Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Albert Camus, nado en Mondovi -actual Dréan (en arabe : الذرعان)- (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.
O URL (siglas de Uniform Resource Locator; en galego, localizador uniforme de recursos) é un texto curto que identifica calquera recurso (servizo, páxina, documento, enderezo de correo eletrónico, enciclopedia...) accesible nunha rede. Un concepto similar é o de URI (o L cambia por un I, de identificador).
Deutsche Grammophon Records é un selo discográfico alemán especializado en música clásica, pertencente (2022) á empresa Universal Music Group, unha división do grupo francés Vivendi Universal. Foi fundada co nome de Deutsche Grammophon Gesellschaft o 6 de decembro de 1898 polo cidadán estadounidense de orixe alemán Emile Berliner como a filial alemá local da súa Berliner Gramophone Company, converténdoa na compañía discográfica máis antiga do mundo que aínda está en funcionamento.Deutsche Grammophon sempre foi moi coñecido polos seus altos estándares de alta fidelidade. Entre os intérpretes que gravaron coa compañía están Herbert von Karajan, Daniel Barenboim, Leonard Bernstein ou Maria João Pires.
Eliades Ochoa Bustamante, nado en La Loma de la Avispa, Songo - La Maya, o 22 de xuño de 1946, é un guitarrista e cantante cubano. Intérprete de música tradicional cubana dende a súa infancia, gañou fama na década de 1970, como líder do Cuarteto Patria, e máis tarde como unha das estrelas do Buena Vista Social Club.
A Catedral de Aquisgrán ou Catedral Imperial de Aquisgrán (en alemán Aachener Dom e en francés Cathédrale d'Aix-la-Chapelle) é unha catedral situada na cidade alemá de Aquisgrán, ao oeste do país e a escasos quilómetros da fronteira con Bélxica e os Países Baixos. A Catedral de Aquisgrán é considerada a catedral máis antiga do norte de Europa. A súa orixe se remóntase á Capela Palatina construída polo emperador franco Carlomagno a finais do século VIII, ano 786 d.C, onde enterrouse despois da súa morte no 814.
Museo Americano de Historia Natural
O Museo Americano de Historia Natural, en inglés: American Museum of Natural History (AMNH), situado no Upper West Side de Manhattan no 200 Central Park West de Nova York, Estados Unidos, é un dos maiores e máis famosos museos de historia natural do mundo. Situado nuns terreos axardinados fronte ao Central Park, componse de 27 edificios interconectados que albergan 46 salas de exposición permanentes, laboratorios de investigación e a súa famosa biblioteca. As súas coleccións están formadas por máis de 34 millóns de espécimes, dos cales só unha pequena parte pode ser exposta á vez.Conta con 225 investigadores a tempo completo, patrocina máis de 120 expedicións científicas cada ano, e recibe unha media anual de cinco millóns de visitantes.O AMNH é unha organización privada.A súa declaración de obxectivos é: Descubrir, interpretar e difundir, a través da investigación científica e a educación, o coñecemento sobre as culturas humanas, o mundo natural e o universo.
Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é unha monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven un pouco máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo. O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina.
Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como √) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90.
Unha lista de éxitos musicais é unha maneira de darlle á música un grao, que vén da súa popularidade. estadounidense Billboard Hot 100 é unha das listas máis populares. A información sobre listas vén dalgunhas fontes diferentes, como o número de vendas, ás veces que se programou na radio, ou que se descargau, e outros criterios.
Aretha Louise Franklin, nada o 25 de marzo de 1942 en Memphis, e finada en Detroit o 16 de agosto de 2018, foi unha cantante de soul, R&B e gospel. Recibiu o alcume de «Lady Soul» (a dama do soul) ou «Queen of soul» (a raíña do soul), e foi unha das artistas máis influentes na música contemporánea, ostentando o posto número un da lista dos 100 cantantes máis grandes de todos os tempos da revista Rolling Stone. A mediados da década de 1960 consolidouse como estrela feminina do soul, algo que favoreceu os dereitos raciais e das mulleres nos Estados Unidos.
Boy é o álbum de estrea da banda irlandesa de rock U2, editado o 20 de outubro de 1980 a través do selo Island Records. O disco inclúe o primeiro sinxelo da banda que foi un éxito no Reino Unido, "I Will Follow". O disco foi producido por Steve Lillywhite e contén cancións do repertorio de 40 temas que o grupo tiña na época, incluídos dous temas regravados do seu primeiro lanzamento, o EP Three.
PNG (Portable Network Graphics) é un formato gráfico baseado nun algoritmo de compresión sen perda para bitmaps non suxeito a patentes. Este formato foi desenvolvido en boa parte para liquidar as deficiencias do formato GIF e permite almacenar imaxes cunha maior profundidade de cor e outros importantes datos. Soporta unha paleta de cores de 16 bits, varios niveis de transparencia e emprega compresión sen perda mediante o formato ZIP. É un estándar recomendado polo W3C e recoñecido como estándar ISO (ISO/IEC 15948:2003).
The Dark Side of the Moon é o oitavo álbum da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 1 de marzo de 1973. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das extensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en 1968 de Syd Barrett. Os temas de The Dark Side of the Moon inclúen conflito, cobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
O estranxeiro (en francés, L'Étranger) é unha novela publicada en 1942, a primeira do escritor Albert Camus. O estranxeiro adoita asociarse á filosofía do absurdo e ao existencialismo, aínda que Camus sempre se distanciou desta última etiqueta. O protagonista, Meursault, é un francés alxeriano indiferente á realidade por resultarlle absurda e inabordable.
Sidney Lumet, nado en Filadelfia o 25 de xuño de 1924 e finado en Nova York o 9 de abril de 2011, foi un director, produtor e guionista de cine, teatro e televisión estadounidense. Foi nomeado ao Oscar ó mellor director catro veces, polos seus filmes Doce homes sen piedade (1957), A tarde dun día de cans (1975), Network, un mundo implacable (1976) e Veredicto final (1982).
Un aceno ou xesto é unha forma de comunicación non verbal feito cunha parte do corpo, pódese usar para substituír ou complementa-la comunicación verbal. Os acenos xogan un papel fundamental en moitos aspectos da vida humana e tamén son importantes nos animais, os acenos úsanse para inicia-lo rito do cortexo. Os acenos espirituais e relixiosos son tamén comúns, como o signo cristián da cruz.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Universo cinematográfico de Marvel
O Universo cinematográfico de Marvel (inglés: Marvel Cinematic Universe, a miúdo abreviado MCU) é unha franquía de medios e un universo compartido, centrada nunha serie de filmes de superheroes producidos independentemente por Marvel Studios e baseados nos personaxes que aparecen nas publicacións de Marvel Comics. Marvel, nos seus inicios non tiña un estudo propio e colaboraba con outras axencias que quixesen levar a cabo os seus proxectos, como por exemplo a realizada en 1978 por Philip DeGuere, Dr. Strange.
En sentido amplo, unha banda sonora orixinal ou unha BSO (do inglés Soundtrack ou OST) é a parte do son completo e os resultados da edición de diferentes pistas sonoras dunha creación audiovisual. Inclúense por tanto os diálogos, os sons e a música así como os acompañamentos paralelos. Non obstante, normalmente o termo utilízase nun sentido máis restrinxido e refírese só á música do filme ou mesmo á comercialización dos temas musicais dunha obra como os videoxogos, o software, a televisión ou a radio.
Yale University Press é unha editorial universitaria asociada á Universidade Yale. Foi fundada en 1908 por George Parmly Day, e converteuse no órgano oficial de publicacións da Universidade Yale en 1961, pero segue tendo autonomía financeira e operativa.Dende 2009, Yale University Press publica cada ano 300 títulos novos en tapa dura e outras 150 edicións de peto e conta con máis de 6.000 libros en formato impreso. Os seus libros gañaron cinco Premios Nacionais do Libro, dous Critics Circle National Book Awards e oito Premios Pulitzer.
Partitura é un documento manuscrito ou impreso que indica como debe interpretarse unha composición musical, mediante unha linguaxe propia formado por signos musicais e chamado sistema de notación. Como os seus análogos os libros, os folletos, etc., o medio da partitura xeralmente é o papel ou, en épocas anteriores, o pergamiño. Aínda que o acceso á notación musical nos últimos anos inclúe tamén a presentación en pantallas de ordenador.
VRML (Virtual Reality Modeling Language) é unha linguaxe para o desenvolvemento de aplicacións de realidade virtual, deseñado para o seu emprego na World Wide Web. VRML é un formato de ficheiro de texto no que se especifican os vértices e as arestas de cada polígono tridimensional. VRML é a base sobre a que se desenvolveu X3D, que a substituíu, o que non provocou a desaparición de VRML, que aínda é amplamente usada.
Star Wars Episode VII: The Force Awakens
Star Wars Episode VII: The Force Awakens (tamén coñecido como Star Wars: The Force Awakens) é un filme estadounidense dirixido por J. J. Abrams que foi estreado en decembro de 2015. É o sétimo título na serie de filmes de Star Wars, e está protagonizado por John Boyega, Daisy Ridley, Adam Driver, Oscar Isaac, Andy Serkis, Domhnall Gleeson e Max von Sydow, xunto con Harrison Ford, Carrie Fisher, Mark Hamill, Anthony Daniels, Peter Mayhew e Kenny Baker. A historia está ambientada aproximadamente 30 anos despois dos eventos de O retorno do Jedi (1983).
A Universidade Yale (en inglés Yale University) é unha universidade privada localizada en New Haven, Connecticut (Estados Unidos). Fundada en 1701, é a terceira institución de ensino superior máis antiga nos Estados Unidose un dos nove Colleges coloniais recoñecidos cunha Carta Real do monarca británico antes da Revolución das Trece Colonias.O clero fundou unha Escola Colexiada autorizada pola Provincia de Connecticut para educar sacerdotes da Igrexa congregacional. Esta escola trasladouse a New Haven en 1716 e foi renombrada Yale College en recoñecemento a unha doazón realizada por Elihu Yale, gobernador da Compañía Británica das Indias Orientais.
O Aeroporto de Londres–Luton (IATA: LTN, OACI: EGGW) (anteriormente coñecido como Aeroporto Internacional de Luton) é un aeroporto internacional situado a 2,8 km ao leste do centro de Luton, no condado de Bedfordshire, Inglaterra e a 56,5 km do centro de Londres. O aeroporto está a 3,2 km da saída 10a da Motorway M1. Trátase do cuarto maior aeroporto que serve á zona de Londres despois de Heathrow, Gatwick e Stansted, e é un dos seis aeroportos internacionais de Londre, xunto co da Cidade de Londres e Southend.
A compaixón (do latín cumpassio, á súa vez do grego συμπάθεια ("sympathia"), palabra composta de συν πάσχω + = συμπάσχω, "sufrir xuntos") é entendida como a empatía cara a outras persoas para compartir a dor. A compaixón frecuentemente combinase cun desexo de aliviar o sufrimento doutra persoa para demostrar especial xentileza con aqueles que sofren. A compaixón pode levar alguén a sentir empatía polo outro, é dicir, poñerse no lugar de dita persoa e chegar a comprendela.
O vixía no centeo (título orixinal en inglés: The Catcher in the Rye) é unha novela de J. D. Salinger publicada en 1951. No seu momento provocou numerosas controversias nos Estados Unidos de América pola súa linguaxe provocadora e por falar con claridade da sexualidade e a ansiedade adolescentes. O seu protagonista, Holden Caulfield, converteuse nunha icona da rebeldía adolescente.
A sé episcopal (do latín sedem, cadeira) é o trono (cátedra) dun bispo. No sentido máis estrito, a sé episcopal (un epíscopo é un bispo) refírese á catedral dun bispo. Os termos sé diocesana e sé arquidiocesana teñen o mesmo significado, aínda que especifican o rango da xurisdición na xerarquía da igrexa á que pertenzan.
Relación área superficial-volume
A relación área superficial-volume, que se pode escribir as/vol, AS/V ou AS:V, é o cociente entre a área superficial dun obxecto e o volume de dito obxecto. Esta relación exprésase en unidades da inversa da unidade de distancia. Por exemplo un cubo cuxos lados miden a posúe unha área superficial de 6a2 e un volumee de a3.
A arquitectura gótica é o estilo arquitectónico propio da arte gótica, o estilo artístico, comprendido entre o románico e o renacemento, que se desenvolveu na Europa Occidental na Baixa Idade Media, dende finais do século XII até o século XV, aínda que máis aló de Italia continuou até os comezos do século XVI. O vocábulo «gótico» é o adxectivo correspondente a godo. Foi empregado neste contexto por primeira vez polo tratadista florentino Giorgio Vasari, quen na súa famosa obra de biografías de pintores toscanos, inclúe varios capítulos sobre a arte na Idade Media. Vasari usou este termo en sentido pexorativo para denominar a arquitectura anterior ao Renacemento, propia dos bárbaros ou godos, cuxos compoñentes lle parecían confusos, desordenados e pouco dignos, por contraste á perfección da arte clásica.
Terminator (en inglés: The Terminator) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que foi estreado no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.
Os Campos Elisios (en francés Les Champs-Élysées) é a principal avenida de París. Mide 1.880 metros de lonxitude, e vai dende o Arco do Triunfo ata a Praza da Concordia. O nome Campos Elisios vén da mitoloxía grega, onde designaba a morada dos mortos reservada ás almas virtuosas, o equivalente do paraíso cristián.
La Comédie humaine (literalmente, A comedia humana) é un conxunto de obras de Honoré de Balzac de 137 obras que comprenden 95 novelas, ensaios realistas, fantásticos, ou filosóficos, pero tamén contos, ensaios, e 25 bosquexos de obras, reagrupados baixo o título Ébauches rattachées à la Comédie humaine (Esbozos ligados á Comedia humana), e 8 novelas de xuventude escritas entre 1822 e 1825 baixo diversos pseudónimos, obras que renegou, pero reeditados nos volumes I e II das Œuvres diverses (Obras varias) nas cales atópanse os xermes e os temas das obras da Comédie Humaine, Falthurne sendo considerado como a base de Séraphîta. A clasificación dos textos vai polos ámbitos sociais, polos lugares xeográficos, ou por categorías psicolóxicas (Scènes de la vie privée (Escenas da vida privada), Scènes de la vie de province (Escenas da vida de provincia)) reunidos en conxuntos xenéricos (Études de mœurs (Estudos de costumes), Études philosophiques (Estudos filosóficos), Études analytiques (Estudos analíticos)). A escritura do conxunto gradúase de 1829, cos Les Chouans, a 1850, coas obras inacabadas á súa morte e completadas por Charles Rabou: o Le Député d'Arcis (1854), os Les Petits bourgeois de Paris, (1856), o Le Comte de Sallenauve, (1856), e tamén os Les Paysans publicado en 1854 pola súa viúva, Évelyne Hanska.
Os videoxogos de plataformas son un xénero de videoxogos que se caracterizan por ter que camiñar, correr, saltar ou escalar sobre unha serie de plataformas e cantís, con inimigos, mentres se recollen obxectos para poder completar o xogo. Este tipo de videoxogos adoitan usar vistas de desprazamento horizontal cara á esquerda ou cara á dereita. É un xénero moi popular de videoxogos, xurdido a comezo da década de 1980 e que segue mantendo bastante popularidade na actualidade.
International Standard Musical Work Code
O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais, equivalente ao ISBN para os libros. Está descrito pola norma internacional ISO 15707.
O oso panda ou panda xigante (Ailuropoda melanoleuca) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e, malia que hai unha salientable controversia ó respecto, os últimos estudos do seu ADN inclúeno entre os membros dos osos, sendo o Tremarctos ornatus suramericano o seu parente máis achegado. Por outra banda cabe dicir que o chamado panda menor ou panda vermello e o panda xigante non pertencen á mesma familia. Natural da China central, o panda xigante vive en rexións montañosas das provincias de Sichuan e o Tíbet, ata unha altitude de 3.500 metros.
Os videoxogos de rol son uns dos máis antigos representantes dos videoxogos. Sempre estiveron fortemente influídos por xogos de rol de mesa, exemplos claros diso son xogos baseados nas regras de Dungeons&Dragons, coma o clásico Eye of beholder ou os máis modernos Neverwinter nights e a súa continuación, Neverwinter nights II, ambos de Bioware; ou tamén, por exemplo, Vampire: the Masquerade Bloodlines, da desaparecida Troika games, baseado no universo homónimo.
Star Wars: The Rise of Skywalker
Star Wars: The Rise of Skywalker (tamén coñecido como Star Wars: Episode IX – The Rise of Skywalker) é un filme estadounidense de 2019 producido, coescrito e dirixido J. J. Abrams. É o terceiro filme da triloxía secuela da Guerra das galaxias, despois de The Force Awakens (2015) e The Last Jedi (2017), e o episodio final da "saga Skywalker". Foi producido por Lucasfilm e a compañía de Abrams, Bad Robot Productions, e foi distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures.
A convección do manto é o movemento lento e deslizante no manto do silicato sólido da Terra causado polas correntes de convección que transportan a calor desde o interior á superficie do planeta.A litosfera da superficie da Terra cabalga sobre a astenosfera e as dúas forman os compoñentes do manto superior. A litosfera divídese nunha serie de placas que están continuamente creándose e consumíndose nos seus límites de placa. A acreción prodúcese a medida que o manto se agrega aos bordos de crecemento dunha placa, asociado coa expansión do fondo oceánico.
O test de Bechdel, tamén coñecido como test de Bechdel/Wallace é un método para avaliar se un guión de película, serie, cómic ou outra representación artística cumpre cos estándares mínimos para evitar a fenda de xénero. Orixinouse no cómic Dykes to Watch Out For, obra de Alison Bechdel de 1985. A invención do test atribúese a Liz Wallace, unha amiga da autora do cómic.
O software libre (en inglés free software) é o software que se distribúe con condicións nas súas licenzas que garanten que calquera usuario, e para calquera fin, poida empregar, estudar, modificar e publicar o software con novas modificacións. A liberdade que as licenzas lle dan o usuario son tanto a de poder obter o software de xeito gratuíto como a de cobrando o custo da súa distribución, mais sempre se garanta o acceso ao código fonte sen ningún tipo de restrición.Exemplos de software libre son: Darktable, Libreoffice e Gimp. Malia que o termo en inglés free software xa se tiña empregado sen unha definición en particular antes, dáselle o crédito a Richard Stallman de introducilo co lanzamento do movemento do software libre, cando comezou o proxecto GNU en 1983.
Joseph Hill «Joss» Whedon nado o 23 de xuño de 1964 en Nova York, é un director e guionista estadounidense. Traballou en televisión como director, produtor executivo e creador de varias series, sendo coñecido especialmente o seu traballo en Buffy the Vampire Slayer. En cómic o seu traballo máis difundido realizouno dende 2004 en Astonishing X-Men.
Viva la Vida or Death and All His Friends
Viva la Vida or Death and All His Friends é o cuarto álbum da banda inglesa de rock alternativo Coldplay, editado o 11 de xuño do ano 2008 a través do selo Parlophone. A cuberta do álbum é a pintura A Liberdade guiando o pobo de Eugène Delacroix.
Un litro é unha unidade de volume equivalente a un espazo de 1 dm³ (1000 cm³). O seu símbolo é l, se ben en moitas ocasións se usa L para distinguir entre 'l' e '1' nalgunhas grafías, sendo aceptado o seu uso. Porén, a unidade de volume do Sistema Internacional de Unidades (SI) é o metro cúbico (m³), e o litro equivale a unha milésima de metro cúbico.
A escola de Bullenhuser Damm (en galego pódese traducir como «escola do dique de Bullenhuus») foi unha escola inaugurada en 1910, situada no barrio de Rothenburgsort da cidade de Hamburgo (Alemaña). Entre os anos 1944 e 1945, o edificio transformouse nunha extensión do campo de concentración de Neuengamme, e o 21 de abril de 1945 cometeuse nel un dos crimes máis atroces do nazismo: só dúas semanas antes da capitulación da Alemaña nazi, nun crime da fase final, o unterscharführer Johann Frahm (1901 - 1946) e o médico da Schutzstaffel Alfred Trzebinski (1902-1946), baixo o comandamente da obersturmführer Arnold Strippel, asasinaron vinte nenos e nenas xudeus de cinco a doce anos -todos vítimas de experimentos pseudocientíficos do médico das SS Kurt Heissmeyer–, os seus catro coidadores e un mínimo de vinte e catro prisioneiros de guerra soviéticos. Supostamente, seguiran as ordes de Oswald Pohl, obergruppenführer en Berlín, ou, segundo outros testemuños, do mesmo Heinrich Himmler, de asasinar e facer desaparecer todos os testemuños dos crimes de guerra antes da chegada das forzas aliadas.
Lista das Nacións Unidas de territorios non autónomos
A 'Lista das Nacións Unidas de Territorios Non Autónomos' é unha lista de lugares que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas considera "non autónomos" e suxeitos a proceso de descolonización. Soamente poden estar na lista territorios habitados permanentemente. A lista foi establecida pola Asemblea Xeral en 2002.
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008. Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
Tribunal Supremo dos Estados Unidos de América
O Tribunal Supremo dos Estados Unidos (en inglés, Supreme Court of the United States), é o tribunal máis alto existente nos Estados Unidos de América. Como tal, o Tribunal é a cabeza do Poder Xudicial dos Estados Unidos. O Tribunal está formado por un Xuíz Presidente (Chief Justice) e oito Xuíces Asociados (Associate Justices), que son nomeados polo presidente dos Estados Unidos e confirmados co "consello e consentimento" do Senado dos Estados Unidos.
Un substantivo animado é epiceno cando designa tanto a un individuo masculino como feminino independentemente do xénero gramatical do substantivo, pero con xénero fixo. Por exemplo: ourizo, gorila, aguia, rata. No caso de que sexa necesario distinguir o sexo, pódese recorrer a un adxectivo: unha aguia macho e unha aguia femia.
Indicación Xeográfica Protexida
A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) é un nome empregado para designar un produto agrícola, alimenticio ou doutro tipo, que posúe unha orixe xeográfica determinada e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar de orixe. Habitualmente, consiste no nome da localidade, rexión ou país de orixe de tales produtos. Debido a que as calidades do produto proveñen do medio xeográfico no que se elaboran, a indicación xeográfica supón un viorto entre o produto e o lugar de orixe.
O Hebreo bíblico (en hebreo: עִבְרִית מִקְרָאִית Ivrit Miqra'it ou לְשׁוֹן הַמִּקְרָא Leshon ha-Miqra), tamén coñecido como Hebreo clásico, é unha forma arcaica da lingua hebrea, un idioma caanita-semítica falada polos israelitas na área coñecida como Israel, situada entre o río Xordán e o mar Mediterráneo. O termo hebreo non foi utilizado para referirse a esta lingua na Biblia, que se refire a ela como שפת כנען (linguaxe de Canaan) ou יהודית (xudeu, xudaíta), pero o nome foi utilizado polos gregos e nos textos da Mishná.As orixes da hebreo remóntanse epigráficamente arredor do século X a. C. e a fala desta lingua persistiu durante e despois do período do Segundo Templo, que rematou co sitio de Xerusalén do ano 70.
A Universidade de Oxford, situada na cidade de Oxford, en Inglaterra, é a máis antiga universidade do mundo anglófono. A Universidade de Oxford e a Universidade de Cambridge son ás veces referidas colectivamente como "Oxbridge". As dúas universidades manteñen unha longa historia de rivalidade, xa que son as dúas máis antigas e máis coñecidas escolas de Inglaterra.
O topónimo francés Cher pode referirse a: Departamento de Cher, departamento francés pertencente á rexión Centre. Loir e Cher, departamento francés pertencente á rexión Centre. Río Cher, curso fluvial francés, afluente do Loira.Amais, como nome artístico pode referirse a: Cher, cantante, bailarina e actriz estadounidense (n.
Este artigo trata sobre o instrumento en xeral, para a versión galega véxase o artigo: Gaita galega. A gaita é un instrumento musical de vento que na súa forma máis simple consiste nunha bolsa de coiro (fol), no que se almacena o ar que fai que soe o instrumento, ao que se ligan varios tubos, un polo que se sopra (soprete) e un ou varios tubos sonoros, como o tubo melódico (punteiro) e as varas, que varían entre cero e tres (na gaita galega denomínase roncón).
Wout van Aert, nado en Herentals o 15 de setembro de 1994, é un ciclista profesional belga especialista na modalidade de ciclocrós que actualmente milita no equipo Profesional Continental do Veranda's Willems-Crelan. Na súa modalidade principal, o ciclocrós, Wout ten 2 títulos mundiais consecuivos (2016 e 2017) e 2 campionatos belgas (2016 e 2017). En categorías inferiores tamén ten un campionato mundial sub-23, unha prata mundial xúnior e un europeo sub-23.
CiNii é un servizo de referencias bibliográficas, ou base de datos bibliográfica, de material incluído nas bibliotecas académicas xaponesas, que se centra especialmente en obras en xaponés e inglés publicadas no Xapón. Permite realizar, de balde, procuras de información académica en artigos, libros e disertacións. A base de datos foi fundada en abril de 2005 e o seu mantemento corre ó cargo do National Institute of Informatics.
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Jean-Jacques Rousseau, nado en Xenebra (Suíza) o 28 de xuño de 1712 e finado en Ermenonville o 2 de xullo de 1778, foi un filósofo suízo, escritor, teórico político e un compositor autodidacta. Unha das figuras sobranceiras do Iluminismo francés, Rousseau é tamén un precursor do romanticismo. Rousseau cóntase entre os autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, fronte a un presente desordenado e desigual do século XVIII. Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el.
A cigarra e a formiga é unha das fábulas atribuídas a Esopo e recontada por Jean de La Fontaine e Félix María Samaniego. Nela aparece unha chicharra que ao chegar o inverno queda sen alimento e pídello á súa veciña a formiga. Esta, contando non ter a esgalla para as dúas repóndelle negativamente e laiase que non fixese nada durante o verán.
Paisaxe ou país é o nome que a historiografía da arte dá ao xénero pictórico que representa escenas da natureza, tales como montañas, vales, árbores, ríos e bosques. Case sempre se inclúe o ceo e as condicións atmosféricas, que poden ser un elemento importante da composición. Ademais da paisaxe natural, tamén se trata, como un xénero específico, a paisaxe urbana.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Un xogo é unha actividade recreativa que envolve un ou máis xogadores. Caracterízase por ter un obxectivo que os xogadores tratan de acadar e por un conxunto de regras que din o que os xogadores poden ou non poden facer. A función principal dun xogo é a de entreter e divertir, pero pode tamén representar un papel educativo.
Copa Príncipe de Asturias de fútbol
A Copa Príncipe de Asturias de fútbol foi unha competición entre seleccións formadas por xogadores pertencentes ás distintas federacións territoriais afiliadas á Real Federación Española de Fútbol. Foi disputada de 1914 a 1918 co seu nome orixinal, e de 1922 a 1926 co nome de Campionato Interrexional. As federacións territoriais podían seleccionar calquera futbolista dos seus clubs federados para participar no torneo, independentemente do lugar onde naceran.
Katharine Houghton Hepburn, nada en Hartford, Connecticut o 12 de maio de 1907 e finada en Fenwick, Connecticut o 29 de xuño de 2003, foi unha actriz estadounidense. É a única actriz que gañou catro Óscars e unha das máis nomeadas, con doce candidaturas, tan só superada por Meryl Streep con vinte e unha candidaturas.
Un cumio (tamén chamado bico, cima, cume, cúspide ou pico) é, en topografía, un punto dunha superficie que é máis elevado en altitude que todos os puntos inmediatamente adxacentes a el.Xeralmente, o termo cumio só é empregado para os picos montañosos que posúen un grao significativo de prominencia topográfica ou singularidade topográfica (gran distancia ao momento máis próximo de maior elevación); así, un bloque rochoso próximo á cima principal dunha montaña non é considerado un cumio.
Eleccións parlamentarias de Turquía de 2023
As eleccións parlamentarias turcas de 2023 están programadas para o 14 de maio de 2023, como parte das eleccións xerais de 2023, xunto coas eleccións presidenciais do mesmo día.Os votantes de 87 distritos electorais elixirán a 600 membros do Parlamento para a Grande Asemblea Nacional de Turquía por un período de cinco anos, formando o 28º Parlamento do país.