Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Lois XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
A Pascua (grego: Πάσχα) é a festividade relixiosa máis importante do ano litúrxico cristián en conmemoración da resurrección de Xesús de entre os mortos, segundo conta o Novo Testamento, o terceiro día desde a súa crucifixión. Os cristiáns celebran esta resurrección o Domingo de Pascua ou Resurrección, dous días despois do Venres Santo e tres despois do Xoves Santo. A Pascua tamén se refire ó Tempo Pascual, período do ano litúrxico cristián, que tradicionalmente duraba corenta días entre o Domingo de Pascua e a Ascensión pero agora dura cincuenta días ata Pentecoste, a primeira semana coñécese como Semana Santa.
A lamia, tamén coñecida como lumia, é un personaxe feminino da mitoloxía galega, equivalente ás xanas ou guaxas asturianas, anjanas cántabras ou ás lamias grecorromanas. Adoitan representarse con torso e cara de muller fermosa e corpo de dragón, aínda que tamén se representan por separado, como unha muller montando nun dragón e, en ocasións, tamén poden aparecer como mulleres con corpo ou pés de cabra. Outros paralelos nas mitoloxías doutras áreas son as Laminak vascas, as Giane sardas ou as Korrigans bretoas, seres femininos dos que se conta que se poden converter en serpes ou arañas.
Interface de programación de aplicación
A interface de programación de aplicación (do inglés application programming interface) fai referencia aos servizos (funcións e funcionalidades) dos que un determinado módulo software (peza, compoñente) prové outros módulos. A interface proporciona unha transparencia en canto á implementación interna desas funcionalidades nese módulo de software: a implementación pode trocar e soamente se ve afectada a implementación nese módulo (da que prové tal API), sen se veren afectados os módulos que usan a tal API. Son usadas xeralmente nas bibliotecas de programación.
A guerra das galaxias (en inglés Star Wars, aínda que traducido literalmente significa «guerras estelares» ou «guerras das estrelas») é unha serie de oito filmes de ciencia ficción creada polo produtor, director e guionista norteamericano George Lucas, tralo éxito de American Graffiti. A serie comezou en 1977 con Star Wars Episodio IV: Unha Nova Esperanza, e dende entón converteuse nun fenómeno social e cultural, do que se crearon novelas, historias en banda deseñada, videoxogos... Isto permitiu a Lucas ampliar a historia con dous episodios máis: O Imperio Contraataca e O Retorno do Jedi, que continuarían o grande éxito da primeira.
Sherlock é un nome inglés masculino de pouca frecuencia, que significa literalmente "loiro", do anglosaxón scir ("brillante") e locc ("mechón de pelo"). Popularizado a partir do personaxe literario Sherlock Holmes, pode referirse a: PatronímicoUn apelido irlandés anglificado desde o gaélico "Scurlog", do danés "feroz guerreiro".PersonalidadesThomas Sherlock, bispo de Londres no século XVIII. Lorcan George Sherlock, alcalde de Dublín até 1945. Sherlock Holmes, un detective ficticio de finais do século XIX e principios do século XX, creado por Arthur Conan Doyle.TelevisiónSherlock, unha serie de televisión de 2010.
Manhua, en chinés simplificado 漫画, en pinyin Mànhuà, é o nome que recibe a banda deseñada na China e Taiwán. No resto do mundo, a palabra úsase para definir a totalidade dos cómics producidos no país. Aínda que as narracións gráficas análogas ás bandas deseñadas existiron nese territorio ao longo da súa historia imperial, o termo manhua apareceu por primeira vez en 1904 nunha obra titulada shishi manhua, no xornal de Shanghai Jingzhong.O termo tamén inclúe formatos tradicionais específicos do país como Lianhuanhua.
A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo. Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais).
Yleisradio (Yle) en finés ou Rundradion en sueco, a compañía pública finlandesa de radio e televisión fundouse en 1926, réxea unha fundación independente e opera cinco canles de televisión, 13 canles de radio nacionais e 25 rexionais. Os programas en sueco realízaos a Finlands Svenska Television e Finlands Svenska Radio.
Este artigo trata sobre a Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo, para a arte de pesca véxase nasa.A National Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dos Estados Unidos de América e a súa investigación aeroespacial xeral a longo termo. Establecida no 1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aeroespaciais.
Heidi Hautala, nada o 14 de novembro de 1955 en Oulu, Finlandia, é unha dirixente política ecoloxista finlandesa coñecida pola súa eficiencia, versatilidade e experiencia en políticas verdes e sustentable, centrándose en Dereitos humanos, transparencia, xustiza global e lexislación ambiental responsable.Foi presidenta da Liga Verde (en finés: Vihreä liitto) de 1987 a 1991, e candidata presidencial en 2000 e 2006. Trala incorporación de Finlandia á Unión Europea en 1995, foi elixida para o Parlamento Europeo en 1996. Posteriormente regresa ao parlamento nacional nas eleccións de 2003, volvendo ser elixida eurodeputada en 2009.
Simple Mail Transfer Protocol (SMTP, Protocolo de Transferencia Simple de Correo) é o patrón de facto para envío de correo electrónico a través de Internet. SMTP é un protocolo relativamente simple, baseado en texto simple, en que se especifican un ou varios destinatarios dunha mensaxe (e, na maioría dos casos, validados), sendo despois a mensaxe transferida. É bastante fácil testar un servidor SMTP usando o programa telnet.
O grunge é un tipo de música dos primeiros anos noventa. É unha mestura do rock máis duro dos sesenta coa forza da música punk aderezado con guitarras marcadamente distorsionadas, e caracterízase polo rexeitamento de estilo de metal que marcou os últimos oitenta, con grupos coma Bon Jovi, Whitesnake ou Van Halen. Naceu coa chamada escena de Seattle e o selo discográfico Sub Pop.
Partido Comunista da Unión Soviética
O Partido Comunista da Unión Soviética (en ruso Коммунисти́ческая па́ртия Сове́тского Сою́за, КПСС) foi o nome usado polo partido bolxevique do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia de 1952 a 1991, aínda que a expresión Partido Comunista pertencese ao nome do partido desde 1918, cando os bolxeviques se tornaron o Partido Comunista de Todas as Rusias. En 1925 pasou a chamarse Partido Comunista da Unión (Всесоюзная коммунистическая партия (большевиков), ВКП(б)). En 1934 tornouse o Partido Comunista da Unión Soviética (Bolxeviques).
Un ordenador, tamén chamado computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles.
A Wikipedia en catalán (en catalán: Viquipèdia en català) ou Viquipèdia, é a edición en catalán da Wikipedia, historicamente é a segunda despois da versión en inglés, xa que comezou o 16 de marzo do 2001, poucos minutos despois da alemá, agora ben durante dous meses foi a única con artigos en lingua non inglesa xa que a alemá permanecía latente. En marzo de 2014 contaba con máis de 424.000 artigos. Esta versión da enciclopedia contén 740.614 artigos e 468.906 usuarios, dos cales 1.580 son activos.
"Beat It" é un sinxelo escrito e interpretado polo artista estadounidense Michael Jackson e producido por Quincy Jones (con coprodución de Jackson). É o terceiro sinxelo do seu sexto álbum en solitario, Thriller (1982). Eddie Van Halen executa o solo de guitarra, mais o seu selo discográfico impediulle aparecer no vídeo musical.
Clasificación Decimal Universal
A Clasificación Decimal Universal ou CDU é un sistema de clasificación do coñecemento que nace da necesidade de ordenar e catalogar as obras nas bibliotecas. Melvil Dewey, bibliotecario do Amherst College en Massachusetts, Estados Unidos, creou en 1876 o Sistema Dewey de clasificación. Este sistema foi adaptado por Paul Otlet e Henri A Fontaine e publicado por primeira vez en lingua francesa entre 1904 e 1907 co nome de Clasificación Decimal Universal.
Scottie Maurice Pippen, nado o 25 de setembro de 1965 en Hamburg, no condado de Ashley (Arcansas), é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a maior parte da súa carreira na National Basketball Association (NBA). Alculamdo "Pip", é principalmente lembrado pola súa etapa nos Chicago Bulls, cos que gañou seis campionatos da NBA e bateu o récord de vitorias nunha soa tempada con 72. Pippen, xunto con Michael Jordan, xogou un importante papel en transformar aos Bulls nun vehículo para a popularización da NBA ao redor de todo o mundo nos anos 1990.
Stephen Douglas "Steve" Kerr, nado en Beirut (Líbano) o 27 de setembro de 1965, é un ex xogador e adestrador profesional estadounidense de baloncesto, que actualmente adestra os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). Como xogador, tras formarse na Universidade de Arizona, formou parte dos Phoenix Suns, Cleveland Cavaliers, Orlando Magic, Chicago Bulls, San Antonio Spurs e Portland Trail Blazers, conseguindo un total de cinco aneis de campión, tres cos Bulls e dous cos Spurs, nas súas quince temporadas como profesional. Kerr, xunto con Frank Saul, son os únicos xogadores da historia da NBA en gañar dous títulos de forma consecutiva con diferentes equipos.
The Flaming Lips é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en 1983 en Oklahoma City (Oklahoma). Actualmente está composta por Wayne Coyne (guitarra e voz), Michael Ivins (baixo), Steven Drozd (guitarra) e Kliph Scurlock (batería). O grupo gravou varios álbums e EPs co selo independente Restless Records nos 80 e principios dos 90.
O addax (Addax nasomaculatus) é un antílope de extrema rareza que vive en múltiples zonas illadas do Sáhara. O addax mide arredor de 1 metro de altura e pesa 125 kg. É de cor branca, agás o seu peito, pescozo e testa que son predominantemente castaños, cunha zona branca sobre a ponte do nariz e outras arredor da boca.
Fabiola Gianotti, nada en Roma o 29 de outubro de 1960, é unha física de partículas italiana e a primeira muller en ser a directora xeral do CERN de Xenebra. O seu mandato comezou o 1 de xaneiro de 2016 e ten unha duración de cinco anos. Na 195ª sesión, o Consello do CERN escolleu a Fabiola Gianotti como a próxima Directora Xeral da Organización para unha segunda sesión de mandato.
Na mitoloxía grega, Eros é o nome do deus do amor, correspondente ó Cupido na mitoloxía romana. Existen varias versións sobre o nacemento de Eros, aínda que adoita considerarse nacido directamente do Caos, á par que Xea ou do ovo primixenio que puxo Eurínome e que fecundara a serpe Ofión. Segundo outras lendas, era fillo de Ares e Afrodita ; ou de Ilitía, de Iris, ou de Hermes e Artemisa .
Online Computer Library Center
O Online Computer Library Center (OCLC) é un servizo de biblioteca por computador en liña e unha entidade de investigación sen ánimo de lucro. Máis de 57.000 bibliotecas en 112 países e territorios ao redor do mundo usan os servizos de OCLC para localizar, adquirir, prestar e preservar material bibliográfico. Foi fundado por Fred Kilgour en 1967.
Marie Magdalene "Marlene" Dietrich, nada en Schöneberg, Berlín, o 27 de decembro de 1901 e finada en París o 6 de maio de 1992, foi unha actriz e cantante alemá. Dietrich mantívose na popularidade ó longo da súa carreira mediante a reinvención constante, tanto profesionalmente como persoalmente. No Berlín da década de 1920, actuou no teatro e en filmes mudos.
Un referendo é un procedemento xurídico polo que se somete a votación popular unha cuestión lexislativa, constitucional ou sobre calquera outra proposta para que o electorado se pronuncie sobre a súa aprobación ou o seu rexeitamento, é dicir a súa ratificación ou non. É o mecanismo de democracia directa por antonomasia. Na Constitución española vixente recoñécense dous tipos de referendos, un de carácter consultivo atópase regulado no artigo 92, e outros vinculantes referidos a mudanzas constitucionais e aprobación de estatutos de autonomía.
En anatomía, a uretra (do grego οὐρήθρα, ourethra) é un tubo que conecta a vexiga urinaria co exterior e serve para expulsar a urina (en ambos os sexos) e para expulsar o seme (no sexo masculino). Nos machos, a uretra está conectada tanto co aparato urinario coma co reprodutor, atravesa lonxitudinalmente o pene e acaba no seu extremo. Nas femias a uretra é máis curta, é independente do aparato reprodutor, e acaba no perineo por diante do orificio vaxinal.
Wikipedia en xaponés (en xaponés: ウィキペディア日本語版; Wikipedia Nihongo-ban) é a edición xaponesa de Wikipedia, unha enciclopedia libre e aberta. Esta edición é a oitava máis grande despois da Wikipedia en inglés, alemán, francés, polaco, italiano, español e ruso. Comezou en marzo de 2001, e esta versión da enciclopedia contén 1.396.898 artigos e 2.148.118 usuarios, dos cales 13.293 son activos.
Na anatomía humana, o polgar ou matapiollos é o primeiro dedo ou deda a contar dende o interior. O polgar da man humana (a diferenza dos primates en xeral) é completamente opoñible aos outros catro dedos, pode tocar os demais dedos dende a súa punta até a súa base e mesmo a parte superior da palma da man. Esta calidade dálle á man dos primates unha vantaxe evolutiva moi notable xa que mediante esta función anatómica, o polgar pode manipular obxectos grandes apoiándose coa palma da man e obxectos medianos ou pequenos apoiándose cun ou máis dedos dos outros dedos.
Winnie-the-Pooh, é un personaxe de ficción (un osiño amarelo) creado por A.A. Milne. A primeira colección de contos apareceu no 1926 titulada simplemente Winnie-the-Pooh e seguiu con The House at Pooh Corner (1928). Milne tamén fixo algúns poemas sobre este personaxe incluídos na obra When We Were Very Young (Cando eramos moi novos) (1924) e en Now We Are Six (Agora somos seis) (1927).
Twentieth Century Studios, tamén coñecida como 20th Century Studios (anteriormente coñecida por 20th Century Fox, 20th Century Fox Pictures ou simplemente FOX), é un dos seis maiores estudios de cinema estadounidenses. Localízase en Century City, na cidade dos Ánxeles, e, desde o 2019, o estudio é unha filial da compañía The Walt Disney Company. A compañía foi fundada o 31 de maio de 1935 como resultado da fusión entre a Fox Film Corporation, fundada por William Fox en 1915, e a Twentieth Century Pictures, fundada en 1933 por Darryl F. Zanuck, Joseph M. Schenck e William Goetz.
World Music (en galego, Música do Mundo) refírese á música tradicional ou música folclórica dunha cultura creada e tocada por músicos relacionados con esa cultura.O concepto de World Music é moi amplo e non está pechado, polo que os límites entre o que é e non é World Music non son claros. Inclúe música tradicional o folclórica, música popular, música étnica e outros xéneros locais ou característicos dalgunhas zonas ou culturas do mundo, difíciles de clasificar. Está relacionado coa globalización e a diversidade cultural.O termo foi concibido por Robert E. Brown no inicio da década de 1960, como unha amálgama de artes escénicas para promover a harmonía e o entendemento entre culturas.
En Estatística a poboación, tamén chamada universo ou colectivo é o conxunto de elementos de referencia sobre o que se realizan as observacións. En Epidemioloxía unha poboación é un conxunto de suxeitos ou individuos con determinadas características demográficas, da que se obtén a mostra ou participantes nun estudo epidemiolóxico á que se quere extrapolar os resultados do devandito estudo (inferencia estatística). O número de elementos ou suxeitos que compoñen unha poboación estatística denomínase N e é igual ou maior que o número de elementos que se obteñen dela nunha mostra (n).
O mandarín (北方話, 北方话, běifāng huà , "fala do norte") como termo xeral refírese ao conxunto de dialectos chineses mutuamente intelixíbeis que se fala no norte, centro e suroeste da China continental. Non hai que confundilo coa outra acepción de mandarín, non obxecto deste artigo, a do mandarín estándar ou padrón (普通話 / 普通话, pǔtōnghuà, "lingua común", tamén chamada 漢語 / 汉语, hànyǔ, "lingua dos Hàn" , o cal se refire á lingua oficial da República Popular da China desde 1956, a lingua oficial de Taiwán (Formosa), e unha das catro linguas oficiais de Singapur. O mandarín escríbese por medio de sinogramas, que son susceptíbeis de ser transcritos en caracteres románicos, na actualidade o máis frecuentemente en pinyin (como na maioría dos artigos da Wikipedia), mais tamén en bopomofo.
As plantas vasculares son un grupo de plantas que abarca ao taxon das traqueófitas ou tracheobionta. Son organismos formados por células vexetais, que posúen un ciclo de vida no que se alternan as xeracións gametofítica e esporofítica, sendo esta última a fase dominante (sobre quen actúa máis presión de selección natural); cuxa fase esporofítica é fotosintética e independente, e ten tecidos e sistemas de órganos; está organizada nun "cormo" (sistema que posúe vástago aéreo, raíz subterránea e un sistema de condución vascular que os vencella) que é ao que comunmente se refire a xente cando di "planta"; cuxa fase gametofítica é reducida e pode ser desde un "talo" (corpo non organizado en tecidos nin órganos) en fieitos e afíns, até unhas poucas células protexidas e nutridas polo esporófito, en ximnospermas e anxiospermas. A selección natural dirixiu fortemente a evolución das traqueófitas cara a unha menor dependencia das condicións ambientais sobre a terra para a reprodución e a dispersión, característica que entra en evidencia ao comparar as traqueófitas máis antigas (Lycophyta) coas máis modernas (plantas con flores).
A Wikipedia en malaio (en malaio: Wikipedia Bahasa Melayu; en jawi: ويکيڤيديا بهاس ملايو) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua malaia. Esta edición só usa o alfabeto latino e non o alfabeto jawi. Esta edición foi creada o 26 de outubro de 2002 e en xaneiro de 2019 contaba con 323 162 artigos.
Google Académico (en inglés: Google Scholar) é un motor de busca de Google enfocado e especializado na busca de contido e bibliografía científico-académica. O sitio indexa editoriais, bibliotecas, repositorios, bases de datos bibliográficas, entre outros; e entre os seus resultados pódense atopar citas, ligazóns a libros, artigos de revistas científicas, comunicacións e congresos, informes científico-técnicos, teses, tesiñas e arquivos depositados en repositorios. Foi lanzado ao público en versión Beta o 19 de novembro de 2005. O índice inclúe todos aqueles documentos accesibles na Web que cumpran cunha serie de requisitos técnicos.
O voto é un método de toma de decisións no que un grupo, tal como unha xunta ou un electorado, trata de medir a súa opinión, usualmente como o paso final que segue as discusións ou debates. Como métodos alternativos ao voto inclúense a adopción de decisións por consenso (que funciona evitando a polarización e marxinalización da disensión) e a aposta (como nunha democracia anticipativa). En democracia, o voto implica comunmente a elección, por exemplo unha forma para que un electorado elixa entre os seus candidatos a un cargo.
A fisioloxía (do grego φύσις (physis) que quere dicir "natureza" ou "orixe", e -λογία (-logia) que significa "estudo de") é o estudo científico das funcións e mecanismos físicos e químicos que se desenvolven dentro dun sistema vivente. Como rama da bioloxía, céntrase no estudo dos organismos, sistemas biolóxicos, órganos, tecidos, células e biomoléculas e en como realizan as funcións químicas e físicas que existen nun sistema vivo.Para entender as funcións fisiolóxicas é fundamatal a investigación dos fenómenos biofísicos e bioquímicos fundamentais, os mecanismos coordinados de control homeostáticos e a comunicación continua entre as células.O estado fisiolóxico é a condición normal das funcións do corpo, mentres que o estado patolóxico céntrase nas anormalidades que ocorren por mor das doenzas animais, incluíndo os humanos. Segundo o tipo de organismos investigados, o campo pode dividirse en fisioloxía animal (incluíndo ós humanos), fisioloxía vexetal, fisioloxía celular e fisioloxía microbiana.O Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina é concedido pola Real Academia das Ciencias de Suecia a aqueles que acadasen logros significativos nesta disciplina.
O termo radio pode referirse a: o radio, un elemento químico da táboa periódica; o radio, un óso do antebrazo, longo, par e simétrico; a radiofrecuencia, unha porción do espectro de ondas electromagnéticas; a radio, un medio de comunicación de masas que consiste na transmisión de sinais sonoros en forma masiva; a radio, un dispositivo electrónico que recibe os sinais sonoros transmitidos por un emisor de ondas electromagnéticas; a radio por internet, un conxunto de tecnoloxías de transmisión de contido sonoro a través de internet; o radio, unhas marcas brillantes que se estenden desde certos cráteres da superficie lunar; "Radio", unha canción de The Corrs.
O saraiki (سرائیکی sarā'īkī, ou tamén escrito como siraiki ou seraiki) é unha lingua indoaria do grupo lahnda, falada na metade suroccidental da provincia de Punjab, en Paquistán. Anteriormente era coñecida como multani. O saraiki é altamente intelixible co punjabi estándar co cal comparte unha gran parte do seu vocabulario e morfoloxía.
Un xornalista ou periodista é aquela persoa que se dedica ó xornalismo en calquera das súas formas, xa sexa na prensa escrita, radio, televisión ou medios dixitais. O xornalista dedícase basicamente á busca de información e á súa posterior difusión. Existen varios principios que guían o labor do periodista, o principal dos cales é o respecto pola verdade e o rigor na busca da información.
Unha lista de éxitos musicais é unha maneira de darlle á música un grao, que vén da súa popularidade. estadounidense Billboard Hot 100 é unha das listas máis populares. A información sobre listas vén dalgunhas fontes diferentes, como o número de vendas, ás veces que se programou na radio, ou que se descargau, e outros criterios.
Deng Xiaoping (en chinés tradicional: 鄧小平; en chinés simplificado: 邓小平; pinyin: Dèng Xiǎopíng; Wade-Giles: Teng Hsiao-p'ing) (Escuchar) , nado en Guang'an, Sichuan o 22 de agosto de 1904 e finado en Pequín o 19 de febreiro de 1997 foi un político chinés, máximo líder da República Popular da China dende 1978 ata os últimos anos da súa vida. Baixo o seu liderado, a República Popular da China emprendeu as reformas económicas de liberalización da economía socialista que permitiron a este país acadar unhas altas cotas de crecemento económico. Fronte a estes éxitos na economía, Deng exerceu un poder de marcado carácter autoritario, e o seu papel foi decisivo na represión violenta das protestas da praza de Tian'anmen en 1989.
Sete espadas (en chinés: 七劍, Qi jian) é unha película de Hong Kong, dirixida por Tsui Hark no 2005, e baseada na historia d´As sete espadas da montaña Tian (Qi Jian Xia Tian Shan). O elenco está encabezado por Donnie Yen, Leon Lai, Charlie Young e Sun Honglei. É un filme de acción ambientado na China do século XVII. Estreouse en galego na TVG o 4 de setembro de 2008.
O aceite de xirasol é un aceite de orixe vexetal que se extrae do prensado das sementes do capítulo da planta de xirasol, tamén chamada tornasol, mirasol ou catasol. Tecnicamente trátase dun conxunto de graxas insaturadas, cardiosaludables (posúe cantidades moderadas de ácido oleico comparado co aceite de oliva), e fonte abundante de vitamina E. Considérase tamén un potente antioxidante.
Douglas Noël Adams, tamén coñecido como Bop Ad ou Bob pola súa firma ilexíbel ou polas súas iniciais DNA, nado en Cambridge o 11 de marzo de 1952 e finado en Santa Barbara, California, o 11 de maio do 2001, foi escritor e guionista para radio. Traballou na Radio BBC, sendo o seu libro Guía do autostopista galáctico, un bestseller no Reino Unido en 1984. Faleceu inesperadamente dun ataque cardíaco .
Boy é o álbum de estrea da banda irlandesa de rock U2, editado o 20 de outubro de 1980 a través do selo Island Records. O disco inclúe o primeiro sinxelo da banda que foi un éxito no Reino Unido, "I Will Follow". O disco foi producido por Steve Lillywhite e contén cancións do repertorio de 40 temas que o grupo tiña na época, incluídos dous temas regravados do seu primeiro lanzamento, o EP Three.
Educación obrigatoria, escolarización obrigatoria, escolarización compulsiva, estudos obrigatorios ou ensino obrigatorio son os nomes que reciben os distintos ciclos de educación, ensino ou estudos que de forma obrigatoria debe cursar un neno ou xove e cuxo currículo, duración, obxectivos, contidos, procedementos e metodoloxía varían en función do sistema educativo de cada país e época.
Universidade Técnica de Berlín
A Universidade Técnica de Berlín (en alemán Technische Universität Berlin; abrev. TUB, TU Berlin); até 1946 Technische Hochschule Berlin, Instituto Técnico de Berlín) é unha Universidade pública que se encontra no barrio de Charlottenburg en Berlín, Alemaña.
Nyugat ("Occidente") foi a revista fundamental da literatura húngara do século XX. Publicouse en Budapest entre o 1 de xaneiro de 1908 e o 1 de agosto de 1941. O seu primeiro número non se publicou como di a súa portada o 1 de xaneiro de 1907 senón no Nadal de 1907. A revista xogou un papel moi importante na renovación da literatura húngara e nela colaboraron autores relevantes da época como Dezső Kosztolányi.
Kermit the Frog (coñecida coma a Ra Gustavo en Galicia, pola versión castelá dos programas Sesame Street (Barrio Sésamo) e The Muppet Show (Los Teleñecos) emitidos nos anos oitenta do século XX) é un personaxe ficticio ideado polo creador de monicreques e produtor de televisión Jim Henson en 1955. Kermit é o personaxe central e presentador do show británico-americano The Muppet Show e tamén conta con aparicións frecuentes en Sesame Street.
Protocolo pode ter varios significados: Un protocolo de actuación é un conxunto de regras escritas que indican que pasos dar nun proceso determinado. Un protocolo, que regula as normas de cortesía nas relacións interpersoais e nos actos sociais. O Protocolo criptográfico, que regula os procedementos de encriptación da información.
Alma máter é unha locución latina que significa literalmente "nai nutricia" (que alimenta) e que se emprega para referirse metaforicamente a unha universidade, aludindo á súa función provedora de alimento intelectual, xeralmente para referirse ao sitio onde determinada persoa cursa ou cursou os seus estudos universitarios. A locución era empregada na Antiga Roma para describir á deusa nai e, máis tarde, á Virxe María, pero a orixe do seu uso actual é o lema Alma Mater Studiorum («nai nutricia dos estudos») da universidade máis antiga do mundo occidental en funcionamento ininterrompido: a Universidade de Boloña, fundada en 1088. A locución pasou a moitas linguas modernas co significado de academia no sentido de comunidade científica.
Fidelio oder die eheliche Liebe (en galego Fidelio ou o amor conxugal) é unha ópera en 2 actos con música de Ludwig van Beethoven e libreto en alemán de Joseph Ferdinand Sonnleithner baseado no libreto anterior en francés de Jean-Nicolas Bouilly que fora empregado en 1798 para a ópera Léonore, ou L’amour conjugal de Pierre Gaveaux e en 1804 para a ópera Leonora de Ferdinando Paer (Beethoven tiña a partitura desta). A súa estrea tivo lugar no Theater an der Wien de Viena o 20 de novembro de 1805.
PubMed é un motor de busca de libre acceso á base de dados MEDLINE de citacións e resumos de artigos de investigación biomédica. Ofrecido pola Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos como parte de Entrez. MEDLINE ten ó redor de 4.800 revistas publicadas nos Estados Unidos e en máis de 70 países de todo o mundo desde 1966 ata a actualidade.
Google Trends é unha ferramenta de Google Labs que amosa os termos de busca máis populares do pasado recente. As gráficas de Google Trends representan con canta frecuencia se realiza unha busca particular en varias rexións do mundo e en varios idiomas. No eixo horizontal da gráfica representa o tempo (dende algún momento de 2004), e o eixo vertical representa a frecuencia coa que se buscou o termo globalmente.