Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2024.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Con saias e a rachar (en inglés: Some Like It Hot) é unha comedia de 1959 de Billy Wilder protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O'Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff. A película foi adaptada por Billy Wilder e I.A.L. Diamond partindo dunha historia de Robert Thoeren e Michael Logan. Logan escribira a historia (sen gánsteres) para unha película alemá, Fanfaren der Liebe (dirixida por Kurt Hoffmann en 1951), así que a película de Wilder é considerada por algúns como un remake.
TV.com é un sitio web propiedade de CNET Networks. O sitio alberga contido sobre os programas e canles de televisión e tamén alberga información sobre a radio dos Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Australia, Xapón, e de Irlanda. Ofrece unha guía de televisión, noticias, comentarios, fotos, tráileres e anuncios de televisión.
Incredibles 2 é un filme de animación estadounidense de 2018 producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Escrito e dirixido por Brad Bird, é a secuela do filme de 2004 The Incredibles e o segundo título da franquía. O seu argumento é unha continuación directa dos eventos do primeiro filme e conta as aventuras da familia Parr e a súa busca do equilibrio entre a súa vida como superheroes e como unha familia civil normal.
O castelán de España é o conxunto de variedades da lingua castelá falada na Península Ibérica. Adóitanse distinguir dúas grandes áreas dialectais: as variedades setentrionais e as meridionais. Algúns autores tamén falan de dialectos para facer referencia ao castelán falado nas zonas de lingua catalá e lingua galega.
Star Wars: The Rise of Skywalker
Star Wars: The Rise of Skywalker (tamén coñecido como Star Wars: Episode IX – The Rise of Skywalker) é un filme estadounidense de 2019 producido, coescrito e dirixido J. J. Abrams. É o terceiro filme da triloxía secuela da Guerra das galaxias, despois de The Force Awakens (2015) e The Last Jedi (2017), e o episodio final da "saga Skywalker". Foi producido por Lucasfilm e a compañía de Abrams, Bad Robot Productions, e foi distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures.
Unha obra derivada é, en termos lexislativos de dereitos de autor, unha obra intelectual creada a partir dunha ou outras xa existentes incluíndo aspectos que poden estar suxeitos a dereitos de autor. A obra derivada debe garantir os dereitos de autor da obra orixinal. Exemplos de obras derivadas poden ser unha tradución, unha adaptación musical, unha adaptación a outro medio de comunicación ou un resumo.
Os homógrafos son palabras que se escriben igual pero teñen significados diferentes, como por exemplo mango (froita) e mango ("rabo"), que teñen sentidos diferentes, etimoloxías diferentes e a mesma representación gráfica e a mesma pronuncia. Fálase tamén de homógrafos para os casos de polisemia, ou sexa, cando unha mesma forma representa dous sentidos claramente diferenciados, como orde, "disciplina" ou "secuencia". Dous homógrafos poden ter tamén pronuncias diferentes, como bóla ("esfera") e bola ("peza de pan").
Cultivar é a designación dada a determinada forma dunha planta cultivada e corresponde a un determinado xenotipo e fenotipo que foi seleccionado e recibiu un nome único e debidamente rexistrado con base nas súas características produtivas, decorativas ou outras que o tornen interesante para o cultivo. O cultivar debe presentar durante o cultivo, e manter durante o proceso de propagación, un conxunto único de características que o distingan de maneira consistente de plantas semellantes da mesma especie. O termo foi cuñado polo especialista en horticultura Liberty Hyde Bailey, que o derivou das palabras inglesas "cultivated" e "variety" ("cultivado" e "variedade"), co que significaría estritamente "variedade cultivada" dunha especie vexetal.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
A Relación de aspecto (tradución directa do inglés aspect ratio) dunha imaxe é a proporción entre a largura e a altura e calcúlase dividindo a primeira pola segunda, considerando esta última como a imaxe visíbel na pantalla. Polo xeral, exprésase como «X:Y». Así, por exemplo, a relación de aspecto dunha pantalla de televisión tradicional é de 4:3, que tamén se pode expresar como 1,33:1, ou ben o formato panorámico dos 16:9 (ou 1,77:1).
Para o álbum de Third Day, véxase Come Together (álbum)."Come Together" é unha canción de The Beatles escrita principalmente por John Lennon e acreditada a Lennon/McCartney. A canción é a primeira no álbum de setembro de 1969, Abbey Road. Un mes despois tamén apareceu como un dos lados do sinxelo número vinte e un do grupo (foi un single con dúas caras, a outra ocupábaa "Something" de George Harrison) no Reino Unido, e o seu número vinte e seis nos Estados Unidos.
Harry Potter e as reliquias da morte
Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre os filmes e mais os videoxogos.Harry Potter e as reliquias da morte é o nome do sétimo e derradeiro libro da saga de Harry Potter escritos pola británica J. K. Rowling. O título en inglés foi revelado na páxina web oficial da súa autora o 21 de decembro de 2006. Máis tarde, o 1 de febreiro de 2007 anunciouse oficialmente que a data da publicación da edición en inglés do libro será o 21 de xullo de 2007.
Unha materia prima ou primeira materia é unha materia utilizada pola industria para crear un produto que o ser humano desexa. Frecuentemente o termo é usado para denotar materiais que veñen da natureza e aínda están nun estado de transformación mínima. Debido á división do traballo e á crecente especialización das diferentes industrias, frecuentemente os produtos dunhas serven de materia prima a outras, de modo que o habitual é que antes de construír ou fabricar definitivamente un ben de consumo, as materias primas transfórmanse nun primeiro paso en produtos semielaborados ou semiacabados.
En gramática, o infinitivo é unha forma verbal non finita que mostra as características dun substantivo e carece dalgúns trazos típicos dun verbo (como a expresión de categorías, por exemplo: a persoa, o estado de ánimo, etc.). Por convención lexicográfica, o infinitivo é en moitas linguas a forma empregada para enunciar un verbo e, polo tanto, a que aparece como entrada de dicionario ou lema. Porén, o infinitivo non sempre ten todas estas características nunha lingua determinada.
Alicia no país das marabillas ou As aventuras de Alicia no País das Marabillas é unha obra literaria creada en 1865 polo matemático, diácono anglicano e escritor británico Charles Lutwidge Dodgson, baixo o pseudónimo Lewis Carroll. O conto explica a historia dunha rapaza chamada Alicia que cae por un buraco e atópase nun mundo de fantasía poblado por criaturas peculiares e antropomorfas. Foi publicada en tradución á lingua galega na Colección Xabarín de Edicións Xerais de Galicia.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Pokémon HeartGold e SoulSilver
Pokémon HeartGold Version (en xaponés: ポケットモンスターハートゴールド, Poketto Monsutā Hātogōrudo) e Pokémon SoulSilver Version (en xaponés: ポケットモンスターソウルシルバー Poketto Monsutā Sōrushirubā) son dous videoxogos de rol de 2009 para a consola Nintendo DS, senllos remakes dos videoxogos de 1999 Pokémon Gold e Silver, que tamén inclúe características de Pokémon Crystal. Os xogos forman parte da cuarta xeración da serie de videoxogos de Pokémon e foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo DS. Co gallo do décimo aniversario do lanzamento de Gold e Silver, os xogos foron lanzados no Xapón o 12 de setembro de 2009, mentres que noutras rexións do mundo foron lanzados en diferentes días do mes de marzo de 2010. HeartGold e SoulSilver está ambientado nas rexións ficticias de Johto e Kanto, as cales teñen diferentes tipos de criaturas chamadas Pokémon.
Frankenstein ou o moderno Prometeo
Frankenstein ou o moderno Prometeo é unha novela de terror gótico da británica Mary Shelley, que podería englobarse dentro do romanticismo, sendo tamén unha obra pioneira da ciencia ficción. A obra foi publicada de xeito anónimo en 1818 en Londres, e por primeira vez co nome de Shelley no lombo en Francia dous anos máis tarde.
Na Igrexa católica e nas ortodoxas, nas cales se cre na intercesión dos santos, o santo patrón[Cómpre referencia] ou simplemente patrón, padrón, padroeiro ou avogado é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (do latín, patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...
O farad (símbolo F), ás veces galeguizado como faradio, é a unidade do SI de capacitancia (capacidade). O seu nome foi dado en homenaxe á Michael Faraday. Un capacitor ten a capacitancia de 1 farad se 1 coulomb de carga eléctrica causa unha diferenza de potencial de 1 volt nos seus bornes (extremos).
O dólar da Liberdade sentada (en inglés: Seated Liberty dollar) foi unha moeda dun dólar de prata cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1840 e 1873, deseñada polo seu gravador xefe, Christian Gobrecht. Foi a derradeira moeda de prata deste valor cuñada antes da aprobación da Lei da Moeda de 1873, que supuxo unha interrupción temporal da emisión do dólar de prata. O anverso desta moeda baséase no do anterior "dólar Gobrecht", ao que substitúe, cuñado de xeito experimental entre 1836 e 1839.
Universo cinematográfico de Marvel
O Universo cinematográfico de Marvel (inglés: Marvel Cinematic Universe, a miúdo abreviado MCU) é unha franquía de medios e un universo compartido, centrada nunha serie de filmes de superheroes producidos independentemente por Marvel Studios e baseados nos personaxes que aparecen nas publicacións de Marvel Comics. Marvel, nos seus inicios non tiña un estudo propio e colaboraba con outras axencias que quixesen levar a cabo os seus proxectos, como por exemplo a realizada en 1978 por Philip DeGuere, Dr. Strange.
Benjamin Franklin, nado en Boston o 17 de xaneiro de 1706 e finado en Filadelfia o 17 de abril de 1790, foi un editor, político, diplomático, científico e inventor estadounidense. Como científico foi unha importante figura na historia da física polos seus descubrimentos e teorías en relación coa electricidade. Como político participou activamente no proceso de independencia dos Estados Unidos e foi un dos asinantes da Declaración de Independencia dos Estados Unidos.
Un videoxogo multixogador é un videoxogo no cal máis dunha persoa pode xogar no mesmo ambiente de xogo á vez, ben sexa de forma local (como no xogo New Super Mario Bros. Wii) ou en liña a través de internet (como en World of Warcraft, Call of Duty). Os videoxogos multixogador polo xeral requiren que os xogadores compartan os recursos dun só sistema de xogo ou o uso de tecnoloxía de redes para xogar xuntos unha distancia maior; os xogadores poden competir contra un ou máis participantes humanos, traballar cooperativamente cun compañeiro humano para lograr un obxectivo común ou supervisar a actividade doutros xogadores.
Prosopography of Anglo-Saxon England
A Prosopography of Anglo-Saxon England (PASE) é unha base de datos e un sitio web asociado que ten como obxectivo reunir todo o que se escribiu en rexistros contemporáneos sobre calquera persoa que vivise na Inglaterra anglosaxoa, nunha prosopografía. A base de datos en liña PASE, presenta detalles (que denomina factoides) das vidas de cada individuo rexistrado que viviu na Inglaterra anglosaxoa ou estivo estreitamente relacionado coa Inglaterra entre 597 e 1087, con citas específicas (e moitas veces citas de) de cada fonte primaria que describe cada factoide.PASE foi financiada polo British Arts and Humanities Research Council de 2000 a 2008 como un importante proxecto de investigación baseado no King's College de Londres no Departamento de Historia e no Centre for Computing in the Humanities, e no Departamento de Anglosaxóns, nórdicos e celtas da Universidade de Cambridge.A primeira fase do proxecto foi lanzada pola Academia Británica o 27 de maio de 2005 e está dispoñible gratuitamente en Internet. Unha segunda fase (PASE2), foi publicada o 10 de agosto de 2010, e engadiu á base de datos información extraída principalmente do Domesday Book.
JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento eval(), o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera navegador web. Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de eval() e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos.
Dungeons & Dragons (abreviado coma D&D ou DnD, en galego Alxubes e Dragóns) é un xogo de rol de fantasía (RPG - do inglés Role Playing Game) orixinalmente deseñado por E. Gary Gygax e Dave Arneson, e publicado por vez primeira en 1974 por Tactical Studies Rules, Inc. (TSR). A editorial que edita actualmente é Wizards of the Coast, unha filial de Hasbro.
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. O seu símbolo é m. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983).
Tesla pode referirse a: Nikola Tesla (1856-1943), inventor austrohúngaro; tesla, unidade para a medición do campo electromagnético; Tesla, banda de rock; Serra da Tesla en Burgos, España; Tesla, personaxe de manga; Tesla, Inc., fabricante de vehículos eléctricos, con base en Silicon Valley (Estados Unidos); Nvidia Tesla, un procesador de uso xeral baseado na tecnoloxía dos procesadores gráficos (GPU).
Fortnite é un videoxogo pertencente ao xénero de supervivencia e xénero aberto desenvolvido polas empresas Epic Games e People Can Fly. Foi lanzado como título de acceso anticipado o 25 de xullo de 2017 para Microsoft Windows, Mac OS, PlayStation 4 e Xbox One. En 2018 converteuse nun videoxogo gratuíto.
A sintaxe (do latín syntaxis, e este do grego σύνταξις, de συντάσσειν 'coordinar') é unha subdisciplina da lingüística. É a parte da gramática que se encarga de estudar as regras que gobernan a forma en que as palabras se organizan en sintagmas e, á súa vez, estes sintagmas en oracións, así como de estudar a función que cumpren os elementos dentro de cada unidade. A escola sistémico funcional inclúe nas súas análises sintácticas o modo en que as oracións se organizan en estruturas de texto.
Yorkshire Norte[Cómpre referencia] ou North Yorkshire[Cómpre referencia] é un condado repartido entre as rexións de Yorkshire e Humber e North East England, Inglaterra, Reino Unido. Divídese nos distritos de Craven, Hambleton, Harrogate, Richmondshire, Ryedale, Scarborough e Selby. O condado formouse en 1974 e cobre 8,038 km², nos que viven 1.037.285 persoas.
A sexta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 4 de setembro de 1994 até o 21 de maio de 1995 e consiste en 25 episodios. O showrunner da produción da sexta tempada foi David Mirkin, que foi produtor executivo de 23 episodios. Os ex-showrunners Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes; produciron os dous episodios co persoal de The Critic, unha serie que crearon Jean e Reiss despois da súa saída de The Simpsons.
A Universidade Libre de Berlín (en alemán Freie Universität Berlin; abrev. FU Berlín ou FUB) é a maior das Universidades públicas de Berlín, e unha das máis grandes e prestixiosas de Alemaña. Dentro do marco da iniciativa pola excelencia académica do goberno alemán, outorgóuselle o status de "Universidade elite" pola calidade dos seus programas orientados cara ao futuro. Este status compárteo con outras 9 Universidades do país e, en termos prácticos, significa orzamentos adicionais para a investigación, así como admisións restrinxidas.
Halo: Combat Evolved (tamén coñecido como Halo: CE, Halo 1, ou sinxelamente Halo), é un videoxogo en primeira persoa creado por Bungie e publicado por Microsoft Game Studios. É o primeiro xogo da franquía, foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 2001 para a consola Xbox, e ten vendido máis de cinco millóns de copias en todo o mundo. Microsoft lanzou versións do xogo para Microsoft Windows (creada por Gearbox Software) e Mac OS X en 2003, e a historia foi adaptada e elaborada nunha serie de novelas e bandas deseñadas.
A Dinastía Joseon (en coreano: 조선, 朝鮮; tamén Chosŏn, Choson, Chosun, Cho-sen) foi un reino coreano fundado por Taejo Yi Seong-gye que durou aproximadamente cinco séculos, dende xullo de 1392 até outubro de 1897. Foi fundado despois da caída da dinastía Goryeo no que hoxe é actual cidade de Kaesong. As fronteiras do norte foron expandidas até os límites naturais dos ríos Amnok e Duman despois da subxugación dos jurchens.
O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference. O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas.
Call of Duty 3 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, ambientado durante a segunda guerra mundial. Foi desenvolvido por Treyarch e distribuído por Activision, agás a versión para Playstation Portable, desenvolvida por Amaze. Púxose á venda para Playstation 3, Playstation 2, Playstation Portable, Nintendo Wii, Xbox e Xbox 360.
British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
O carbono-14 (14C, masa atómica = 14,003241 uma) é un radioisótopo do carbono e foi descuberto o 27 de febreiro de 1940 por Martin Kamen e Sam Ruben. O seu núcleo contén 6 protóns e 8 neutróns. Willard Libby determinou un valor para o período de semidesintegración ou semivida deste isótopo: 5568 anos.
British Broadcasting Corporation
A British Broadcasting Corporation (en galego, Corporación Británica de Radiodifusión), máis coñecida como BBC, é a primeira empresa de televisión e radio do Reino Unido. Tamén é a corporación de radiodifusión máis grande do mundo. Produce servizos de programas e información, transmitindo na televisión, na radio, e en Internet; sendo unha das cadeas de noticias máis respectadas do mundo.
Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
"Bohemian Rhapsody" é unha canción composta en 1975 por Freddie Mercury, integrante da banda británica Queen, e incluída no seu álbum A Night at the Opera. Esta canción non posúe refrán, e consta de tres partes principais: un segmento de balada que acaba cun solo de guitarra, unha pasaxe operística e unha sección de hard rock. Nela, Freddie Mercury, Roger Taylor e Brian May cantan respectivamente nas tesituras media, aguda e grave.
A candela (símbolo cd) é a unidade básica do SI de intensidade luminosa nunha dirección dada, dunha fonte que emite unha radiación monocromática, de frecuencia 540×1012 hertzs e da cal a intensidade radiada nesa dirección é de 1/683 vatios por estereorradián. Esta cantidade é equivalente á que en 1948, na conferencia xeral de pesos e medidas, se definiu como unha sesaxésima parte da luz emitida por un centímetro cadrado de platino puro en estado sólido á temperatura do seu punto de fusión (2046 K).
Central do Brasil é un filme franco-brasileiro de 1998 dirixido por Walter Salles, protagonizado por Fernanda Montenegro e Vinícius de Oliveira. O guión, adaptado por João Emanuel Carneiro e Marcos Bernstein a partir dunha historia do director Walter Salles, conta a amizade entre un rapaz e unha muller de mediana idade. A interpretación de Montenegro valeulle o recoñecemento internacional da crítica e un nomeamento ó Óscar á mellor actriz, ó tempo que o filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 71ª edición dos premios.
Hearthstone (antes coñecido como Hearthstone: 'Heroes of Warcraft') é un xogo de cartas coleccionables en liña creado pola empresa Blizzard Entertainment. Está centrado no universo de Warcraft, e é de descarga gratuíta, aínda que con compras opcionais para acelerar o ritmo de colección de cartas e acceso a contidos extra. O xogo foi anunciado o 22 de marzo do 2013, non obstante, durante o PAX East 2013 presentouse unha demo.
Países constituíntes ou nacións constitutivas é unha frase ás veces empregada, normalmente por institucións oficiais, en contextos nos cales un número de países compón unha grande entidade ou agrupación; así o OECD usou a frase en referencia á antiga Iugoslavia e as institucións europeas coma o Consello de Europa frecuentemente a empregan en referencia á Unión Europea. Non é terminoloxía técnica e non ten un sentido legal definido; 'constituínte' é simplemente un adxectivo, e a frase non ten un sentido claro fóra dun contexto da entidade ou agrupación de países en cuestión son constituíntes ou os seus compoñentes poden ser entendidos.
O gas natural é unha mestura de gases encontrado frecuentemente en combustíbeis fósiles, illado ou acompañando ao petróleo. Aínda que a súa composición sexa diferente dependendo da fonte da cal é extraído, é composto principalmente por metano en cantidades que poden superar 90 ou 95%, e outros gases como nitróxeno, etano, CO2 ou restos de butano ou propano.
A rolda nocturna ou A rolda de noite (en neerlandés: De Nachtwacht) é unha pintura ao óleo sobre tea do pintor Rembrandt, pintada entre 1639 e 1642. A pintura mide 380 cm de altura e 454 cm de largura e mostra a Garda Cívica de Ámsterdam baixo o mando do capitán Frans Banning Cocq. Xeralmente considerada como a magnum opus de Rembrandt, A rolda nocturna é unha das pinturas máis coñecidas do barroco.
Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia en 1993, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.
A meninxite é a inflamación, xeralmente de causa infecciosa, das envolturas e membranas (meninxes) que recobren o cerebro e a medula espiñal. Aínda que o tipo máis común de microorganismo que a provoca son os virus, algunhas bacterias, axentes químicos e, ata, células tumorais poden causar meninxite. A encefalite e o absceso cerebral poden acompañar á meninxite como complicación (debido á extensión da bacteria ás estruturas cerebrais veciñas).
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Microscopio electrónico de transmisión
O microscopio electrónico de transmisión (MET ou, polas súas siglas en inglés, TEM) é un tipo de microscopio no cal se transmite un feixe de electróns a través dun espécime a observar para formar unha imaxe del. O espécime adoita ser unha sección ultrafina de menos de 100 nm de grosor ou unha suspensión situada nunha grella ou reixa. A imaxe fórmase pola interacción dos electróns coa mostra a medida que o feixe de electróns se transmite atravesando o espécime.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.