Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, con filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdición de Delaware dende o 2007. Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias. Foi denominado como o «SMS de Internet».A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario.
O lobo (Canis lupus) é o maior membro en liberdade pertencente á familia dos Cánidos. É un supervivente da idade de xeo orixinada durante o Plistoceno superior, hai uns 300.000 anos. A súa secuencia de ADN e máis os estudos sobre deriva xenética indican que o lobo comparte un devanceiro común co can doméstico (Canis lupus familiaris), sendo o seu parente máis achegado, malia ser esta afirmación rexeitada por algúns expertos, que sinalan grandes diferenzas no tocante á súa morfoloxía e comportamento.
Un tratado internacional é un acordo escrito entre certos suxeitos de Dereito internacional e que se atopa rexido por este, que pode constar dun ou varios instrumentos xurídicos conexos, e sendo indiferente a súa denominación. Como acordo implica sempre que sexan, como mínimo, dúas persoas xurídicas internacionais quen conclúan un tratado internacional. O máis común adoita ser que tales acordos realícense entre Estados, aínda que poden celebrarse entre Estados e organizacións internacionais ou entre organizacións internacionais.
A lingua galesa ou galés (Cymraeg ou y Gymraeg en galés, pronunciado /kəmˈrɑːɨɡ/, /ə ɡəmˈrɑːɨɡ/), é a lingua falada polo pobo galés, que é membro da póla britónica das linguas célticas falada en Gales (Cymru), en Inglaterra, nalgúns sitios preto da fronteira galesa, e na colonia de inmigrantes galeses no val de Chubut, na Patagonia arxentina. Hai tamén falantes de galés ao redor do mundo, especialmente no resto da Gran Bretaña, os Estados Unidos, o Canadá, a Arxentina e Australia. Debido ao crecente uso do inglés, o número de falantes de galés ten ido descendendo desde hai décadas.
Un animal (do latín animus, "espírito", ou "principio vital") é, segundo a clasificación clásica, un ser vivo heterótrofo, é dicir, que se alimenta de substancias orgánicas. Hoxe en día resérvase o termo animais aos seres complexos e multicelulares, aínda que durante moito tempo se consideraban tamén os protozoos como animais unicelulares. Nas clasificacións científicas dos seres vivos modernas, o reino dos animais constitúe un amplísimo grupo de organismos cuxo taxon se denomina Animalia , creado orixinalmente por Linné en 1758, ou ben Metazoa, sinónimo creado por Haeckel en 1874.
A Tetrarquía foi un sistema de goberno creado polo emperador romano Diocleciano por forma a resolver serios problemas militares e económicos do imperio romano. Dividiu o seu poder sobre o imperio entre os sectores orientais (pars Orientis) e occidentais (pars Occidentis). Mantivo o control persoal do sector leste e o seu colega Maximiano controlou o occidente.
A lingua groenlandesa (kalaallisut), tamén chamada esquimó-groenlandés ou groenlandés-inuktitut, é unha lingua esquimó-aleutiana falada en Groenlandia e que está estreitamente relacionada con algúns idiomas canadenses como o inuktitut. O groenlandés, ao igual que as linguas coas que está emparentada, é de carácter altamente polisintético e ergativo. Case non ten palabras compostas.
Un DVD ou deuvedé (Digital Versatile Disc, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e son. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións físicas (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto e a unha densidade moito maior.
O adxectivo é unha clase de palabra que funciona ordinariamente como adxacente do nome, é dicir, como complemento nominal adxunto que se sitúa diante ou despois do substantivo ó cal se refire. Por significado, sinala unha calidade atribuída a un substantivo, ben abstracta (percibible pola mente, como en "libro difícil"), ben concreta (percibible polos sentidos, como en "libro azul"). En canto á súa morfoloxía, o adxectivo non posúe accidente de xénero ou número, senón que o adquire do substantivo ao que determina ou ben do artigo que o acompaña, cando se produciu unha metábase.
O alsaciano (en francés: alsacien, en inglés: alsatian, en castelán: alsaciano, en alemán: Elsässerdeutsch e en alsaciano: Elsässisch) é un conxunto de variantes de baixo alemánico e alto alemánico que se falan dende o leste da cordilleira dos Vosgos e o río Rin, principalmente na rexión de Alsacia.
Dirham dos Emiratos Árabes Unidos
O dirham ( درهم ) é a moeda oficial dos Emiratos Árabes Unidos. O seu código ISO 4217 é AED. Está dividido en 100 fils.
O Cenomaniano é unha división da escala temporal xeolóxica, a primeira idade ou piso do Cretáceo superior, segunda época do período Cretáceo. Esta idade esténdese de 100,5 até 93,9 millóns de anos atrás, aproximadamente. A idade cenomaniana sucede o Albiano, do Cretáceo inferior, e precede o Turoniano.
Magnolia denudata, a magnolia yulan, ou simplemente magnolia, é unha especie de arboriña caducifolia pertencente á familia das magnoliáceas. O xénero Magnolia púxoo Linneaus en honra a Pierre Magnol, profesor de botánica en Montpellier no século XVII-XVIII. Denudata vén do latín denudatus-a-um= espido, descuberto, quizais polo seu aspecto cando está en floración (sen follas). Adóitase plantar coma ornamental, polas súas flores primaverais.
Unha curtametraxe é unha produción audiovisual ou cinematográfica que dura substancialmente menos que o tempo medio dun filme de produción normal. Aínda que non existe unha norma estrita, unha posible clasificación por tempo podería facerse deste xeito: a duración das curtametraxes vai dende menos dun minuto ata os 30 minutos. Os filmes de entre 30 e 60 minutos son mediametraxes.
Os Dolomitas (italiano: Dolomiti, Ladino: Dolomites; alemán: Dolomiten, véneto: Dołomiti, friulano: Dolomitis), tamén coñecidos como Montañas Dolomitas, os Alpes dolomíticos ou Alpes dolomíticos, son unha cordilleira situada no nordés de Italia. Forman parte dos Alpes surorientais e esténdense desde o Río Adige no oeste ata o Val de Piave (Pieve di Cadore) no leste. As fronteiras norte e sur están definidas polo Val Puster e o Val Sugana (en italiano: Valsugana).
Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomi, en sueco: Finland ( pronunciación )), oficialmente República de Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia.
Un contrato, en termos xerais, é definido como un acordo privado, verbal ou escrito, entre partes que se obrigan sobre materia ou cousa determinada, e a cuxo cumprimento poden ser compelidas. É un acordo de vontades que xera dereitos e obrigacións para as partes. Por iso sinálase que haberá contrato cando varias partes se poñen de acordo sobre unha manifestación de vontade destinada a regular os seus dereitos.
Fullmetal Alchemist: Brotherhood
Fullmetal Alchemist: Brotherhood (en xaponés: 鋼の錬金術師 FULLMETAL ALCHEMIST, Hepburn: Hagane no Renkinjutsushi: Furumetaru Arukemisuto) é unha serie anime adaptada do manga Fullmetal Alchemist de Hiromu Arakawa. Producida por Bones, a serie está dirixida por Yasuhiro Irie e foi escrita por Hiroshi Ōnogi. Fullmetal Alchemist: Brotherhood é a segunda adaptación televisiva baseada en Fullmetal Alchemist, sendo a primeira a versión de 2003.
Yleisradio (Yle) en finés ou Rundradion en sueco, a compañía pública finlandesa de radio e televisión fundouse en 1926, réxea unha fundación independente e opera cinco canles de televisión, 13 canles de radio nacionais e 25 rexionais. Os programas en sueco realízaos a Finlands Svenska Television e Finlands Svenska Radio.
"Lisa the Iconoclast" (en galego, "Lisa a iconoclasta") é o décimo sexto episodio da sétima tempada da serie animada The Simpsons. A súa primeira emisión foi o 18 de febreiro de 1996. Neste episodio, conmemórase o bicentenario de Springfield, e Lisa escribe un ensaio sobre o fundador da cidade Jebediah Springfield.
Happy Tree Friends (Felices Amigos do Bosque, en tradución libre) é un deseño animado en Adobe Flash de humor negro de Mondo Mini Shows, creada por Kenn Navarro, Aubrey Ankrum, Rhode Montijo e Warren Graff. Como se mostra na web oficial, "non se recomenda para nenos". Mesmo con aparencia fofa e típica de deseños infantís dos personaxes, o deseño é moi violento, e case todos os episodios contén sangue, sufrimento, traxedias e mortes violentas.
Sauli Väinämö Niinistö, nado en Salo o 24 de agosto de 1948, é un político finlandés, 12º e actual presidente de Finlandia dende 2012. Avogado de profesión, Niinistö foi presidente do Partido Coalición Nacional (KOK) de 1994 a 2001, ministro de Xustiza de 1995 a 1996, ministro de Facenda de 1996 a 2003, viceprimeiro ministro de 1995 a 2001 e candidato do KOK nas eleccións presidenciais de 2006. Exerceu como presidente do parlamento de Finlandia entre 2007 e 2011 e é presidente honorífico do Partido Popular Europeo desde 2002.
Albus Percival Wulfric Brian Dumbledore é un personaxe de ficción da serie Harry Potter escrita por J. K. Rowling. Fai a súa primeira aparicion no primeiro libro, Harry Potter e a pedra filosofal, e durante a meirande parte da saga é o director da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Como parte da súa historia, revélase que é o fundador e líder da Orde do Fénix, unha organización dedicada a loitar contra o antagonista principal da serie, Lord Voldemort.
Penicillium é un xénero de fungos ascomicetos que forma parte do micobioma de moitas especies e ten grande importancia no ambiente natural, así como na descomposición de alimentos e na produción de alimentos e fármacos. Algúns membros deste xénero producen a penicilina, unha molécula que se usa como antibiótico, que mata ou detén o crecemento de certos tipos de bacterias. Outras especies utilízanse na produción de queixos.
O termo gota pode designar distintos conceptos: Gota ou pinga: porción de líquido de pequeno tamaño e forma arredondada. Gota fría: fenómeno meteorolóxico caracterizado por episodios de choivas torrenciais. Gota: enfermidade provocada polo exceso de ácido úrico e caracterizada por inflamacións dolorosas nas articulacións.
O verbo é unha clase de palabra que funciona como núcleo do predicado e adoita indicar acción (traer, ler etc.), proceso (pensar, crer etc.) ou estado (existir, vivir, permanecer, ser etc.). En galego constitúe a clase de palabra máis variable. Dependendo da lingua, hai moitos factores que fan que os verbos poidan mudar a súa forma, entre eles pódense atopar o tempo, o modo, o aspecto, a voz.
A Resurrección de Xesús é o nome dado á fe cristiá de que Xesús de Nazaret retornou á vida o domingo seguinte ao venres na cal el foi crucificado. É unha doutrina central da fe e da teoloxía cristiá e parte do Credo Niceno: "Resucitou dos mortos ao terceiro día, conforme as Escrituras."Segundo o Novo Testamento, ocorreu ao terceiro día de que Xesús fose crucificado, morto e sepulto nunha tumba. O momento preciso da resurrección non se describe, nin aparece como presenciado por ninguén (nin sequera polos soldados que custodiaban o lugar); si a súa consecuencia: as miróforas (tres Marías o santas mulleres) encontran a tumba baleira (nun dos evanxeos, o de Mateo, no medio dun estrondo causado pola chegada dun anxo -nos demais evanxeos tamén aparecen anxos, aínda que noutra actitude-).
O termo símbolo, con orixe no grego súmbolon, designa un elemento representativo (realidade visíbel) que está en lugar de algo (realidade invisíbel) que tanto pode ser un obxecto coma un concepto ou idea, determinada cantidade ou calidade. O "símbolo" é un elemento esencial no proceso de comunicación, encontrándose difundido no día a día e nas máis variadas vertentes do saber humano. Así a todo, existen símbolos que son recoñecidos internacionalmente, outros só son comprendidos dentro dun determinado grupo ou contexto (relixioso, cultural etc.).
Ambroise Vollard, nado en Saint-Denis (Reunión) o 3 de xullo de 1866 e finado en París o 22 de xullo de 1939, foi un tratante de pintura e galerista francés. Foi unha figura clave das vangardas e axudou a descubir a varios artistas como Paul Cézanne, Paul Gauguin, Vincent van Gogh, Henri Matisse, Pablo Picasso, dos que, en moitas ocasións foi amigo persoal.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Everything Everywhere All at Once
Everything Everywhere All at Once é un filme de estadounidense de 2022 escrito e dirixido por Daniel Kwan e Daniel Scheinert (coñecidos colectivamente como "Daniels"), que a produciron xunto a Anthony e Joe Russo. The New York Times cualificou o filme como un "remuíño de anarquía de xéneros" con elementos de comedia surrealista, ficción científica, fantasía, filmes de artes marciais e animación.
O RMS Titanic (en inglés: Royal Mail Steamship Titanic) foi un transatlántico construído en Irlanda do Norte, que afundiu na súa viaxe inaugural a través do océano Atlántico Norte ao colidir cun iceberg a noite do 14 ao 15 de abril de 1912 na viaxe a Nova York. Finaron máis de 1500 persoas e recolléronse soamente uns 300 corpos do mar. Considérase popularmente a maior traxedia naval dun só buque da historia, aínda que outros afundimentos producisen máis vítimas, coma os do Steuben (4500) ou o KS Wilhelm Gustloff (7000).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 195.222 .
Un enderezo IP é un número único, tal como un número de teléfono, usado por máquinas (normalmente computadores) para se comunicaren entre si enviando información pola internet ou por redes locais. Converter estes números de forma que un humano comprenda mellor, a forma de enderezos de dominio, tal como www.wikipedia.org, é feito polo DNS. O proceso de conversión é coñecido como resolución de nomes de dominio.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A lontra ou londra (Lutra lutra) é un animal mamífero pertencente á orde Carnivora e á familia dos mustélidos. Ten unha distribución principalmente euroasiática, incluíndo Galicia. É o membro da subfamilia das lontras (Lutrinae) de máis ampla distribución, e encóntrase en vías fluviais e costas de Europa, moitas partes de Asia e partes do norte de África.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Eleccións parlamentarias de Turquía de 2023
As eleccións parlamentarias turcas de 2023 están programadas para o 14 de maio de 2023, como parte das eleccións xerais de 2023, xunto coas eleccións presidenciais do mesmo día.Os votantes de 87 distritos electorais elixirán a 600 membros do Parlamento para a Gran Asamblea Nacional de Turquía por un período de cinco anos, formando o 28º Parlamento do país.
Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou filosofía e letras en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2023
As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2023 celebraranse o domingo 28 de maio, durante as eleccións autonómicas de dito ano, de acordo cobdecreto de convocatoria de eleccións disposto que se publicará no Boletín Oficial do Principado de Asturias. Elixiranse os 45 deputados da XII lexislatura da Xunta Xeral do Principado de Asturias mediante un sistema proporcional (método D'Hondt) nas tres circunscricións nas que se divide electoralmente a rexión (36 escanos na circunscrición central, 6 na occidental e 5 na oriental). Substituirá aos resultados das eleccións de 2019.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Unha aplita é unha rocha ígnea hipoabisal (ou filoniana) leucócrata de granulometría moi fina. As aplitas están asociadas con rochas ígneas ou con rochas metasomáticas. As aplitas caracterízanse polo pequeno tamaño dos seus cristais (menos de 1 mm), e por ter un contido moi baixo en minerais máficos (xeralmente por debaixo do 5 %).
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
As granulitas son unha clase de rocha de metamorfismo de alto grao da facies da granulita que experimentaron un metamorfismo de alta temperatura e moderada presión. Son rochas de gran medio a groso e están compostas principalmente de feldespatos ás veces asociados con cuarzo e minerais ferromagnesianos hidratados, con textura granoblástica e de gneis a estrutura masiva. Son de especial interese para os xeólogos porque moitas granulitas representan mostras da codia continental profunda.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
O home e o can é un filme galego de 2022 dirixido por Ángel de la Cruz. Está protagonizado por Manuel Manquiña e Paula Chaves. Na 21ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en catro categorías, mellor filme, mellor actor (Manquiña), mellor guión e mellor fotografía, mais finalmente non conseguiu ningún galardón.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O porfiro é o nome que se lle dá a granitos ou rochas ígneas de cristais de gran groso como feldespatos ou cuarzos dispersos nunha matriz de gran fino rica en silicatos xeralmente afanítica. Os cristais máis grandes denomínanse fenocristais. No seu uso tradicional non xeolóxico o termo pórfiro adoita referirse á forma de cor vermella-púrpura desta pedra, moi valorada pola súa aparencia, pero tamén se usan outras cores decorativas de pórfiro como a "verde", "negra" e "gris".O termo pórfiro procede do grego antigo πορφύρα (porphyra), que significa 'púrpura'.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca. Peza dramática en tres xornadas, na que se presentan as súas dúbidas e morte, e se da varia noticia de outras xentes é unha obra dramática de Álvaro Cunqueiro publicada en 1958 pola Editorial Galaxia.Foi estreada polo Centro Dramático Galego en 1991. Sarabela Teatro representouna en 2010.
Os gozos e as sombras (serie de televisión)
Os gozos e as sombras (título orixinal en castelán Los gozos y las sombras) é unha serie de televisión española de 1982, adaptada e producida por Jesús Navascués e dirixida por Rafael Moreno Alba. Está baseada na novela Los gozos y las sombras de Gonzalo Torrente Ballester (que supervisou a adaptación), e ambientada nunha vila de Galiza entre 1934 e 1936. Consta de 13 capítulos, e foi emitida inicialmente por TVE, e distribuída posteriormente ao Uruguai e a Arxentina.
Fuxan os ventos é un grupo musical inserido no movemento folk da canción galega, formado en 1972 en Lugo no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
21ª edición dos Premios Mestre Mateo
A 21ª edición dos Premios Mestre Mateo galardoou as producións audiovisuais de Galicia de 2022 e celebrouse o 11 de marzo de 2023. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 26 categorías. A cerimonia celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense e foi presentada por Lucía Veiga, Javier Veiga e Iolanda Muíños.