Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Wu Zetian, nada o 17 de febreiro de 624 e finada en Luoyang o 16 de decembro de 705, tamén chamada Wu Zhao, Wu Hou, Tian Hou durante o final da dinastía Tang, foi unha soberana chinesa que goberno non oficialmente como emperatriz consorte e oficialmente como rexente e emperatriz viúva e como emperatriz reinante. Durante vinte e cinco anos, cogobernou co seu marido e fillos e por quince co seu propio nome (皇帝) durante a breve dinastía Zhou (周, 690–705), que interrompeu a dinastía Tang. Wu é a única emperatriz recoñecida na China en máis de dous milenios.
A Enciclopedia de Elementos do ADN ou ENCODE (polas súas siglas en inglés de Encyclopedia of DNA Elements) é un proxecto de investigación pública que ten o obxectivo de "construír unha lista completa dos elementos funcionais no xenoma humano."ENCODE tamén apoia investigacións adicionais biomédicas ao "xerar recursos comunitarios de datos xenómicos, software, ferramentas e métodos para a análise xenómica e produtos que son resultado de análises e interpretacións de datos."A fase de ENCODE desenvolvida no período 2016-2019 consistía en adicionar profundidade aos seus recursos facendo crecer o número de tipos celulares, tipos de datos, ensaios e agora inclúe apoio para o exame do xenoma do rato.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O ibuprofeno é un antiinflamatorio non esteroideo (AINE), utilizado frecuentemente como antipirético, analxésico e antiinflamatorio. Utiliízase para o alivio sintomático da febre, dor de cabeza (cefalea), dor dental (odontalxia), dor muscular (mialxia), molestias da menstruación (dismenorrea), dor neurolóxica de carácter leve ou moderada e dor poscirúrxica. Tamén se usa para tratar cadros inflamatorios, como os que se presentan en artrite, artrite reumatoide, inchazón muscular, dor de garganta e artrite gotosa.
Patrimonio da Humanidade en Bélxica
Os Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) son lugares de importancia para o patrimonio cultural ou o patrimonio natural segundo se describe no Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, establecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e xacementos (incluíndo xacementos arqueolóxicos). As características naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluídos os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes desde o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
Benigno Ledo González coñecido como O cura das abellas, nado na Chanca, (Chantada) o 20 de xullo de 1867 e finado e na casa reitoral de Argozón segundo unhas fontes e no lugar da Chanca segundo outras o 14 de decembro de 1950, foi un sacerdote e apicultor galego introdutor dun modelo de colmea de cadro móbil horizontal.
Quintela é un lugar da parroquia da Illa no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 20 habitantes no ano 2021 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 13 eran homes e 7 mulleres. Quintela é unha aldea de Lobios dentro do perímetro do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, desde a súa declaración o 21 de febreiro de 1993 (DOG nº 35 do 22-02-1993).
O Entroido de Samede é unha celebración popular e tradicional do entroido que se desenvolve na aldea de Samede da parroquia de San Xulián de Vigo, no concello coruñés de Paderne, na bisbarra de Betanzos. Esquecido durante décadas, foi recuperado recentemente, converténdose nunha das referencias do entroido tradicional galego na provincia da Coruña.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 194.920 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O xenoma humano é o xenoma do Homo sapiens, é dicir, a secuencia do ADN, con toda a información xenética dos seus xenes e as secuencias non codificantes, contida nos seus 23 pares de cromosomas situados no núcleo de cada célula humana diploide. Tamén forma parte do xenoma humano o ADN mitocondrial. Dos 23 pares de cromosomas, 22 pares son cromosomas autosómicos e un par determina o sexo, que está formado por dous cromosomas X nas mulleres e un X e un Y en homes, polo que a muller ten 23 cromosomas distintos e o home 24.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Legend é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que foi estreado no ano 1985. Está protagonizado por Tom Cruise, Mia Sara, Tim Curry, David Bennent, Alice Playten, Billy Barty, Cork Hubbert e Annabelle Lanyon. É un conto de fantasía negra e ten sido descrito como un retorno ás fábulas orixinais, máis escuras, que se transmitían de xeito oral antes da expansión da lectura.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Santoalla do Monte é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Petín. Segundo o IGE, en 2016 tiña 7 habitantes (3 mulleres e 4 homes), distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón o mantemento con relación ao ano 1999 cando tiña tamén 7 habitantes. É unha das localizacións de Sempre Xonxa e é a localización case única do documental Santoalla, no que se inspirou o filme As bestas.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Para a linguaxe de programación, véxase Logo Un logotipo, ou abreviada e popularmente logo, é un debuxo que lle serve a unha entidade ou a un grupo de persoas para representarse. Historicamente, os artesáns do barro, do vidro, os fabricantes de espadas e artefactos de ferro fino, e os impresores utilizaban marcas para sinalar a súa autoría. Os reis que sabían asinar ademais cruzaban os documentos legais cun logotipo da súa creación, á man ou cun selo.
Unha páxina web é un conxunto de ficheiros cun formato HTML, xunto con outros arquivos que conteñen imaxes, vídeos etcétera, todos eles aloxados nun servidor web público que permite acceder os mesmos en calquera momento. Estes arquivos son presentandos e interpretados no ordenador do usuario que os solicite a través dun navegador web. Xeralmente, están todos organizados dentro dun sitio web, ligados entre eles a través de hiperligazóns.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O futuro de subxuntivo tiña plena vixencia funcional no galego-portugués medieval, pervive no portugués actual, mais viuse desprazado no caso da lingua galega polas outras formas do subxuntivo e mais polo presente de indicativo. O futuro de subxuntivo, que se acha fosilizado en refráns e no cancioneiro popular, pervive feblemente na fala e na literatura do século XIX e na lingua culta actual, fórmase co tema de perfecto e engádense a este os mesmos sufixos que ten o infinitivo conxugado. Por este motivo, nos verbos regulares hai sincretismo ao seren idénticas as formas do infinitivo conxugado e do futuro de subxuntivo (aínda que os usos son distintos).
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A tempada 2022-2023 da Naisten Liiga será a 40ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga estará integrada por 10 equipos, que serán os mesmos que na tempada precedente coa excepción do descendido Vaasan Sport, ocupando o seu lugar Rauman Lukko. Pola súa banda Kiekko-Espoo defenderá o título conquistado nas dúas tempadas anteriores.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Partido Demócrata (Estados Unidos de América)
O Partido Demócrata (en inglés: Democratic Party) é unha das dúas forzas políticas máis importantes dos Estados Unidos de América xunto co Partido Republicano. Dende as eleccións de 2020 é o partido gobernante, con Joe Biden presidindo o país. A cor azul utilízase para identificar os estados dos Estados Unidos de América nos que gaña este partido político, a diferenza da cor vermella usada para o Partido Republicano, sendo por extensión a cor oficial do partido.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Qin Shi Huangdi (秦始皇帝 pinyin : Qín Shǐ Huángdì) foi o emperador fundador da chinesa dinastía Qin (258 a 210 a.C.) Foi primeiramente rei de Qin, desde 247 a 221 a.C.. O seu apelido era Ying (?) e o seu nome propio Zheng (?), dise que escollido por ser homónimo do mes do seu nacemento, primeiro no ano chinés. Mais o nome persoal dun soberano non era empregado, por respecto, mentres estaba vivo, de modo que para os seus contemporáneos era "o rei de Qin".
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
O mar Mediterráneo é un mar continental que esta conectado co océano Atlántico polo estreito de Xibraltar; rodeado pola conca mediterránea esta case completamente pechado por terra: ao norte baña as terras do sur de Europa e Anatolia, ao sur as do norte de África, o leste as do Levante mediterráneo e ao oeste baña as terras da península Ibérica. O mar Mediterráneo ocupa unha superficie duns 2.500.000 km2, que representan o 0,7% da superficie oceánica mundial, pero a súa conexión co Atlántico a través do Estreito de Xibraltar-o estreito que conecta o océano Atlántico co mar Mediterráneo e separa a Península Ibérica en Europa de Marrocos en África- só ten 14 km de ancho. A súa lonxitude oeste-leste, desde o estreito de Xibraltar ata o golfo de Alexandreta, na costa sueste de Turquía, é dun 4000 km.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
O oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Celebra o comezo da primavera, remedando o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual, propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Antón Patiño Regueira, nado na Coruña o 2 de agosto de 1919 e finado en Vigo o 6 de xullo de 2005, foi un intelectual e libreiro cunha importante influencia na vida cultural galega.A súa paixón vital é unha característica central do seu itinerario biográfico, manifestada a través dunha chea de actividades que abranguen diferentes eidos culturais na Galiza das últimas décadas. Foi activo promotor das asociacións de libreiros e membro fundador de moitas das asociacións micolóxicas galegas. O seu sentimento de fondo contacto coa natureza fixo que ese seu amor á terra se expresara case de xeito literal.
A píntega común ou salamántiga (Salamandra salamandra) é un anfibio urodelo común en Europa con preferencia por hábitats acuáticos de media e alta montaña, ecoloxicamente pouco alterados. Ao longo do territorio galego recibe tamén os nomes vulgares de salamanca, pinchorra, sacabeira, sapagueira, sacarrancha ou saramaganta.
A chave ou xogo da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. Existen moitas modalidades de chave na Galiza con numerosos equipos e varias ligas asociadas a cada modalidade. Entre elas: A liga da Coruña, organizada na Federación Galega de Chave dependente da Xunta de Galicia.
Mini e Mero foi un dúo de cantautores chairegos, formado por Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla. Actuaron xuntos durante 46 anos, ata confirmaren a súa separación en novembro de 2018.
O milímetro é unha unidade de lonxitude equivalente á milésima parte dun metro, abreviado mm. 1 mm = 10-3 mEn fabricación mecánica os planos construtivos das pezas que se mecanizan van acoutados en milímetros, e a tolerancia das cotas exprésanse en décimas, centésimas ou milésimas de milímetro. O milímetro é a unidade de medida para as precipitacións.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.