Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura. A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. O seu símbolo é m. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983).
A festa dos maios, tamén coñecida simplemente como os maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
Adolf Hitler (en alemán: Adolf Hitler, [ˈadɔlf ˈhɪtlɐ] (AFI), escoitar), nado en Braunau am Inn (Austria) o 20 de abril de 1889 e finado en Berlín o 30 de abril de 1945, foi o líder do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (en alemán Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP), tamén coñecido por Nazi, unha abreviatura do nome en alemán (Nationalsozialistische), sendo aínda oposición aos socialdemócratas, os Sozi. Hitler converteuse en chanceler e, posteriormente, ditador alemán. Era fillo dun funcionario de alfándega dunha cidade fronteiriza de Austria con Alemaña.
Alex Kidd in Miracle World é un videoxogo de plataformas para a consola de 8-bit Sega Master System. Foi publicado no Xapón o día 1 de novembro de 1986, e con posterioridade nos EEUU en decembro dese mesmo ano, en Europa en setembro de 1987, en Corea do Sur en outubro de 1988, e no Brasil en 1989. Un remake feito por Merge Games e Jankenteam, titulado Alex Kidd in Miracle World DX, foi publicado o 22 de xuño do 2021.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
O Google Arts & Culture é un sitio web que presenta unha recompilación de imaxes en alta resolución de obras de arte expostas en varios museos do mundo, así como un percorrido virtual polas galerías nas que se atopan. O proxecto foi posto en servizo por Google o 1 de febreiro de 2011 con 1061 obras de dezasete museos, entre os que se atopan o Tate Britain de Londres, o Museo Metropolitano de Arte de Nova York, e a Galería Uffizi de Florencia.
O Apollo 13 foi a sétima misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América. Non puido cumprir o seu obxectivo, que era realizar unha aluaxe na rexión de Fra Mauro, debido ás enormes complicacións causadas pola explosión dun tanque de osíxeno cando a nave espacial viaxaba cara á Lúa. Esta aventura espacial foi levada ao cine en 1995 coa película Apollo 13.
Revolución Industrial é o proceso de evolución que conduce unha sociedade dende unha economía agrícola tradicional ata outra caracterizada por procesos de produción mecanizados para fabricar bens en grande escala. A primeira Revolución Industrial, tamén coñecida como Revolución Científico Tecnolóxica (RCT), xestouse durante cerca de 300 anos, pero a súa expresión tecnolóxica deuse na revolución industrial e os seus efectos prolónganse ata 1780. Varias foron as circunstancias económico-sociais asociadas a esta primeira RCT: A descomposición da sociedade feudal, o desenvolvemento do capital comercial, o desenvolvemento das relacións comerciais marítimas, o impulso da industria pesada (mineira e metalúrxica), revolución agrícola (grazas á industria química: fertilizantes...) e desenvolvemento da industria química.
Unha abadía (do latín tardío abbatia, derivado do arameo abba, "pai") é un mosteiro ou convento cristián, baixo o goberno dun abade ou abadesa, independente da xurisdición ordinaria dos bispos, que serve de pai ou nai espiritual da comunidade. Un priorado só se diferenza dunha abadía en que o superior leva o título de prior ou prioresa: os priorados foron en orixe dependencias das grandes abadías, pero hoxe a distinción entre abadías e priorados perdeuse.
One Direction (tamén coñecidos como 1D) é unha banda xuvenil anglo-irlandesa de pop establecida en Londres, composta por Niall Horan, Liam Payne, Harry Styles e Louis Tomlinson; o antigo membro, Zayn Malik deixou o grupo en marzo de 2015. Asinaron co selo discográfico de Simon Cowell Syco Records despois de acabar terceiros na versión británica do programa The X Factor en 2010. Contan cun grande éxito internacional, e lanzaron cinco álbums ó mercado Up All Night (2011), Take Me Home (2012), Midnight Memories (2013), Four (2014) e Made in the A.M. (2015) cos cales bateron récords, estiveron na maioría das listas musicais, e deron sinxelos exitosos como "What Makes You Beautiful", "Live While We're Young", "Story of My Life" e "Steal My Girl".
O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference. O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas.
Indira Priyadarshini Gandhi, nada co apelido Nehru en Allahabad o 17 de novembro de 1917 e finada en Delhi o 31 de outubro de 1984, foi unha política india e figura central do Congreso Nacional Indio. Foi a primeira e, polo momento, única muller que exerceu como Primeira Ministra da India. Indira Gandhi era a filla de Jawaharlal Nehru, o primeiro Primeiro Ministro da India.
O Rinoceronte de Dürer é un gravado en madeira de Albrecht Dürer realizado en 1515 que se converteu nunha icona cultural, e que segundo algúns críticos, é a «representación dun animal que máis influencia tivo na historia da arte». Está baseado en bosquexos e descricións duns dos primeiros rinocerontes que chegaron a Europa, concretamente na corte portuguesa.
Prison Break é unha serie de televisión estadounidense creada por Paul Scheuring que comezou a emitir a Fox Broadcasting Company o 29 de agosto de 2005. A serie céntrase en dous irmáns, un que foi condenado á pena de morte por un crime que non cometeu e outro, Michael Scofield, que se fai deter expresamente para ingresar en prisión para fuxir co seu irmán. A serie produciuna Adelstein-Parouse Productions, en colaboración con Original Television e 20th Century Fox Television.
Anne Lister, nada en Halifax o 3 de abril de 1791 e finada en Kutaisi o 22 de setembro de 1840, foi unha propietaria de terras, alpinista e viaxeira británica, coñecida polo seu diario codificado que orixinou o filme The Secret Diaries of Miss Anne Lister. Ao longo da súa vida, mantivo un diario onde narrou os detalles da súa vida cotiá, incluíndo as súas relacións lésbicas, as súas preocupacións financeiras, as súas actividades industriais e o seu traballo dedicado ao Salón Shibden. Os diarios conteñen máis de catro millóns de palabras e preto dun sexto delas (aquelas que tratan sobre os detalles íntimos das súas relacións amorosas e sexuais) foron escritas en código.
Columbia Records é un selo discográfico estadounidense, pertencente a Sony Music Entertainment, e operado como parte do Columbia/Epic Label Group. Fundouse en 1888, evolucionando dunha empresa anterior, a American Graphophone Company (sucesora da Volta Graphophone Company). Columbia é a marca máis antiga de son pre-gravado, sendo a primeira compañía discográfica en producir discos pre-gravados en oposición aos cilindros.
The Wall Street Journal é un xornal estadounidense internacional en lingua inglesa, con énfase especial en noticias de negocios e economía. Publícase seis días á semana na cidade de Nova York por Dow Jones & Company, unha división de News Corp, xunto coas edicións asiáticas e europeas. Journal é o xornal en circulación máis grande dos Estados Unidos.
Path of Exile é un videoxogo de rol en liña free-to-play desenvolvido e publicado por Grinding Gear Games, financiado por microtransacións. Publicouse unha beta aberta o 23 de xaneiro de 2013, e o xogo publicouse oficialmente o 23 de outubro de 2013.O xogador controla a un único personaxe dende unha perspectiva cenital e debe explorar varias zonas abertas de exteriores así como covas e alxubes, loitando contra varios monstros e completando varias misións fornecidas por NPCs para gañar puntos de experiencia e conseguir mellores armas e armaduras. O xogo está fortemente inspirado na serie de videoxogos Diablo, particularmente no videoxogo Diablo II. GameSpot nomeouno o "Xogo do Ano de PC" de 2013, e para IGN foi o "Mellor xogo de rol de PC de 2013".
Akira Kurosawa (黒澤 明, Kurosawa Akira), nado en Toquio o 23 de marzo de 1910 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 1998, foi un director, produtor e guionista de cine xaponés. As súas películas influenciaron grandemente unha xeración enteira de realizadores como George Lucas ou Sergio Leone. A súa primeira película acreditada (Sugata Sanshiro) presentouse en 1943 e a última (Madadayo) en 1993.
O premio César é a recompensa cinematográfica outorgada anualmente aos profesionais da sétima arte nas diversas categorías do cinema francés ás mellores producións así como tamén aos artistas, directores e demais traballadores do mundiño. Os filmes premiados deben ter sido estreados nas salas entre o primeiro de xaneiro e o 31 de decembro do ano precedente á cerimonia.
Na tradición artística do século XX, un deseñador gráfico é o profesional contratado para preparar a imaxe corporativa dunha empresa ou dun produto visual (anuncio, programa televisivo). Nunha acepción máis actualizada debido ó auxe da informática, é a persoa encargada de manter a aparencia dun sistema (p.ex., un sitio web) dun xeito determinado, que normalmente inclúe o obxectivo de xeración de interese a través da visualización mesma e a facilidade de uso a través da estética.
F-Zero: Maximum Velocity, estreado no Xapón como F-Zero for Game Boy Advance, é un videoxogo futurístico de carreiras desenvolvido por Nd Cube e distribuído por Nintendo para Game Boy Advance. O xogo foi estreado no Xapón, América do Norte e Europa no 2001. É o primeiro videoxogo da serie en ser lanzado para consola portátil.
O Handle System é o rexistro propietario de Corporation for National Research Initiatives que atribúe identificadores persistentes ou manexa os recursos de información para resolver "eses controladores na información necesaria para localizar, acceder e utilizar os recursos".Do mesmo xeito que as "handle" usados noutras partes da computación, os procedementos do "Handle System" son opacas e non codifican información sobre o recurso subxacente, estando unidas só a metadatos sobre o recurso. En consecuencia, non son válidas as modificacións nos metadatos.
Westworld é un filme estadounidense de ciencia ficción escrito e dirixido por Michael Crichton, o cal se estreou en 1973. O filme tivo unha secuela, Mundo futuro (estreada en galego o 21 de setembro de 1995 a través da TVG) e unha miniserie de televisión Beyond Westworld. En 2016, HBO estreou unha serie de televisión homónima baseada na trama do filme orixinal.
A comedia de situación (situation comedy ou sitcom en inglés) consisten normalmente nunha serie de televisión con personaxes comúns onde hai unha ou máis historias de humor simuladas en ambientes comúns como familia, grupo de amigos, lugar de traballo. En xeral gravanse en fronte dun público en vivo e caracterízanse polos "risos enlatados". A comedia de situación ten a súa orixe nas radio comedias da época dourada da radio no Reino Unido, mais hoxe é unha peza fundamental da programación.
A microfluídica estuda o comportamento de líquidos e gases nas escalas máis pequenas. Este comportamento diferénciase de maneira fundamental do observado en fluídos macroscópicos porque a esta escala algúns efectos normalmente considerados insignificantes en mecánica de fluídos clásica poden ser dominantes. Se por exemplo as forzas de fricción son predominantes con respecto ás forzas inercias, o que se corresponde cun fluxo a baixo número de Reynolds, o fluxo resultante é laminar sen turbulencias apreciables.
My Stepmother Is An Alien é un filme estadounidense, unha comedia de ficción científica de 1988. O filme produciuno Weintraub Entertainment Group e distribuiuno Columbia Pictures, a dirección é de Richard Benjamin e os protagonistas principais Kim Basinger, Dan Aykroyd, Jon Lovitz e Alyson Hannigan.
Os pingüíns son un grupo de aves mariñas non voadoras que habitan no hemisferio sur. Todos pertencen a unha mesma familia: Spheniscidae. Contrariamente á crenza popular, os pingüíns non habitan unicamente en climas fríos e moitas especies habitan tanto no norte como nas illas Galápagos cerca da liña ecuatorial.
Interscope Records é unha casa discográfica estadounidense que naceu en 1990, fundada por Jimmy Iovine e Ted Field co apoio económico de Atlantic Records (que se fixo co 50% do selo). En 1992 Jimmy Iovine axudou a Death Row Records financiando e alcanzando un acordo de distribución con eles por medio de Interscope.
Un invento ou invención é un obxecto, técnica ou proceso que posúe características novedosas. Pode estar baseado nalgunha idea, colaboración ou innovación previa e o proceso da mesma require polo menos o coñecemento dun concepto ou un método existente que se poida modificar ou transformar nunha nova invención. Con todo, algunhas invencións tamén representan unha creación innovadora sen antecedentes previos na ciencia ou a tecnoloxía que amplían os límites do coñecemento humano.
Fight Club é un filme estadounidense de 1999 baseado na novela homónima de 1996 escrita por Chuck Palahniuk, dirixido por David Fincher con Brad Pitt, Edward Norton e Helena Bonham Carter coma protagonistas. Norton representa o protagonista sen nome, ó que se fai referencia como Narrador, un home insatisfeito co seu traballo de oficina e con problemas de insomnio que forma un "club da loita" co fabricante de xabón Tyler Durden, representado por Pitt, ó que se unen outros homes que queren loitar entre eles por diversión. O Narrador vese envolto nunha complicada relación con Durden e con Marla Singer, representada por Bonham Carter, mentres que o club evoluciona cara a unha organización anticapitalista que leva a cabo un ataque terrorista.
The Last of Us é un videoxogo de acción e horror desenvolvido por Naughty Dog e distribuído por Sony Computer Entertainment exclusivamente para a PlayStation 3. Foi estreado oficialmente o 10 de decembro de 2011, durante a Spike TV Video Game Awards e a súa estrea mundial fíxose o 14 de xuño de 2013. O xogador ten o control de Joel (voz e movementos de Troy Baker), que está viaxando a través duns Estados Unidos postapocalípticos no ano 2033, coa fin de acompañar a Ellie (voz e movementos de Ashley Johnson) cara un grupo de resistencia, os Fireflies, que segundo cre Ellie, pode ser a chave para atopar a cura da infección que devastou o mundo.
O nome é a designación ou denominación verbal (as denominacións non verbais son estudadas pola iconoloxía e a iconografía) que se lle dá a unha persoa, animal, cousa, ou concepto tanxible ou intanxible, concreto ou abstracto, para distinguilo doutros. Como signo, en xeral é estudado pola semiótica, e como signo nunha contorna social, pola semioloxía.
O adxectivo é unha clase de palabra que funciona ordinariamente como adxacente do nome, é dicir, como complemento nominal adxunto que se sitúa diante ou despois do substantivo ó cal se refire. Por significado, sinala unha calidade atribuída a un substantivo, ben abstracta (percibible pola mente, como en "libro difícil"), ben concreta (percibible polos sentidos, como en "libro azul"). En canto á súa morfoloxía, o adxectivo non posúe accidente de xénero ou número, senón que o adquire do substantivo ao que determina ou ben do artigo que o acompaña, cando se produciu unha metábase.
David Hilbert, nado en Königsberg o 23 de xaneiro de 1862 e finado en Gotinga o 14 de febreiro de 1943, foi un matemático alemán. Está recoñecido como un dos matemáticos máis influentes e universais de finais do século XIX e comezos do XX. Descubriu e desenvolveu un amplo número de ideas fundamentais en moitas áreas, como a teoría de invariantes e a axiomatización da xeometría. Tamén formulou a teoría dos espazos de Hilbert, un dos fundamentos da análise funcional.
O acusativo é o nome dun caso que nas linguas flexivas de raíz indoeuropea é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento directo, aínda que pode aparecer tamén noutras como na expresión da dirección etc. O caso acusativo provén do chamado polos primeiros gregos causal. Apolonio Díscolo viu que o acusativo non era o caso da causa, senón o caso do efecto.
Nicole Mary Kidman, nada en Honolulú (Hawai) o 20 de xuño de 1967, é unha actriz e produtora con dobre nacionalidade australiana e estadounidense. Gañou un Óscar, catro Globo de Oro, un Bafta e un Oso de Prata á mellor actriz, entre outros. Ten unha irmá máis nova, Antonia Kidman, que tamén é actriz.
Casablanca (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade do Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do Océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.
Beastie Boys foi un grupo musical de hip hop de Nova York fundado en 1978. A banda estaba composta por Michael "Mike D" Diamond (voces, batería), Adam "MCA" Yauch (voces, baixo), e Adam "Ad-Rock" Horovitz (voces, guitarra, programación). Beastie Boys formouse a partir da banda de hardcore punk experimental The Young Aborigines, fundada ee 1978 e que tiña a Diamond como vocalista, a Jeremy Shatan no baixo, a John Berry na guitarra, e a Kate Schellenbach na batería.
O Reino dos Países Baixos é un Estado soberano membro da Unión Europea composto por catro países, os Países Baixos, Aruba, Curaçao e Sint Maarten. O Estatuto do Reino dos Países Baixos, data de 1954, determina os asuntos xestionados polo Reino. O monarca do Reino é tamén o monarca de cada un dos países.
Virtual Console (バーチャルコンソール, Bācharu Konsōru), tamén coñecido como VC, é un servizo de descarga de videoxogos clásicos ofrecido por Nintendo para as súas videoconsolas Wii, Nintendo 3DS e Wii U. Segundo palabras do daquela presidente de Nintendo, Satoru Iwata, a consola virtual supón para os videoxogos o que iTunes Store de Apple supón para a música. O servizo ofrece ó usuario xogos para descargar das antigas videoconsolas de Nintendo (NES, Super Nintendo e Nintendo 64) e tamén de Sega Mega Drive, Neo-Geo, TurboGrafx-16 e Sega Master System, así como dos ordenadores Commodore 64 e MSX e xogos de antigas portátiles (Game Gear, Gameboy, Gameboy Color, Gameboy Advance e Nintendo DS).Reggie Fils-Aimé, presidente de Nintendo Of America, confirmou durante o Electronic Entertainment Expo 2018 que o servizo non chegará a Nintendo Switch, sendo substituído polo servizo Nintendo Switch Online, que comezou a estar operativo en setembro de 2018.
Unha cadea de televisión é unha rede de distribución para contidos de televisión a través da cal un control centralizado proporciona programación para varias canles de televisión. Ata mediados dos anos 1980, a programación de televisión na maioría dos países do mundo estaba dominada por un pequeno número de redes de emisión. Moitas das primeiras cadeas de televisión (BBC, NBC ou CBS) evolucionaron das anteriores cadeas de radio.
O botón direccional, tamén coñecido como cruz direccional, pad direccional ou D-pad, é o controlador dixital de direccións en forma de cruz que posúen os gamepads das consolas de videoxogos. Aínda que foron en parte desprazados polas pancas analóxicas, continúan a estar presentes mesmo nas consolas da última xeración. Os botóns direccionais poden dividirse, segundo a morfoloxía, en dous grupos: Botón direccional simple: Peza de plástico con forma de cruz, ben próxima da superficie (Nintendo NES, Game Boy, Super Nintendo) ou un pouco afundida (Nintendo 64, Dreamcast, Gamecube, Playstation).
Para outros significados, consultar o arquipélago de Madeira ou Madeira (homónimos). A madeira é un material sólido, orgánico, higroscópico (absorbe auga) e ortotrópico (crecemento diferente nas dimensións espaciais) obtido orixinalmente do tronco das plantas leñosas, especialmente das árbores, mais tamén dos arbustos. Esas plantas perennes caracterízanse polos caules, que crecen en diámetro ano tras ano, e tamén están compostas por celulosa, hemicelulosa e lignina entre os seus tecidos.
A Fed Cup, chamada ata 1995 Federation Cup (Copa Federación), é unha das competicións máis importantes do tenis feminino. Dispútase entre equipos nacionais, sendo unha competición similar á Copa Davis do tenis masculino. Comezou a disputarse en 1963 e anualmente participan 99 países, en varios grupos e roldas.
A Union List of Artist Names (ULAN) é unha base de datos en liña que emprega un vocabulario controlado, mantida polo Getty Research Institute. Os títulos almacenados na ULAN poden incluír nomes, pseudónimos, variacións dos nomes, nomes en múltiples linguas e nomes que sufriron cambios co tempo. Malia que se amosa como unha lista, a ULAN está estruturada como un thesaurus, que cumpre os estándares correspondentes ISO e NISO, contendo relacións asociativas, xerárquicas e de equivalencia.
O Ermitage ou Museo Estatal do Ermitage (en ruso Государственный Эрмитаж / Gosudarstvenniy Ermitaž) en San Petersburgo, Rusia, é unha das maiores, máis antigas, importantes e famosas galerías de arte e museos da historia humana e da cultura do mundo. As vastas coleccións do Ermitage están despregadas en seis edificios, sendo un dos principais o Palacio de Inverno que fora a residencia oficial do Tsar das Rusias.
Terminator (en inglés: The Terminator) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que foi estreado no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.
Charlize Theron, nada o 7 de agosto de 1975 en Benoni, Gauteng, Suráfrica é unha actriz, produtora e modelo surafricana e estadounidense. É unha das actrices mellor pagadas do mundo, e ao longo da súa carreira recibiu varios galardóns, incluíndo un Premio Óscar, un Screen Actors Guild Award e un Globo de Ouro. En 2016, a revista Time considerouna unha das 100 persoas máis influentes do mundo.
A Song of Ice and Fire (en galego Unha canción de xeo e lume) é unha serie de novelas de George R. R. Martin (algunhas aínda non publicadas) do xénero de fantasía épica e acadou un grande éxito de crítica e público. Martin comezou a escribir a serie en 1991 e o primeiro volume publicouse en 1996. Orixinalmente ía ser unha triloxía, mais a serie consiste en cinco volumes publicados e dous máis proxectados.
Terremoto e tsunami de Sendai de 2011
O terremoto e tsunami de Sendai en 2011(東北地方太平洋沖地震, Terremoto da rexión de Tōhoku e da zona costeira do Océano Pacífico) foi un sismo ocorrido ás 14:46:23 (05:46:23 UTC) do venres 11 de marzo de 2011, que alcanzou unha magnitude provisional de 8,9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW). O domingo 13 de marzo recalificouse pola axencia sismolóxica xaponesa nun 9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW), o que o fai o cuarto maior terremoto do que se ten constancia na historia. O epicentro do terremoto situouse no mar, fronte á costa de Honshu, 130 km ao leste de Sendai, na prefectura de Miyagi, Xapón.
Rick Dangerous é un videoxogo desenvolvido por Corel Design en 1989 para Amiga, Amstrad CPC, Atari ST, Commodore 64, ZX Spectrum e DOS. Baseado no personaxe de Indiana Jones é un arcade de habilidade no que Rick Dangerous ten que superar tres fases diferentes, no templo azteca terá que recoller as estatuas do deus Sol, na pirámide exipcia onde terá que rescatar a pedra Ankhal que caeu en poder duns fanáticos que pretenden destruíla e a última fase é unha fortaleza nazi na que terá que salvar a uns prisioneiros británicos.
A Game Boy (ゲームボーイ, Gēmu Bōi) é unha videoconsola portátil de videoxogos desenvolvida e manufacturada por Nintendo. Foi lanzada por primeira vez ao mercado no Xapón o 21 de abril de 1989, chegando posteriormente a outros mercados. Esta é a primeira videoconsola portátil dentro da liña que leva ese mesmo nome (Liña Game Boy).
O drama (do grego δράμα, "facer" ou "actuar") é a forma de presentación de accións a través da súa representación por actores e por medio do diálogo. Posteriormente, o drama divídese en xéneros realistas e xéneros non realistas. O primeiro está composto pola traxedia e a comedia, e no século XX engadiúselle e traxicomedia, tamén coñecida como comedia tráxica clásica, recoñecida como tal desde o Renacemento.
Un videoxogo para un xogador, (single-player en inglés) é aquel que ten entrada para un único xogador . Os videoxogos máis temperáns, como Tennis for Two, eran para dous xogadores, os xogos para un único xogador gañan popularidade pouco despois con títulos como Speed Race e Space Invaders. A primeiros dos 90 presentáronse moitos xogos que utilizaron redes de área local para modos de multixogador, Doom é un exemplo notábel destes.
Os adenovirus son grupos de virus que conteñen ADN, foron por vez primeira illados en células adenoides humanas do que lles vén o nome. Están clasificados no Grupo I da clasificación de Baltimore, son de tamaño medio (60-90 nm), illaronse máis de 100 serotipos, dos cales aproximadamente 51 son capaces de infectar humanos.
Videoxogo de estratexia en tempo real
Os videoxogos de estratexia en tempo real ou RTS (siglas en inglés de real-time strategy) son videoxogos de estratexia nos que non hai quendas senón que o tempo transcorre de forma continua para os xogadores. Os videoxogos en tempo real son un dos subxéneros dos xogos de estratexia máis dinámicos que hai. Ademais, por regra xeral están máis traballados no apartado gráfico, xa que ó ter terreos de xogo máis pequenos que outros subxéneros, pódense representar máis texturas sen alterar tanto o rendemento.
O Decamerón (en italiano Decamerone ou Decameron, do grego antigo, deka = dez; hemeron = día) é unha colección de relatos, escrita no Trecento por Giovanni Boccaccio. Aínda que o autor emprega o vocábulo novella, o termo non corresponde ao que en galego se entende por unha novela, en todo caso correspondería a unha novela breve. O libro recolle as narracións dun grupo de mozos, sete mozas e tres mozos, que refuxiados fóra da cidade (por dez días), escapando da peste negra do 1348, para se entreter contan, por quendas, con talante humorístico e, con frecuencia cheos do erotismo bucólico da época.
O termo realia pode referirse a: Realia: en tradutoloxía, palabras que denotan obxectos, conceptos e fenómenos propios dunha determinada cultura; Premio Realia de Tradución Literaria: galardón literario organizado pola Editorial Hugin e Munin en colaboración co Concello de Santiago de Compostela; Realia: o uso pedagóxico de obxectos da vida real; Realia: grupo inmobiliario español; Torre Realia BCN: rañaceos situado na praza de Europa de L'Hospitalet de Llobregat, tamén coñecida como «Torres Fira».
Setlist ou Set list é un documento que fai relación das cancións que unha banda musical vai interpretar nun concerto en particular. Adoita a estar impreso ou escrito nun papel, nun cartón ou nunha lámina, aínda que xa hai conxuntos que empregan as novas tecnoloxías, coma a dun IPad. O termo pode facer tamén relación á lista das cancións, pero non nun sentido físico.
Shigeru Miyamoto (en xaponés 宮本茂), nado en Sonobe-cho (Quioto) o 16 de novembro de 1952, é un deseñador de videoxogos xaponés, creador de Mario, ademais doutras das principais franquías de Nintendo como Donkey Kong ou The Legend of Zelda. É ademais o buque insignia da compañía nipoa, un dos pais dos videoxogos complexos e está considerado como o mellor deseñador da súa rama da industria do entretemento electrónico de todos os tempos, tanto pola crítica como polos seus propios compañeiros de profesión e as súas fans.
A Capela Sistina é unha capela localizada no Palacio Apostólico, ao norte da Basílica de San Pedro, no Vaticano. Foi construída a partir de 1475 e inaugurada o 9 de agosto de 1483 polo Papa Sisto IV. O interior foi redecorado a partir de 1508, baixo encomenda do Papa Xulio II, con frescos de Michelangelo Buonarroti, entre os que se atopa a célebre Creación de Adán. Michelangelo terminou o seu traballo en 1541, xa baixo o pontificado de Paulo III, coa conclusión da representación do Xuízo Final, sobre o altar.
Non confundir con adherente Un adhesivo é un soporte de texto ou imaxes impresas ou serigrafadas sobre unha lámina de vinilo, papel ou tea, en cuxa parte posterior se dispuxo dunha fina capa de adherente. Esta lámina vai pegada sobre un papel siliconado ou transfer co fin de manter a capacidade de adhesión até o momento en que se decida fixar esta lámina sobre outra superficie de forma definitiva. Algúns adhesivos non necesitan a capa adherente, xa que se colocan sobre superficies moi lisas, como o cristal ou a cerámica, e a fixación realízase por efecto electrostático.
Mad Max: Furia na estrada (en inglés: Mad Max: Fury Road) é un filme de acción dirixido e producido por George Miller, e escrito por Miller, Brendan McCarthy e Nico Lathouris que foi estreado no 2015. É o cuarto título da serie Mad Max, e foi producido por Kennedy Miller Mitchell, RatPac-Dune Entertainment e Village Roadshow Pictures. Está ambientado nun deserto do futuro onde a auga e a gasolina son bens moi cobizados.
A Game of Thrones ("Un xogo de Tronos") é o primeiro libro de A Song of Ice and Fire ("Unha canción de xeo e lume"), unha serie de novelas de fantasía escritas polo autor norteamericano George R. R. Martin. Foi publicado por primeira vez o 6 de agosto de 1996. Na novela, preséntanse varios puntos de vista e liñas argumentais, sendo as tres máis importantes: a loita das casas nobres polo control dos Sete Reinos principalmente a Casa Stark, a Casa Lannister e a Casa Baratheon, a actual dinastía gobernante; o tema do Muro e a loita co descoñecido alén dos reinos, e a historia de Daenerys Targaryen, derradeiro membro da Casa Targaryen, que gobernara os Sete Reinos ata quince anos antes do comezo do libro.
En sintaxe chámase complemento directo (ou obxecto directo) a función que desempeña un sintagma nominal, un pronome ou unha oración subordinada substantiva que é afectada de forma directa e inmediata pola actividade do verbo: "Pedro come peras". Por iso é un complemento que é seleccionado soamente polos verbos transitivos.