
O Sistema Internacional de unidades (en inglés: International System of Units e en francés: Le Système international d'unités), abreviado como SI ou SIU, é o nome adoptado pola XI Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (celebrada en París en 1960) para un sistema de unidades de medida universal, unificado e coherente, baseado no sistema MKS (metro-quilogramo-segundo). Na conferencia de 1960 definíronse os patróns para seis unidades básicas ou fundamentais e dúas unidades suplementarias (radián e estereorradián); en 1971 engadiuse unha sétima unidade fundamental, o mol. As dúas unidades suplementarias suprimíronse como clase independente dentro do Sistema Internacional na XX Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (1995); estas dúas unidades quedaron incorporadas ó SI como unidades derivadas sen dimensións.
Análise de requisitos é o estudo das características que o sistema deberá ter para atender ás necesidades e expectativas do cliente. Cada funcionalidade demandada polo cliente debe analizarse para verificar os posibles impactos no desenvolvemento das demais funcionalidades do sistema, e verificado en conxunto co equipo de desenvolvemento se as necesidades tecnolóxicas para a súa posta en marcha están dispoñibles.
Henri Dunant ou Henry Dunant, nado en Xenebra o 8 de maio de 1828 e finado en Heiden, Suíza, o 30 de outubro de 1910, foi un home de negocios e activista social suízo. Durante unha viaxe de negocios en 1859, coñeceu as secuelas da batalla de Solferino na Italia da época. Escribiu as súas memorias e experiencias no libro A Memory of Solferino (Un recordo de Solferino), que foi a inspiración para crear a Cruz Vermella Internacional.
Porto Rico (coñecido oficialmente como Estado Libre Asociado de Porto Rico; ou en inglés: Commonwealth of Puerto Rico) é un grupo de illas na parte oriental do Mar Caribe, territorio non incorporado dos Estados Unidos desde o ano 1898. No 1952 conformouse o "Estado Libre Asociado de Porto Rico", traducido oficialmente ao inglés como Commonwealth of Puerto Rico. É de interese o feito de que o tipo de goberno en Porto Rico non é unha "mancomunidade", posto que o E.L.A. é unha fórmula de autonomía política de natureza limitada, territorial e sen a soberanía dun país independente.
Economía (do grego οίκος [oikos], 'casa', e νομος [nomos], 'regra', polo tanto "dirección dunha casa") é unha ciencia social que estuda a produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos. A economía, céntrase no comportamento e as interaccións dos axentes económicos e en cales son os mecanismos da actividade económica. A microeconomía trata dos axentes individuais, como fogares e empresas, e os mercados.
A doenza de Lyme, tamén coñecida como borreliose de Lyme, é unha enfermidade infecciosa que afecta a varios órganos do ser humano, causada pola espiroqueta Borrelia burgdorferi, que é transmitida polas carrachas. É a principal doenza transmitida por carrachas en Europa. É transmitida pola especie Ixodes ricinus, cuxo reservorio animal constitúeno roedores salvaxes (agás ratos e ratas comúns) e cervos.
Os recursos naturais son substancias que se dan naturalmente no ambiente. O termo xurdiu por vez primeira na década de 1970, por E.F. Schumacher no seu libro titulado Small Is Beautiful. O termo "recurso" refírese a unha inmensidade de materias primas que existen no planeta e aquelas que o ser humano pode utilizar.
Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado).
En bioloxía, extinción é a desaparición de todos os individuos dunha especie ou xénero. Considérase unha especie como extinta a partir do intre en que morre o seu último individuo, inda que de facto pode estalo desde que a comunidade perdeu a capacidade de reprodución ou recuperación. Debido a que o seu rango de distribución potencial pode ser moi grande, determinar ese momento pode non ser doado, polo que decote faise en retrospectiva.
Co concepto de órbita baixa terrestre (a miúdo denominado LEO, Low Earth Orbit) faise referencia ás órbitas arredor da Terra cun apoxeo de menos de 2000 quilómetros. Na práctica, a cota inferior deste tipo de órbitas, o perixeo, sitúase nos 160 quilómetros, xa que debido ó rozamento atmosférico, unha órbita a esa altura é inestable e o vehículo cae rapidamente ó perder enerxía.Tódolos voos espaciais tripulados, excepto as misións lunares do proxecto Apollo, teñen lugar na órbita baixa.
Unha viaxe interplanetaria é un caso particular de viaxe espacial que, a diferenza das viaxes interestelares, ten lugar dentro do noso Sistema Solar. Pola súa mesma natureza, as viaxes interestelares teñen miles de anos de duración ou conceptos tales como o Hiperespacio, polo que estiveron case sempre relegados á space opera da ciencia ficción. As viaxes interplanetarias, en troques, están ao alcance da nosa tecnoloxía actual.
Telxione (en grego antigo Θελξινόη), ou Xúpiter XLII, é un satélite irregular retrógrado de Xúpiter. Foi descuberto por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawai dirixidos por Scott S. Sheppard no 2003, e déuselle a designación provisional de S/2003 J 22.Telxione ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 20,454 millóns de km, tardando 597,607 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 151° con respecto á eclíptica (153° respecto do ecuador de Xúpiter) e unha excentricidade de 0,2685. Foi bautizado en marzo de 2005 coma Telxione, unha das catro Musas orixinais segundo algúns escritores gregos, tamén era filla de Zeus (Xúpiter) e Mnemósine.Telxíone pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 millóns de km, con inclinacións duns 150°.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Samael (en hebreo: סַמָּאֵל Sammāʾēl, "veleno de Deus", "cegueira de Deus") raramente escrito como "Smil", "Samil" ou "Samiel", é un arcanxo da mitoloxía e do misticismo xudeu. Foi un anxo que tivo importante participación en certos eventos importantes na narrativa bíblica. Como un anxo, el soamente opera dentro dos límites angostos establecidos polo Creador, sendo considerado polas persoas ora bo, ora malo.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
O saco vitelino (en terminoloxía latina saccus vitellinus, vesicula umbilicalis) é un saco membranoso unido ao embrión, formado por células da capa do hipoblasto do disco embrionario bilaminar. Tamén se lle chama vesícula umbilical en Terminologia Embryologica (TE), aínda que saco vitelino é moito máis usado. En humanos o saco vitelino é importante para a subministración de sangue ao embrión temperán, e gran parte del incorpórase ao tracto gastrointestinal primordial durante a cuarta semana de desenvolvemento embrionario.
Un modelo de texto a imaxe (text-to-image model en inglés) é un modelo de aprendizaxe automática que toma como entrada unha descrición en linguaxe natural e produce unha imaxe que coincida con esa descrición. Estes modelos comezaron a desenvolverse a mediados da década de 2010, como resultado dos avances nas redes neuronais profundas. En 2022, a produción de modelos de texto a imaxe de última xeración, como DALL-E 2 de OpenAI, Imagen de Google Brain e Stable Diffusion de StabilityAI comezou a achegarse á calidade das fotografías reais e da arte debuxada por humanos.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.A cidade é o centro da área estatística metropolitana dos Ánxeles-Long Beach-Santa Ana e do Grande os Ánxeles que, segundo o censo de 2010, sumaban unha poboación de 13 e 18 millóns de persoas, respectivamente.
Un asteroide é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico máis pequeno que un planeta e que orbita ao redor do Sol. Os asteroides tamén son chamados planetas menores, denominación que se considera máis axeitada. A maioría dos asteroides que se atopan no noso sistema solar, posúen órbitas semiestables entre Marte e Xúpiter, pero algúns son desviados a órbitas que cruzan as dos planetas maiores.
Reacción en cadea da polimerase
A reacción en cadea da polimerase, coñecida como PCR (do inglés polymerase chain reaction), é unha técnica de bioloxía molecular desenvolvida en 1987 por Kary Mullis, que ten como obxectivo obter un gran número de copias dun fragmento de ADN particular, partindo dunha cantidade mínima. En teoría abondaría partir dunha única copia dese fragmento orixinal, ou molde. Esta técnica serve para amplificar un fragmento de ADN. A súa utilidade é que trala amplificación é moito máis fácil identificar cunha moi alta probabilidade, virus ou bacterias causantes dunha enfermidade, identificar persoas (cadáveres) ou facer investigacións científicas sobre o ADN amplificado.
Goiânia é a capital do estado brasileiro de Goiás. É unha cidade planeada: foi a primeira cidade brasileira planeada no século XX, e inaugurada en 20 de novembro de 1935, dois anos despois do inicio da súa construción, para substituír a entón capital de Goiás, a cidade colonial de Goiás, o que ocorreu en 1937. Sitúase a 209 km de Brasilia, a tamén planeada capital brasileira, e a 936 km da cidade de São Paulo e 1338 km do Río de Xaneiro.
Un nucleón é calquera das particules (neutróns ou protóns) que compoñen o núcleo dun átomo. O número de protóns (que teñen carga positiva) máis o número de neutróns (que teñen carga neutra) constitúen o número másico dun átomo. Na simetría de isospín o protón e o neutrón son diferentes estados da mesma Partícula elemental: o nucleón.
Rede privada virtual, do inglés virtual private network (VPN), é unha rede de comunicacións privada construída sobre unha rede de comunicacións pública (como por exemplo, a Internet). O tráfico de datos é levado pola rede pública utilizando protocolos padróns, non necesariamente seguros. En resumo, crea unha conexión segura e criptografada, que pode ser considerada como un túnel, entre o seu computador e un servidor operado polo servizo VPN. Unha VPN é unha conexión estabelecida sobre unha infraestrutura pública ou compartida, usando tecnoloxías de tunelamento e criptografia para manter seguros os datos trasfegados.
En cosmoloxía física, a idade do Universo é o tempo que vai desde o Big Bang ata agora. As medicións actuais da idade do Universo dan un valor de aproximadamente trece mil oitocentos millóns de anos, concretamente 13 799 ±21 millóns de anos segundo o modelo de concordancia Lambda-CDM. A incerteza indicada de 21 millóns de anos obtívose polo acordo de varios proxectos de investigación científica, como as medidas da radiación de fondo de microondas feitas polo satélite Planck, a Sonda de Anisotropía de Microondas Wilkinson e outras sondas. As medidas da radiación de fondo cósmica dan un tempo de arrefriamento do universo desde o Big Bang, e as medidas da velocidade de expansión do Universo poden utilizarse para calcular a súa idade aproximada ao extrapolalas cara a atrás no tempo.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O sánscrito (saṃskr̥tam / संस्कृतम) é unha lingua indoeuropea, da familia indoirania, outrora falada no subcontinente indio. En especial, é a lingua dos textos relixiosos hindús e, neste senso, segue a ser utilizada, ao xeito do latín nos séculos pasados en Occidente, como lingua de culto, cultural e vehicular (un censo de 1981 indica que habería aínda cerca de 6100 falantes; en 1961 aproximadamente 194400 persoas dicían que o empregaban como lingua secundaria). É ademais unha das vinte e dúas linguas oficias da India.
Johannes Kepler, nado o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e finado o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura clave na revolución científica do século XVII, coñecido sobre todo polas súas leis do movemento planetario, e os seus libros Astronomia nova, Harmonice Mundi e Epitome Astronomiae Copernicanae, influíndo entre outros en Isaac Newton, proporcionandolle unha das bases para a súa teoría da gravitación universal. A variedade e repercusión dos seus traballos converteron a Kepler nun dos fundadores e pais da astronomía moderna, do método científico e das ciencias naturais.Kepler foi profesor de matemáticas nun seminario de Graz, onde se converteu en socio do príncipe Hans Ulrich von Eggenberg. Máis tarde converteuse en axudante do astrónomo Tycho Brahe en Praga, e finalmente en matemático imperial do emperador Rodolfo II e os seus dous sucesores Matthias e Fernando II. Tamén ensinou matemáticas en Linz, e foi conselleiro do xeneral Wallenstein.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Barack Hussein Obama II, nado en Honolulu (Hawai) o 4 de agosto de 1961, foi o cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América. É o primeiro afroamericano en acadar este posto. Obama foi senador polo estado de Illinois entre xaneiro de 2005 e novembro de 2008, momento en que renunciou ao cargo para botar os folgos á campaña presidencial.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 201.518.
Abril Zamora Peláez, nada en Cerdanyola del Vallès (provincia de Barcelona) o 11 de novembro de 1981, é unha actriz, guionista e directora de cine catalá. Posúe unha longa traxectoria en cinema, televisión e teatro, mais gañou popularidade ao interpretar a Luna na serie de televisión Vis a Vis, dando visibilidade á realidade LGBT+ a través da ficción.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.