Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O alcume ou alcuño é un sobrenome, usado en troques do nome e, moitas veces, máis coñecido que o mesmo nome. En Galicia hai unha longa tradición de alcumes, e poucas deben ser as familias que non o tiveron; moitas veces está referido a unha particularidade da persoa ou da familia, sendo posible un derivado do lugar de nacemento, un defecto facial, a profesión do pai etc.
Este artigo trata sobre o instrumento en xeral, para a versión galega véxase o artigo: Gaita galega. A gaita é un instrumento musical de vento que na súa forma máis simple consiste nunha bolsa de coiro (fol), no que se almacena o ar que fai que soe o instrumento, ao que se ligan varios tubos, un polo que se sopra (soprete) e un ou varios tubos sonoros, como o tubo melódico (punteiro) e as varas, que varían entre cero e tres (na gaita galega denomínase roncón).
A constitución é a norma fundamental, básica, dun Estado, escrita ou non, que regula o réxime de dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns, e os poderes (a forma de partición dos poderes, en xeral en tres: Executivo, Lexislativo e Xudicial) e institucións da organización política. Considérase a Constitución a lei básica, ou "lei de leis" pois ningunha das disposicións normativas que rexen no Estado poden contradicir os principios expresados na Constitución. É o que se denomina principio de xerarquía normativa.
Para información sobre a batalla da Segunda Guerra Mundial, véxase Batalla de Montecassino A Abadía de Montecassino é un mosteiro no outeiro rochoso homónimo. É célebre por ser o lugar onde Bieito de Nursia estabeleceu o seu primeiro mosteiro, a fonte da orde beneditina, sobre o ano 529, e por ser o lugar de varias batallas cara ao final da segunda guerra mundial.
O bengalí é unha lingua indoeuropea falada polo pobo bengalí que habita en Bangladesh e no estado indio veciño de Bengala Occidental. Hai tamén comunidades significativas de falantes de bengalí en Assam (outro estado indio tamén veciño a Bengala Occidental e Bangladesh), alén de poboacións inmigrantes no Occidente e no Oriente Medio. O bengalí evolucionou do sánscrito e do prácrito.
O termo vida (en latín: vita), desde a bioloxía, fai referencia a aquilo que distingue aos reinos animal, vexetal, fungos, protistas, arqueas e bacterias do resto das realidades naturais. Implica as capacidades de organización, crecemento, metabolizar, responder a estímulos externos, reproducirse e morrer. A pesar de que non pode indicarse con precisión, a evidencia suxire que existiu vida na Terra durante 3700 millóns de anos polo menos, aínda que algúns estudos dátana dende hai 4250 millóns de anos, ou mesmo 4400 millóns de anos, segundo un estudo publicado en Nature.Cientificamente, pode definirse como a capacidade de administrar os recursos internos dun ser físico de forma adaptada aos cambios producidos no seu medio, sen que exista unha correspondencia directa de causa e efecto entre o ser que administra os recursos e o cambio introducido no medio por ese ser, senón unha asíntota de aproximación ó ideal establecido por dito ser, ideal que nunca chega á súa consecución completa pola dinámica do medio.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Hornbostel-Sachs (ou Sachs-Hornbostel) é un sistema de clasificación de instrumentos musicais creado por Erich Moritz von Hornbostel e Curt Sachs, e publicado por primeira vez no Zeitschrift für Musik en 1914. En 1961 publicouse unha tradución ao inglés no Galpin Society Journal. Constitúe o sistema de clasificación máis amplamente usado polos etnomusicólogos e organólogos.
O ido é unha lingua planificada coa premisa de servir como linguaxe universal para os falantes das diversas linguas naturais. O ido desenvolveuse a partir do esperanto, especificamente deseñado cunha regularidade gramatical, ortográfica e léxica para facilitar a súa aprendizaxe. O alfabeto é fonético, o que significa que a cada son corresponde só unha letra, e viceversa.
O Presidente de Israel (en hebreo, נְשִׂיא הַמְּדִינָה, Nesí Hamediná) é o Xefe de Estado de Israel. Como adoita ser habitual nas repúblicas parlamentarias, o cargo ten función protocolaria, quedando o poder executivo en mans do primeiro ministro. O Parlamento ou Knesset elixe ao presidente por maioría simple para un único período de sete anos.
Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais. O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo.
Erich Mendelsohn, nado en Allenstein (Prusia Oriental, hoxe Polonia) o 21 de marzo de 1887 e finado en San Francisco (California) o 15 de setembro de 1953, foi un arquitecto alemán de orixe xudía, coñecido pola súa arquitectura expresionista da década de 1920, ademais de por desenvolver un funcionalismo dinámico nos seus proxectos para tendas e cines. Mendelsohn é un pioneiro da art déco e do Streamline Moderne, especialmente polo seu deseño da Mossehaus (1921).
A Bolsas de estudos Guggenheim (en inglés: Guggenheim Fellowship) é un subsidio outorgado pola John Simon Guggenheim Memorial Foundation dende 1925 a profesionais avanzados en tódolos campos do saber (ciencias naturais, ciencias sociais, humanidades e artes), excepto as artes escénicas. A fundación foi creada polo empresario, político e filántropo estadounidense Simon Guggenheim e a súa muller, Olga Hirsh, en memoria do seu fillo John, que faleceu en 1922 debido a unha mastoiditis. As bolsas outórganse en dous concursos anuais: un aberto aos cidadáns e residentes permanentes dos Estados Unidos de América e o Canadá; e outro aberto aos cidadáns e residentes permanentes de América Latina e o Caribe.
International Standard Name Identifier
O International Standard Name Identifier ou ISNI é unha base de datos que xestiona un método para identificar de forma unívoca as persoas que colaboran con contidos nos medios de comunicación, como libros, programas de televisión, artigos de xornais ou revistas, etc. Este identificador consiste en dezaseis cifras divididas en cadanseu bloque de catro. Exemplo: o número ISNI de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é 0000 0001 0856 5397.
A Universidade de Chicago é unha das universidades de investigación máis recoñecidas no mundo, fundada en 1890 polo magnate do petróleo John D. Rockefeller. Abriu o seu primeiro curso o 1 de outubro de 1892. Ten un total de setenta e cinco premios Nobel (a segunda institución logo da Universidade de Cambridge).
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Un estudio é un local onde traballa e estuda un profesional, en particular un pintor, escultor ou arquitecto. O termo evolucionou coas comunicacións ao local onde se realizan gravacións e emisións de programas de radio ou televisión, fotografía, animación, rodaxes de filmes, dobraxes etc. Nos estudios as persoas con vontade de crear poden experimentar, manipular e producir un ou máis tipos de arte.
A bioloxía celular ou citoloxía é a póla da bioloxía que estuda as células no que se refire á súa estrutura, ás súas funcións e á súa importancia na complexidade dos seres vivos. Atendendo á súa organización celular, os seres vivos clasificaranse en acelulares (virus, viroides) e celulares, sendo estes á súa vez clasificados en eucariontes e procariontes. Para alcanzar os seus obxectivos, os biólogos celulares vense obrigados a estudar os compoñentes da célula a nivel molecular; así que coa invención do microscopio óptico foi posible observar estruturas nunca antes vistas polo ser humano, as células.
Un tumor cerebral é un crecemento descontrolado e desproporcionado de células derivadas de compoñentes cerebrais (tumores primarios do cerebro), ou ben de células tumorais localizadas noutras áreas do organismo pero que invaden o cerebro (metástases). Os tumores poden ser de carácter benigno ou maligno, dependendo das súas características, isto é, da velocidade de crecemento, de se son quen de invadir estruturas a distancia (metastatizar), e de se poden ser resecados ou curar mediante o tratamento neurocirúrxico. A diferenza dos tumores doutros tecidos, a distinción entre manifestacións malignas e benignas non é tan clara, xa que algunhas lesións benignas poden ter certos comportamentos malignos.
A Universidade Harvard (Harvard University) é unha universidade privada, a máis antiga dos Estados Unidos, localizada en Cambridge, Massachusetts. Fundouna a colonia da baía de Massachusetts o 8 de setembro de 1636. Coñecida ao primeiro como New College, pasou a se denominar Harvard College o 13 de marzo de 1639 por John Harvard, que doara os seus libros e a maioría do seu capital á institución, que se converte en universidade en 1780.
Biblioteca Nacional Central de Florencia
A Biblioteca Nacional Central de Florencia (en italiano Biblioteca Nazionale Centrale dei Firenze) é unha biblioteca pública nacional e unha das dúas bibliotecas centrais de Italia, xunto coa Biblioteca Nacional Central de Roma. Atópase en Florencia.
A Administración de Proxectos,ou xestión de proxectos é a aplicación de coñecementos, habilidades e técnicas na elaboración de actividades relacionadas para atinxir un conxunto de obxectivos predefinidos. O coñecemento e as prácticas da xestión de proxectos quedan mellor descritos en termos dos seus procesos compoñentes. Eses procesos poden clasificarse en cinco grupos de proceso (arranque, planificación, execución, control e peche) e nove áreas de coñecemento : xestión de integración de proxectos, xestión de alcance de proxectos, xestión de tempo de proxectos, xestión de custo de proxectos, xestión de calidade de proxectos, xestión de recursos humanos de proxectos, xestión de comunicacións de proxectos, xestión de riscos de proxectos e xestión de adquisicións de proxectos.
A trompeta é un instrumento musical da familia de vento metal , fabricado en aliaxe de metal. O son da trompeta prodúcese coa vibración dos beizos na boquilla a partir da columna do aire (fluxo de aire). A trompeta, comunmente, está afinada en si bemol, é dicir, un ton por debaixo da afinación real (tamén hai trompetas afinadas en fa, en dó, en la e en mi bemol.
Un piano é un instrumento musical composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo sons claros e vibrantes. Atendendo á súa forma e dimensión denomínanse verticais, de cola e media cola, ou de mesa.
Os contos de fadas ou contos marabillosos son unha forma de cultura popular de tradición oral. Malia estaren presentes en todas as culturas, non foron recollidos por escrito até comezos do século XVIII, na famosa colectánea dos irmáns Grimm. Na súa forma escrita, os contos de fadas son narrativas en prosa sobre as fortunas e desgrazas dun heroe ou heroína que, logo de ter pasado por varias aventuras de natureza máis ou menos sobrenatural, vive feliz por sempre xamais.
Unha neurona (do grego νεῦρον, corda, nervio) ou célula nerviosa é un tipo de célula pertencente ao sistema nervioso cuxa membrana plasmática ten a característica de excitarse con electricidade para procesar e transmitir información por medio de impulsos eléctricos e químicos. Son un tipo de células altamente diferenciadas e non teñen a habilidade de se dividiren, aínda que existan algunhas que o fagan. As neuronas conéctanse unhas coas outras formando enormes redes neuronais.
Google Trends é unha ferramenta de Google Labs que amosa os termos de busca máis populares do pasado recente. As gráficas de Google Trends representan con canta frecuencia se realiza unha busca particular en varias rexións do mundo e en varios idiomas. No eixo horizontal da gráfica representa o tempo (dende algún momento de 2004), e o eixo vertical representa a frecuencia coa que se buscou o termo globalmente.
Unha abadía (do latín tardío abbatia, derivado do arameo abba, "pai") é un mosteiro ou convento cristián, baixo o goberno dun abade ou abadesa, independente da xurisdición ordinaria dos bispos, que serve de pai ou nai espiritual da comunidade. Un priorado só se diferenza dunha abadía en que o superior leva o título de prior ou prioresa: os priorados foron en orixe dependencias das grandes abadías, pero hoxe a distinción entre abadías e priorados perdeuse.
Un sitio arqueolóxico (tamén denominado xacemento arqueolóxico ou asentamento arqueolóxico) é unha concentración de restos arqueolóxicos. Nel pode existir unha concentración de restos de actividade humana e está constituído pola presenza de artefactos, elementos estruturais, chans de ocupación e outra serie de anomalías. Estes restos pódense atopar mediante unha mera prospección de superficie, ou se o asentamento foi soterrado cunha prospección do subsolo.
BIBSYS é un provedor de sistemas bibliotecarios e de información para todas as bibliotecas universitarias e universitarios noruegueses, a Biblioteca Nacional de Noruega e unha serie de bibliotecas e institucións de investigación. BIBSYS foi organizada formalmente como unha unidade da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU), situado en Trondheim, Noruega. O consello de administración é nomeado polo Ministerio Noruegués de Educación e Investigación.
O termo icona pode referirse a: Unha icona, unha figura ou símbolo que representa unha ligazón a un Programa informático, ficheiro ou sitio de Internet. Unha icona, un signo de comunicación onde se ten unha relación entre o elemento suxerido e o seu substituto, onde existe unha relación de necesariedade entre a forma e o contido. Unha icona, unha representación pictórica de temática relixiosa, propia do leste de Europa.
Defínese a intelixencia artificial (IA) como aquela intelixencia exhibida por artefactos creados por humanos (é dicir, artificial). A miúdo aplícase hipoteticamente aos computadores. O nome tamén se usa para se referir ao campo da investigación científica que intenta acercarse á creación de tales sistemas.
Un xardín é unha zona de terreo onde se cultivan especies vexetais para o pracer dos sentidos. Facer estas hortas sen finalidade económica vén dunha larga tradición, e xa eran famosos os Xardíns colgantes de Babilonia, considerados como unha das marabillas do mundo antigo, o que denota que estes espazos de ocio teñen desde entón unha larga tradición. Un xardín pode incorporar tanto materiais naturais como feitos polo ser humano.
O abuso de substancias refírese á auto-indulxencia no consumo e dependencia dunha droga ou outro químico que leva a efectos que xeran unha deterioración na saúde física e mental da persoa que o realiza, ou o benestar doutros.Esta afección caracterízase por un patrón de uso patolóxico continuo dun medicamento ou estado de drogadicción, que resulta en consecuencias sociais adversas repetidas en relación co uso de drogas, tales como a incapacidade de cumprir coas obrigacións laborais, familiares ou escolares, conflitos interpersoais ou problemas legais. Aínda se debate sobre as diferenzas exactas entre o abuso de substancias e a drogodependencia, pero as prácticas estándares distinguen unha da outra ó definir a dependencia de substancias en termos dos síntomas fisiolóxicos e de comportamento do uso de substancias, e ó abuso de substancias en termos das consecuencias sociais do uso de substancias.O abuso de substancias pode levar á adicción ou dependencia de substancias. Medicamente, a dependencia fisiolóxica require do desenvolvemento de tolerancia fisiolóxica que leva a síntomas da síndrome de abstinencia.
Europeana é un repositorio cultural a nivel europeo.Iniciativa da Unión Europea, é financiada pola European Union’s Connecting Europe Facility e os Estados membros da Unión Europea. Os servizos prestados son operados por un consorcio liderado pola Fundación Europeana baixo un contrato de servizo coa Comisión Europea.A 27 de marzo de 2019 daba acceso a 58 207 042 arquivos dixitalizados —libros, música, material gráfico etc.— de coleccións culturais europeas, dispoñendo de ferramentas de procura propias. As diversas coleccións que compoñen o conxunto tamén teñen de xeito interno galerías multimedia, blogs e exposicións ad hoc.
Ambroise Vollard, nado en Saint-Denis (Reunión) o 3 de xullo de 1866 e finado en París o 22 de xullo de 1939, foi un tratante de pintura e galerista francés. Foi unha figura clave das vangardas e axudou a descubir a varios artistas como Paul Cézanne, Paul Gauguin, Vincent van Gogh, Henri Matisse, Pablo Picasso, dos que, en moitas ocasións foi amigo persoal.
Por censura enténdese o control da comunicación verbal ou doutras formas de expresión por parte dunha autoridade, xeralmente asociada ao poder político. Na maior parte dos casos enténdese que tal control é aplicado no ámbito da comunicación pública, por exemplo a efectuada por medio da prensa ou dos mass media; mais pódese aínda referirse ao control da expresión individual.
Aldo Manuzio, nado en Bassiano en 1449 e finado en Venecia o 6 de febreiro de 1515, foi un humanista e impresor italiano, fundador da Imprenta Aldina. O seu nome en italiano era Teobaldo Mannucci, pero é máis coñecido pola forma latina do seu nome, Aldus Manutius, adaptada ao galego como Aldo Manucio.
Un ovo de Fabergé e unha das sesenta e nove xoias creadas por Peter Carl Fabergé e os seus artesáns da empresa Fabergé para os tsares de Rusia, así como para algúns membros da nobreza e da burguesía industrial e financeira, entre os anos 1885 e 1917. Estes ovos considéranse obras mestras da xoiería.
Unha serie de televisión é unha obra audiovisual que se difunde en emisións televisivas sucesivas, mantendo cada unha delas unha unidade argumental en si mesma e con continuidade, polo menos temática, entre os diferentes episodios que a integran. Aínda que o termo emprégase popularmente para designar á ficción seriada, outros xéneros son susceptibles de ofrecerse en serie, como o documental (por exemplo, Walking with Dinosaurs, Camiñando entre dinosauros).
A Wikipedia en noruegués é a versión da enciclopedia libre Wikipedia en lingua norueguesa. Conta con dúas edicións: unha para o noruegués bokmål e outra para o nynorsk. A primeira páxina comezou o 26 de novembro de 2001, e orixinalmente acollía artigos escritos en calquera das dúas versións da lingua.
Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais do máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak.
A lingua romanesa ou romanés (limba română AFI /'limba ro'mɨnə/) é unha lingua romance do Leste de Europa, falada por uns 30 millóns de persoas, a maioría delas en Romanía (onde é lingua oficial) e en Moldavia, así como en zonas de Serbia (na provincia autónoma de Voivodina), de Hungría e da Ucraína. Existen importantes núcleos de emigración romanesa en países como Italia, España, Israel, Estados Unidos, Francia e Alemaña, entre outros.
Para outros significados, consultar o arquipélago de Madeira ou Madeira (homónimos). A madeira é un material sólido, orgánico, higroscópico (absorbe auga) e ortotrópico (crecemento diferente nas dimensións espaciais) obtido orixinalmente do tronco das plantas leñosas, especialmente das árbores, mais tamén dos arbustos. Esas plantas perennes caracterízanse polos caules, que crecen en diámetro ano tras ano, e tamén están compostas por celulosa, hemicelulosa e lignina entre os seus tecidos.
Os dereitos humanos son aquelas liberdades e dereitos básicos que, de acordo con diversas filosofías ou fundamentacións, toda persoa posúe polo mero feito da súa condición humana a garantía dunha vida digna; independentemente de cal sexa o Dereito positivo vixente e de factores particulares como o seu status, etnia ou nacionalidade. Dende un punto de vista máis relacional, definíronse como as condicións que permiten crear unha relación integrada entre a persoa e a sociedade, que permita aos individuos ser persoas, identificándose consigo mesmos e cos outros . Estes dereitos, habitualmente, defínense como inherentes á persoa, irrevogables e inalienables, o que implica que non poden transmitirse, transferirse ou renunciar a eles: ninguén, por exemplo, pode venderse como escravo.
O gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) é un dos membros máis pequenos da familia dos gatos, que habita na India e Sri Lanka. En 2012, tamén foi rexistrado no oeste de Terai, no Nepal. Dende 2016, a súa poboación en estado salvaxe está categorizada como case ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN, xa que está fragmentada e vese afectada pola perda e destrución do seu hábitat, a fraga caducifolia.
A provincia romana (latín: provincia; plural, provinciae) baixo a Roma antiga foron subdivisións territoriais fóra da península Itálica que tiñan unha organización regular e estaba baixo a administración romana.As provincias romanas variaron amplamente en número no transcurso dos case oito séculos da súa existencia. Aparecen durante as guerras púnicas, no momento en que a República romana se estende fóra da península italiana, e o número de provincias romanas non deixan entón de aumentar. Ao final da República como baixo o Imperio ata o século III, as provincias son as maiores divisións administrativas do territorio.
Air Canada (código AITA : AC ; código OACI : ACA) é a compañía aérea nacional do Canadá, ademais da aeroliña máis grande do país. O seu centro de operacións está no Aeroporto Internacional Pierre Elliott Trudeau de Montreal, Quebec. É a novena aeroliña máis grande do mundo en tamaño de frota e foi membro fudador da alianza de aeroliñas Star Alliance.
Dorothy Gale é unha personaxe ficticia, protagonista na maioría dos Libros de Oz, escritos polo autor estadounidense L. Frank Baum. Dorothy aparece por vez primeira no clásico infantil de Baum O mago de Oz e reaparece en moitas outras secuencias. Tamén é a protagonista no clásico filme de 1939, unha adaptación do libro.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
David Hockney, nado o 9 de xullo de 1937, é un pintor, debuxante, gravador, escenógrafo e fotógrafo inglés. É un dos maiores representantes da Arte pop da década dos 60, e un dos artistas británicos máis influentes do século XX. O seu estilo pictórico atópase estreitamente relacionado co sur de California, onde viviu e desenvolveu a súa obra entre 1963 e 2005. Dende esta última data, Hockney posúe unha vivenda e estudo en Bridlington, Londres.
Curaçao (/ˈkjʊərəsoʊ, -saʊ, ˌkjʊərəˈsoʊ, -ˈsaʊ/, Holandés: [kyːraːˈsʌu, kuːr-] ( ); papiamento: Kòrsou), oficialmente o País de Curaçao (neerlandés: Land Curaçao; papiamento: Pais Kòrsou), é un país insular nas Antillas Menores no sur do mar Caribe e a rexión do Caribe Holandés, a uns 65 km. ao norte da costa de Venezuela. É un país constituínte do Reino dos Países Baixos.
O feminismo é un conxunto de movementos políticos, sociais, ideolóxicos e filosóficos que teñen como obxectivo común conseguir dereitos ecuánimes (iguais) e unha convivencia humana por medio do apoderamento feminino e da liberación de padróns patriarcais, baseados en normas de xénero. Abrangue diversos movementos, teorías e filosofías que avogan pola igualdade entre homes e mulleres, alén de promover os dereitos das mulleres e os seus intereses. De acordo con Maggie Humm e Rebecca Walker, a historia do feminismo pode dividirse en tres "ondas".
O Proxecto HapMap Internacional (en inglés International HapMap Project) foi unha organización que tiña como obxectivo desenvolver un mapa dos haplotipos (HapMap) do xenoma humano para describir os padróns comúns da variabilidade xenética humana. O HapMap utilízase para encontrar as variantes xenéticas que afectan á saúde, enfermidades e respostas a fármacos e factores ambientais. A información producida polo proxecto púxose á libre disposición dos investigadores.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O ibuprofeno é un antiinflamatorio non esteroideo (AINE), utilizado frecuentemente como antipirético, analxésico e antiinflamatorio. Utiliízase para o alivio sintomático da febre, dor de cabeza (cefalea), dor dental (odontalxia), dor muscular (mialxia), molestias da menstruación (dismenorrea), dor neurolóxica de carácter leve ou moderada e dor poscirúrxica. Tamén se usa para tratar cadros inflamatorios, como os que se presentan en artrite, artrite reumatoide, inchazón muscular, dor de garganta e artrite gotosa.
Praias da provincia de Pontevedra
Esta é unha lista parcial das máis de 270 praias da provincia de Pontevedra, dos concellos litorais (percorrendo a costa de norte a sur) de: Vilagarcía de Arousa (6), Vilanova de Arousa (10), A Illa de Arousa (17), Cambados (12), O Grove (34), Sanxenxo (28), Poio (19), Pontevedra (2), Marín (7), Bueu (27), Cangas (37), Moaña (12), Vilaboa (5), Soutomaior (2), Redondela (7), Vigo (33), Nigrán (8), Baiona (6) e A Guarda (6). O municipio de Oia, de costa rochosa, apenas ten areais pese a ter máis de 15 quilómetros de litoral. Hai, tamén, praias fluviais, como a da Calzada, no concello de Ponte Caldelas, con bandeira azul.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de Xogos Olímpicos da era moderna
Esta é a lista das cidades onde se realizaron os Xogos Olímpicos da era moderna, dividida en xogos de Verán e Inverno, e ordenada por anos.
O oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Celebra o comezo da primavera, remedando o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual, propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres.
Martin Luther King, Jr., nado como Michael King Jr en Atlanta (Xeorxia) o 15 de xaneiro de 1929 e asasinado en Memphis (Tennessee) o 4 de abril de 1968, foi un ministro e activista baptista estadounidense, un dos líderes máis destacados do movemento polos dereitos civís desde 1955 ata o seu asasinato en 1968. Líder da igrexa afroamericana e fillo do activista dos dereitos civís e ministro Martin Luther King Sr., King promoveu os dereitos civís da xente de cor nos Estados Unidos a través da non-violencia e a desobediencia civil. Inspirado polas súas crenzas cristiás e o activismo non violento de Mahatma Gandhi, dirixiu unha resistencia non violenta contra as leis de Jim Crow e outras formas de discriminación.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.