Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
O día da Clase Obreira Galega é unha conmemoración anual non festiva celebrada cada 10 de marzo para lembrar a morte de dous traballadores galegos nun enfrontamento coa policía en Ferrol. A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous traballadores, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais.
Nantes (Naoned en bretón e Naunnt ou Nàntt en galó), é unha cidade francesa, capital do departamento do Loira Atlántico dentro da rexión do País do Loira. É a sexta maior cidade de Francia, e está situada no sueste da Bretaña. É a capital da rexión administrativa de Pays-de-Loire, pero historicamente pertence á Bretaña, da que foi capital e residencia dos duques da Bretaña.
Kongzi ou Kong Fuzi, latinizado como Confucio (en pinyin Kǒng Zǐ, 孔子 o Kǒng Fūzǐ, 孔夫子; en Wade-Giles K'ung-fu-tzu, literalmente "Mestre Kong", ) nado o 551 a.C en Qufu durante a Dinastía Chou e finado no mesmo lugar o 479 a.C., foi un pensador e filósofo chinés. As súas ensinanzas influíron fondamente na Asia oriental ata hoxe en día, e sobre elas formouse o confucianismo.Confucio considerábase un transmisor dos valores das épocas anteriores que, segundo el, foran abandonadas na súa época. As súas ensinanzas filosóficas, chamadas confucianismo, enfatizaban a moral persoal e gobernamental, a corrección das relacións sociais, a xustiza, a bondade e a sinceridade.
O metamorfismo é a transformación de rochas xa existentes (o protólito ou rocha de partida) orixinando outra rocha de diferente composición mineral ou textura chamada rocha metamórfica. O protólito pode ser unha rocha de calquera tipo: sedimentaria, magmática ou mesmo unha rocha metamórfica preexistente (que dará lugar a outra rocha metamórfica distinta). O metamorfismo ten lugar a temperaturas que pasan dos 150 a 200º C, e a miúdo a presións elevadas ou en presenza de fluídos quimicamente activos, pero a rocha permanece esencialmente sólida durante todo o proceso de transformación.
A bisexualidade é unha orientación sexual que consiste na atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos de xénero (socialmente) e sexo (bioloxicamente) igual ou distinto. A maioría das persoas bisexuais non están atraídas igualmente por homes e mulleres e poden incluso variar entre estados nos que achan atractivos unicamente un dos xéneros ou sexos ao longo do tempo. Noutros casos, existe bastante estatismo no seu nivel de atracción durante o transcurso da súa vida adulta.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés e un dos creadores deste movemento. As súas primeiras obras son de estilo realista, e na metade da década de 1860 comeza a pintar obras impresionistas. Este cambio provocoulle problemas económicos, xa que se desviaba do gusto marcado polas academias de arte da época.
O Bach-Werke-Verzeichnis ou BWV (Catálogo de Obras de Bach) é o sistema de numeración usado para identificar as composicións musicais de Johann Sebastian Bach. O prefixo BWV, seguido polo número de obra, é a identificación das obras de Bach. As obras deste catálogo están agrupadas temáticamente, non cronoloxicamente.
Un calendario é un sistema de medida para longos períodos de tempo. Os calendarios xeralmente definen unidades de espazo en termos de días, con unidades maiores para múltiplos días. Esas unidades reciben nomes ou números para facilitar a lembranza de eventos ou acontecementos históricos e planear eventos futuros.
Un astronauta ( pronunciación ) é unha persoa instruída e adestrada para comandar, pilotar ou tripular unha astronave. Existen outras denominacións derivadas das diversas linguas: ós soviéticos ou rusos chámaselles cosmonautas e ós chineses, taiconautas: O termo cosmonauta vén do ruso kosmonavt (космонавт), derivado á súa vez do grego kosmos (κοσμος, universo) e nautes (ναύτης, navegante); taiconauta é un neoloxismo formado a partir do chinés 太空 (tàikōng, espazo) e o grego ναύτης (nautes, navegante), ambos de xeito semellante a astronauta (do latín e o grego). Como curiosidade, a verba oficial chinesa para nomear un astronauta é 宇航員 (yǔhángyuán) pero o termo taikonaut emprégase nos medios de comunicación para nomear ós astronautas chineses.
A lingua santali (en ol chiki: ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ; en nagari: সাঁওতালি) é unha lingua da subfamilia munda das linguas austroasiáticas. Está relacionada coas linguas ho e mundari, e fálase nos estados indios de Jharkhand, Bengala Occidental e Chhattisgarh. É unha lingua rexional recoñecida na India na súa constitución.
A Sociedade Americana para a Prevención da Crueldade contra os Animais, en inglés American Society for the Prevention of Cruelty to Animals (ASPCA) é unha organización non gobernamental dos EUA que loita contra os delitos contra os animais. A misión da organización é "proporcionar medios eficaces para a prevención da crueldade cos animais en todo Estados Unidos".
Asta Sofie Amalie Nielsen, nada o 11 de setembro de 1881 en Vesterbro (Copenhague) e finada o 24 de maio de 1972 en Frederiksberg, foi unha actriz de cine mudo dinamarquesa principalmente coñecida por protagonizar numerosos filmes na década de 1910 e por ser unha das primeiras estrelas de cinema de fama internacional.
Os xudeus (en hebreo: יְהוּדִי, Yehuda ; e en yiddish: ייִד, YID ), tamén coñecidos como pobo xudeu son unha nación e un grupo etnorelixioso que descenden dos hebreos e antigos israelitas do próximo oriente. A relixión constitúe un posible aspecto de pertenza ao pobo xudeu así como tamén as tradicións, prácticas culturais, sociais e lingüísticas. E, aínda que poden presentar características comúns, tales como o idioma ou a crenza, os xudeus non constitúen un grupo étnico homoxéneo, por iso a definición precisa de xudeu é controvertida e pode variar dependendo da énfase que se faga na observancia relixiosa ou na identidade secular.Os xudeus sufriron unha longa historia de persecución en diferentes lugares e a súa poboación foi variando ao longo dos séculos.
Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.
Un xornalista ou periodista é aquela persoa que se dedica ó xornalismo en calquera das súas formas, xa sexa na prensa escrita, radio, televisión ou medios dixitais. O xornalista dedícase basicamente á busca de información e á súa posterior difusión. Existen varios principios que guían o labor do periodista, o principal dos cales é o respecto pola verdade e o rigor na busca da información.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Meleagris é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos faisánidos e subfamilia dos meleagridinos. O xénero que inclúe tan só dúas especies que habitan en América, o pavo común (Meleagris gallopavo), que é orixinario dos Estados Unidos e México, e o pavo ocelado, (Meleagris ocellata), que é endémico das selvas da península do Iucatán.
Á busca do tempo perdido (en francés: À la recherche du temps perdu) é unha novela dividida en sete volumes escritos por Marcel Proust. É considerada a súa obra máis destacada, coñecida pola súa lonxitude e polo seu tema da memoria involuntaria, sendo o máis famoso exemplo o do "episodio da madalena" que ocorre a comezos do primeiro volume. O primeiro volume da novela, Pola banda de Swann, foi traducido ó galego por Xesús Riveiro Costa e publicado por Edicións Xerais no ano 2005.
O cabalo de vapor, de símbolo CV, é unha unidade de potencia, que equivale a 75 quilográmetros/s. Un quilográmetro corresponde ó traballo necesario para erguer un quilo a un metro de altura. É pouco utilizada no medio científico debido á existencia dunha unidade específica para iso no Sistema Internacional de Unidades, o Watt, pero a súa utilización persiste na industria automobilística para clasificar a potencia dos motores de combustión interna.
Un palacio ou pazo é, ou foi, a residencia do Xefe do Estado ou outra figura pública de alto rango, como membros da nobreza ou do alto clero. Moitos palacios transformáronse para outros usos, como Parlamentos, museos ou hoteis. A palabra úsase tamén para describir edificios luxosos que non son, ou non foron, residencia de figuras públicas, como Palacio da Música, Palacio da Ópera, e mesmo non tan luxosos, como os Palacios de Deportes.
O termo aglomeración ou ateigamento utilízase frecuentemente para facer referencia á acumulación de individuos ou de animais nun mesmo lugar, o cal non se acha fisicamente preparado para albergalos de tal maneira que, esas persoas ou animais que se achan vivindo nesa situación se verán afectadas non unicamente pola incomodidade de ter que compartir un espazo mínimo con outros, senón tamén que por mor diso será practicamente imposíbel que o lugar observe unha hixiene e seguridade satisfactoria, afectando a saúde das persoas, e mesmo, naquelas situacións máis extremas até pode existir risco para a vida.
Presión é a propiedade física que corresponde á forza aplicada sobre unha superficie (real ou imaxinaria). Máis formalmente, a presión é a medida da compoñente normal da forza que actúa sobre unha superficie (área): p = F A {\displaystyle p={\frac {F}{A}}} ou p = d F d A {\displaystyle p={\frac {dF}{dA}}} onde: p é a presión F é a compoñente normal da forza. A é a áreaAínda que a forza sexa unha magnitude vectorial, a presión é unha cantidade escalar, isto é, non ten dirección.
The Nightmare Before Christmas
The Nightmare Before Christmas é un filme de animación baseado no poema de Tim Burton, producido por Touchstone Pictures, estreado o 29 de outubro de 1993, e distribuído por Touchstone Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Foi dirixido por Henry Selick e producido e coescrito por Tim Burton.
Educación obrigatoria, escolarización obrigatoria, escolarización compulsiva, estudos obrigatorios ou ensino obrigatorio son os nomes que reciben os distintos ciclos de educación, ensino ou estudos que de forma obrigatoria debe cursar un neno ou xove e cuxo currículo, duración, obxectivos, contidos, procedementos e metodoloxía varían en función do sistema educativo de cada país e época.
O microgramo é unha unidade de masa do Sistema Internacional de Unidades que equivale á milmillonésima parte dun quilogramo (10-9 kg) ou á millonésima parte dun gramo (10-6 g); o seu símbolo é µg. Algunhas organizacións, como Joint Commission, propoñen a utilización da abreviatura mcg polo risco de confusión da letra grega µ cunha m do que resultaría unha dose mil veces maior. Esta unidade de medida tamén era chamada gamma (símbolo: γ), nome e símbolo actualmente obsoletos, como sinónimos de microgramo.
A expresión variedade lingüística é unha forma neutral de referirse ás diferenzas lingüísticas entre os falantes dun mesmo idioma. Co uso do termo variedade preténdese evitar a ambigüidade e falta de univocidade de termos como lingua ou dialecto, xa que non existen criterios unívocos para decidir cando dúas variedades deben ser consideradas como a mesma lingua ou dialecto, ou como linguas ou dialectos diferentes.
GAINAX Co., Ltd. (株式会社ガイナックス, Kabushiki-gaisha Gainakkusu) é un estudio xaponés de anime coñecido pola produción como Neon Genesis Evangelion, Royal Space Force, Gunbuster, Nadia: The Secret of Blue Water, Kare Kano, FLCL, Magical Shopping Arcade Abenobashi e Gurren Lagann, os cales lle valeron a aclamación da crítica e un grande éxito comercial. Evangelion supuxo para o estudio beneficios por valor de 150 billóns de iens, ou 1,2 billóns de dólares.
Heribert Ritter von Karajan, coñecido como Herbert von Karajan, nado en Salzburgo o 5 de abril de 1908 e finado en Anif, preto de Salzburgo, o 16 de xullo de 1989, foi un dos máis destacados e controversiais directores de orquestra austríacos do período da posguerra. Dirixiu a Orquestra Filharmónica de Berlín durante trinta e cinco anos, e súa obra obtivo grande difusión entre o público xeral.
Albert Camus, nado en Mondovi -actual Dréan (en arabe : الذرعان)- (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.
En economía e en mercadotecnia un servizo é un conxunto de actividades que buscan responder a unha ou máis necesidades de quen, polo seu uso no mercado, se converte en cliente. Defínese un marco onde as actividades se desenvolverán coa idea de fixar unha expectativa no resultado destas. É o equivalente no material dun ben.
Unha base de datos é un ficheiro organizado de datos sobre un tema. Nos servizos públicos é empregado como un arquivo para ter un acceso rápido ós os seus datos administrados. En informática, unha base de datos é un ficheiro informático que se emprega para preservar datos de xeito organizado e que permite atopar está información rapidamente cando sexa preciso.
A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.
Para o artigo sobre o lugar, véxase Fábrica, Lobios, Lobios Unha fábrica é un lugar físico ou virtual onde se produce algún obxecto, material ou servizo. Normalmente o vocábulo «fábrica» asóciase cun lugar físico onde se procesan materias primas, pero na economía moderna tamén se estende o concepto aos lugares virtuais onde se xeran servizos, por extensión do proceso de transformación de ideas en servizos útiles, como software ou capacitación. Hai de distintos tipos e tamaños.
Tratado de libre comercio de América do Norte
O Tratado de libre comercio de América do Norte TLCAN coñecido tamén por TLC, NAFTA (polas siglas en inglés North American Free Trade Agreement) ou ALÉNA (do francés Accord de libre-échange nord-américain), é un bloque comercial entre os Estados Unidos, Canadá e México que establece unha zona de libre comercio. Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1994. A diferenza de tratados o convenios similares (como o da Unión Europea) non establece organismos centrais de coordinación política ou social.
O aeroporto é unha área cunha infraestrutura e os servizos necesarios para a aterraxe e a engalaxe de aeronaves. Os máis sinxelos son pistas de terra, para pequenas avionetas, mentres os máis grandes teñen varias pistas dun ou máis quilómetros para permitir a aterraxe e a engalaxe de avións de gran tamaño e cunha frecuencia de poucos minutos de diferenza. Aeroportos sobranceiros, entre outros, son: Barajas (Barajas, Madrid), Sant Cugat (Barcelona) e Son San Joan (Baleares).
Supercondutividade é a característica intrínseca de certos materiais, cando arrefrían a temperaturas extremadamente baixas, para conducir corrente sen resistencia nin perdas. Esta propiedade foi descuberta en 1911 polo físico holandés Heike Kamerlingh-Onnes, cando observou que a resistencia eléctrica do mercurio desaparecía cando arrefriaba a 4 K (-452 °F). A supercondutividade existe só baixo a temperatura crítica, a corrente crítica ou o campo magnético crítico.
A Wikipedia en francés (en francés: Wikipédia en français) é unha edición en francés da Wikipedia, chamada Wikipédia. Esta edición, comezada en marzo de 2001, contaba con máis de 1.900.000 artigos en 2018. O 21 de setembro de 2010 converteuse na terceira Wikipedia en pasar o millón de artigos.Esta versión da enciclopedia contén 2.502.907 artigos e 4.604.246 usuarios, dos cales 19.029 son activos.
Zinedine Yazid Zidane, nado o 23 de xuño de 1972 en Marsella, é un ex-futbolista francés e actual adestrador de fútbol, de familia orixinaria da Cabilia alxeriana. É considerado por algúns medios o máximo expoñente do fútbol mundial de mediados dos anos 90 e principios do 2000 así como un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos. Está incluído na lista dos 125 máis grandes xogadores vivos realizada por Pelé, en asociación coa FIFA. Dita organización distinguiuno como Mellor xogador Mundial en 1998, 2000, 2003.
Unha mensaxe, no senso máis xeral, é o obxecto da comunicación, a secuencia que prové información, e que pode referirse tamén a esa información en si e ao seu formato. Máis precisamente, na Teoría da Comunicación, unha mensaxe é unha información conformada por unha secuencia de sinais que corresponden a regras de combinación precisas, que é enviada por un emisor a un (ou varios) receptores, por medio dunha canle que serve de soporte físico á transmisión. A forma de transmisión varía conforme a natureza do sistema de comunicación e o código usado: ondas sonoras, luces, movemento, impulsos mecánicos ou eléctromagnéticos etc.
Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s. Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un ano gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días.
O Presidente de Israel (en hebreo, נְשִׂיא הַמְּדִינָה, Nesí Hamediná) é o Xefe de Estado de Israel. Como adoita ser habitual nas repúblicas parlamentarias, o cargo ten función protocolaria, quedando o poder executivo en mans do primeiro ministro. O Parlamento ou Knesset elixe ao presidente por maioría simple para un único período de sete anos.
Dorothy Gale é unha personaxe ficticia, protagonista na maioría dos Libros de Oz, escritos polo autor estadounidense L. Frank Baum. Dorothy aparece por vez primeira no clásico infantil de Baum O mago de Oz e reaparece en moitas outras secuencias. Tamén é a protagonista no clásico filme de 1939, unha adaptación do libro.
O Lang Park, chamado Suncorp Stadium por razóns de patrocinio, é un moderno estadio situado no suburbio de Milton, na cidade de Brisbane, en Queensland, Australia. Construído nun parque urbano que até 1875 fora o cemiterio da cidade, o estadio foi inaugurado en 1914, e en 1957 converteuse na sede principal do rugby league do estado de Queensland. Nos últimos anos acolle os encontros de rugby union dos Queensland Reds, os encontros de rugby league dos Brisbane Broncos e os encontros de fútbol dos Brisbane Roar.
Para a páxina sobre o uso específico que os bots teñen na Wikipedia véxase Wikipedia:Bots. Para outros significados véxase Bot (homónimos).Un bot (acurtamento de robot) é un programa informático que realiza diferentes funcións imitando ós humanos. En sitios wiki, como Wikipedia, un bot pode realizar funcións rutineiras de edición.
Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C. en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño de 323 a.C. en Babilonia, foi rei do antigo reino de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Sucedeu ao seu pai Filipo II no trono no 336 a.C. aos 20 anos, e pasou a maior parte dos seus anos de goberno realizando unha longa campaña militar por todo o oeste de Asia e o nordeste de África. Á idade de trinta anos, creara un dos imperios máis grandes da historia, que se estendía desde Grecia ata o noroeste da India. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.Alexandre o Grande dedicou os primeiros anos do seu reinado a impoñer a súa autoridade sobre os pobos sometidos a Macedonia, que aproveitaran a morte de Filipo para rebelarse.
Netflix, Inc. é unha empresa comercial estadounidense de contidos multimedia que proporciona mediante unha tarifa plana mensual, series e filmes en streaming, baixo demanda por internet e DVD-por-correo, onde os DVD se envían mediante Permit Reply Mail. A compañía foi fundada en 1997 e ten a súa sede en Los Gatos, California.
Android é un sistema operativo para móbiles baseado en Linux, que xunto con aplicacións middleware está destinado para ser empregado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes, tabletas, Google TV e outros dispositivos. É desenvolvido pola Open Handset Alliance, a cal é liderada por Google. Este sistema polo xeral manexa aplicacións como Market (Marketing) ou a súa actualización, PlayStore.
Os Golden State Warriors son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Oakland (California). Forman parte da División Pacífico da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA) e xogan os seus partidos como local no Oracle Arena, un pavillón con capacidade para 19.596 espectadores. O equipo foi fundado foi en 1946 na cidade de Filadelfia, no estado Pensilvania, xa co nome de Warriors.
Universal Music Group ou UMG, antigamente MCA Music Entertainment, é a segunda maior gravadora da industria da música, cunha cota do 25,5% no mercado, entrando polo tanto no grupo das catro maiores gravadoras do mundo. A súa dona é a empresa Vivendi. O seu catálogo inclúe algúns dos maiores artistas da actualidade como Amy Winehouse, Selena Gomez, Demi Lovato, Bon Jovi ou Lady Gaga.
Luc Paul Maurice Besson, nado o 18 de marzo de 1959 en París, Francia, é un director, guionista e produtor francés de cinema. Entre as súas obras destacan Le Grand Bleu, Nikita, Léon, Le Cinquième Élément e Arthur et les Minimoys. Ten no seu haber numerosos premios de cinema tanto franceses como internacionais.
A Copa Mundial da FIFA España 1982 foi a duodécima edición do Campionato Mundial de fútbol de seleccións. O torneo comezou o 13 de xuño no Camp Nou de Barcelona, co encontro entre as seleccións da Arxentina e de Bélxica, e finalizou o 11 de xullo no Estadio Santiago Bernabéu de Madrid. O Mundial de Fútbol de 1982 foi a culminación dunha fase de clasificación que comezou o 26 de marzo de 1980 involucrando a 109 seleccións de 6 confederacións.
Michael Joseph Jackson, nado en Gary, Indiana o 29 de agosto de 1958 e finado nos Ánxeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido simplemente como Michael Jackson, foi un cantautor, actor, músico, bailarín e home de negocios estadounidense. Chamado o Rei do Pop, a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
Deadpool é unha personaxe de banda deseñada, co verdadeiro nome de Wade Winston Wilson, caracterizado coma un mercenario ou antiheroe que aparece en historietas publicadas por Marvel Comics, orixinalmente na serie X-Men pero tamén nos últimos anos noutras series Marvel. Creado polo debuxante Rob Liefeld e o guionista Fabian Nicieza, Deadpool apareceu por primeira vez en The New Mutants nº 98, en febreiro de 1991. Deadpool é un mercenario que usa alta tecnoloxía e que como Wolverine, é un produto de Weapon X, un programa paramilitar clandestino que realizou o goberno canadense.
O Metro de Nova York (en inglés: New York City Subway) é o sistema de transporte ferroviario urbano máis grande dos Estados Unidos e un dos máis grandes do mundo, con entre 420 e 475 estacións (dependendo de como se contabilicen os puntos de transbordo: a MTA usa 469 como número oficial de estacións) e 1.062 quilómetros de vías primarias en servizo. Se se contan as vías secundarias en talleres e cocheiras o total ascende a 1.361 km. É operado pola Autoridade de Tránsito da Cidade de Nova York (New York City Transit Authority en inglés), denominándose coloquialmente MTA New York City Transit por parte da Autoridade Metropolitana de Transporte (Metropolitan Transportation Authority en inglés, MTA polas súas siglas) da que é unha axencia afiliada.
O voltampere (símbolo VA) é a unidade utilizada na medida de potencia aparente en sistemas eléctricos de corrente alterna. En inglés chámase root-mean-square (RMS). Un circuíto de corrente alterna dise que transporta unha potencia aparente (S) de 1 VA cando nel circula unha corrente eficaz de 1 Ampere cunha diferenza de potencial eficaz de 1 Volt.