Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Pedro María Piqueras Gómez, nado en Albacete o 6 de maio de 1955, é un xornalista español. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, dedicou a maior parte da súa carreira á información en radio e televisión, traballando como presentador de informativos ou programas de actualidade.
Beato de Liébana, nado no Ducado de Cantabria en 701 e finado en Liébana cara o ano 798, foi un monxe mozárabe do Mosteiro de San Martiño de Turieno (actualmente Mosteiro de Santo Toribio de Liébana), na comarca de Liébana (Cantabria, España), preto dos Picos de Europa. En Cantabria, así como en Asturias, existe unha gran devoción por esta figura. Inscrito no santoral católico, a súa festividade celébrase o 19 de febreiro.
O Premio Hugo ou Science Fiction Achievement Awards é unha serie de importantes galardóns outorgados a obras de ciencia ficción ou en menor grao fantasía, así como a artistas gráficos, guionistas, editores etc. Tivo unha gran relevancia nas décadas dos 60 e 70, pero progresivamente foi perdendo prestixio en beneficio doutros premios. O premio Hugo recibe o seu nome en honra a Hugo Gernsback, fundador da pioneira revista de ciencia ficción, Amazing Stories e da invención do termo ciencia ficción.
Isaac Asimov (Isaak Yudovich Ozimov; en ruso: Исаак Юдович Озимов), nado en Petrovichi o 2 de xaneiro de 1920 e finado en Nova York o 6 de abril de 1992, foi un autor e bioquímico estadounidense nado en Rusia. Trátase dun escritor de éxito e excepcionalmente prolífico coñecido polas súas obras de ciencia ficción e ciencia popular ou divulgación científica. A obra máis famosa de Asimov é a "Saga da Fundación", que despois combinou con dúas das súas outras series, a serie Imperio Galáctico e a serie de Robots.
Owen Cunningham Wilson, nado o 18 de novembro de 1968 en Dallas, é un actor estadounidense coñecido polos seus papeis nos filmes The Royal Tenenbaums, Zoolander, Meet the Parents, Wedding Crashers, You, Me and Dupree, Bottle Rocket, a serie de Cars, The Darjeeling Limited, Marley & Me e Midnight in Paris.
A Mind Forever Voyaging (AMFV) é un xogo de ordenador interactivo creado por Steve Meretzky e publicado por Infocom en 1985. O nome procede do libro O preludio de William Wordsworth. O xogo está entre os máis respectados de Infocom polo seu ton serio e pola preocupación pola deriva social e política da humanidade, aínda que non tivo éxito comercial.
O termo filme de culto refírese a calquera tipo de produción cinematográfica que adquiriu algunha clase de culto popular, xa sexa polo seu formato ou pola súa produción, pero sobre todo pola súa trama ou polo seu significado histórico ou a súa ideoloxía. Os filmes de culto adoitan considerarse polémicos, debido a que inclúen ideas ou temas notablemente controvertidos ou a que, sendo máis convencionais na súa temática, preséntana dun xeito afastado dos convencionalismos estéticos ou narrativos. Cabe sinalar que, co tempo, moitos filmes de culto transcenderon este status, e pasaron de ser admiradas por algunha subcultura ou fandom determinado a ser recoñecidas mesmo como clásicos cinematográficos dun modo universal.
Daniel Louis "Dan" Castellaneta, nado o 29 de outubro de 1957, é un actor estadounidense, dobrador, comediante e guionista. Famoso por darlle voz a Homer Simpson na versión orixinal da serie de televisión animada Os Simpsons, ademais de moitos outros personaxes da serie, incluíndo Abraham Simpson, Barney Gumble, Krusty o pallaso, o xardineiro Willie, o alcalde Quimby e Hans Moleman. Nacido en Oak Park, Illinois, un suburbio de Chicago, Castellaneta comezou a asistir a clases de teatro a curta idade.
Charles Robert Redford Jr., nado en Santa Monica (California) o 18 de agosto de 1936, máis coñecido simplemente como Robert Redford, é un actor, director, produtor, ecoloxista e filántropo estadounidense. Na súa carreira gañou dous Premios Oscar, un en 1981 como director de Xente corrente, e o outro Honorífico en 2002. No 2010, foi distinguido coa Legion d'Honneur.
A clonación (do grego κλων, "abrocho") é o proceso de crear unha copia xenética idéntica doutro organismo orixinal. Nun sentido biolóxico resulta cunha molécula, unha célula e incluso un organismo multicelular idéntico ao orixinal. Ás veces este termo pode aplicarse aos clones "naturais", como tal os xemelgos monocigóticos, ou cando un organismo se reproduce asexualmente como no caso de especies monosexuais e organismos hermafroditas, aínda que a maioría das veces se refire a un clon creado intencionadamente.
O neutronium ou neutronio, tamén chamado "elemento cero" é un termo creado por Andreas von Antropoff en 1926, varios anos antes do descubrimento do neutrón, para referirse a unha substancia teórica formada só por neutróns, é dicir, un elemento químico sen protóns ., que ocuparía o número atómico cero na táboa periódica. Este elemento de ficticio foi moi utilizado na ciencia ficción para referirse a unha fase ou estado de agregación extremadamente denso da materia. Como termo científico aceptado, o neutronio chámase masa compacta de neutróns que se forma no interior das estrelas de neutróns.
Universidade Iaguelónica de Cracovia
A Universidade Iaguelónica de Cracovia (en polaco: Uniwersytet Jagielloński, UJ) (latín: Universitas Jagellonica Cracoviensis) localízase na cidade polaca de Cracovia, e ocupa a primeira posición da clasificación Times Higher Education Supplement como a mellor universidade de Polonia. Foi fundada en 1364 por Casimiro III o Grande co nome de Academia de Cracovia (Akademia Krakowska), nome que mantivo durante séculos até recibir a denominación actual (Uniwersytet Jagielloński) en 1817, para conmemorar a dinastía dos Iaguelón. Baixo o seu mecenado destacou entre as grandes universidades do renacemento e o humanismo.
O número de onda e unha magnitude de frecuencia que indica o número de veces que vibra unha onda nunha unidade de distancia. Na literatura científica adóitase representar coa letra grega nu con til: ν ~ {\displaystyle {\tilde {\nu }}} . As súas unidades no sistema internacional son os ciclos por metro (ou metros recíprocos, m−1).
Precuela é o nome dado a unha obra narrativa que contén elementos ambientados no mesmo universo ficcional, cuxa historia antecede ao traballo anterior, presentando eventos que ocorreran antes da obra orixinal. As precuelas poden debruzarse ou non sobre a mesma trama da cal son derivadas. Moitas veces, explican o pasado que levou ao acontecemento dos eventos na narrativa orixinal, mais, ás veces, as conexións entre as obras non son explícitas.
Le Dernier Métro é un filme francés de 1980 escrito e dirixido por François Truffaut, e protagonizado por Catherine Deneuve e Gérard Depardieu. Ambientado en 1942 durante a ocupación alemá de Francia, segue a fortuna dun pequeno teatro da zona de Montmartre, en París, que emprega a resistencia pasiva mantendo a súa integridade cultural, a pesar da censura, o antisemitismo e a escaseza de materiais, para saír triunfante ao final da guerra. O título evoca dous feitos salientables da vida da cidade baixo os alemáns: a escaseza de combustible levou á xente a pasar as noites en teatros e outros lugares de entretemento, mais o toque de queda fixo que tivesen que coller o último tren do metro para casa.
O patrimonio cultural é a herdanza de elementos tanxibles e intanxibles dun grupo ou sociedade que procede das xeracións pasadas. Non todos os patrimonios das xeracións pasadas son “patrimonio”; máis ben, o patrimonio é un produto da selección pola sociedade.O patrimonio cultural inclúe a cultura material (como edificios, monumentos, paisaxes, libros, obras de arte e artefactos), a cultura inmaterial (como o folclore, as tradicións, a lingua e o coñecemento) e o patrimonio natural (incluíndo paisaxes culturalmente significativas e a biodiversidade). O termo tamén se usa a miúdo en relación coa protección da propiedade intelectual indíxena.O acto deliberado de manter o patrimonio cultural do presente para o futuro coñécese como preservación, e é o que promoven os museos e os centros culturais, étnicos e históricos, aínda que estes termos poden ter significados máis específicos ou técnicos nos mesmos contextos.
O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference. O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas.
A guerra fría foi un conflito semibélico, que enfrontou durante a segunda metade do século XX dous bloques antagónicos ideoloxicamente nunha guerra sen conflito directo pero con conflitos indirectos no que os dous bandos prestaban axuda ós diferentes continxentes, e con guerras de influencia e económicas. Durou do 1948 co Golpe de Praga ata 1991 coa disolución da Unión Soviética.
O Premio Óscar ó mellor actor é unha das categorías dos Premios Óscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles (California). Entrégase a un actor que tivese unha interpretación nun papel principal na industria do cinema. Tradicionalmente, o premio é presentado pola gañadora do Óscar á mellor actriz na edición anterior.
Stromboli (siciliano: 'Struògnuli', grego antigo: Στρογγύλη, Strongulē) é unha pequena illa no Mar Tirreno, fronte á costa norte de Sicilia, que contén un dos tres volcáns activos en Italia. É unha das oito Illas Eolias, un arco volcánico ao norte de Sicilia. Este nome derívase do vello nome grego Strongulē que lle foi dado debido á súa forma redonda inchada.
Terminator (en inglés: The Terminator) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que se estreou no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.
Pierre Auguste Renoir, nado en 1841 e finado en 1919, é un dos pintores franceses de maior sona. Non é doado clasificalo, pertenceu á escola impresionista, pero separouse dela rapidamente polo seu interese pola pintura de corpos femininos sobre as paisaxes, o pintor Rafael tivo unha grande influencia nel.
O xeorxiano (ქართული Kartuli) é a lingua oficial de Xeorxia, unha república do Cáucaso. O xeorxiano é a lingua materna duns catro millóns de xeorxianos, aproximadamente o 70% da poboación do país, e outros dous millóns de persoas no estranxeiro (principalmente Turquía e Rusia, con comunidades máis pequenas en Irán, Acerbaixán etc.). É a principal lingua escrita para todos os grupos étnicos xeorxianos, incluso para os falantes das outras linguas caucásicas do sur (svanuri, mingreliano e laz).
"HOMR" (co nome de "HOMЯ") é o noveno episodio da duodécima tempada da comedia de animación estadounidense The Simpsons. O 257 episodio en xeral, emitiuse orixinalmente na cadea Fox dos Estados Unidos o 7 de xaneiro de 2001. No episodio, Homer, mentres traballaba como cobaia humano (para pagar os aforros perdidos da familia despois de facer un mal investimento), descobre a causa raíz da súa intelixencia subnormal: un lapis que estaba aloxado no seu cerebro dende que tiña seis anos.
Thomas Jane, nado como Thomas Elliott III en Baltimore (Maryland) o 23 de febreiro de 1969, é un actor, guionista, produtor e director de cine estadounidense. É coñecido polas súas interpretacións en filmes como Deep Blue Sea (1999), The Punisher (2004), e a adaptación cinematográfica de The Mist (2007) de Stephen King. Actualmente actúa na serie de televisión The Expanse.
Harrison Ford, nado en Chicago o 13 de xullo de 1942, é un coñecido actor e produtor de cine estadounidense. Acadou fama mundial polos seus papeis protagonistas como Han Solo na serie de películas Star Wars e como o personaxe de Indiana Jones na serie de películas de Indiana Jones. Ford tamén é coñecido polos seus papeis como Rick Deckard na película neo-noir distópica ciencia ficción Blade Runner (1982) e a súa secuela Blade Runner 2049 (2017); John Book no filme de suspense Testemuña única (1985), polo cal foi nomeado para o Óscar ao mellor actor; e Jack Ryan nas películas de acción Xogo de patriotas (1992) e Clear and Present Danger (1994).
World of Warcraft, tamén abreviado WOW, é un videoxogo de rol online multixogador masivo desenvolvido por Blizzard Entertainment dispoñible para os sistemas operativos Windows e Mac OS X. Baséase no mundo de ficción e a historia de Warcraft onde se adopta o papel dun personaxe virtual que interactúa con outros personaxes e desenvolve situacións nun ambiente fantástico como nun xogo de rol. Consta de tres expansións oficiais unha chamada World of Warcraft: The Burning Crusade, e a outra chamada World of Warcraft: Wrath of the Lich King e World of Warcraft: Cataclysm. As revisións de parches tamén engaden novos contidos e son bastante frecuentes.
O test de Bechdel, tamén coñecido como test de Bechdel/Wallace é un método para avaliar se un guión de película, serie, cómic ou outra representación artística cumpre cos estándares mínimos para evitar a fenda de xénero. Orixinouse no cómic Dykes to Watch Out For, obra de Alison Bechdel de 1985. A invención do test atribúese a Liz Wallace, unha amiga da autora do cómic.
Lars von Trier, nado co nome de Lars Trier en Copenhague o 30 de abril de 1956, é un director de cine dinamarqués, un dos creadores do movemento Dogma 95. Salienta sobre todo pola súa forte personalidade creativa e é considerado un dos directores máis innovadores e multidisciplinares do cine actual, a pesar da controversia dalgunhas das súas obras.
Casada con todos (en inglés: Married to the Mob) é un filme estadounidense de 1988 dirixido por Jonathan Demme, e protagonizado por Michelle Pfeiffer, Matthew Modine, Dean Stockwell, Mercedes Ruehl e Alec Baldwin. Pfeiffer interpreta o papel de Angela de Marco, a viúva dun mafioso de Brooklyn. Orion Pictures estreou o filme o 19 de agosto de 1988.
Denomínase crina ao pelo, longo e groso que crece no pescozo de varios mamíferos como, por exemplo, o cabalo. Neste último caso, tamén reciben ese nome os pelos da súa cola. As crinas poden ser moi ríxidas ou pola contra moi finas e flexíbeis; nos cabalos, o pelo da melena é polo xeral máis suave e curto que o da cola.
Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda). A coroa austrohúngara (alemán: Krone; húngaro: korona) foi a moeda oficial do Imperio Austrohúngaro desde 1892 (cando substituíu o florín ao se adoptar o padrón ouro) ata a disolución do imperio en 1918. A moeda divisionaria era o heller na parte austríaca e fillér na parte húngara do imperio (ademais de halier en Eslovaquia e haléř en Chequia), todas elas equivalentes á centésima parte da coroa.
Iron Man 3 é un filme estadounidense de 2013 do xénero de superheroes baseado na serie de banda deseñada Iron Man de Marvel, producida pola propia Marvel e distribuída por Walt Disney Studios Motion Pictures. É secuela de Iron Man (2008) e Iron Man 2, e a sétima película do Universo Marvel. Shane Black dirixiu e escribiu o guión con Drew Pearce, utilizando conceptos do arco de historia "Extremis" de Warren Ellis.
A Wikipedia en inglés simple, como o propio nome xa di, usa a lingua inglesa na súa forma máis simple e accesíbel ao usuario que non ten esa lingua como lingua nai. Os artigos da Wikipedia en inglés simple poden ser usados para axudar en tarefas escolares ou soamente para o desfrute de aprender sobre novas ideas. Wikipedistas con pouco coñecemento do inglés tamén poden traducir a partir dos artigos dela.
O balinés é unha lingua malaio-polinesia falada por preto de 3,3 millóns de persoas (segundo datos de 2000) na illa indonesia de Balí, así como no norte de Nusa Penida, oeste de Lombok e leste de Xava. A maioría dos falantes de balinés tamén coñecen o indonesio. No ano 2011, a Axencia Cultural de Balí estimou que o número de persoas que aínda empregan a lingua balinesa no seu día a día na illa de Balí non supera o millón, xa que nas áreas urbanas os pais ensínanlles ós fillos a lingua indonesia ou o inglés, mentres que nas institucións e nos medios de comunicación masivos desapareceu completamente.
Two Cars in Every Garage and Three Eyes on Every Fish
"Two Cars in Every Garage and Three Eyes on Every Fish" é o cuarto episodio da segunda tempada de The Simpsons. Emitiuse orixinalmente na cadea Fox dos Estados Unidos o 1 de novembro de 1990. No episodio, Bart atrapa un peixe de tres ollos río abaixo da central nuclear de Springfield.
Shirley MacLean Beaty, nada en Richmond, Virxinia o 24 de abril de 1934, coñecida como Shirley MacLaine, é unha actriz estadounidense de cinema e teatro gañadora dos premios Óscar e Globo de Ouro. Á parte das súas interpretacións, coñécese tamén pola súa devoción na crenza da reencarnación. Así mesmo, escribiu numerosas obras autobiográficas, a maioría das cales tratan sobre as súas crenzas new age como o solipsismo así como tamén sobre a súa carreira en Hollywood.
"Who shot Mr Burns?" (en galego: "Quen lle disparou ao Sr. Burns?") é o único episodio dividido en dúas partes da serie de animación The Simpsons. Polo tanto, a primeira parte correspóndese co episodio 128, o vixésimo quinto e derradeiro da sexta tempada; mentres que a seguinte parte se trata do episodio número 129, sendo tamén o primeiro da sétima tempada.
Orixe pode referirse a: A orixe de coordenadas; en matemáticas, o punto onde se cortan os eixos dun sistema de coordenadas. A orixe do Universo; segundo a cosmoloxía moderna, intre no que apareceu toda a materia e a enerxía que existe no universo como consecuencia dunha grande explosión. A abioxénese, estudo da orixe da vida a partir de materia inorgánica.
O estoniano (eesti keel, IPA: [ˈeːs.ti ˈkeːl]) é a lingua oficial da Estonia, falada por preto de 1,1 millón de persoas. É unha lingua fino-ugria e intimamente ligada ao finés, falado do outro lado do Golfo de Finlandia (ambas as dúas linguas son mutuamente intelixíbeis), a lingua võro, e o saami, falado no norte da Finlandia. Máis afastadamente está relacionado coa lingua húngara.
Un choque (shock) é unha síndrome clínica complexa e de múltiples causas, estado crítico no seo dunha enfermidade grave producida por unha redución da achega de osíxeno aos tecidos, que determina lesión celular, inicialmente reversible, e se se prolonga, dano irreversible. O factor común: a insuficiencia do sistema circulatorio para manter a perfusión e función celular. O mantemento da perfusión de órganos vitais é fundamental para sobrevivir, polo que a hipoperfusión tisular provoca fallo multiorgánico, caracterizado inicialmente por : taquicardia, diminución da tensión arterial e da diurese, xunto con confusión.
Na Igrexa Católica, un beato é un fiel defunto cuxas virtudes foron previamente certificadas polo papa e pode ser honrado con culto. O termo beato significa literalmente feliz (do latín beatus), ou benaventurado en sentido máis amplo, aludindo á crenza de que esa persoa está xa gozando do paraíso. A consideración de beato constitúe o terceiro paso no camiño da canonización.
O Día de San Patricio (Lá Fhéile Pádraig) é unha festa que celebra a San Patricio, o máis coñecido dos patróns de Irlanda, xeralmente celébrase o 17 de marzo. É a festa nacional de Irlanda e festivo en Irlanda do Norte. Celébrase popularmente en moitos países sen ser festivo, especialmente por irlandeses de orixe pero tamén por moita xente doutras orixes, tal é o caso do Canadá, Gran Bretaña, Australia, os Estados Unidos, a Arxentina, Nova Zelandia e Galicia.[Cómpre referencia] Xeralmente celébrase todo o que é verde, bébese cervexa irlandesa e cómese comida irlandesa.
Spider-Man: Homecoming é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Jon Watts. É un filme de superheroes de Marvel Comics sobre a personaxe de Spider-Man, coproducido por Columbia Pictures e Marvel Studios, e distribuído por Sony Pictures Releasing. É o segundo "reboot" de Spider-Man e o décimo sexto filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU).
Kevin Michael Richardson, nado no Bronx, Nova York o 25 de outubro de 1964, é un actor e actor de voz estadounidense. É coñecido pola súa distintiva voz grave e por interpretar numerosos personaxes malvados en obras de animación e videoxogos. Tamén deu voz a numerosos personaxes das series de Seth MacFarlane Family Guy, The Cleveland Show e American Dad!.
Super Mario Bros. (スーパーマリオブラザーズ) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo a figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
Na cosmoloxía física, a expresión Big Bang ('grande explosión') ten tres significados relacionados: O primeiro fai referencia ós feitos observables que acreditan a evolución do universo, isto é os datos recollidos polos telescopios e demais instrumentos científicos, coma a radiación de fondo de microondas, ou o corremento ao vermello da luz emitida dende as estrelas e Galaxias. Un segundo fai referencia ao modelo cosmolóxico explicativo da evolución do universo dende hai 13 800 millóns de anos, a partir dun estado enormemente denso e quente e de dimensión mínima ata as súas dimensións actuais e a súa posterior evolución. E por último, nun senso máis técnico, utilizase para describir a explosión ocorrida uns 10-35 segundos despois do instante cero, tendo en conta que máis aló de 10 -43 segundos despois da singularidade ou momento cero da historia do universo non son aplicábeis as leis físicas coñecidas, sendo este límite temporal o Tempo de Planck (o tempo que tarda un fotón en percorrer a lonxitude de Planck).
Final Fantasy XV é un videoxogo de rol de acción desenvolvido e publicado por Square Enix como parte da serie de Final Fantasy. Foi estreado para a PlayStation 4 e a Xbox One no 2016, e para Microsoft Windows no 2018. O xogo desenvólvese nun mundo aberto cun sistema de batalla orientado cara á acción en tempo real, incorporando un sistema de cambio de armas rápido, así como maxias elementais e outras características como a utilización de vehículos para o transporte e acampada.
Un cold open (traducido literalmente ao galego como apertura en frío) ou teaser (en galego, reclamo) nun programa de televisión ou película é a técnica de comezar directamente a historia antes de que apareza o título ou a secuencia de apertura onde se mostran os créditos. Na televisión isto adoita facerse moi a miúdo, xa que así se acada que a audiencia quede vendo o programa reducindo as posibilidades de que troquen de cadea.
As veas cavas superior e inferior (latín: "venae cavae", singular "vena cava") son as veas que devolven o sangue do corpo (pobre en osíxeno) en dirección á aurícula dereita do corazón:Vea cava inferior: segue á beira da aorta abdominal cargando sangue da parte inferior do corpo. É a vea máis grande do corpo humano.Vea cava superior: está por riba do corazón, e fórmase dunha converxencia das veas braquiocefálicas esquerda e dereita, que conteñen sangue procedente da cabeza e brazos.
Nikita Sergeyevich Mikhalkov (ruso: Ники́та Серге́евич Михалко́в), nado en Moscova o 21 de outubro de 1945 é un cineasta e actor ruso. Gañou o León de Ouro do 48.º Festival de Cinema de Venecia (1991) e foi candidato ao Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa polo filme Urga. Gañou o premio nesa categoría con Utomlyonnye solntsem, que tamén logrou o Grand Premio do Festival de Cinema de Cannes.
BIBSYS é un provedor de sistemas bibliotecarios e de información para todas as bibliotecas universitarias e universitarios noruegueses, a Biblioteca Nacional de Noruega e unha serie de bibliotecas e institucións de investigación. BIBSYS foi organizada formalmente como unha unidade da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU), situado en Trondheim, Noruega. O consello de administración é nomeado polo Ministerio Noruegués de Educación e Investigación.
Magnolia denudata, a magnolia yulan, ou simplemente magnolia, é unha especie de arboriña caducifolia pertencente á familia das magnoliáceas. O xénero Magnolia púxoo Linneaus en honra a Pierre Magnol, profesor de botánica en Montpellier no século XVII-XVIII. Denudata vén do latín denudatus-a-um= espido, descuberto, quizais polo seu aspecto cando está en floración (sen follas). Adóitase plantar coma ornamental, polas súas flores primaverais.
New Kids on the Blecch é un episodio pertencente á tempada 12 da serie animada The Simpsons, estreado nos Estados Unidos pola cadea Fox o 25 de febreiro de 2001. Foi escrito por Tim Long, dirixido por Steven Dean Moore, e as estrelas convidadas foron 'N Sync como si mesmos. No episodio, Bart únese a unha banda só creada co propósito de recrutar xente para a Armada dos Estados Unidos.
Peter "Pete" Sampras, nado na cidade de Washington o 12 de agosto de 1971, é un ex xogador profesional de tenis estadounidense. Os seus duelos co seu compatriota Andre Agassi axudaron na súa época a levantar o interese do público polo tenis e sementaron unha das rivalidades máis apaixonantes da historia do tenis.
Os isótopos, (do grego: ἴσος, isos = mesmo; τόπος, tópos = lugar) son tódolos tipos de átomos dun mesmo elemento, que se atopan no mesmo sitio da táboa periódica pero teñen distinto número másico. Os átomos que son isótopos entre si son os que teñen igual número atómico (número de protóns no núcleo) pero diferente número másico (suma do número de neutróns e de protóns no núcleo), polo que son distintos no seu número de neutróns. A maioría dos elementos químicos posúen máis dun isótopo.
O premio César é a recompensa cinematográfica outorgada anualmente aos profesionais da sétima arte nas diversas categorías do cinema francés ás mellores producións así como tamén aos artistas, directores e demais traballadores do mundiño. Os filmes premiados deben ter sido estreados nas salas entre o primeiro de xaneiro e o 31 de decembro do ano precedente á cerimonia.
François Rabelais nado en La Devinière, preto de Chinon, cara a 1494 e finado en París o 9 de abril do 1553, foi un médico e escritor francés, humanista do Renacemento. Rabelais renovou, á luz do pensamento antigo, o ideal filosófico e moral do seu tempo. A súa obra foi incluída no Index Librorum Prohibitorum.
A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.
O grafeno é unha substancia formada por carbono puro, con átomos dispostos nun patrón regular hexagonal similar ó grafito, pero nunha folla dun átomo de espesor. É moi lixeiro, unha lámina de 1 metro cadrado pesa tan só 0,77 miligramos. O grafeno é un alótropo do carbono, un teselado hexagonal plano (como panal de abella) formado por átomos de carbono e ligazóns covalentes que se xeran a partir da superposición dos híbridos sp2 dos carbonos enlazados.
Der Himmel über Berlin é un filme franco-alemán de 1987 dirixido por Wim Wenders. O filme conta a historia de anxos invisibles e inmortais que viven en Berlín e escoitan os pensamentos de tódolos habitantes, confortando os angustiados. Foi candidato da República Federal Alemá para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 60ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Star Citizen é un videoxogo en desenvolvemento de simulación espacial para Microsoft Windows e Linux. Star Citizen ten catro grandes piares: combate espacial en primeira persoa, minaría, exploración, e comercio con elementos de tirador en primeira persoa, e unha campaña dun xogador ou multixogador cooperativo chamada Squadron 42. O xogo construíuse cun motor CryEngine modificado que apoia as principais VR headsets.En 2019, Cloud Imperium Games recadou máis de 220 millóns de dólares en investimento e emprega arredor de 475 desenvolvedores, o cal o converteu nun dos videoxogos máis ambiciosos da historia.
Madredeus é un grupo musical portugués. A súa música combina influencias das músicas populares portuguesas coa música moderna. Tematicamente, as letras das cancións falan sobre temas tamén abordados polo fado, como a saudade e temas derivados, como a solitude, a esperanza, a ausencia, a distancia ó o amor adiado, así como temas mais xeneralistas, como a a guerra, paz ou a culpa e o remorso.