Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Lois XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
O frisón (frysk) é unha lingua xermánica occidental falada na Frisia (norte dos Países Baixos, noroeste de Alemaña, moi próxima ó inglés e en grave perigo de desaparición). Os saxóns, os anglos e os xutos, antes de emigrar para a actual Inglaterra, falaban unha mesma lingua cos frisóns. Os actuais falantes son descendentes directos daqueles pobos xermánicos.
A fonoloxía (ás veces chamada co innecesario anglicismo fonémica) é a disciplina da Lingüística que estuda a función da materia fónica como constituínte dun sistema lingüístico; estuda os fonemas como unidades sonoras mínimas capaces de diferenciaren significados. A fonoloxía persegue o coñecemento e determinación dos sons puramente funcionais nas distintas linguas. Tanto a fonoloxía como a fonética teñen como obxecto de estudo os aspectos sonoros do signo lingüístico e o nome das dúas deriva da palabra grega phonos ("voz" ou "son").
Lausberg, no seu Manual de Retórica Literaria, define a retórica como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instrucións ou regras que permiten a construción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor. Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos. A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo.
Hannibal Lecter é unha personaxe ficticia da serie de novelas creadas por Thomas Harris. A personaxe de Lecter apareceu por primeira vez no ano 1981 na novela Red Dragon como un psiquiatra forense e un asasino en serie caníbal. A novela e a súa secuela, The Silence of the Lambs, presenta a Lecter como un dos principais antagonistas, ademais dos dous asasinos en serie que aparecen en cadansúa novela.
A lingua fula (tamén chamada peul, fulani, pulaar, fulbe, fulfulde) é unha lingua de África Occidental, especialmente da África subsahariana máis próxima ao Sahel, falada pola etnia fula, que abrangue dende Senegal até o Camerún e o Sudán. É falada por unhas 10-16 millóns de persoas e ten un status de lingua oficial en Mauritania, Senegal, Malí, Guinea, Burkina Faso, Níxer, Nixeria e mais no Camerún.
O País Vasco ou Euskadi (en éuscaro tamén: Euskal Herria), tamén coñecido como Comunidade Autónoma Vasca (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoa, en castelán: Comunidad Autónoma Vasca), é unha comunidade autónoma española situada no extremo nororiental da costa cantábrica. Limita con Cantabria e Castela e León (provincia de Burgos) ao oeste, con Navarra ao leste, coa Rioxa ao sur, e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia ao norte. Está formado por tres provincias, tamén coñecidas como territorios históricos, que son Guipúscoa, Biscaia e Áraba.
Pulp Fiction é un filme estadounidense do ano 1994, gañador dun Oscar, escrito e dirixido por Quentin Tarantino, e protagonizado por John Travolta, Bruce Willis, Samuel L. Jackson e Uma Thurman, entre outros. Está considerado coma un dos representantes do cinema posmoderno. Ademais, a súa estrutura non lineal e o seu estilo pouco convencional fixeron que se convertese nun filme de culto, cuxa inflúencia é notable noutras obras.
Sete espadas (en chinés: 七劍, Qi jian) é unha película de Hong Kong, dirixida por Tsui Hark no 2005, e baseada na historia d´As sete espadas da montaña Tian (Qi Jian Xia Tian Shan). O elenco está encabezado por Donnie Yen, Leon Lai, Charlie Young e Sun Honglei. É un filme de acción ambientado na China do século XVII. Estreouse en galego na TVG o 4 de setembro de 2008.
Luke Skywalker é un personaxe ficticio e o protagonista da triloxía orixinal da saga de ciencia ficción A guerra das galaxias creada por George Lucas. Interpretado por Mark Hamill, Skywalker fai a súa primeira aparición en A guerra das galaxias (1977) e nos filmes seguintes O imperio contraataca (1980) e O retorno do Jedi (1983). Tres décadas despois Hamill volve a interpretar o personaxe na triloxía de Star Wars, secuela da anterior, que empeza con Star Wars: The Force Awakens (2015) e Star Wars: The Last Jedi (2017).
O frisón occidental, tamén referedido simplemente como frisón (Frysk, neerlandés: Fries ˈfris) é unha lingua falada na provincia de Frisia (Fryslân) no norte do Países Baixos, a maioría de orixe frisoa. A provincia posuía 643.000 habitantes no 2005, dos cales o 94% podían entendelo, o 74% falalo, o 75% lelo e o 27% escribilo.
A Bolsas de estudos Guggenheim (en inglés: Guggenheim Fellowship) é un subsidio outorgado pola John Simon Guggenheim Memorial Foundation dende 1925 a profesionais avanzados en tódolos campos do saber (ciencias naturais, ciencias sociais, humanidades e artes), excepto as artes escénicas. A fundación foi creada polo empresario, político e filántropo estadounidense Simon Guggenheim e a súa muller, Olga Hirsh, en memoria do seu fillo John, que faleceu en 1922 debido a unha mastoidite. As bolsas outórganse en dous concursos anuais: un aberto aos cidadáns e residentes permanentes dos Estados Unidos de América e o Canadá; e outro aberto aos cidadáns e residentes permanentes de América Latina e o Caribe.
The New Yorker é unha revista estadounidense semanal que publica críticas, ensaios, reportaxes de investigación e ficción. Aínda que se concentra preferentemente na vida social de Nova York, The New Yorker ten unha ampla audiencia fóra desta cidade debido á calidade dos seus xornalistas. É cosmopolita, cun carácter urbano acentuado pola súa sección "Talk of the Town", cos seus comentarios sobre a vida en Nova York, a cultura popular e as excentricidades estadounidenses, e o seco enxeño dos seus sketches e famosas viñetas.
A lingua min nam ou lingua min do sur é unha variante das linguas min falada en certas partes da República Popular da China, incluíndo o sur de Fujian, leste de Guangdong, Hainan, e sur de Zhejiang, e en Taiwán. O min nam é falado pola emigración chinesa en Filipinas, Indonesia, Malaisia e Singapur.
Os videoxogos de plataformas son un xénero de videoxogos que se caracterizan por ter que camiñar, correr, saltar ou escalar sobre unha serie de plataformas e cantís, con inimigos, mentres se recollen obxectos para poder completar o xogo. Este tipo de videoxogos adoitan usar vistas de desprazamento horizontal cara á esquerda ou cara á dereita. É un xénero moi popular de videoxogos, xurdido a comezo da década de 1980 e que segue mantendo bastante popularidade na actualidade.
O adxectivo internacional fai referencia á interacción ou asociación entre dúas ou máis nacións ou estados. En política coñécense como internacionais as organizacións que integran individuos ou entidades dunha mesma ideoloxía ou que perseguen un mesmo fin. As primeiras asociacións internacionais tiveron un carácter obreiro, como a Primeira Internacional, a Segunda Internacional, a Asociación Internacional dos Traballadores ou a Internacional Socialista.
Sony Music Entertainment, tamén coñecida como SME, Sony Music ou simplemente Sony (anteriormente denominada Sony BMG Music Entertainment) é un selo musical estadounidense. É un dos catro maiores conglomerados de compañías discográficas do mundo xunto coa Universal Music Group, EMI e Warner Music Group, sendo actualmente a segunda maior.
O cambio climático é a variación global do clima da Terra a diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade etcétera. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home na biosfera. A expresión moitas veces úsase de xeito reducionista para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, como sinónimo de quecemento global.
A uncial é unha grafía particular dos alfabetos latino e grego. Nos sistemas de escritura grego e latino, son os tipos de letras utilizados ata o século VIII d.C. caracterizados polo uso de letras maiúsculas. Foi Xerome quen deu a estas letras, relativamente grandes, o nome de litterae unciales, isto é, letras dunha polgada de altura.
O minuto (min) é unha unidade de tempo que equivale á sesaxésima parte dunha hora. Tamén equivale a 60 segundos, que é a unidade de tempo do Sistema Internacional de Unidades. Isto é: 1/60 h = 1 min = 60 sO vocábulo minuto provén do latín pars minuta prima, que significa ‘parte diminuta primeira’, coa mesma etimoloxía que «menor».
Un escudo de armas é a representación simbólica dunha persoa, familia, territorio ou, en xeral, agrupación humana. Realizada a través dunha serie de motivos, figuras ou símbolos. O brasón é o conxunto de compoñentes de calquera escudo de armas: figuras, cores, asignación de espazos, símbolos que están regulados por unha serie de normas que son froito da convención social e da evolución histórica e que son comunmente aceptadas.
O metro por segundo ao cadrado ou m/s2 é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades (SI) para medir a aceleración dun corpo. Mide o incremento da velocidade (en metros por segundos) conseguido en cada segundo. O símbolo desta unidade tamén pode verse escrito como m·s−2, ou simplemente m s−2.
Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais. O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo.
Un melanocito é unha célula da epiderme que se encarga de producir melanina, un pigmento da pel, ollos (iris, coroide ) e pelo, que ten a misión de bloquear os raios ultravioleta do sol, evitando que danen o ADN das células destas partes tan expostas á luz. Tamén hai melanocitos no oído interno, meninxes, ósos, e corazón.É unha célula dendrítica (con prolongacións) que na súa orixe deriva da crista neural e que migra cara á epiderme e o folículo piloso durante a embrioxénese. Caracterízanse polo seu núcleo ovoide.
Na acepción común, Belas Artes serían aquelas artes que terían por obxecto expresar a beleza, especialmente a arquitectura, escultura, música, e pintura. De todos modos, o certo é que ademais da beleza, as chamadas belas artes poden buscar tamén a expresividade, a orixinalidade, impresionar ao receptor ou incluso a fealdade (véxanse, por exemplo, os cadros de Francis Bacon). Neste sentido, podemos dicir que o termo quedou algo desfasado (sobre todo tralo auxe das vangardas no século pasado).
Unha campaña militar consiste nun conxunto de accións militares que transcorren nunha mesma zona xeográfica e nun mesmo período. No contexto das ciencias militares, unha campaña militar comprende todas as operacións militares, normalmente efectuadas por unha forza defensiva ou atacante, dirixidas á consecución dunha desexada situación militar ou política, dentro dunhas limitacións xeográficas e temporais.
A Nación Navajo (en navajo: Naabeehó Bináhásdzo) é un territorio nativo americano semiautónomo habitado polo pobo navajo. Abrangue 71.000 km2, ocupando anacos do nordeste de Arizona, sueste de Utah e noroeste Novo México. É a meirande área asignada principalmente baixo a xurisdición nativa americana dos Estados Unidos.
Sven Olof Joachim Palme, nado en Estocolmo o 30 de xaneiro de 1927 e asasinado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1986, foi un político sueco, líder do Partido Socialdemócrata de Suecia dende 1969. Foi Primeiro ministro de Suecia entre 1969 e 1976, e reelixido en 1982. Foi asasinado o 28 de febreiro de 1986 mentres aínda exercía o cargo de Primeiro ministro: disparoulle supostamente Stig Engström cando paseaba en compaña da súa esposa tras saír do cine, de ver o filme Bröderna Mozart.
AlloCiné é unha organización de servizo que achega información do cine francés, especialmente centrando na promoción das novidades en DVD, Blu-ray e información de VOD. A empresa foi fundada como comunicador telefónico, e posteriormente deveu nun portal de Internet, o cal ofrece información por acceso rápido e cobre todos os filmes que foron distribuídos en Francia. No 2005, empezou a cubrir series televisivas. AlloCiné foi lanzado en 1993, antes de ser adquirido por Canal+ no 2000 e por Vivendi Universal no 2002.
The Legend of Zelda: The Wind Waker
The Legend of Zelda: The Wind Waker (ゼルダの伝説 風のタクト - Zeruda no Densetsu Kaze no Takuto, literalmente "A Lenda de Zelda: a batuta do vento"), é un xogo de acción-aventura, décima entrega da serie The Legend of Zelda. Foi editado para a Nintendo GameCube no Xapón o 13 de decembro de 2002, en Norteamérica o 24 de marzo de 2003, en Europa o 3 de maio de 2003 e en Australia o 7 de maio de 2003. The Legend of Zelda: Phantom Hourglass para a Nintendo DS é a secuela directa de The Wind Waker.
O lago Baikal (ruso: о́зеро Байка́л, Ózero Baykal; buriato: Байгал нуур, Baigal nuur; mongol: Байгал нуур, Baigal nuur, etimoloxicamente o significado en mongol e "o lago da natureza") é un lago de orixe tectónica localizado no sur da Siberia oriental (Rusia), entre o Óblast de Irkutsk no noroeste e a República dos Buriatos no sueste, preto da cidade de Irkutsk. O seu nome deriva do tártaro Bai-Kul, «lago rico». Na tradición rusa, o lago é chamado «mar», e nas linguas buriata e mongol é chamado «Dalái-Nor», ou «Mar Sagrado».
A sexualidade é o conxunto de condicións anatómicas, fisiolóxicas e afectivas que caracterizan ó individuo. Tamén é o conxunto de fenómenos emocionais e de conduta relacionados co sexo, que marcan de xeito decisivo ao ser humano en todas as fases do seu desenvolvemento. O concepto de sexualidade comprende tanto o impulso sexual, dirixido ao goce inmediato, como os diferentes aspectos da relación psicolóxica co propio corpo (sentirse home ou muller) e das expectativas de rol social.
Wesley "Wes" Studi (en cherokee: ᏪᏌ ᏍᏚᏗ) nado en Nofire Hollow (Oklahoma) o 17 de decembro de 1947, é un actor e produtor cherokee que gañou fama internacional polos seus papeis en filmes de nativos americanos. Apareceu en filmes premiados co Óscar como Dances with Wolves (1990) ou O derradeiro dos mohicanos (1992), e en filmes nomeados neses premios como Xerónimo (1993) e The New World (2005). Tamén é coñecido por interpretar a Sagat en Street Fighter (1994).
A colmea, que tamén recibe os nomes de cortiza, cortizo, covo e trobo, é o niño dunha colonia de abellas. As colonias de abellas son organizacións sociais complexas e xerárquicas que poden chegar a conter ata 80.000 individuos. Están integradas por tres castes distintas de abellas: as obreiras, os abázcaros e a abella mestra.
Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, nada en Nova York o 2 de decembro de 1923 e finada en París o 16 de setembro de 1977, máis coñecida polo nome artístico de Maria Callas, foi unha soprano grega, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra. Combinaba unha impecable técnica do bel canto cun gran talento dramático, o que fixo dela a máis famosa actriz cantante naquela época. Era extraordinariamente versátil, xa que o seu repertorio ía dende a ópera seria clásica, como La Vestale de Gaspare Spontini, ata as óperas de Giuseppe Verdi, ou Giacomo Puccini.
La Comédie humaine (literalmente, A comedia humana) é un conxunto de obras de Honoré de Balzac de 137 obras que comprenden 95 novelas, ensaios realistas, fantásticos, ou filosóficos, pero tamén contos, ensaios, e 25 bosquexos de obras, reagrupados baixo o título Ébauches rattachées à la Comédie humaine (Esbozos ligados á Comedia humana), e 8 novelas de xuventude escritas entre 1822 e 1825 baixo diversos pseudónimos, obras que renegou, pero reeditados nos volumes I e II das Œuvres diverses (Obras varias) nas cales atópanse os xermes e os temas das obras da Comédie Humaine, Falthurne sendo considerado como a base de Séraphîta. A clasificación dos textos vai polos ámbitos sociais, polos lugares xeográficos, ou por categorías psicolóxicas (Scènes de la vie privée (Escenas da vida privada), Scènes de la vie de province (Escenas da vida de provincia)) reunidos en conxuntos xenéricos (Études de mœurs (Estudos de costumes), Études philosophiques (Estudos filosóficos), Études analytiques (Estudos analíticos)). A escritura do conxunto gradúase de 1829, cos Les Chouans, a 1850, coas obras inacabadas á súa morte e completadas por Charles Rabou: o Le Député d'Arcis (1854), os Les Petits bourgeois de Paris, (1856), o Le Comte de Sallenauve, (1856), e tamén os Les Paysans publicado en 1854 pola súa viúva, Évelyne Hanska.
Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como √) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90.
Un superheroe é un personaxe de ficción cuxas características superan as do heroe clásico, xeralmente con poderes sobrehumanos, e entroncado coa ciencia ficción. Xerados a finais dos anos 30 do século XX na industria do cómic estadounidense, que contribuíron a levantar, gozaron de multitude de adaptacións a outros medios, especialmente o cinema. Legalmente, só os personaxes pertencentes a Marvel Cómics ou DC Cómics poden facerse chamar "superheroes", posto que é unha marca rexistrada nos Estados Unidos.
A National Hockey League ou Ligue nationale de hockey en francés (en galego Liga Nacional de Hóckey), comunmente abreviado como NHL en inglés ou LNH en francés é unha organización deportiva composta de equipos de hóckey sobre xeo do Canadá e os Estados Unidos. É a liga de hockey sobre xeo profesional máis importante do mundo, e unha das grandes ligas deportivas dos Estados Unidos e o Canadá. A liga está formada por 32 equipos: 25 nos Estados Unidos e 7 no Canadá.
Un libro electrónico, tamén coñecido polo seu nome en inglés (e-book ou eBook) é un tipo de libro que se caracteriza por ser accesible en forma dixital e que pode estar composto de texto, son e/ou imaxes. Pode ser lido na pantalla dun ordenador ou noutros dispositivos, como tabletas e teléfonos intelixentes. Ás veces é definido como "unha versión dixital dun libro impreso" Porén, o dicionario da RAG defíneo como unha tipoloxía específica de libro que se pode ler nos lectores de libro electrónico, adicándolle a estes aparellos a primeira acepción do termo.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Marina Abramović (en serbio: Марина Абрамовић, |marǐːna abrǎːmoʋitɕ|), nada en Belgrado o 30 de novembro de 1946 é unha artista de performance, escritora e directora e produtora de filmes artísticos serbia. A súa obra explora a arte corporal, a endurance art e a arte feminista, a relación entre o intérprete e o público, os límites do corpo e as posibilidades da mente. Activa durante catro décadas, Abramović defínese a ela mesma como "a avoa da arte das performances".
O sotho do norte (Sesotho sa Leboa, tamén coñecido polo nome do dialecto estandarizado sepedi ou pedi) é unha lingua bantú falada en Suráfrica, onde é unha das 11 linguas oficiais do estado. Segundo o censo de 2011, era a primeira lingua de 4 618 576 persoas, principalmente nas provincias de Limpopo, Gauteng e Mpumalanga.As variedades urbanas do sotho do norte, como o sotho de Pretoria (que en realidade deriva do tswana), adquiriron consoantes nun proceso de expansión das linguas nguni.
O premio César é a recompensa cinematográfica outorgada anualmente aos profesionais da sétima arte nas diversas categorías do cinema francés ás mellores producións así como tamén aos artistas, directores e demais traballadores do mundiño. Os filmes premiados deben ter sido estreados nas salas entre o primeiro de xaneiro e o 31 de decembro do ano precedente á cerimonia.
A arte gótica é un estilo que se desenvolveu na Europa occidental durante os derradeiros séculos da Idade Media, dende mediados do século XII até a implantación do Renacemento (século XV para Francia e Italia, e ben entrado o século XVI nos lugares onde o gótico perviviu máis tempo). Trátase dun amplo período artístico, que xurdiu na rexión francesa de Illa de Francia e espallouse ao longo de Occidente. Segundo os países e as rexións desenvólvese en momentos cronolóxicos diversos, ofrecendo no seu amplo desenvolvemento fondas diferenciacións: máis puro en Francia (sendo ben distinto o de París e o da Provenza), máis horizontal e preto da tradición clásica en Italia (aínda que ao norte acóllese un dos exemplos máis paradigmáticos, como a catedral de Milán), con peculiaridades locais en Flandres, Alemaña, Inglaterra, Castela e Aragón.
O Biarritz Olympique Pays Basque, Biarritz Olympique ou "BO" é un equipo de rugby vascofrancés da cidade de Biarritz (no departamento de Pireneos Atlánticos) que xoga na 2ª División da liga francesa (Pro D2). Xoga no estadio Parc des Sports Aguiléra (simplificado como Aguilera) aínda que xoga os seus partidos europeos no Estadio Municipal de Anoeta de Donostia (País Vasco).
Ansel Easton Adams, nado o 20 de febreiro de 1902 en San Francisco (California) e finado o 22 de abril de 1984 en Monterey (California), foi un fotógrafo e ambientalista estadounidense. As súas fotografías de paisaxes en branco e negro do oeste estadounidense, especialmente do Parque Nacional de Yosemite, foron amplamente reproducidas en calendarios, pósters e libros. Con Fred Archer, Adams desenvolveu o Sistema de Zonas como un xeito de determinar a exposición axeitada e axustar o contraste na impresión final.
A República de Suráfrica é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Eswatini; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano. Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén chamada Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Aksai Chin (en hindi अक्साई चिन; en chinés simplificado 阿克赛钦, pinyin: Ākèsàiqīn) é unha rexión localizada na unión da República Popular da China, Paquistán e a India. Administrada pola China, pero reclamada pola India. Aksai Chin é unha das dúas áreas fronteirizas disputadas entre a India e a China, a outra é Arunachal Pradesh.
O algodón ou cotón é unha fibra branca ou esbrancuxada que se obtén dos froitos dos algodoeiros (algunhas especies do xénero Gossypium, familia Malvaceae). Hai moitas especies nativas das áreas tropicais de África, Asia e América, e desde o final da última Era glacial xa se confeccionaban tecidos con algodón. Actualmente, soamente se aproveitan 4 especies a grande escala para a confección de tecidos e instrumentos médicos.
Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.
José Antonio Urruticoechea Bengoechea, nado en Ugao-Miraballes, Biscaia o 24 de decembro de 1950, tamén coñecido como Josu Ternera e como Josu Urrutikoetxea Bengoetxea, é un membro histórico da organización terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA) e ex-deputado de Euskal Herritarrok no Parlamento Vasco.
O Club Deportivo Arenteiro é un club de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Primeira División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, que figura na Primeira de Galicia (grupo 4º).
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Pandemia de COVID-19 por territorios
Neste artigo documéntase os diferentes territorios afectados e as súas respostas ao coronavirus responsable da pandemia de 2019-20 detectada por primeira volta na cidade chinesa de Wuhan.